{"id":15681,"date":"2011-04-14T00:43:48","date_gmt":"2011-04-13T22:43:48","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=15681"},"modified":"2011-04-14T16:11:14","modified_gmt":"2011-04-14T14:11:14","slug":"unha-ribeira-sacra-conxelada-no-tempo-iii-as-primeiras-imaxes-de-corentia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/04\/14\/unha-ribeira-sacra-conxelada-no-tempo-iii-as-primeiras-imaxes-de-corentia\/","title":{"rendered":"Unha Ribeira Sacra conxelada no tempo (III): as primeiras imaxes de Corentia"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cuarenza_gis_31.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Non sei se lembras esta imaxe. Era a etapa final de como a vexetaci\u00f3n devoraba as ru\u00ednas do mosteiro de Corentia ou Cuarenza, na espectacular Ribeira Sacra conxelada no tempo no r\u00edo Tambre. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2011\/02\/08\/unha-ribeira-sacra-conxelada-no-tempo-ii-e-a-devesa-agochou-o-mosteiro\/\">Aqu\u00ed contabamos esa historia<\/a>. Pois ben: Xerm\u00e1n Garc\u00eda Romai, naturalista e amplo co\u00f1ecedor, a nivel profesional, da \u00e1rea de Nimo, onde foi garda forestal moitos anos, achegouse ata a xungla a ver que raio era o que viamos desde o aire e remitiunos as fotos das construci\u00f3ns. Efectivamente, a \u00e1rea est\u00e1 moi cuberta de vexetaci\u00f3n. Por exemplo, vedes aqu\u00ed dous edificios?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/corentia_r.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pois est\u00e1n. Aqu\u00ed mesmo:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/corentia_r_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/corentia_r_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/corentia_r_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Non \u00e9 doado adscribir temporalmente estas estruturas. Non parecen, desde logo, un casal agr\u00edcola e a estrutura lembra moito \u00e1 dos priorados antigos do XVI ou XVII, o cal poder\u00eda casar coa documentaci\u00f3n da decadencia do cenobio, cando perde a s\u00faa batalla fronte a Toxosoutos a mediados da Idade Media e comeza o longo esmorecemento como unha esquencida granxa habitada por priores que autosaqueaban o seu propio templo. O que non parece estar a\u00ed \u00e9 a igrexa, ou non se reco\u00f1ece nos dous edificios como tales, pero Xerm\u00e1n comentoume que a cousa estaba tan tupida que imped\u00eda unha exploraci\u00f3n en profundidade. Estar\u00e1 m\u00e1is perdida na vexetaci\u00f3n? Lembrei que tivera a mesma sensaci\u00f3n en <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/12\/16\/santa-columba-de-naves-a-ultima-ruina-romantica-de-galicia\/\">Santa Columba de Naves<\/a>: a igrexa non estaba anexa ao edificio, sen\u00f3n algo separada e mesmo noutro plano&#8230;Al\u00e1 houbo xente que marchou do mosteiro sen saber que exist\u00eda. Pasar\u00e1 algo similar na antiqu\u00edsima Corentia?<\/p>\n<p>Pero sexa un destes edificios ou estea sepultada na xungla, non debe andar lonxe. Por que? Comenteille a Xerm\u00e1n antes de que baixase al\u00f3 a tradici\u00f3n oral que rese\u00f1ara un veci\u00f1o de Nimo neste mesmo blog: o seu pai sinal\u00e1ralle de pequeno as tumbas dos monxes. Falando con Xerm\u00e1n directamente no lugar el me dixo que non v\u00eda as tumbas entre a maleza. Pero aos poucos chamoume. <\/p>\n<p>-Xa sei onde est\u00e1n as tumbas -dixo r\u00edndose, abraiado.<br \/>\n-Onde?<br \/>\n-Onde non o esperas. <\/p>\n<p>A foto rev\u00e9lao:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/corentia_r_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Fenosa colleu as tumbas para cimentar a pista de acceso \u00e1 central hidroel\u00e9ctrica que debeu erguer nos anos 50. <\/p>\n<p>Os misterios do mosteiro altomedieval de Corentia a\u00ednda non remataron, se\u00f1ores. Desde aqu\u00ed o meu agradecemento a Xerm\u00e1n pola s\u00faa teimos\u00eda e o interese en rescatar estes espazos abandonados. <\/p>\n<p>E a\u00ednda nos quedan tres m\u00e1is, Xerm\u00e1n&#8230; :-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non sei se lembras esta imaxe. Era a etapa final de como a vexetaci\u00f3n devoraba&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/04\/14\/unha-ribeira-sacra-conxelada-no-tempo-iii-as-primeiras-imaxes-de-corentia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unha Ribeira Sacra conxelada no tempo (III): as primeiras imaxes de Corentia<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":15682,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35],"tags":[],"class_list":["post-15681","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15681","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15681"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15681\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15682"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15681"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15681"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15681"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}