{"id":15846,"date":"2011-05-02T17:39:09","date_gmt":"2011-05-02T15:39:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=15846"},"modified":"2011-05-02T18:13:55","modified_gmt":"2011-05-02T16:13:55","slug":"patrimoniogalego-net-a-wikipedia-do-patrimonio-cultural-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/02\/patrimoniogalego-net-a-wikipedia-do-patrimonio-cultural-galego\/","title":{"rendered":"Patrimoniogalego.net: a Wikipedia do Patrimonio Cultural Galego"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/patrimonio_galego.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O 10 de marzo publiquei un texto: <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2011\/03\/10\/precisamos-unha-mesa-polo-patrimonio-de-galicia-i\/\">Precisamos unha Mesa polo Patrimonio de Galicia<\/a>. Nel amosaba algunhas ideas sobre a necesidade de dispormos dunha organizaci\u00f3n que permitira unha acci\u00f3n de vixilancia e xesti\u00f3n estruturada sobre o noso Patrimonio Cultural e esbozaba un pouqui\u00f1o as s\u00faas funci\u00f3ns. Unha delas era o servizo de Informes, a necesidade de dispormos dunha informaci\u00f3n en tempo real sobre a situaci\u00f3n do noso Patrimonio Cultural, que \u00e9 v\u00edtima continua de agresi\u00f3ns. <\/p>\n<p>Nos comentarios do post, Gallaecian Mist propuxo a creaci\u00f3n dunha <a href=\"http:\/\/www.facebook.com\/home.php?sk=group_206218342723445&#038;ap=1\">lista no Facebook<\/a> para debater a idea. A lista xa ten case 200 membros. Durante estes meses houbo discusi\u00f3ns ao respecto e un dos temas m\u00e1is reiterados polos participantes foi o mesmo: precisamos un Cat\u00e1logo para poder saber o que temos, xa que a Xunta non publica o seu (o noso). E non unicamente por saber que bens temos, sen\u00f3n por outro elemento m\u00e1is importante: saber en tempo real en que situaci\u00f3n se atopan. Continuamente estamos vendo nos medios locais informaci\u00f3n sobre agresi\u00f3ns a petr\u00f3glifos, pazos, castros, etc. que nunca trascenden. Necesitamos saber en tempo real cal \u00e9 a situaci\u00f3n do noso Patrimonio Cultural. <\/p>\n<p>As\u00ed que velaqu\u00ed est\u00e1 <a href=\"http:\/\/www.patrimoniogalego.net\">patrimoniogalego.net<\/a>. Unha proposta de actuaci\u00f3n colectiva sobre o noso Patrimonio. Un espazo no que todo o mundo pode informar dos Bens Culturais, Etnogr\u00e1ficos, Arqueol\u00f3xicos da s\u00faa comunidade e po\u00f1elo nun escenario global. \u00c9 unha Wikipedia do Patrimonio Cultural Galego. No interior do post expl\u00edcoche as claves e cont\u00e1mosche como podes colaborar e unirte ao proxecto. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Hai unha gran cantidade de profesionais e afeccionados que te\u00f1en unha exhaustiva informaci\u00f3n sobre o territorio, se ben de xeito parcial no territorio ou nos periodos. Propo\u00f1o nutrirnos de todo ese saber para crear o primeiro Cat\u00e1logo Social do Patrimonio. Un proxecto factible, pero de longa envergadura, que nos permitir\u00e1 ter informaci\u00f3n de primeira man sobre a situaci\u00f3n dos Bens Culturais no pais. A multitude de pequenos elementos, PXOMs, etc, non fai posible ver exactamente que pasa e que temos.<\/p>\n<p>Moitos de n\u00f3s sabemos a situaci\u00f3n na que se atopa boa parte do Patrimonio Cultural e, especialmente, o Arqueol\u00f3xico. Pero precisamos unha ferramenta para facelo visible \u00e1 opini\u00f3n p\u00fablica, aos medios e aos pol\u00edticos. Por experiencia, te\u00f1o observado que moitas agresi\u00f3ns ao Patrimonio Cultural nunca pasan de informaci\u00f3n local. O que aqu\u00ed se prop\u00f3n \u00e9 unha ferramenta para loitar contra isto.<\/p>\n<p><strong>Que \u00e9 patrimoniogalego.net?<\/strong><\/p>\n<p>patrimoniogalego.net \u00e9 un Sistema de Informaci\u00f3n Xeogr\u00e1fica (SIX) constru\u00eddo a partir de WordPress. O obxectivo \u00e9 elaborar un Cat\u00e1logo Social do Patrimonio Cultural galego, estruturado por comarcas, concellos, pero no que tam\u00e9n podes recuperar a informaci\u00f3n por tipo de ben cultural, por cronolox\u00eda\u2026 Se o conseguimos ser\u00e1 un dos mellores SIX en li\u00f1a de Europa. \u00c9 como unha Wikipedia do Patrimonio.<\/p>\n<p><strong>Quen pode participar?<\/strong><\/p>\n<p>Hai dous niveis de participaci\u00f3n. Os Editores e os Catalogadores. Os Catalogadores poden ser calquera cidad\u00e1n que queira rexistrar na base de datos elementos de Patrimonio Cultural e contribu\u00edr a unha gran base de datos galega. Os Editores son os responsables do mantemento e da boa xesti\u00f3n dos contidos do web.<\/p>\n<p><strong>Para que vale patrimoniogalego.net?<\/strong><\/p>\n<p>Un dos grandes problemas do Patrimonio Cultural en Galicia \u00e9 que non sabemos o que temos. As fichas do Inventario da Xunta est\u00e1n gardadas en carpeti\u00f1as na Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio, e carecemos dunha visi\u00f3n global, que \u00e9 fundamental. A informaci\u00f3n cons\u00e9guese mediante tr\u00e1mites burocr\u00e1ticos e moitas veces est\u00e1 incompleta ou \u00e9 err\u00f3nea. Patrimoniogalego.net perm\u00edtenos saber que Bens Culturais existen en Galicia e en que estado se atopan. Calquera pode dar informaci\u00f3n sobre o estado dun ben concreto. E por primeira vez saberemos, exactamente, a sa\u00fade do Patrimonio Cultural neste pa\u00eds.<\/p>\n<p>patrimoniogalego.net pode ser a base de co\u00f1ecemento na que se apoie a futura Mesa do Patrimonio para os seus informes, denuncias e avaliaci\u00f3ns do estado do Patrimonio.<\/p>\n<p><strong>Quen est\u00e1 detr\u00e1s de patrimoniogalego.net?<\/strong><\/p>\n<p>Pois un conxunto de xente que esperamos que sexa crecente. Por agora, o dese\u00f1o e desenvolvemento web \u00e9 de Manuel Gago, que \u00e9 o promotor da idea e responsable do sistema. Xurxo Salgado \u00e9 o responsable de comunicaci\u00f3n do web. Franjo Pad\u00edn e Xos\u00e9 Gago son parte do corpo de Editores. E Soledad Felloza est\u00e1 en Produci\u00f3n, no contacto coas asociaci\u00f3ns do patrimonio.<\/p>\n<p>O hosting do web \u00e9 xentileza de <a href=\"http:\/\/www.dinahosting.com\">Dinahosting<\/a>.<\/p>\n<p><strong>Podo participar en patrimoniogalego.net?<\/strong><\/p>\n<p>Por suposto. Se queres asumir m\u00e1is responsabilidade, estes son os postos dispo\u00f1ibles:<\/p>\n<p>Xesti\u00f3n web. UNHA PERSOA. Dominio de WordPress avanzado (hacking, custom fields, CSS, bases de datos, etc.). Traballar\u00e1 con Manuel Gago.<\/p>\n<p><strong>Textos de explicaci\u00f3n sobre o Patrimonio Galego (aspectos xur\u00eddicos)<\/strong>. D\u00daAS PERSOAS. Con co\u00f1ecementos de dereito. Deber\u00e1n responsabilizarse dos Apartados <strong>Lexislaci\u00f3n<\/strong> e <strong>Como denunciar<\/strong>, elaborando unha breve gu\u00eda pr\u00e1ctica para mortais de como actuar en situaci\u00f3ns de agresi\u00f3ns ao patrimonio. Con experiencia pr\u00e1ctica no \u00e1mbito das denuncias sobre patrimonio. Pero tranquilos, que logo non vos imos andar consultando para cada caso que saia. :-)<\/p>\n<p>Grupo de editores. D\u00daAS PERSOAS. Revisan as novas fichas enviadas. Deciden cambios no modelo de catalogaci\u00f3n. Establecen os Bens que pasan \u00e1 Lista Vermella (bens en m\u00e1is risco). Dominio do \u00e1mbito do patrimonio, traballo de campo, etc. Non se precisa ser profesional, pero si ter certa experiencia asociativa ou profesional vinculada ao patrimonio. Traballar\u00e1n con Pad\u00edn e Xos\u00e9 Gago.<\/p>\n<p>Grupo de Producci\u00f3n. UNHA PERSOA. Xestiona as relaci\u00f3ns coas Asociaci\u00f3ns polo Patrimonio e contacta con novas asociaci\u00f3ns e entidades interesadas en introducir a s\u00faa informaci\u00f3n. Co\u00f1ecementos do sector cultural e asociativo en Galicia. Traballar\u00e1 con Soledad Felloza.<\/p>\n<p>Grupo de comunicaci\u00f3n. UNHA PERSOA. Farase cargo das redes sociais. Co\u00f1ecementos de comunicaci\u00f3n corporativa. Traballar\u00e1 con Xurxo Salgado.<\/p>\n<p>Catalogadores. TODOS OS POSIBLES. Pode ser calquera. O rexistro \u00e9 gratu\u00edto e r\u00e1pido. Todos somos necesarios e importantes.<\/p>\n<p><strong>Cando comezamos?<\/strong><\/p>\n<p>Pois canto antes. O primeiro paso \u00e9 que o corpo de editores revise a ficha de catalogaci\u00f3n proposta, completar o equipo e xerar os manuais para aprender a subir as cousas (\u00e9 moi doado, pero \u00e9 bo ter certa documentaci\u00f3n). O ideal ser\u00eda sa\u00edr para despois das Letras Galegas. Non precisamos moitas cousas.<\/p>\n<p>Na lista e publicamente avisaremos do inicio.<\/p>\n<p><strong>E cal ser\u00e1 o seguinte paso?<br \/>\n<\/strong><br \/>\nVer\u00e9molo en funci\u00f3n de como vaiamos neste procedemento, que \u00e9 sinxelo e claro nos seus obxectivos, pero que cumprir\u00e1 un servizo b\u00e1sico en calquera sociedade moderna.<\/p>\n<p>Para min, o seguinte paso \u00e9 avanzar na consolidaci\u00f3n do proxecto. Se somos capaces de facer medrar patrimoniogalego.net, o cami\u00f1o natural ser\u00eda a consolidaci\u00f3n do proxecto a trav\u00e9s dunha entidade que desempe\u00f1ara as funci\u00f3ns debatidas para a Mesa polo Patrimonio.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O 10 de marzo publiquei un texto: Precisamos unha Mesa polo Patrimonio de Galicia. Nel<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/02\/patrimoniogalego-net-a-wikipedia-do-patrimonio-cultural-galego\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Patrimoniogalego.net: a Wikipedia do Patrimonio Cultural Galego<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27794,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-15846","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15846","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15846"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15846\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27794"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15846"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15846"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15846"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}