{"id":15494,"date":"2011-03-28T21:31:56","date_gmt":"2011-03-28T19:31:56","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=15494"},"modified":"2011-04-04T22:24:21","modified_gmt":"2011-04-04T20:24:21","slug":"el-empalme-unha-aventura-gastronomica-para-fungofilos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/03\/28\/el-empalme-unha-aventura-gastronomica-para-fungofilos\/","title":{"rendered":"El Empalme: unha aventura gastron\u00f3mica para fung\u00f3filos"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/empalme_0.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>\u00c1 escena s\u00f3 lle faltar\u00eda un elemento de atrezzo: unha bola de matorral rodando pola estrada. Pero hab\u00eda mal tempo, chov\u00eda, vi\u00f1a ese vento fr\u00edo que en Zamora nunca sabes de onde chega, e estaba ese bar de estrada: El Empalme [T: 980652016\/ <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=210066705712329425773.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.008202,-6.265383&#038;spn=0.028636,0.04961&#038;t=h&#038;z=15&#038;iwloc=00049f8fa214d2f6db4ae\">localizaci\u00f3n<\/a>]. \u00c1 xente que lle encanta ir comer ao Quinto Pi\u00f1eiro, debera pasar por aqu\u00ed. Chegar ata Rionegro del Puente, en Zamora (unhas tres horas e cuarto desde Compostela), e deter o coche nun paramo inh\u00f3spito. O m\u00e1is probable \u00e9 que te sintas, nesa escena, parte de <em>Airbag <\/em>ou de <em>Jam\u00f3n, Jam\u00f3n<\/em>. Pero este sitio \u00e9 especial. El Empalme \u00e9 o refuxio creado por Gloria Cort\u00e9s e El\u00edas Mart\u00edn nun paramo zamorano: un lugar ao que vas cando precisas alimentarte, na t\u00faa viaxe desde Galicia ata outro lugar. De feito, cando entras, o cheiro da le\u00f1a e a calor do pequeno comedor axuda a sentir unha certa percepci\u00f3n de conforto. As\u00ed que sabes que, de alg\u00fan xeito, o teu amor pola Coci\u00f1a do Quinto Pi\u00f1eiro ao mellor fixo compensar tanta viaxe. Xa vedes que aos Blogastr\u00f3nomos non lles asusta nada para celebrar as s\u00faas Xantanzas; esta foi a segunda expedici\u00f3n al\u00e9n fronteiras. ;-)<\/p>\n<p>Este lugar, no medio da nada para o viaxeiro, cumpre ben o factor da sorpresa. Aqu\u00ed, El\u00edas e Gloria elaboraron un refuxio para os amantes dos cogumelos. O men\u00fa, variable, dif\u00edcil de contar, dif\u00edcil de describir, sempre incorpora varias variedades de fungos. A\u00ednda que xa non estamos en tempada para moitos dos fungos, Gloria ten conxeladas testemu\u00f1as que nos permitiron degustar unha chea de variedades que eu creo que todos, chegado un punto, renunciamos a saber. Se\u00f1ores, aquelo foi un aut\u00e9ntico festival do Quinto Reino. Outros cogumelos son de tempada: Gloria, que \u00e9 unha aut\u00e9ntica autoridade no quinto reino, defende que hai fungos comestibles en todas as estaci\u00f3ns. &#8220;Unha m\u00e1goa que os coci\u00f1eiros galegos non co\u00f1ezan moitos&#8221;, d\u00edxonos. E creo que ten moita raz\u00f3n. As\u00ed que de aquela coci\u00f1a sa\u00edron e sa\u00edron unha chea de prati\u00f1os, para que puideramos degustar unha incrible variedade de fungos, despois rematados de paspall\u00e1s e vaca. Exquisiteces gorentosas, sinxelas, propias dunha coci\u00f1a confortable, para viaxeiros curiosos que atravesan os paramos mesetarios no inverno. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/empalme_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/empalme_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/empalme_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/empalme_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/empalme_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/empalme_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/empalme_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/empalme_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/empalme_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/empalme_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<h3>Unha muller singular<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/empalme_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Esta muller, Gloria Cort\u00e9s, colombiana e coci\u00f1eira, ten sona de ter un mal humor proverbial; sen embargo, o xantar do s\u00e1bado pasado foi unha aut\u00e9ntica delicia. Gloria r\u00edase, tap\u00e1base a cara coas mans, ret\u00e1banos, bromeaba, fac\u00eda apuntamentos enciclop\u00e9dicos ao redor dos pratos ou deixaba caer as s\u00faas aventuras gastron\u00f3micas en M\u00f3naco, contratada por xeques, ou o seu compromiso social cos hospitais e a mellora das dietas. Esta muller, modesta e un tanto reservada \u00e1 par que orgullosa, resultoume unha aut\u00e9ntica personaxe literaria, algu\u00e9n que poder\u00eda sa\u00edr dun libro de Isabel Allende. Para entender o que digo, nada mellor que unha an\u00e9cdota. Resulta que un dos fungos cos que traballa ten propiedades coagulantes. Un d\u00eda, un cliente estaba sangrando na queixada na mesa, e non sab\u00eda moi ben como po\u00f1erse. Ela correu \u00e1 coci\u00f1a, meteu a man no balde no que acababa de tirar as sobras dese fungo, que acabada de servir. Traendo a man chea do refugallo, chegou onda o cliente e sen dicirlle nada, pasoulle todo pola queixada. O home alucinou, ela escapou e non volveu sa\u00edr \u00e1 sala. <\/p>\n<p>Un mes despois, aquel home apareceu de novo e presentouse como cirurxi\u00e1n pl\u00e1stico. Veu acompa\u00f1ado por un co\u00f1ecid\u00edsimo cirurxi\u00e1n pl\u00e1stico brasileiro e preguntoulle que clase de substancia lle puxera na queixada. Abrai\u00e1rase coas propiedades coagulantes daquelo e quer\u00eda saber que era: eles estaban encargando un composto para as cl\u00ednicas tra\u00eddo de Am\u00e9rica e non sab\u00edan que exist\u00eda un fungo con tanta efectividade. <\/p>\n<p>A an\u00e9cdota creo que define ben a esta muller. <\/p>\n<p>O restaurante, rexentado con agarimo polo seu home El\u00edas Mart\u00edn e ela, \u00e9 un destes lugares que todo gourmet debe visitar alomenos unha vez. A gastronom\u00eda ten algo de aventura, de viaxe, de experiencia. Aqu\u00ed, en El Empalme, nesta longa comida chea de pratos ecl\u00e9cticos, diversos, pratos potentes de base tradicional feitos e pensados por castel\u00e1ns para agradar no fr\u00edo das viaxes, v\u00edvese unha aut\u00e9ntica aventura gastron\u00f3mica. Recomendo peregrinar en outono, en pleno tempo dos cogumelos. As\u00ed o faremos n\u00f3s o vindeiro. <\/p>\n<p>Pagamos 45 euros (vi\u00f1o inclu\u00eddo). O vi\u00f1o era o Novellum, de Toro. <\/p>\n<h3>Coda<br \/>\n<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/empalme_11.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Os blogastr\u00f3nomos asistentes con El\u00edas e Gloria. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/empalme_12.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Blogastr\u00f3nomos asinando no Libro de Visitas do restaurante. <\/em><\/p>\n<h3>Outras visi\u00f3ns:<\/h3>\n<p><a href=\"http:\/\/www.pantagruelsupongo.com\/2011\/03\/xiv-xantanza-descubriendo-el-universo.html\">Pantagruel supongo<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.laconada.com\/2011\/03\/xiv-xantanza-25-setas-diferentes-en-el.html\">Laconada<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tres horas e pico de estrada para xantar. Foi en El Empalme, en Rionegro del Puente (Zamora), a nova Xantanza dos Blogastr\u00f3nomos galegos. Un aut\u00e9ntico universo da gastronom\u00eda dos cogumelos nun perdido bar de estrada. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/03\/28\/el-empalme-unha-aventura-gastronomica-para-fungofilos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">El Empalme: unha aventura gastron\u00f3mica para fung\u00f3filos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":15495,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,7],"tags":[],"class_list":["post-15494","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15494","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15494"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15494\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15495"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15494"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15494"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15494"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}