{"id":15646,"date":"2011-04-11T23:49:19","date_gmt":"2011-04-11T21:49:19","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=15646"},"modified":"2011-04-14T00:01:23","modified_gmt":"2011-04-13T22:01:23","slug":"o-valor-dunha-terraza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/04\/11\/o-valor-dunha-terraza\/","title":{"rendered":"O valor dunha terraza"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cronicas_mundanas.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Unha noite sa\u00edn da redacci\u00f3n do xornal no que traballaba  e cami\u00f1ei polas r\u00faas, bastante baleiras para ser un martes de xullo. Preguntoiro arriba, uns peregrinos de acento andaluz par\u00e1ronme polo cami\u00f1o: \u201cOye, y para tomar unas copillas por aqu\u00ed?\u201d. O que me fixeram\u00e1is graza era ese \u201cy\u201d, que poderiamos interpretar como \u201ctodo isto da catedral e tal est\u00e1 moi ben, pero agora imos ao serio\u201d. Prop\u00faxenlles que me seguiran \u2013eu quedara cuns amigos- e leveinos \u00e1s terrazas de San Paio de Antealtares.  \u201c\u00bfPero d\u00f3nde estaba toda esta gente?\u201d, exclamou sorprendido un dos peregr\u00edns cando entramos pola V\u00eda Sacra e de s\u00fapeto abr\u00edronse as d\u00faas prazas onde se amorean os xenuinos compostel\u00e1ns nas moderadamente calorosas noites do ver\u00e1n. <\/p>\n<p>E a\u00ed est\u00e1 a clave do terraceo compostel\u00e1n. Nada que ver con esas noites populosas das terrazas madrile\u00f1as en azoteas <em>cool<\/em>, ou, se nos po\u00f1emos, das que beirean o r\u00edo en Allariz, ou a Praza da Peregrina en Pontevedra. Na cidade vella, o ver e o ser visto \u2013a funci\u00f3n cl\u00e1sica do terraceo peninsular- est\u00e1 subordinado a outras cousas. En canto abre a primavera e se vai achegando o ver\u00e1n, o terraceo picholeiro perf\u00edlase como unha operaci\u00f3n de camuflaxe, de avantaxe competitiva, de obter uns metros cadrados de gloria nun recanto ignoto. Os terracistas compostel\u00e1ns son expertos en ventos e correntes, en rebecas que se agradecen con esa xiadi\u00f1a inclemente mesmo das noites m\u00e1is c\u00e1lidas. E non esquenzamos esa sutil operaci\u00f3n de travestismo que son as chaquetas masculinas coxunturais sobre os ombreiros das mulleres, un cl\u00e1sico do atrezzo feminino veraneiro na cidade. <\/p>\n<p>A situaci\u00f3n agr\u00e1vase porque o compostelanita residente poder\u00eda dispor da superficie gloriosa da Quintana para explaiarse no terraceo e beneficiarse da calor acumulada polo d\u00eda nas lousas cal unha calefacci\u00f3n de tarifa noturna, pero fronte a iso, prefire arrecuncharse nos labirintos algo frescos de Antealtares, Algalias, Salsepodes, a Troia ou Agros, na busca da s\u00faa propia identidade, que est\u00e1 diluida na zona cero do turismo, ao redor da Catedral. O motivo deste comportamento pode estar nesa fascinante capacidade compostelana de distinguir nativos entre as masas de xente que visitan a vella cidade. Obs\u00e9rvase cando tomas unha cervexa na terraza do Casino ou no Suso; sabes que comezas a ser picholeiro cando es quen de distinguir co\u00f1ecidos no medio do marasmo humano e convertes a masa tur\u00edstica en parte da paisaxe, como as igrexas ou as tendas de quincallada. Adem\u00e1is, sa\u00edr de terrazas en Compostela, no ver\u00e1n ou na primavera, sempre ten unha compo\u00f1ente melanc\u00f3lica: nesta cidade na que todos somos doutro sitio, a tertulia debe por forza inclu\u00edr saudosas referencias a que est\u00e1s <em>aqu\u00ed<\/em> pero en realidade, neste momento, o que che gustar\u00eda ser\u00eda estar <em>al\u00ed<\/em> (e al\u00ed pode ser a praia de Agueira e Portos\u00edn, o r\u00edo Arnoia, os chiringuitos de Samil ou Portonovo). Sensaci\u00f3ns de desdobramento metaf\u00edsico algo masoquistas que far\u00edan as delicias de Fernando Pessoa. <\/p>\n<p>S\u00f3 hai un lugar que garda as esencias urbanas do secreto do terraceo compostel\u00e1n: a Praza Roxa. Hai que ir sentar al\u00f3 ao rematar as compras na tardi\u00f1a. A pequena vida urbana de Compostela apr\u00e9ciase al\u00ed sobre todo na primavera. Aqu\u00ed baixan os grupos de estudantes a ver que cae. Un amigo recomendoume de aquela: <\/p>\n<p>-Leva gafas de sol.<br \/>\n-Pero se a esa hora xa non pega -contesteille. <\/p>\n<p>El, r\u00e1pido, demostrou m\u00e1is esencia compostelana ca min. En Santiago as terrazas non son para ver e deixarse ver. Son para ver e facer que non ves. <\/p>\n<p><em>As Cr\u00f3nicas Mundanas son unha colecci\u00f3n de artigos sobre Santiago de Compostela e a vida a trav\u00e9s da s\u00faa hosteler\u00eda. Publ\u00edcanse bimestralmente na revista da Asociaci\u00f3n de Hosteler\u00eda de Santiago de Compostela. <\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A segunda entrega das Cr\u00f3nicas Mundanas reflexiona sobre a Terraza, ese concepto dif\u00edcil de comprender para un compostelano. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/04\/11\/o-valor-dunha-terraza\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O valor dunha terraza<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27785,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[37,32],"tags":[],"class_list":["post-15646","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cronicas-mundanas","category-destacado","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15646","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15646"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15646\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27785"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15646"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15646"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15646"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}