{"id":15290,"date":"2011-03-09T23:42:49","date_gmt":"2011-03-09T21:42:49","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=15290"},"modified":"2011-03-10T22:45:16","modified_gmt":"2011-03-10T20:45:16","slug":"o-misterioso-vinculo-galego-entre-coches-premium-e-churrasco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/03\/09\/o-misterioso-vinculo-galego-entre-coches-premium-e-churrasco\/","title":{"rendered":"O misterioso v\u00ednculo entre coches premium e churrasco en Galicia"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cochazo.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Permit\u00eddeme este divertimento. <\/p>\n<p>Co\u00f1ecedes Google Trends. \u00c9 o servizo estat\u00edstico de Google que te permite saber que \u00e9 o que procura a xente no buscador. A utilidade permite segmentar moito os resultados, cruzando variables xeogr\u00e1ficas non s\u00f3 estatais, sen\u00f3n provinciais e mesmo con representaci\u00f3n das diferentes cidades. \u00c9 dicir, podemos saber tendencias de datos acumulados con bastante desglose de datos, e dentro do Estado co\u00f1ecer as cidades, provincias ou comunidades aut\u00f3nomas que m\u00e1is procuran unha marca determinada. <\/p>\n<p>As\u00ed que estes d\u00edas pasoume algo curioso. Traballando con marcas en Google Trends, apreciei un dato colateral bastante estra\u00f1o. Hab\u00eda un tipo de produto no que Galicia sempre figuraba como a comunidade con maior n\u00famero de buscas interesadas nel, e soaba ben estra\u00f1o: os coches de gama alta. Se procuras <a href=\"http:\/\/www.google.es\/trends?q=mercedes&#038;ctab=0&#038;geo=es&#038;date=all&#038;sort=0\">Mercedes<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.google.es\/trends?q=mercedes&#038;ctab=0&#038;geo=es&#038;date=all&#038;sort=0\">BMW<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.google.es\/trends?q=audi&#038;ctab=0&#038;geo=es&#038;geor=all&#038;date=all&#038;sort=0\">Audi<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.google.es\/trends?q=jaguar&#038;ctab=0&#038;geo=es&#038;geor=all&#038;date=all&#038;sort=0\">Jaguar<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.google.es\/trends?q=ferrari&#038;ctab=0&#038;geo=es&#038;geor=all&#038;date=all&#038;sort=0\">Ferrari<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.google.es\/trends?q=porsche&#038;ctab=0&#038;geo=es&#038;geor=all&#038;date=all&#038;sort=0\">Porsche<\/a>&#8230;Alucinante. Repito para que se entenda ben. Galicia \u00e9 o territorio desde o que se rexistran m\u00e1is buscas de termos de cochazos. E iso con diferencia con respecto a outras comunidades (ag\u00e1s en Audi, no que quedamos nun segundo posto, por debaixo de Madrid, a pouca distancia). <\/p>\n<p>O curioso \u00e9 que os galegos parecemos bastante menos interesados nas marcas de gama media-alta ou media. <a href=\"http:\/\/www.google.es\/trends?q=volkswagen&#038;ctab=0&#038;geo=es&#038;geor=all&#038;date=all&#038;sort=0\">Volkswagen<\/a> (posto 4\u00ba), <a href=\"http:\/\/www.google.es\/trends?q=Seat&#038;ctab=0&#038;geo=es&#038;geor=all&#038;date=all&#038;sort=0\">Seat<\/a> (posto 3\u00ba), <a href=\"http:\/\/www.google.es\/trends?q=Ford&#038;ctab=0&#038;geo=es&#038;geor=all&#038;date=all&#038;sort=0\">Ford<\/a> (4\u00ba posto), <a href=\"http:\/\/www.google.es\/trends?q=Renault&#038;ctab=0&#038;geo=es&#038;geor=all&#038;date=all&#038;sort=0\">Renault<\/a> (posto 3\u00ba), <a href=\"http:\/\/www.google.es\/trends?q=Citroen&#038;ctab=0&#038;geo=es&#038;geor=all&#038;date=all&#038;sort=0\">Citro\u00ebn<\/a> (aqu\u00ed si 1\u00ba posto, Vigo infl\u00fae), Toyota (posto 3\u00ba), Nissan (7\u00ba posto)&#8230;etc, etc.<\/p>\n<p>O fen\u00f3meno \u00e9 tan curioso e tan coherente no conxunto de datos que -non esquezamos que estamos falando dun conxunto de datos masivos, cruzados a partir do acumulado de todos os anos de funcionamento de Google Trends- non podemos menos que pensar nun ins\u00f3lito e curioso patr\u00f3n cultural que nin se me pasar\u00eda pola cabeza. M\u00e1xime cando seguimos a ser unha das comunidades con menor n\u00famero de usuarios conectados a Internet e cun PIB bastante baixo, que tampouco, en teor\u00eda, d\u00e1 lugar a moitas alegr\u00edas excedentes. A\u00ednda as\u00ed, <em>somos unha potensia<\/em> en buscas sobre coches de m\u00e1is de 30.000 euros. <\/p>\n<p>E perm\u00edtanme que me divirta algo m\u00e1is. Cando comecei a cruzar estes datos veume \u00e1 memoria unha impresi\u00f3n totalmente subxectiva, pero non por iso menos real, que tiven hai pouco. Foramos a xantar \u00e1 Churrascar\u00eda El Gaucho, en Silleda -pero poder\u00eda ser calquera outra do pa\u00eds- e decateime da cantidade de BMWs, Audis e Mercedes aparcados no aparcadoiro. Inevitablemente comparei os aparcadoiros de boa parte dos grandes restaurantes estrelados e de vangarda do pa\u00eds que lembraba, e seguinos comparando de a\u00ed en diante: neles, a proporci\u00f3n de coches <em>premium<\/em> en relaci\u00f3n ao conxunto do coches aparcados era \u00ednfima e, desde logo, considerablemente inferior \u00e1 que viamos nas churrascar\u00edas deste pa\u00eds. Hab\u00eda moi poucos. A sorte de &#8216;lei&#8217; social que se poder\u00eda entender da cuesti\u00f3n \u00e9 que na medida en que en Galicia un restaurante \u00e9 m\u00e1is popular e barato, ten na porta coches m\u00e1is caros. Ou que aos condutores de Audis, Mercedes e BMWs, o churrasco lles pirra. R\u00edanse de min o que queiran: cando me decatei, levaba moitos anos de comidas \u00e1s costas. <\/p>\n<p>Claro que a mi\u00f1a reflexi\u00f3n vai un pouco m\u00e1is al\u00e1: a este pa\u00eds no que os excedentes econ\u00f3micos das clases medias e da construci\u00f3n se gastaron, durante moito tempo, no <em>cochi\u00f1o<\/em> guapo co que ir \u00e1 churrascar\u00eda os domingos e o piso en Sanxenxo: a meta \u00faltima da escala profesional para determinados sectores do pa\u00eds. Quen sabe se todo isto non ten algo que ver. <\/p>\n<p>Por certo, que territorio do Estado espa\u00f1ol, con diferencia, busca m\u00e1is a palabra <em>Churrasco<\/em>? <a href=\"http:\/\/www.google.es\/trends?q=churrasco&#038;ctab=0&#038;geo=es&#038;geor=all&#038;date=all&#038;sort=0\">A ver se o adivi\u00f1ades<\/a>. :-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Trasteando con Google Trends atopeime un estra\u00f1o patr\u00f3n cultural que nos ti\u00f1amos ben calados os galegos: a paix\u00f3n secreta polos coches premium que lucir nas churrascar\u00edas. Pasen, pasen. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/03\/09\/o-misterioso-vinculo-galego-entre-coches-premium-e-churrasco\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O misterioso v\u00ednculo entre coches premium e churrasco en Galicia<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":15291,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,7],"tags":[],"class_list":["post-15290","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15290","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15290"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15290\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15291"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15290"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15290"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15290"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}