{"id":15986,"date":"2011-05-16T20:29:39","date_gmt":"2011-05-16T18:29:39","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=15986"},"modified":"2011-05-17T00:29:31","modified_gmt":"2011-05-16T22:29:31","slug":"republicas-de-homes-libres-a-sorpresa-que-gardaba-san-tirso-de-portocelo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/16\/republicas-de-homes-libres-a-sorpresa-que-gardaba-san-tirso-de-portocelo\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: A sorpresa que gardaba San Tirso de Portocelo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tirso_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>As ru\u00ednas de San Tirso coa illa de Ansar\u00f3n ao fondo<\/em><\/p>\n<p>Hai un tempo falamos dun interesante lugar na Mari\u00f1a luguesa: San Tirso de Portocelo.<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/05\/27\/republicas-de-homes-libres-barcas-e-frades-de-pedra-en-portocelo\/\"> Podes refrescar a memoria aqu\u00ed. <\/a> E lembra que tam\u00e9n tes a <a href=\"http:\/\/open.spotify.com\/user\/magago\/playlist\/6Jl5MlHm7N39gq1kIDrIFn\">Banda Sonora das Rep\u00fablicas en Spotify para ambientarte<\/a>. <\/p>\n<p>San Tirso de Portocelo foi fundado por Rodrigo, un di\u00e1cono de Co\u00edmbra que fuxiu da cidade cando a invasi\u00f3n musulmana. Sabemos del e da fundaci\u00f3n de tres mosteiros moi pr\u00f3ximos por un documento do ano 787: nel Rodrigo asina o seu testamento e por el sabemos da existencia destes mosteiros d\u00faplices: San Tirso de Portocelo, Celeiro e Sumoas. De aquela, xa vin grazas a unha galer\u00eda de Manuel Miranda, o chamativo do lugar. Observ\u00e1base un edificio, unha capela do s\u00e9culo XVII, en ru\u00ednas, nunha punta sobre o mar. O lugar chamoume a atenci\u00f3n e quixen ir velo. Fiquei sorprendido.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tirso_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O lugar \u00e9 un aut\u00e9ntico mundo m\u00edtico en si mesmo. Quen non co\u00f1eza a fermos\u00edsima r\u00eda e porto de Portocelo en Xove, o esteiro dun r\u00edo serpeante que atopa un refuxio agachado antes de abrir o mar no que hoxe hai un maino desembarcadoiro, ten que ir al\u00f3 para ir velo. Pero hab\u00eda algo estra\u00f1o nisto. O mosteiro, no canto de estar cabo das \u00e1reas m\u00e1is dondas e a proximidade do porto (do que part\u00eda un antiqu\u00edsimo cami\u00f1o xa de aquela, mencionado no documento), que \u00e9 o que lle corresponder\u00eda, est\u00e1 afastado da poboaci\u00f3n actual, na zona m\u00e1is agreste que leva ata o cabo. Al\u00ed est\u00e1n as ru\u00ednas da ermida actual, erguida sobre unha edifici\u00f3n anterior que foi continuamente reaproveitada. Desde columnas, que se ven integradas nos muros que refixeron o espazo, ata a tella e o tipo de pedras que compo\u00f1en o paramento dos muros destas ru\u00ednas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tirso_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fuste de columna reaproveitado. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tirso_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A illa da Barca de Pedra por diante de San Tirso<\/em><\/p>\n<p>O lugar \u00e9 tremendamente evocador, por moitos motivos. Aqu\u00ed refuxi\u00e1ronse fuxidos dunha invasi\u00f3n, pero este espazo mon\u00e1stico est\u00e1 hoxe totalmente integrado nas m\u00e1is fermosas tradici\u00f3ns do pa\u00eds. Hai unha barca de pedra, mergullada, nun illote pr\u00f3ximo, xa que a tradici\u00f3n indica que Santo Tirso chegou polo mar (se cadra coma o propio Rodrigo). E al\u00f3 enfronte, outro illote evocador chamado Ansar\u00f3n. Ansar\u00f3n era o fogar dun conde que vi\u00f1a, segundo a lenda, \u00e1 misa a Santo Tirso. Hoxe \u00e9 unha evocadora illa batida polos ventos e os vendavais. <\/p>\n<p>Pero iso non \u00e9 o que me fascinou. Cando chegamos ao recinto da ermida mir\u00e1monos estra\u00f1ados. Pero iso non \u00e9 unha muralla? Hab\u00eda un gran parapeto que afastaba a pen\u00ednsula na que estaba a ermida do resto do recinto. E de s\u00fapeto, a\u00ednda que medio destru\u00eddo polas obras da estrada que fixeron para chegar al\u00ed un foxo enorme, moi grande, potenciando a barreira entre un espazo e outro. O foxo ti\u00f1a unha profundidade impactante, moi superior \u00e1 media das que nos chegaron da Idade do Ferro. Tede en conta que os procesos de sedimentaci\u00f3n moitas veces van tapando estes lugares. Aqu\u00ed non, aqu\u00ed o foxo parec\u00eda ter sido potenciado, ampliado e ensanchado. <\/p>\n<p>-Pero isto \u00e9 un castro! &#8211; dixemos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tirso_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O foxo \u00e1brese entre as d\u00faas furnas para formar un parapeto que fortifica a pen\u00ednsula anexa ao mosteiro.<\/em><\/p>\n<p>Un r\u00e1pido percorrido levounos de sorpresa. O mosteiro de San Tirso de Portocelo non s\u00f3 estaba no interior dun castro costeiro, sen\u00f3n que este castro mesmo tomaba unha estrutura ben curiosa. Seguimos o proceso do foxo e observamos como se desprazaba e formaba un parapeto exterior para protexer unha pen\u00ednsula inmediata, situada inmediatamente ao norte da do castro. \u00c9 dicir, a fortificaci\u00f3n comprend\u00eda varias pen\u00ednsulas pequenas -algo que logo vin acontecer tam\u00e9n nalg\u00fan outro castro da Mari\u00f1a-. O resultado, na fotograf\u00eda a\u00e9rea do ano 1956, \u00e9 un documento gr\u00e1fico sensacional para a arqueolox\u00eda altomedieval de Galicia: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tirso_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>As frechas marcan a li\u00f1a de parapetos defensivos da Idade do Ferro, posiblemente reforzados en \u00e9poca altomedieval polos monxes de Portocelo. <\/em><\/p>\n<p>A\u00ed no interior vedes a ermida de San Tirso de Portocelo, constru\u00edda sobre as ru\u00ednas do mosteiro altomedieval anterior, que estimo que estaban concentradas na zona oeste do castro. Pero o mosteiro nace no interior dun castro -e sospeito- non s\u00f3 non elimina as s\u00faas defensas, sen\u00f3n que as aproveita ou mesmo potencia. O mosteiro aproveita, como noutros pa\u00edses do mundo celta -perd\u00f3n, atl\u00e1ntico-, as antigas fortificaci\u00f3ns; pola historia irlandesa, sabemos moitas veces que son se\u00f1ores locais os que ceden estas fortalezas para a imprantaci\u00f3n das comunidades mon\u00e1sticas, como ocorre en Kells ou na illa de Iona (escocesa, neste caso, pero con claros v\u00ednculos coas comunidades mon\u00e1sticas irlandesas), m\u00e1is ou menos no mesmo tempo no que Rodrigo funda (ou refunda) San Tirso de Portocelo, ou que son os propios monxes quen fortifican\/refortifican o espazo. Se, desde o principio das Rep\u00fablicas de Homes Libres falabamos da vinculaci\u00f3n entre infraestruturas defensivas e mosteiros en Galicia, aqu\u00ed vemos un exemplo tremendo: un mosteiro que en si mesmo \u00e9 unha fortaleza; e hai un factor tam\u00e9n importante aqu\u00ed. Est\u00e1 ubicado nunha fortaleza, cando menos desde case un s\u00e9culo antes dos ataques dos Lordomani, no s\u00e9culo VIII. Reparen niso. E pensen neste mosteiro, defendido por monxas e monxes canda unha guarnici\u00f3n, nunha fortaleza mil anos anterior. <\/p>\n<p>S\u00f3 vos digo unha cousa. Se en Irlanda tivesen este mosteiro ubicado no interior dun castro, coas espectaculares defensas a\u00ednda en relativamente bo estado (a diferencia de moitos dos mosteiros irlandeses, que viron desaparecer os parapetos coa expansi\u00f3n das vilas), este ser\u00eda o t\u00edpico sitio que aparecer\u00eda en todos os documentais e pel\u00edculas, un orgullo nacional. Unha fermosura hist\u00f3rica, pero tam\u00e9n paisax\u00edstica. Aqu\u00ed, ao noso San Tirso, non o co\u00f1ece nin a s\u00faa nai. Vaian por al\u00e1, crucen o foxo, p\u00e9rdanse nas ru\u00ednas, salten dentro do cemiterio sen porta (si, digo ben) e busquen ao conde cando a Illa de Ansar\u00f3n emerxe da br\u00e9tema. E c\u00f3nteno. Fai falta que contemos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As ru\u00ednas de San Tirso coa illa de Ansar\u00f3n ao fondo Hai un tempo falamos<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/16\/republicas-de-homes-libres-a-sorpresa-que-gardaba-san-tirso-de-portocelo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: A sorpresa que gardaba San Tirso de Portocelo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":15987,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35],"tags":[],"class_list":["post-15986","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15986","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15986"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15986\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15987"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15986"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15986"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15986"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}