{"id":16029,"date":"2011-05-20T00:17:30","date_gmt":"2011-05-19T22:17:30","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16029"},"modified":"2011-05-21T10:51:32","modified_gmt":"2011-05-21T08:51:32","slug":"saber-o-que-temos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/20\/saber-o-que-temos\/","title":{"rendered":"Saber o que temos"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/patrimonio_rexistro.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Lembrareino toda a vida. Un domingo pola tarde, que \u00e9 cando nas aldeas se van buscar fincas perdidas, todos os familiares detr\u00e1s dos vellos \u00e1 busca de marcos comestos polas xestas, a herba ou os toxos. O vello vai diante, dubida, leva un fouci\u00f1o: os patriarcas e as matriarcas en Galicia sempre levan esa arma de domesticaci\u00f3n da terra. Co foucillo e co pe vai abrindo pedras, ata localizar manchas tintadas, pedras demasiado lonxitudinais para seren naturais: vela\u00ed est\u00e1n os marcos m\u00edticos. Sobre a terra indomesticada, o home atopa os rastros de si mesmo, os leigados da s\u00faa familia, debuxados na terra: cuncas, ferrados transmitidos;  un capital que non s\u00f3 \u00e9 f\u00edsico, sen\u00f3n tam\u00e9n simb\u00f3lico. Que se faga os domingos pola tarde, cando os urbanitas regresan \u00e1 aldea, que se recuperen os marcos das fincas \u00e9 case un ritual que o di todo en si mesmo. A noci\u00f3n de que somos tam\u00e9n iso, de que a familia tam\u00e9n se comp\u00f3n deses anacos de terra chegados a partir de mil peripecias familiares, fac\u00eda ver de novo a familia, m\u00e1is ancha, m\u00e1is complexa, m\u00e1is rica -non tanto no sentido econ\u00f3mico, sen\u00f3n como algo que provi\u00f1a de moi lonxe. Esa cartograf\u00eda do minifundismo \u00e9 parte de todos n\u00f3s, propietarios inconscientes de fragmentos dunha nada comesta polos toxos que, por arte de maxia, os domingos se reintegra \u00e1 familia, a\u00ednda que s\u00f3 sexa ata o seguinte esquecemento xeneracional. <\/p>\n<p>Hai unhas semanas, un grupo de xente decidimos recoller moitas sensibilidades que se pronunciaban en voz alta, en xuntanzas f\u00edsicas, en encontros, ou no Grupo de Facebook orientado a crear unha Mesa polo Patrimonio Cultural de Galicia. Lanzamos patrimoniogalego.net, un Cat\u00e1logo Social do Patrimonio Cultural de Galicia, orientado a saber que \u00e9 o que temos, en que consiste, como se atopa, o inmenso patrimonio cultural deste pa\u00eds, un dos m\u00e1is extensos e intensos do continente. Porque ese patrimonio nos preocupa, porque non existe unha ferramenta que permita xestionalo, controlalo, saber o seu estado de xeito global: a ferramenta vainos permitir facer visibles agresi\u00f3ns en territorios que moitas veces non aparecen nos medios de \u00e1mbito galego, saber como est\u00e1n de coidados e visibilizados os nosos bens. Este \u00e9 un pequeno paso de cidad\u00e1ns que pensan no patrimonio cultural non s\u00f3 como un leigado dos seus devanceiros, sen\u00f3n como un intrumento de vertebraci\u00f3n social e de xeraci\u00f3n econ\u00f3mica. Cada cidad\u00e1n poder\u00e1 escribir, conectar, po\u00f1er a disposici\u00f3n p\u00fablica e conxunta un mont\u00f3n de informaci\u00f3n, a maior parte das veces xa publicada, diseminada, dispersa, perdida. <\/p>\n<p>A partir de hoxe, patrimoniogalego.net permite que todos nos poidamos rexistrar como catalogadores e comezar o traballo. <a href=\"http:\/\/www.patrimoniogalego.net\/wp-login.php?action=register\">Aqu\u00ed podes rexistrarte<\/a>. <\/p>\n<p>En certo xeito, o noso traballo ten case o mesmo destino que o desas reuni\u00f3ns familiares de domingo, fouci\u00f1o en man, buscando corti\u00f1as no medio das ladeiras dos outeiros do pa\u00eds. Saber o que temos, saber como o temos. A ver se por fin atopamos todos os marcos da familia. :-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe abrimos patrimoniogalego.net, a ferramenta para crear un Cat\u00e1logo Social do Patrimonio Cultural Galego. Os que queirades catalogar e inventariar xacementos, podedes facelo!<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/20\/saber-o-que-temos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Saber o que temos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16030,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-16029","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16029","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16029"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16029\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16030"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16029"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16029"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16029"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}