{"id":15805,"date":"2011-04-24T22:40:11","date_gmt":"2011-04-24T20:40:11","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=15805"},"modified":"2011-04-29T00:22:42","modified_gmt":"2011-04-28T22:22:42","slug":"as-excalibur-e-o-tnt","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/04\/24\/as-excalibur-e-o-tnt\/","title":{"rendered":"A Excalibur e o TNT"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/auga_laxe_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Onte visitabamos os impresionantes petr\u00f3glifos de Auga da Laxe [<a href=\"http:\/\/maps.google.com\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=210066705712329425773.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.136263,-8.714261&#038;spn=0.026955,0.038409&#038;t=h&#038;z=15&#038;iwloc=0004a1a72d85acd3be1ff\">localizaci\u00f3n<\/a>], na Serra do Gali\u00f1eiro, en Vigo, unha colecci\u00f3n de trinta armas -espadas curtas ou pu\u00f1ais, alabardas, outras estra\u00f1as figuras en forma de escudo- que os nosos devanceiros gravaron nun grupo de rochas na serra do Gali\u00f1eiro, aos p\u00e9s do m\u00edtico castelo que estamos a reivindicar. Hai algo m\u00e1is de vintecinco anos que se descubriron eses gravados e os investigadores a\u00ednda seguen fascinados por eles: son o principal conxunto de armas prehist\u00f3ricas gravadas en pedra en toda Europa. Un dos motivos da fascinaci\u00f3n \u00e9 un controvertido asunto: a presenza dunha espada enorme, unha espada que non podes deixar de mirar en canto te pos diante do petr\u00f3glifo. Nos oscilantes cambios de luz da primavera galega, o panel de armas transf\u00f3rmase e m\u00fadase: moitas das figuras desaparecen ou se fan maxestuosas. Pero ti miras esa espada.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/auga_laxe_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O tema interesante das espadas \u00e9 que grazas a elas podemos casar o rexistro dalg\u00fans petr\u00f3glifos onde est\u00e1n representadas coa s\u00faa realidade arqueol\u00f3xica. Deste xeito, esa paquena parte dos gravados rupestres galegos onde est\u00e1n representadas armas permiten saber que moitas das s\u00faas representaci\u00f3ns oscilan entre o Bronce Inicial e o Bronce final, case entrando na Idade do Ferro. Este ser\u00e1 o tempo destas grandes espadas en Galicia. Ao ver a gran espada da pedra de Auga da Laxe, lembrei unha fascinante historia da que me deu a pista Miguel Losada, unha historia fascinante que conecta a nosa realidade e o mundo das vellas lendas art\u00faricas. <\/p>\n<p>En novembro de 1967, na aldea de Mouru\u00e1s, concello de San Xo\u00e1n de R\u00edo (Ourense), uns canteiros estaban practicando un dos deportes nacionais galegos: voar con dinamita penedos de castros. Introduciran uns cartuchos nun gran penedo do lugar co\u00f1ecido como Pena dos Castros e estoup\u00e1rono. Coa explosi\u00f3n, do aparente interior do penedo chimpou polos aires unha espada. Unha espada fermosa, grande, de coidada e detallada factura. Aqu\u00ed a tedes: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mouruas.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: Museo Arqueol\u00f3xico de Ourense.<br \/>\n<\/em><br \/>\nA espada at\u00f3pase agora no Museo Arqueol\u00f3xico de Ourense, e aqu\u00ed tedes <a href=\"http:\/\/www.musarqourense.xunta.es\/pdfs\/pezasmes\/pm_2006_05_gal.pdf\">unha detallada informaci\u00f3n sobre ela (en pdf)<\/a>, na que se conta tam\u00e9n toda esta historia. Para Gonzalo Meijide, un arque\u00f3logo especialista en armamento da Idade do Bronce e do que falamos tam\u00e9n hai pouco polos <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/11\/18\/os-marabillosos-achados-de-formigueiros\/\">gravados do castro de Formigueiros<\/a>, esta arma ten elementos notables. \u00c9 do tipo <em>pistiliforme<\/em>, definici\u00f3n un tanto rara que responde \u00e1 s\u00faa forma, que lembra o pistilo dunha flor. Pero a espada de Mouru\u00e1s era un gran achado por un motivo moi relevante: \u00e9 moi antiga. Est\u00e1 datada entre o ano 1100 e o 900 a.C., convert\u00e9ndose nunha das primeiras espadas en Europa desta tipolox\u00eda pistiloforme que procede de Centro Europa e as proximidades do r\u00edo Rhin, en modelos anteriores coma as <em>Hemigkofen<\/em>; este novo xeito de forxar espadas de guerreiros expandiuse como a p\u00f3lvora cara o mundo atl\u00e1ntico, onde proliferou nas Illas e na costa francesa e peninsular. Cando esta espada chega, ou se forxa, en Mouru\u00e1s, \u00e9 un tipo tecnoloxica e esteticamente moi avanzado, un novo xeito de concebir as armas, un instrumento moi poderoso, superior \u00e1s armas co\u00f1ecidas ata o momento. <\/p>\n<p>Pero o fascinante \u00e9 outro detalle: habitualmente estas espadas en Galicia at\u00f3panse noutro intrigante espazo. Aparecen depositadas no fondo dos r\u00edos, en contextos acu\u00e1ticos, e tal cousa ten feito correr r\u00edos de tinta na investigaci\u00f3n. A espada de Mouru\u00e1s non. A espada de Mouru\u00e1s estaba encastrada na pedra. A espada de Mouru\u00e1s aguantara tres milenios agachada, agardando por un rei Artur que a retirara. <\/p>\n<p>Xa saben que o que me encanta \u00e9 procurar a orixe dos mitos, das afirmaci\u00f3ns. Inter\u00e9same a historia da cultura. Por iso non deixa de abraiarme que nun concello da monta\u00f1a ourensana se atope unha das primeiras mostras rituais do uso dunha Excalibur en Europa, cando menos dunha das partes significativas do ritual. O primeiro chanzo do mito de car\u00e1cter atl\u00e1ntico, que dous mil anos despois por\u00eda por escrito Geoffrey de Monmouth, iniciando o seu exitoso percorrido medieval, pero que xa estaba a\u00ed moito antes. Algu\u00e9n depositou naquel penedo, encastrou, a s\u00faa posesi\u00f3n m\u00e1is valiosa e realizou un rito que despois se perpetuou no imaxinario do noso continente ata hoxend\u00eda. Pensade niso: se non vos d\u00e1 un calafr\u00edo quedades castigados a escoitar <em>Carmi\u00f1a Burana<\/em> tres veces. ;-)<\/p>\n<p>E non deixo de pensar que no canto dun novi\u00f1o Artur que erguer\u00eda de novo a espada, quen retirou finalmente a espada do penedo foi o TNT dunha d\u00e9cada fat\u00eddica para o noso patrimonio: a do expansionismo construtor dos 60 que transformou radicalmente a apariencia do pa\u00eds. Toda unha met\u00e1fora. Vivimos entre s\u00edmbolos. <\/p>\n<p>Por certo, moi pr\u00f3ximo ao Penedo voado no que estaba custodiada a espada de Mouru\u00e1s, hai tam\u00e9n esta pedri\u00f1a, que ilustra tam\u00e9n o contexto deposicional da espada. A ver se lles soa de algo a feitura.  <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mouruas_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto do concello. <\/em><\/p>\n<p>A xeito ilustrativo, incl\u00fao tam\u00e9n o relatorio <em>A lan\u00e7a na \u00e1gua, a espada na pedra<\/em> que presentou o arque\u00f3logo Marcial Tenreiro no III Congreso de Estudos Celtas -onde a xente se dedicou a bastantes m\u00e1is cousas que a falar de xenes, como poden ver- sobre esta ampla tem\u00e1tica: <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" title=\"YouTube video player\" width=\"620\" height=\"495\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/8jAgvbNsEV8?rel=0\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No ano 67, uns canteiros de San Xo\u00e1n de R\u00edo viron con abraio voar polos aires a m\u00e1is fermosa espada que tiveran nunca contemplado, tras detonar o penedo dun castro con dinamita. A espada a\u00ednda existe e nos remonta ao m\u00e1is antigo rexistro das pr\u00e1cticas de Excalibur en Europa. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/04\/24\/as-excalibur-e-o-tnt\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A Excalibur e o TNT<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18969,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-15805","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15805","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15805"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15805\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18969"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15805"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15805"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15805"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}