{"id":15343,"date":"2011-03-13T22:57:30","date_gmt":"2011-03-13T20:57:30","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=15343"},"modified":"2011-03-13T22:59:38","modified_gmt":"2011-03-13T20:59:38","slug":"republicas-de-homes-libres-as-motas-galegas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/03\/13\/republicas-de-homes-libres-as-motas-galegas\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: as Motas galegas"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_bayeux.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Acudimos ao magn\u00edfico tapiz de Bayeux unha e outra vez para observar por esta fiestra \u00fanica o mundo do final das Rep\u00fablicas de Homes Libres. Fix\u00e1devos na imaxe de enriba. Al\u00ed aparecen tres castelos. Son tres castelos bret\u00f3ns: Dol, Rennes e Dinant. Todos eles te\u00f1en en com\u00fan unha estrutura: a s\u00faa ubicaci\u00f3n no alto dun monte de terra, unha torre central e unha empalizada central. Polo xeral, estes castelos eran moi pequenos. Os normandos lev\u00e1ronos para Inglaterra a partir da batalla de Hastings, no ano 1066, e na illa constru\u00edronse unhas cen fortalezas deste tipo no periodo inicial do asentamento normando; os m\u00e1is visibles est\u00e1n na fronteira con Gales. Destes at\u00f3panse moitos en Normand\u00eda e na Breta\u00f1a, e son claves para comprender o inicio do feudalismo. A s\u00faa estrutura era ben sinxela: ubicados nas chairas, cav\u00e1base un foxo circular e a terra que se extra\u00eda xunt\u00e1base no medio creando un mont\u00edculo artificial. A\u00ed encaix\u00e1base o castelo. O v\u00ednculo entre esta arquitectura coa cultura normanda e n\u00f3rdica era tan grande que o artista de Bayeux entend\u00eda que este era <em>o xeito<\/em> normando de fortificar. <\/p>\n<p>En Galicia cr\u00edase que non exist\u00edan motas altomedievais ubicadas nas chairas. Se ben \u00e9 certo que o accidentado terreo galego leva a crer que as fortificaci\u00f3ns pod\u00edan estar sempre ubicadas no alto, a realidade e o traballo de campo v\u00f3lvenos ensinar que debemos mirar doutro xeito, e que nunca paramos de aprender. Claro que hai motas. De manual. Como as que se poden atopar en Normand\u00eda ou Inglaterra. Pero d\u00e1se un proceso curioso. Moitos investigadores, ao velas, consider\u00e1ronas castros, castros at\u00edpicos, pero castros. Na toponima te\u00f1en ese nome, ou variantes: a Mota, a Mouteira. \u00c1s veces -as menos- tam\u00e9n aparecen consideradas como Castrillos, Castrill\u00f3ns, Castri\u00f1os&#8230;<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mouteira_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foxo (en primeiro plano) e muralla en segundo plano da Mouteira. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mouteira_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A mota. As obras do prado (dereita) fixeron desaparecer a zona de foxo e parte do entramado defensivo superior. <\/em><\/p>\n<p>Un caso interesante \u00e9 o da Mouteira [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;msa=0&#038;msid=210066705712329425773.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.567676,-8.303996&#038;spn=0.003323,0.005541&#038;t=h&#038;z=18\">localizaci\u00f3n<\/a>], no lugar de Fix\u00f3, en Forcarei, nun territorio cheo de moi interesante toponimia altomedieval, como a pr\u00f3xima aldea de Malburgo. Ubicada no medio dos campos de cultivo, a Mouteira responde ao par\u00e1metro das motas altomedievais ao m\u00e1is cl\u00e1sico xeito. Foxo circular, monte de terra artificial e restos dunha estrutura muraria na zona superior, e no seu di\u00e1metro, non creo que a cousa pasara de quince metros de di\u00e1metro. Faloume dela Alfredo Gonz\u00e1lez Ruibal, e foi un gustazo que os veci\u00f1os da zona nos levaran amablemente ata o lugar, e se estenderan sen presa ningunha en detalles sobre o lugar; se non fora por eles, aseg\u00farovos que o sitio ser\u00eda dif\u00edcil de localizar. Os veci\u00f1os fal\u00e1ronnos da intensa actividade agr\u00edcola da mota, que se cepillou d\u00faas terceiras partes do foxo e das murallas -como aconteceu noutras motas galegas- pero tam\u00e9n das lendas que exist\u00edan no lugar, das <em>morocotas<\/em> de ouro dos indios e das olas de moedas que se gardaban baixo delas, pero tam\u00e9n das cabanas que al\u00ed constru\u00edan, entre os carballos, cando eran nenos, porque esas son terras comunais. <\/p>\n<p>Ao ver a mota da Mouteira reco\u00f1ec\u00edn outras fortalezas deste tipo que me te\u00f1o atopado por Galicia, ao longo desta d\u00e9cada, cando non as sab\u00eda <em>mirar<\/em>. Aprend\u00edn, en certo xeito, a velas e a procuralas na paisaxe. Tam\u00e9n atopei relaci\u00f3ns pr\u00f3ximas entre este xeito de constru\u00edr e estoutro modelo de castelo sinalado en posts anteriores: o da fortaleza baseadas nun penedo. Non \u00e9 doado atinar coa cronolox\u00eda destas fortificaci\u00f3ns. De considerar a diferentes autores, a cousa andar\u00eda entre os s\u00e9culos IX-XI. Un novo modelo de fortaleza para as Rep\u00fablicas de Homes Libres, que nos transmite unha idea: a dun mundo complexo, con relaci\u00f3ns sociais, econ\u00f3micas e de poder moi diversificadas e moi conectado -como non pod\u00eda ser doutro xeito- coa vaga cultural do mundo atl\u00e1ntico. <\/p>\n<p>Seguimos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Acudimos ao magn\u00edfico tapiz de Bayeux unha e outra vez para observar por esta fiestra&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/03\/13\/republicas-de-homes-libres-as-motas-galegas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: as Motas galegas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":15344,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35],"tags":[],"class_list":["post-15343","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15343","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15343"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15343\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15344"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15343"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15343"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15343"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}