{"id":15405,"date":"2011-03-20T21:34:09","date_gmt":"2011-03-20T19:34:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=15405"},"modified":"2011-03-25T20:50:26","modified_gmt":"2011-03-25T18:50:26","slug":"o-posible-santuario-galaicorromano-da-cidade-de-armea-augas-santas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/03\/20\/o-posible-santuario-galaicorromano-da-cidade-de-armea-augas-santas\/","title":{"rendered":"O posible santuario galaicorromano da cidade de Armea (Augas Santas)"},"content":{"rendered":"<p>Quen co\u00f1eza Santa Mari\u00f1a de Augas Santas, en Allariz, saber\u00e1 do especial do lugar. No alto do outeiro, a aldea de Augas Santas, a marabillosa bas\u00edlica rom\u00e1nica, o pazo de ver\u00e1n episcopal. E polo cami\u00f1o da Santa, monte abaixo, pedras con p\u00edas, ata chegar \u00e1 igrexa medieval que ficou a medio facer, e que envolve a enigm\u00e1tica cripta que protexe unha antiga sauna castrexa. O interesante \u00e9 que a sauna est\u00e1 onde ten que estar: aos p\u00e9s dunha fascinante acr\u00f3pole da Idade do Ferro e do mundo galaicorromano: a cidade de Armea, que \u00e9 un dos xacementos arqueol\u00f3xicos galegos que, sen estar escavado metodicamente ag\u00e1s en intervenci\u00f3ns <em>amateurs<\/em> moi espor\u00e1dicas, deu sorprendente material que revela unha intensa interacci\u00f3n entre o mundo cultural castrexo e o romano; dese material, a min sempre me sorprendeu a cantidade de pezas <em>art\u00edsticas<\/em>, ou o que \u00e9 o mesmo, pezas de valor simb\u00f3lico. Estatuas de guerreiros castrexos, cabezas, unha chea de trisqueis, a sauna castrexa co salm\u00f3n e a serpe, capiteis, columnas, inscrici\u00f3ns, petr\u00f3glifos anteriores&#8230; \u00c9 como se nese lugar, en Augas Santas e Armea, se levara concentrando un profundo universo simb\u00f3lico ata hoxe. <\/p>\n<p>Pois ben. O s\u00e1bado, visitando a bas\u00edlica de Santa Mari\u00f1a de Augas Santas coa amabil\u00edsima se\u00f1ora que ten a chave, Visita (si, a muller ch\u00e1mase Visita), d\u00edxonos:<\/p>\n<p>-E agora atopouse outra cousa m\u00e1is desas enfronte da cidade de Armea, unha cousa as\u00ed rara. Falade co se\u00f1or Manuel de Armea, que el volo conta. <\/p>\n<p>Non tardamos nada en baixarmos ata a inmediata aldea de Armea, onde o se\u00f1or Manuel Losada nos indicou amablemente onde localizar aquelo. A\u00ednda que poidas ter curiosidade por saber que apareceu, case mellor te recomendo que vexas enteiro o v\u00eddeo, e recom\u00e9ndocho moito non s\u00f3 para ver o que al\u00ed se acaba de atopar, sen\u00f3n para co\u00f1ecer a emoci\u00f3n dun sinxelo home de aldea comprometido con toda a s\u00faa cadea de devanceiros, no que localizar algo tan fascinante coma isto tivo algo de providencial pero tam\u00e9n da curiosidade innata que temos os homes cando descubrimos o pasado. <\/p>\n<p>O que vas ver tam\u00e9n \u00e9 un xacemento a penas descuberto, pendente dunha intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica que nos permita comprender as implicaci\u00f3ns e funci\u00f3ns deste lugar. Non sei se \u00e9 unha primicia -creo que si- pero iso non \u00e9 o importante: o relevante \u00e9 a enorme importancia do que est\u00e1s a punto de mirar. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"http:\/\/player.vimeo.com\/video\/21254268?portrait=0\" width=\"620\" height=\"349\" frameborder=\"0\"><\/iframe><\/p>\n<p>Coma o se\u00f1or Manuel, e discretamente, sen que ningu\u00e9n me vira, eu tam\u00e9n chorei no lugar. Volv\u00edn onda o se\u00f1or Manuel, como fago sempre, para devolverlle en forma de palabras o que eu pod\u00eda saber sobre este lugar. Foi al\u00ed cando gravamos a entrevista que vedes no v\u00eddeo. <\/p>\n<p>Con certas prevenci\u00f3ns l\u00f3xicas ata que se faga unha boa investigaci\u00f3n do lugar, vou explicar que \u00e9 o que eu -ou calquera lector que co\u00f1eza algo sobre este tema- pensar\u00e1 sobre o que acaba de ver e as fotos que seguen. F\u00e1goo con humildade, sabendo que en arqueolox\u00eda, como di Andr\u00e9s Pena, as verdades de hoxe poden ser as mentiras de ma\u00f1\u00e1, e que a penas fixen unha visita, case casual, ao lugar. Estamos ante un dos exemplos dun dos fen\u00f3menos da cultura castrexa m\u00e1is desco\u00f1ecidos e procurados en Galicia: un santuario, un posible santuario galaicorromano, no que se poder\u00edan fusionar as crenzas e o universo simb\u00f3lico castrexo con determinada arquitectura e escenograf\u00eda romana. A disposici\u00f3n cando menos en d\u00faas terrazas, con dous niveles de escadas, a existencia de canaletas que delimitan ese banco central, acent\u00faan a monumentalidade deste lugar. A s\u00faa disposici\u00f3n cara o nacemento do sol abre suxestivas hip\u00f3teses.  <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/senorino_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Chanzos para acceder \u00e1 segunda plataforma e, por riba dela. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/senorino_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A segunda plataforma vista desde a dereita. Apreciade o banco central.<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/senorino_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A segunda plataforma vista desde a esquerda. De aqu\u00ed sae unha canle que posteriormente delimita e pecha todo o espazo central definido polo banco. <\/em><\/p>\n<p>Estes santuarios son estra\u00f1os e dif\u00edciles de ver. Os posibles casos que poden existir en Galicia localizados ata agora son unicamente chanzos labrados que permiten ascender a unha pedra, na que na zona superior pode haber algunhas p\u00edas, cuadrangulares ou redondas, as\u00ed como covi\u00f1as e calzos de posibles postes. Levo un tempo traballando neste tema de santuarios castrexos, a\u00ednda que non estou a escribir moito no blog sobre esta cuesti\u00f3n, ata que non sume uns cantos indicios m\u00e1is sobre algo que penso ao respecto. Pero ese \u00e9 outro tema. Volvemos ao noso. <\/p>\n<p>S\u00f3 nalg\u00fans xacementos da mundo dos castros estes santuarios adquiren outro notable valor monumental. Hai dous casos moi pr\u00f3ximos a estes: <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Santuario_de_Pan%C3%B3ias\">A Fraga de Pan\u00f3ias<\/a>, no concello de Vila Real (Portugal), ou <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Castro_de_Ulaca\">o santuario do castro de Ulaca<\/a>, en \u00c1vila, pr\u00f3ximo a unha sauna castrexa, igual que este de Armea. Os dous, especialmente Pan\u00f3ias, se entenden ata agora un pouco como as pedras Rossetta que permiten interpretar a funci\u00f3n destes lugares. <\/p>\n<p>Pois ben: no territorio da Galicia actual non hai ning\u00fan santuario tan elaborado nin complexo como este de Santa Mari\u00f1a de Augas Santas. E se cadra, a\u00ednda que non son experto no tema, a disposici\u00f3n de elementos xa visibles neste monte do Se\u00f1ori\u00f1o permite supo\u00f1er que estamos ante un santuario de primeira orde, que revela unha disposici\u00f3n monumental e cultual complexa, nun lugar de intens\u00edsima tradici\u00f3n sagrada. A s\u00faa aparici\u00f3n, con todo, \u00e9 coherente coa \u00e1rea da cultura castrexa na que se atopa, tremendamente coherente. <\/p>\n<p>Saben por que chorei eu no monte do Se\u00f1ori\u00f1o? Levo m\u00e1is de vinte anos percorrendo montes, cruzando silveiras, atravesando toxeiras, tentando comprender non s\u00f3 os lugares nos que viv\u00edan os nosos devanceiros, sen\u00f3n aquelo que non se pode apreixar nas mans: como pensaban, en que cr\u00edan, como percib\u00edan o mundo. Sub\u00edn murallas, baixei t\u00faneles, tentado escoitar algunha palabra que me relatase un mito, unha lenda, un territorio. O se\u00f1or Manuel Losada de Armea turbulentamente desvelounos unha parte do seu universo de crenzas. De s\u00fapeto, case escoitamos o rumor das palabras e das oraci\u00f3ns. A\u00ednda non comprendemos o que al\u00ed vemos, e non sabemos onde conseguiremos chegar. Pero hai un mes e medio, o se\u00f1or Manuel Losada abriu unha porta no tempo que nos achega m\u00e1is aos nosos antepasados. E non podo menos que darlle as grazas. No meu nome, e estou convencido que tam\u00e9n no de moita xente de ben. Se vostedes o escoitan falar no v\u00eddeo, saber\u00e1n a que me refiro. <\/p>\n<p>Ma\u00f1\u00e1 contaremos algunhas outras cosas sobre Santa Mari\u00f1a de Augas Santas. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai un mes e medio, o se\u00f1or Manuel Losada esvarou nunha pedra mentres buscaba un marco preto da aldea de Armea, en Augas Santas (Allariz). E de s\u00fapeto descubriu os chanzos dunha escaleira. Foi o primeiro momento dun fascinante descubrimento que ampl\u00eda a visi\u00f3n da cultura castrexa e que a\u00ednda est\u00e1 sen investigar. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/03\/20\/o-posible-santuario-galaicorromano-da-cidade-de-armea-augas-santas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O posible santuario galaicorromano da cidade de Armea (Augas Santas)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18978,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18],"tags":[],"class_list":["post-15405","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15405","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15405"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15405\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18978"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15405"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15405"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15405"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}