{"id":1553,"date":"2006-09-25T23:44:28","date_gmt":"2006-09-25T21:44:28","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1553"},"modified":"2007-10-18T23:16:35","modified_gmt":"2007-10-18T21:16:35","slug":"restaurante-a-estacion-en-cambre-cando-os-detalles-son-o-todo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/09\/25\/restaurante-a-estacion-en-cambre-cando-os-detalles-son-o-todo\/","title":{"rendered":"Restaurante A Estaci\u00f3n en Cambre: cando os detalles son o todo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/static.flickr.com\/97\/252665327_7fb697f11d.jpg?v=0\" alt=\"\" \/><em><br \/>\nComedor do restaurante A Estaci\u00f3n (Cambre) nas antigas dependencias de Renfe<\/em><\/p>\n<p>Non son home de fixarme moito nos detalles, pero hai veces nas que son os detalles os que se fixan en ti e se convirten nalgo moi importante. Mira o comedor de enriba: \u00e1 esquerda, por riba desas mesas, pasa unha \u00e9mula dun tendido el\u00e9ctrico de posguerra; \u00e1 dereita, un reloxo de estaci\u00f3n, lembrando o pasado funcional deste espazo. Aqu\u00ed, no restaurante A Estaci\u00f3n de Cambre ( 981676911), hai como un mont\u00f3n de detalles que excitan o noso sentido da observaci\u00f3n pero que non anulan o verdadeiro sentido de por que estamos aqu\u00ed. Vexamos outro detalle que me deixou sorprendido:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/static.flickr.com\/92\/252665358_bc6f5d7a7f.jpg?v=0\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ben, este \u00e9 un tomate recheo acompa\u00f1ado de escuma de queixo San Sim\u00f3n. F\u00edxate en que se tomaron a molestia de pelalo e logo p\u00f3rlle, de novo, as folli\u00f1as. Pero&#8230;<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/static.flickr.com\/83\/252665387_9f81087beb.jpg?v=0\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>&#8230;ao abrir un tomate un descubre que o recheo foi depositado coidadosamente en cada unha das cavernas interiores do tomate, sen alterar o m\u00e1is m\u00ednimo a estrutura do froito!!! Quen se tomou este traballo? \u00bfQuer\u00eda conseguir esta sorpresa para n\u00f3s? O recheo \u00e9 moi delicado: xogando co mesmo tomate, queixo, albahaca, suave, sen cambiar a propia textura e sabor do froito, enfatiz\u00e1ndoo. Ref\u00edrome exactamente a iso. Pero tam\u00e9n que as camareiras co\u00f1ezan perfectamente a maridaxe dos pratos da carta e a composici\u00f3n da adega da casa e saiban recomendala. <\/p>\n<p>N\u00f3s optamos polo men\u00fa degustaci\u00f3n, que cambia de semana en semana, por moito que sorprenda. E foi un baile de sabores e cores, que nin sequera agardabamos, cheo de sorpresas. Ver\u00e1s: comezamos cunha degustaci\u00f3n de aceites de Tarragona, fant\u00e1sticos, moi diferentes entre si, que a mesa deixou al\u00ed, entre prato e prato, para atenuar as esperas (que a penas duraron). Despois seguimos cun aperitivo: unha navalla en chupachup que contaba cunha cunqui\u00f1a de sopa de casta\u00f1as con aceite de fiuncho; logo seguimos polo devandito tomate que viches antes; logo seguiu unha vieira \u00e1 grella con ensalada morna de lentellas e foie (incr\u00edbel, o mellor da sesi\u00f3n), e continuamos con bonito fresco asado en folla de parra sobre unha sopa de n\u00e9coras (intelixente soluci\u00f3n para suavizar a sequedade -m\u00ednima- do bonito). O plato forte do men\u00fa era un  cap\u00f3n confitado con crema de casta\u00f1as e cogumelos que era un desfase. Despois da violencia gustativa do cap\u00f3n, pasamos a relaxarnos cun blue gin tonic, un sorpresivo c\u00f3ctel de xenebra azulada de angostura, xelatina e capas de xeado e clara na zona superior. Rematamos a festa cun coulant de chocolate feito ao momento con xeado de leite. O caf\u00e9 tam\u00e9n, excelente. 36 euros por cabeza, pero ben pagados. Acompa\u00f1amos o paseo cun Castillo de Monesma crianza 2000, un cabernet sorprendentemente mineral. <\/p>\n<p>A sensaci\u00f3n \u00e9 como se Xo\u00e1n Manuel Crujeiras, o propietario da Estaci\u00f3n, e a notable conduci\u00f3n da xefa de coci\u00f1a, Bea Soutelo, reconstruiran o estado intermedio que non existiu entre a coci\u00f1a tradicional galega e a invenci\u00f3n da restauraci\u00f3n contempor\u00e1nea. E o resultado \u00e9, desde logo, sorprendente e recomend\u00e1bel.<\/p>\n<p><!--adsense#sete--><\/p>\n<p>No interior do post tes fotos en detalle.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/static.flickr.com\/111\/252665284_7a9e9fc872.jpg?v=0\" alt=\"\" \/><br \/>\nCata de aceites<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/static.flickr.com\/106\/252665298_109906f502.jpg?v=0\" alt=\"\" \/><br \/>\nAperitivo de navalla con sopa de casta\u00f1as con aceite de fiuncho. Fotos: <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/bitacora\">Sole<\/a><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/static.flickr.com\/31\/252665429_f2c6327e77.jpg?v=0\" alt=\"\" \/><br \/>\nVieira \u00e1 grella con ensalada morna de lentellas e foie<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/static.flickr.com\/105\/252665232_b02cb9eb50.jpg?v=0\" alt=\"\" \/><br \/>\nBonito asado con folla de parra sobre sopa de n\u00e9coras<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/static.flickr.com\/81\/252665204_15f21c1344.jpg?v=0\" alt=\"\" \/><br \/>\nBlue Gin tonic<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Comedor do restaurante A Estaci\u00f3n (Cambre) nas antigas dependencias de Renfe Non son home de<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/09\/25\/restaurante-a-estacion-en-cambre-cando-os-detalles-son-o-todo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Restaurante A Estaci\u00f3n en Cambre: cando os detalles son o todo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28118,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-1553","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1553","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1553"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1553\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28118"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1553"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1553"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1553"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}