{"id":16041,"date":"2011-05-21T10:45:20","date_gmt":"2011-05-21T08:45:20","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16041"},"modified":"2011-05-26T19:37:39","modified_gmt":"2011-05-26T17:37:39","slug":"a-cocina-galega-con-cunqueiro-10-000-libros-e-pratos-en-homenaxe-ao-noso-gran-escritor-gastronomico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/21\/a-cocina-galega-con-cunqueiro-10-000-libros-e-pratos-en-homenaxe-ao-noso-gran-escritor-gastronomico\/","title":{"rendered":"A Coci\u00f1a Galega con Cunqueiro: 10.000 libros e pratos en homenaxe ao noso gran escritor"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/don_alvaro_feira_2-1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A gastronom\u00eda \u00e9 un compo\u00f1ente b\u00e1sico da cultura e da identidade de Galicia e un dos elementos polos que m\u00e1is se identifica a Galicia no exterior. Deb\u00e9moslle parte desa sona, da idea dunha &#8216;gastronom\u00eda galega&#8217;, a Don \u00c1lvaro Cunqueiro, un dos escritores m\u00e1is senlleiros de Galicia e, sen d\u00fabida, un dos grandes cumios literarios do noso pa\u00eds. 2011 \u00e9 o centenario do seu nacemento, e o Consello da Cultura Galega est\u00e1 realizando <a href=\"http:\/\/www.consellodacultura.org\/cunqueiro2011\">numerosas actividades<\/a> para difundir a s\u00faa obra. <\/p>\n<p>Cunqueiro \u00e9 o autor das p\u00e1xinas m\u00e1is brillantes sobre a gastronom\u00eda galega; a nosa visi\u00f3n sobre o acervo tradicional de pratos, produtos e vi\u00f1os non se pode comprender sen a s\u00faa visi\u00f3n l\u00facida e enciclop\u00e9dica. A\u00ednda hoxe, seguimos citando a Cunqueiro como a referencia b\u00e1sica para definir aos produtos <em>mantra<\/em> do pa\u00eds, desde o albari\u00f1o ata a lamprea, desde o pan ata as carnes de caza. Cunqueiro merec\u00eda unha homenaxe da gastronom\u00eda galega, unha homenaxe que fose m\u00e1is al\u00e1 dun acto testemu\u00f1al nun sal\u00f3n de actos. Merec\u00eda que en toda Galicia, os coci\u00f1eiros coci\u00f1aran e os clientes probaran os pratos que \u00c1lvaro Cunqueiro amou: pratos que son partes dunha riqu\u00edsima e ancestral tradici\u00f3n gastron\u00f3mica de Galicia. Esa \u00e9 a mellor homenaxe. <\/p>\n<h3>10.000 libros, 10.000 pratos!<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/miguel_vila_cunqueiro.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Cuberta de<\/em> Na mesa con Cunqueiro<\/p>\n<p>Seguindo o ronsel doutras brillantes iniciativas de difusi\u00f3n cultural, coma os <em>Relatos do Castromil<\/em> (nos que se distribu\u00edan pequenas edici\u00f3ns de relatos na rede de autobuses desa empresa), o Consello da Cultura Galega est\u00e1 a colaborar cos restaurantes de Galicia para facer isto posible a partir do vindeiro <strong>m\u00e9rcores 25 de maio<\/strong>, d\u00eda no que se inicia a campa\u00f1a <em><a href=\"http:\/\/www.consellodacultura.org\/cunqueiro2011\/?p=128\">A Coci\u00f1a Galega con Cunqueiro<\/a><\/em>. Grazas ao apoio das Asociaci\u00f3ns de Restaurantes de Galicia: Amigos da Coci\u00f1a Galega, Galicia Gourmand, Grupo Nove, Grupo Lareira e Xantares e a colaboraci\u00f3n das Denominaci\u00f3ns de Orixe R\u00edas Baixas, Ribeira Sacra e Estrella Galicia. Por primeira vez, coci\u00f1eiros tradicionais, coci\u00f1eiros contempor\u00e1neos, coci\u00f1eiros de moitos estilos diferentes, \u00fanense para facer realidade este proxecto cultural. Distribu\u00edr 10.000 libros de Cunqueiro, coci\u00f1ar 10.000 pratos inspirados no acervo gastron\u00f3mico tradicional galego. Reivindicar gastronom\u00eda e literatura, dous compo\u00f1entes esenciais da cultura de Galicia. <\/p>\n<p>Nesta primeira campa\u00f1a <em>A Coci\u00f1a Galega con Cunqueiro<\/em>, ata 50 restaurantes de Galicia coci\u00f1ar\u00e1n pratos queridos polo escritor, procedentes do acervo da nosa gastronom\u00eda tradicional, dentro da campa\u00f1a <em>A Coci\u00f1a Galega con Cunqueiro<\/em>. Aqueles clientes que os consuman ser\u00e1n agasallados cunha pequena pero moi sustanciosa antolox\u00eda das mellores pasaxes gastron\u00f3micas da literatura de Cunqueiro. Foi o especialista no Cunqueiro gastr\u00f3nomico <a href=\"http:\/\/www.colineta.com\">Miguel Vila<\/a> o encargado de elaborar este pequeno volume que recolle a un Don \u00c1lvaro divertido, ilustrado, preciso e imaxinativo na s\u00faa relaci\u00f3n coa gastronom\u00eda. A tiraxe, de 10.000 exemplares, permitir\u00e1 achegar a obra gastron\u00f3mica cunqueiriana -moi dispersa- aos lectores galegos pero tam\u00e9n a moitos visitantes que te\u00f1en nos restaurantes de Galicia un importante punto de contacto coa nosa cultura -e, \u00e1s veces, o \u00fanico. <\/p>\n<h3>Es un restaurante e queres participar?<br \/>\n<\/h3>\n<p>Por suposto que ti tam\u00e9n podes participar nesta gran homenaxe a Cunqueiro. Nestes momentos xa est\u00e1n adscritos \u00e1 campa\u00f1a numerosos restaurantes de todo o pa\u00eds, desde coci\u00f1a contempor\u00e1nea con estrelas Michel\u00edn ata restaurantes &#8216;ilustrados&#8217; e tradicionais de cidades e vilas por toda Galicia. Podes consultar <a href=\"http:\/\/www.consellodacultura.org\/cunqueiro2011\/?page_id=128\">a lista na p\u00e1xina oficial de A Coci\u00f1a Galega con Cunqueiro<\/a>.<\/p>\n<p>Nesta primeira campa\u00f1a <em>A Coci\u00f1a Galega con Cunqueiro<\/em> poden participar ata un m\u00e1ximo de 50 restaurantes de coci\u00f1a galega, en calquera dos seus estilos, tanto tradicional como contempor\u00e1neo. Os establecementos interesados poden escribir ao responsable da campa\u00f1a no Consello da Cultura Galega, Manuel Gago (director@culturagalega.org) ou ben chamar por tel\u00e9fono: 981957219 (luns a venres, de 09 a 15 h.). <strong>As admisi\u00f3ns realizaranse en rigorosa orde de inscrici\u00f3n. <\/strong><\/p>\n<p>Os restaurantes comprom\u00e9tense a servir pratos da gastronom\u00eda cunqueiriana, na s\u00faa versi\u00f3n tradicional ou na interpretaci\u00f3n que consideren m\u00e1is aca\u00edda para o seu estilo e a obsequiar cun libro aos clientes que soliciten ese prato. Pola s\u00faa banda, o CCG proporciona aos restaurantes o material promocional, a documentaci\u00f3n das receitas e os libros para os clientes. A campa\u00f1a debe iniciarse en xu\u00f1o pero recomendamos aos restaurantes que a mante\u00f1an ata que finalicen as existencias de libros.<\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes <a href=\"http:\/\/www.consellodacultura.org\/cunqueiro2011\/?p=128\">consultar m\u00e1is informaci\u00f3n<\/a>. E tam\u00e9n tes o <a href=\"http:\/\/www.facebook.com\/pages\/A-Coci%C3%B1a-Galega-con-Cunqueiro\/175695952485640\">Facebook da campa\u00f1a<\/a>!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O m\u00e9rcores 25 iniciamos a campa\u00f1a A Coci\u00f1a Galega con Cunqueiro, promovida polo Consello da Cultura Galega. Instituci\u00f3ns, restaurantes e clientes un\u00edmonos para difundir e divulgar a obra de Cunqueiro e o rico acervo da nosa gastronom\u00eda tradicional. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/21\/a-cocina-galega-con-cunqueiro-10-000-libros-e-pratos-en-homenaxe-ao-noso-gran-escritor-gastronomico\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A Coci\u00f1a Galega con Cunqueiro: 10.000 libros e pratos en homenaxe ao noso gran escritor<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16042,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,12,7],"tags":[],"class_list":["post-16041","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-libros","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16041","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16041"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16041\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16042"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16041"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16041"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16041"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}