{"id":15316,"date":"2011-03-10T22:44:53","date_gmt":"2011-03-10T20:44:53","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=15316"},"modified":"2011-03-16T01:32:29","modified_gmt":"2011-03-15T23:32:29","slug":"precisamos-unha-mesa-polo-patrimonio-de-galicia-i","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/03\/10\/precisamos-unha-mesa-polo-patrimonio-de-galicia-i\/","title":{"rendered":"Precisamos unha Mesa polo Patrimonio de Galicia (I)"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/xuntos.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Nos \u00faltimos meses tiven a fortuna de contactar, dialogar e conversar de vagar con bastantes asociaci\u00f3ns de defensa do patrimonio ao longo de toda Galicia. Xente voluntariosa, habitualmente vinculada a unha comarca, que exercen traballos de defensa activa do patrimonio, pero tam\u00e9n de concienciaci\u00f3n social. Na medida das s\u00faas posibilidades, o traballo de toda esta xente \u00e9 mod\u00e9lico: sup\u00f3n horas de tempo persoal, sacrificio das relaci\u00f3ns familiares para achegarse a traballos por veces ingratos e, moitas veces, conflitivos. Esta xente ten un m\u00e9rito enorme. <\/p>\n<p>Pois ben, sorprendeume a coherencia dunha idea que unha e outra vez se repet\u00eda en todas as conversas cos directivos destas asociaci\u00f3ns. E sorprendeume porque os meus amigos ben saben todo o que levamos falado, desde hai anos, sobre esta cuesti\u00f3n. A idea \u00e9 a seguinte. <\/p>\n<p>-Precisamos unha Federaci\u00f3n ou Asociaci\u00f3n Galega de Defensa do Patrimonio. <\/p>\n<p>Isto \u00e9 unha cuesti\u00f3n importante. As asociaci\u00f3ns, nos seus procesos de traballo interno, decat\u00e1ronse de que, por desgracia, unha boa parte das decisi\u00f3ns sobre o patrimonio das comarcas nas que traballan t\u00f3manse f\u00f3ra das s\u00faas propias comarcas. Saben tam\u00e9n o dif\u00edcil que \u00e9 ter repercusi\u00f3n nas s\u00faas denuncias, e o importante que \u00e9 a aparici\u00f3n en medios de comunicaci\u00f3n. E saben que hai recursos e posibilidades aos que economicamente non poden chegar. <\/p>\n<p>N\u00f3s levamos tempo pensando na cuesti\u00f3n. <\/p>\n<p>Precisamos unha Mesa polo Patrimonio de Galicia. Cada d\u00eda estamos vendo novos plans de agresi\u00f3ns a espazos e lugares patrimoniais importantes. A batalla da opini\u00f3n p\u00fablica, especialmente no \u00e1mbito local, non est\u00e1 ga\u00f1ada porque ningu\u00e9n, nin sequera, a xogou. Temos un problema real na ausencia dun liderazgo claro na administraci\u00f3n p\u00fablica en pol\u00edticas de patrimonio. E moitos m\u00e1is problemas. Hai que dar un paso m\u00e1is al\u00e1. Porque a\u00ednda que pasan os anos, a conciencia pol\u00edtica e social sobre o patrimonio non mellora, e mesmo empeora por momentos. <\/p>\n<p>Penso nunha sorte de Federaci\u00f3n na que poidan participar todas as asociaci\u00f3ns e que permita optimizar e centralizar recursos de cara a protecci\u00f3n e defensa do patrimonio de xeito m\u00e1is deficiente, intervindo al\u00ed onde as asociaci\u00f3ns son febles. Por facernos unha idea de tres servizos que poder\u00eda asumir esta Mesa Central. <\/p>\n<p>a) <strong>Servizo xur\u00eddico.<\/strong> Contratar a avogados especialistas en patrimonio hist\u00f3rico e materias de dereito adicionais que permitan elaborar gu\u00edas de actuaci\u00f3n legal ante as agresi\u00f3ns ao patrimonio e tam\u00e9n facer consultas sobre problem\u00e1ticas efectivas. Un dos principais problemas, por experiencia te\u00f1o comprobado, das denuncias sobre unha agresi\u00f3n ao patrimonio, \u00e9 o escaqueo. Todo o mundo, desde a Guardia Civil, os concellos ou a Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio, tentan escaquearse de responsabilidades ou paralizar os expedientes. Determinar as responsabilidades con rapidez \u00e9 clave para saber como actuar e contra quen. Os servizos xur\u00eddicos permitir\u00edan crear unha gu\u00eda de documentaci\u00f3n ao que as asociaci\u00f3ns poden acudir para tramitar e xestionar por escrito -que \u00e9 o que realmente importa- as cuesti\u00f3ns. <\/p>\n<p>b) <strong>Gabinete de comunicaci\u00f3n.<\/strong> Ag\u00e1s que haxa algu\u00e9n con certa experiencia, a relaci\u00f3n entre as asociaci\u00f3ns e os medios de comunicaci\u00f3n \u00e9 limitada. O medio s\u00f3 co\u00f1ece a xente do \u00e1mbito local e, dependendo das capacidades e do tempo, o traballo cos medios \u00e9 m\u00e1is ou menos amplo. Pero a informaci\u00f3n que aparece nos medios locais (ag\u00e1s cando falamos de edici\u00f3ns vinculadas \u00e1s grandes cidades) basicamente a penas ten incidencia nos pol\u00edticos (que se po\u00f1en m\u00e1is nerviosos do que imaxinades cando ven cousas no papel. Mirade o cambio de discurso que deu o Presidente do Goberno sobre o tema do castro de Baro\u00f1a a partir da presi\u00f3n de La Voz de Galicia e El Correo Gallego. Pasou de &#8220;que busquen os recursos f\u00f3ra de Galicia&#8221; (!!!) a &#8220;a ver o que podo facer&#8221;. O Gabinete de Comunicaci\u00f3n ter\u00eda a tarefa, nada f\u00e1cil, de conectar estas incidencias locais coa s\u00faa circulaci\u00f3n en medios galegos ou de m\u00e1is al\u00f3. O Gabinete tam\u00e9n ter\u00eda que conectar a todas estas asociaci\u00f3ns coa gran mar\u00e9 de Internet, apoiando o activismo en redes sociais e xestionando e coordinando o web xeral. <\/p>\n<p>c) <strong>Servizo de Informes.<\/strong> O servizo de informes deber\u00eda facilitarnos informaci\u00f3n sobre cal \u00e9 a situaci\u00f3n real do patrimonio en Galicia. Ata o momento, s\u00f3 contamos cun informe de incidencias anual, que \u00e9 o que elabora o Fiscal de Patrimonio de Galicia. Pero este informe s\u00f3 recolle actuaci\u00f3ns xudiciais e denuncias, non o impacto efectivo sobre o patrimonio. O Servizo tam\u00e9n contar\u00eda cunha base de datos activa e en li\u00f1a con todos os puntos en conflicto, ou susceptibles de ser afectados por obras p\u00fablicas e privadas, e canalizar\u00eda a incorporaci\u00f3n de novas denuncias e informaci\u00f3n. O resultado ser\u00eda un valioso recurso para co\u00f1ecer en tempo real a situaci\u00f3n do patrimonio. <\/p>\n<h3>Outras consideraci\u00f3ns<\/h3>\n<p>A Mesa polo Patrimonio de Galicia debera estar integrada por asociaci\u00f3ns pero tam\u00e9n por membros a t\u00edtulo individual. O seu Presidente debera ser unha figura de reco\u00f1ecido prestixio, pero tam\u00e9n con capacidade de decisi\u00f3n e xesti\u00f3n. Estamos falando de algu\u00e9n con tempo libre que dedicarlle \u00e1 cuesti\u00f3n, apoiado por alg\u00fans membros da directiva con capacidade tam\u00e9n de xesti\u00f3n efectiva. A referencia para a imaxe p\u00fablica que debe ter esta Mesa \u00e9 Greenpeace ou Amnist\u00eda Internacional: entidades que pola s\u00faa reputaci\u00f3n son capaces de preocupar aos gobernos e que son reco\u00f1ecidas internacionalmente como independentes. <\/p>\n<p>A Mesa polo Patrimonio de Galicia debera ter mecanismos importantes para evitar a partidizaci\u00f3n da entidade, un risco perigoso ao meu ver. O patrimonio importa en Galicia, m\u00e1is do que moitos pensan. \u00c9 unha magn\u00edfica ferramenta electoral en malas manos. Os titulares da directiva e os membros deberan velar porque na Mesa polo Patrimonio haxa unha integraci\u00f3n efectiva de persoas de diferentes ideolox\u00edas. E cando digo todas, non me refiro a integrar \u00e1 U e ao Encontro Irmandi\u00f1o. Ref\u00edrome a que haxa xente de todas partes. Aqu\u00ed deben caber todos. Debe ser un movemento organizado efectivamente pola base. <\/p>\n<p>A Mesa polo Patrimonio de Galicia debe basearse no cumprimento das normativas e leis vixentes en relaci\u00f3n ao patrimonio en Galicia, neste momento basicamente non aplicadas en moitos casos. Debe exercer unha funci\u00f3n de vixilancia da Administraci\u00f3n en beneficio da transparencia e efectividade das s\u00faas funci\u00f3ns estatutarias en defensa dun dos bens m\u00e1is valiosos deste pa\u00eds. Non s\u00f3 debe titelar o papel da Administraci\u00f3n de cara os recursos, sen\u00f3n a da Administraci\u00f3n entre os seus departamentos. Nos vindeiros d\u00edas escribirei un post sobre esta cuesti\u00f3n, que debe ser analizada m\u00e1is de vagar. <\/p>\n<p>A Mesa polo Patrimonio de Galicia pode ser interlocutor dos poderes, pero debe evitar caer na tentaci\u00f3n de chegar a convenios de financiamento de actividades, etc. coas administraci\u00f3ns; en realidade, debera prohibilas por estatutos. Cunhas funci\u00f3ns moi definidas e realistas, debe procurar a autosustentabilidade e a autoxesti\u00f3n evitando situaci\u00f3ns que poidan derivar na perda de independencia e credibilidade. Polo tanto, o seu crecemento debe ser moi medido e moi reducido, para poder manterse \u00e1xil e evitar o colapso. <\/p>\n<p>A Mesa debe integrar \u00e1 sociedade civil, pero tam\u00e9n aos profesionais da arqueolox\u00eda e Historia que queiran participar. Os afeccionados son unha parte capital e hist\u00f3rica, desde hai m\u00e1is de cen anos, na defensa do patrimonio cultural deste pa\u00eds. E os profesionais permiten dotar de m\u00fasculo a argumentaci\u00f3n. C\u00f3mpre vincular o que agora est\u00e1 separado pero durante moito tempo, nas \u00e9pocas da Xeraci\u00f3n N\u00f3s e no Rexurdimento, estivo unido. <\/p>\n<h3>Coda. <\/h3>\n<p>Desde xa autoexcl\u00faome da directiva desta Mesa polo Patrimonio de Galicia. Nin estou formado para algo as\u00ed nin te\u00f1o tempo, xa que durante estes anos andarei metido en demasiadas guerras. Tam\u00e9n suli\u00f1o aqu\u00ed que, de crearse esta Mesa polo Patrimonio de Galicia e convencerme o resultado, far\u00edame membro sen dubidar e prestar\u00eda asesor\u00eda gratu\u00edta en termos de comunicaci\u00f3n corporativa ou produtos interactivos, que \u00e9 do pouco que sei. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai un ruxerruxe xeral entre moitas asociaci\u00f3ns vinculadas \u00e1 defensa do patrimonio cultural de Galicia. C\u00f3mpre dar un paso m\u00e1is al\u00e1. Aqu\u00ed vai a mi\u00f1a proposta. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/03\/10\/precisamos-unha-mesa-polo-patrimonio-de-galicia-i\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Precisamos unha Mesa polo Patrimonio de Galicia (I)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":15321,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-15316","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15316","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15316"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15316\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15321"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15316"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15316"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15316"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}