{"id":1563,"date":"2006-09-26T23:40:50","date_gmt":"2006-09-26T21:40:50","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1563"},"modified":"2006-09-27T12:42:49","modified_gmt":"2006-09-27T10:42:49","slug":"o-castro-do-logoso-en-dumbria-dous-metros-de-toxo-e-tres-murallas-de-historia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/09\/26\/o-castro-do-logoso-en-dumbria-dous-metros-de-toxo-e-tres-murallas-de-historia\/","title":{"rendered":"O castro do Logoso, en Dumbr\u00eda: dous metros de toxo e tres murallas de Historia"},"content":{"rendered":"<p> <a href=\"http:\/\/sonriemientraspuedas.blogspot.com\">Juan Castro<\/a> envioume por correo esta foto escaneada. \u00c9 dos anos 80 e poder\u00eda titularse: &#8220;Castro de Logoso con Avoa ao Fondo&#8221;. Det\u00edvenme un rato a estudala con interese. Cantas cousas conta! M\u00edraa ben:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image1561\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/logoso_80.jpg\" alt=\"logoso_80.jpg\" \/><br \/>\n(<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/logoso_80_gr.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-0\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\">ver ampliada aqu\u00ed<\/a>. Foto: Juan Castro<\/p>\n<p>Aparecen d\u00faas casas circulares, en primeiro plano, nun incr\u00edbel estado de conservaci\u00f3n, despois de dous mil anos de abandono. A avoa parece repousar ao fondo, contra unha muralla, tam\u00e9n de pedra, tam\u00e9n a\u00ednda en p\u00e9, que ter\u00e1 un metro de altura. Comprobei a bibliograf\u00eda bastante excitado: non houbera ning\u00fan tipo de excavaci\u00f3n nin rehabilitaci\u00f3n al\u00ed. \u00c9 dicir, ese castro estaba tal como o deixara quen al\u00ed viv\u00edu. <\/p>\n<p>En canto puiden achegueime: a excusa era outra e s\u00f3 ti\u00f1amos a penas unha hora para subir, pero quer\u00eda ver se aquel miragre continuaba existindo. Era o castro do Logoso, en <a href=\"http:\/\/www.dumbria.com\/\">Dumbr\u00eda<\/a>, ao car\u00f3n do cami\u00f1o de Santiago. Explorei o lugar dende o Google Earth (<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castro_do_logoso.kmz\">aqu\u00ed o ficheiro kmz<\/a>) para co\u00f1ecer a s\u00faa ubicaci\u00f3n estrat\u00e9xica, nun espol\u00f3n de sa\u00edda nun cami\u00f1o milenario ao que despois chamar\u00edan Cami\u00f1o de Santiago. E comezamos a subir pola pendente que est\u00e1 \u00e1 beira da pedra calzada de Bra\u00f1as, un pequeno miragre xeol\u00f3xico.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image1558\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castro_logoso_1.jpg\" alt=\"castro_logoso_1.jpg\" \/><br \/>\n<em>Murallas da croa do Castro de Logoso.<\/em> Foto: Sole<\/p>\n<p>O Castro do Logoso est\u00e1 cuberto hoxe dunha enorme toxeira que chega a alcanzar nalg\u00fan momento os dous metros de altura, a\u00ednda que tranquilos, na maior parte do recinto s\u00f3 dan m\u00e1is ou menos \u00e1 altura do peito. E son bravos como valados fronteirizos. Camuflado entre os toxos, p\u00f3dese atopar un incr\u00edbel recinto arqueol\u00f3xico. O castro sit\u00faase no alto dun monte fortemente pronunciado por tres dos catro lados, e aproveita estas defensas naturais. No Noroeste, pola contra, a subida \u00e9 maina, e outro outeiro sobresae por riba da propia altura do castro. Aqu\u00ed a acr\u00f3pole concentra unha gran parte das defensas: primeiro un parapeto de terra, logo tres murallas p\u00e9treas que van ascendendo. Na zona superior est\u00e1 a croa, cunha gran muralla derruida, cos cachotes esvarando pouco a pouco pola ladeira. A croa \u00e9 impenetr\u00e1bel de toxos, pero p\u00f3dese cami\u00f1ar por riba da muralla para reco\u00f1ecer o recinto. Ao sureste, a un nivel inferior, dist\u00ednguese un barrio exterior tam\u00e9n protexido coa s\u00faa muralla, pero inacces\u00edbel polo mar de pinchos. <\/p>\n<p>Pero o m\u00e1is incr\u00edbel son as casas. Esa croa est\u00e1 chea de pequenas edificaci\u00f3ns circulares, ca\u00eddas e pegadas \u00e1 muralla para aproveitaren o muro xa feito. Al\u00ed arriba. S\u00f3 parece que un dea unha palmada e toda a vida comece a aparecer. Ao estar al\u00ed arriba, un sabe porque todas esas edificaci\u00f3ns sobreviviron, no canto de serviren de tradicional canteira das casas dos labradores. O Logoso est\u00e1 moi alto e as aldeas te\u00f1en afloramentos de granito moi pr\u00f3ximos ao lugar no que est\u00e1n instaladas. Era m\u00e1is c\u00f3modo coller a pedra ao car\u00f3n do lugar da edificaci\u00f3n da t\u00faa casa.<\/p>\n<p>Este castro \u00e9 tan potente, tan excepcional, est\u00e1 en tan bo estado de conservaci\u00f3n, que un non acaba de crer que a\u00ednda estea en p\u00e9. Non parece ter sido romanizado. Sen \u00e1nimo cient\u00edfico, pero impelido dun certo presentimento, quixen levantar un pequeno croquis da complexidade das estruturas desta acr\u00f3pole. Algunhas das li\u00f1as son imaxinarias: hab\u00eda demasiada maleza para confirmar algunha traxectoria, pero a trazos xerais, este \u00e9 o recinto. Cando menos queda constancia antes de que un d\u00eda nos sorprendan as noticias dun parque de aeroxeneradores ou un tractor rapaz ou calquera outra habilidade desas que tantas temos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image1559\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/logoso_linhas_peq.jpg\" alt=\"logoso_linhas_peq.jpg\" \/><br \/>\nPlano do castro do Logoso (<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/logoso_linhas_grande.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-1\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\">aqu\u00ed tes o mapa m\u00e1is grande e con m\u00e1is detalles<\/a>)<\/p>\n<p>Grazas, Juan, por compartir este tesouro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Juan Castro envioume por correo esta foto escaneada. \u00c9 dos anos 80 e poder\u00eda titularse:&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/09\/26\/o-castro-do-logoso-en-dumbria-dous-metros-de-toxo-e-tres-murallas-de-historia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O castro do Logoso, en Dumbr\u00eda: dous metros de toxo e tres murallas de Historia<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1558,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-1563","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1563","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1563"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1563\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1558"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1563"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1563"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1563"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}