{"id":15852,"date":"2011-05-03T00:36:15","date_gmt":"2011-05-02T22:36:15","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=15852"},"modified":"2011-05-04T23:02:57","modified_gmt":"2011-05-04T21:02:57","slug":"a-longa-historia-do-home-verde","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/03\/a-longa-historia-do-home-verde\/","title":{"rendered":"A longa historia do home verde"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/home_verde.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><em>Contido publicado orixinalmente en culturagalega.org o 2 de maio de 2011. <\/em><\/p>\n<p>Nos capiteis das igrexas rom\u00e1nicas galegas e en moitas de Europa, un home vomitas follas pola boca no medio dunha vexetaci\u00f3n da que parece formar parte. \u00c9 a figura do green man, unha personaxe mitol\u00f3xica e aleg\u00f3rica moi antiga de especial presenza nos pa\u00edses da Europa atl\u00e1ntica, pero case desco\u00f1ecida polo p\u00fablico en Galicia. Alfredo Erias, director do Museo de Betanzos, desv\u00e9lanos a s\u00faa abundante presenza en Galicia e nos explica a s\u00faa misteriosa orixe.<\/p>\n<p>Alfredo Erias, un incansable investigador hist\u00f3rico de longa traxectoria e promotor cultural, \u00e9 director do Museo das Mari\u00f1as e Arquiveiro municipal de Betanzos. Durante o III Congreso de Estudos Celtas, celebrado en Nar\u00f3n entre o 15 e 17 de abril deste ano, Erias presentou unha fascinante investigaci\u00f3n sobre a figura dos green men, un motivo art\u00edstico de dilatada presenza na arte europea, e a s\u00faa presenza en Galicia. Ped\u00edmoslle que nos contara m\u00e1is sobre esta figura. <\/p>\n<p><strong>Que son os green men?<br \/>\n<\/strong><br \/>\nO home verde, <em>green man<\/em> nas Illas Brit\u00e1nicas, <em>le feuillou<\/em> en Francia, <em>blattqesicht<\/em> en Alema\u00f1a, el <em>busgosu<\/em> en Asturias, etc. adoita figurarse como unha cara cuberta de follas, as cales, habitualmente, a\u00ednda que non sempre, saen da s\u00faa boca, ou entran, a partir de ramas ou caul\u00edculos. At\u00f3panse en boa parte de Europa e mesmo se rastrexa no continente asi\u00e1tico, pero de maneira especial v\u00e9molo nos pa\u00edses do arco atl\u00e1ntico, al\u00ed onde a cultura celta deixou unha pegada m\u00e1is fonda e a\u00ednda hoxe \u00e9 inspiraci\u00f3n para artistas e obxecto de festas primaverais de ecos antigos.<\/p>\n<p><strong>Cando aparecen?<br \/>\n<\/strong><br \/>\nConsidero que o <em>green man<\/em> ten a s\u00faa orixe formal nos distintos avatares dun deus creador do bosque e dos animais indoeuropeo, con Cernunnos e o tric\u00e9falo galo como protagonistas principais, pero sen esquecernos de Dionisos, Orfeo, Pan, Silvano, Esus e outros m\u00e1is. Sen embargo, a forma m\u00e1is repetida que chega ata n\u00f3s semella ser unha recreaci\u00f3n esencialmente baixomedieval insertada plenamente na iconograf\u00eda rom\u00e1nica.<\/p>\n<p>Galicia est\u00e1 presente desde os primeiros momentos na catedral de Santiago de Compostela (na base dun incensario que leva un anxo da porta de Prater\u00edas), contando ademais con pezas de importancia europea como a pila bautismal do Hospital de Quiroga na que o green man se identifica co cervo nunha met\u00e1fora que seguramente representa a Cristo (identificado co cervo) como deus creador cristi\u00e1n, pero que tam\u00e9n remite a Cernunnos (por esa mesma identificaci\u00f3n co cervo) como deus creador do bosque celta.<\/p>\n<p><strong>Cal \u00e9 o seu significado?<br \/>\n<\/strong><br \/>\nOs green men en xeral, formando parte da iconograf\u00eda cristi\u00e1n, te\u00f1en esencialmente d\u00faas caras formais e funcionais: na 1\u00aa vemos cabezas fermosas de home vomitando ramas ou sa\u00edndolles ramas e follas da cara e a cabeza, e na 2\u00aa, caras de homes grotescos devorando a \u00c1rbore da Vida ou vomitando a \u00c1rbore do Mal. Un e outro, a\u00ednda que pareza que est\u00e1n illados, deben situarse dentro do gran sistema do Xu\u00edzo Universal, repectivamente no Para\u00edso e no Inferno. Por outra banda, na Baixa Idade Media, a demonizaci\u00f3n que o cristianismo fai de Cernunnos e do tric\u00e9falo galo, sup\u00f3n que son monstros inequivocamente infernais as cabezas masculinas con cornos e as figuras tric\u00e9falas que vemos nos canzorros.<br \/>\n\u00c9 evidente que, como deuses ou como demos, os <em>green men<\/em> mante\u00f1en a\u00ednda hoxe unha presenza social moi importante, tanto formalmente (sobre todo nas Illas Brit\u00e1nicas onde se recrean unha e outra vez) como funcionalmente en festas da primavera.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/green_men.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Diferentes green men nos capiteis de igrexas galegas. Fotos: Alfredo Erias<\/em><\/p>\n<p><strong>Cando deixan de usarse?<br \/>\n<\/strong><br \/>\nCuriosamente \u00e9 unha imaxe moi resistente e, ademais do Rom\u00e1nico e do G\u00f3tico, a\u00ednda a vemos no Renacemento, no Barroco, no Neocl\u00e1sico e mesmo amplamente no Art Nouveau (tam\u00e9n en Galicia). Pode que a s\u00faa funci\u00f3n por momentos sexa esencialmente decorativa, pero, de feito, permanece a\u00ed. E xa digo que nas Illas Brit\u00e1nicas os artistas seguen hoxe a inspirarse nesta figura. En Galicia, que nos caracterizamos por vivir afastados da nosa historia, todo \u00e9 diferente, pero, cando viaxamos cara o pasado, d\u00e1monos conta de que non soamente formabamos parte dunha alta cultura de rango esencialmente atl\u00e1ntico, sen\u00f3n que, en casos concretos, poidemos ser pioneiros e influir de maneira moi importante noutros pobos, aparte de levar a nosa xen\u00e9tica <em>urbi et orbe<\/em> (pero sobre todo cara a costa atl\u00e1ntica) polo feito de ser esencialmente emigrantes desde finais da \u00faltima glaciaci\u00f3n. <\/p>\n<p><strong>Cal \u00e9 a imprantaci\u00f3n deste tipo de figuras en Galicia en relaci\u00f3n a outras \u00e1reas europeas? Existe m\u00e1is ou menos un n\u00famero de figuras identificadas?<br \/>\n<\/strong><br \/>\nEu soamente traballei cuns poucos casos, pero falta facer un cat\u00e1logo de <em>green men <\/em>na nosa terra. E considero que ser\u00eda moi importante facelo, entre outras raz\u00f3ns, porque a presencia desta figura en Galicia favorece o irmanamento cultural, xa de por si intenso, e as relaci\u00f3ns de todo tipo cos pobos atl\u00e1nticos europeos, que na s\u00faa maior\u00eda son os que cami\u00f1an cara a Compostela polos nosos cami\u00f1os de peregrinaci\u00f3n (entre eles, o Cami\u00f1o Ingl\u00e9s). Favorecer estas relaci\u00f3ns \u00e9 clave para n\u00f3s e para eles desde todos os puntos de vista e xa vai sendo hora de que desde Galicia procuremos entre todos irmanarnos de verdade con esa xente que, em moitos casos, adoita considerarnos desde sempre (a trav\u00e9s de escritos altomedievais e de mitos que permanecen na s\u00faa memoria colectiva) como os seus pais culturais. <\/p>\n<p><strong>Como te interesaches polos <em>green men<\/em>?<br \/>\n<\/strong><br \/>\nFoi un proceso longo. Hai moitos anos, na procura de sepulcros para debuxar, topeime no Hospital de Quiroga coa s\u00faa marabillosa p\u00eda bautismal. Comenteillo \u00f3 meu amigo, o profesor Fernando Alonso Romero, pero a cousa quedou a\u00ed. Moito m\u00e1is tarde, tam\u00e9n me chamou a atenci\u00f3n o sepulcro de Ventosa, en Agolada, cheo de green men. E logo, claro, xa estaba canso de ver os <em>green men <\/em>das igrexas de Betanzos. Procurei estudar se no noso gran referente, a catedral de Santiago, estaba esta figura, como as\u00ed foi. Atopeina tam\u00e9n en capiteis do antigo claustro de San Francisco na mesma cidade e, con todo iso, chegou un momento en que o traballo xurdiu con total naturalidade. Iso si, xa postos, doume conta de que, agora, Galicia aparece no mapa europeo do green man e espero que se contin\u00fae polo cami\u00f1o aberto. <\/p>\n<p><strong>Xa sei que \u00e9 especular, pero o <em>green man<\/em> ser\u00eda unha peza do folclore popular medieval levado \u00e1 pedra? Quero dicir, ter\u00eda un espazo no imaxinario popular de aquela?<br \/>\n<\/strong><br \/>\nPor unha parte, as imaxes de deuses antigos do bosque estaban por todas partes e o Cristianismo sempre intentou e a\u00ednda intenta dar sentido a todo o que se atopa, integr\u00e1ndoo no seu particular punto de vista ecum\u00e9nico, derivado de ser a relixi\u00f3n oficial do Imperio Romano. Pero, sen d\u00fabida, as festas da primavera que daquela se fac\u00edan tiveron tam\u00e9n moito que ver no renacemento e recreaci\u00f3n desta figura. Pensemos que a\u00ednda os maios que hoxe sobreviven son un canto \u00e1 resurrecci\u00f3n primaveral da vida, de ecos moi antigos, mesmo prehist\u00f3ricos. Por iso estamos diante dunha figura tan resistente: porque est\u00e1 enra\u00edzada no m\u00e1is fondo do noso subconsciente colectivo. E cando digo noso, ref\u00edrome, como pouco, a todo o continente euroasi\u00e1tico e mesmo \u00f3 Norte de \u00c1frica. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nos capiteis das igrexas rom\u00e1nicas galegas e en moitas de Europa, un home vomitas follas pola boca no medio dunha vexetaci\u00f3n da que parece formar parte. \u00c9 a figura do green man, unha personaxe mitol\u00f3xica moi antiga de especial presenza nos pa\u00edses da Europa atl\u00e1ntica, pero case desco\u00f1ecida polo p\u00fablico en Galicia. E iso que aparece por todas partes. As\u00ed nolo conta Alfredo Erias. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/03\/a-longa-historia-do-home-verde\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A longa historia do home verde<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":15853,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32],"tags":[],"class_list":["post-15852","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15852","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15852"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15852\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15853"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15852"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15852"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15852"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}