{"id":15230,"date":"2011-03-02T22:52:50","date_gmt":"2011-03-02T20:52:50","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=15230"},"modified":"2011-03-06T22:56:21","modified_gmt":"2011-03-06T20:56:21","slug":"republicas-de-homes-libres-o-faro-de-budino-e-o-misterio-das-furnas-video","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/03\/02\/republicas-de-homes-libres-o-faro-de-budino-e-o-misterio-das-furnas-video\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: o Faro de Budi\u00f1o e o misterio das furnas [+ v\u00eddeo]"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/budino_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Parte dos outeiros da fortaleza do Faro de Budi\u00f1o. Foto: Sole<\/em><\/p>\n<p>Os lugares monta\u00f1osos, aillados e dram\u00e1ticos que visitamos nas Rep\u00fablicas de Homes Libres adoitan ser tan espectaculares na s\u00faa contorna como austeros na s\u00faa cultura material. Si, temos os edificios, mesmos as fortificaci\u00f3ns, pero son duras e escasas no que podes ver a simple vista. A s\u00faa funci\u00f3n era para o que era. <\/p>\n<p>No Faro de Budi\u00f1o non. O Faro de Budi\u00f1o [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=210066705712329425773.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.130042,-8.58573&#038;spn=0.014306,0.01929&#038;t=h&#038;z=16\">localizaci\u00f3n<\/a>] \u00e9 un esc\u00e1ndalo. Este \u00e9 un xacecemento complexo, ubicado por riba das g\u00e1ndaras de Budi\u00f1o, nunha das bandas da depresi\u00f3n meridiana, como unha gran estatua prominente sobre todas as infraestruturas de comunicaci\u00f3n que nos levan a Portugal, prevalecendo miragreiramente sobre o gran pol\u00edgono industrial do Porri\u00f1o. O Faro de Budi\u00f1o non s\u00f3 ten unha chea de estruturas visibles, sen\u00f3n que este lugar debeu ter unha secuencia de ocupaci\u00f3n temporal dilatada. Aqu\u00ed at\u00f3pase por todas partes t\u00e9gula romana, anacos de vasixas&#8230;e que sei. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/budino_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O terrible \u00e9 que o concello nin se enterou aparentemente de que a\u00ed hai un xacemento arqueol\u00f3xico. Andan e constr\u00faen sobre un espazo que son incapaces de ver a simple vista. Convertido en parque, unha pasarela de madeira leva ata o alto das croas sobre as antigas murallas e aterrazamentos; os obreiros colleron as pedras da muralla para beirear a pasarela de madeira, que queda m\u00e1is bonito. E, na zona superior, prantaron \u00e1rbores cavando sobre unha superficie chea de cer\u00e1mica e tegula plana romana e dan\u00e1ndoa notablemente, porque como sabedes, no alto destas monta\u00f1as a penas hai potencia no chan. Todo indica a ignorancia municipal: nun panel interpretativo \u00e1 entrada da zona f\u00e1lase de todo menos de que al\u00ed hai un xacemento arqueol\u00f3xico de primeiro calibre. E se non, ides ver. <\/p>\n<p>Deixado o mosqueo, que temos aqu\u00ed? Pois un lugar marabilloso. Ollando enfronte a m\u00edtica Fortaleza do Gali\u00f1eiro, estamos falando de varias plataformas entre enormes penedas, nas que a\u00ednda se aprecian grupos de edificaci\u00f3ns rectangulares das mesmas dimensi\u00f3ns que as da fortaleza do Gali\u00f1eiro. Unha acr\u00f3pole defendida rexamente por todas as s\u00faas bandas polas enormes bandas dese granito que fai famoso ao Porri\u00f1o. Pero dentro est\u00e1 chea de sentidos e recantos, en non demasiado malo estado de conservaci\u00f3n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/budino_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/budino_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/budino_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Diferentes restos de edificaci\u00f3ns e un posible torre\u00f3n visibles a simple vista.<br \/>\n<\/em><br \/>\nUn dos puntos m\u00e1is enigm\u00e1ticos e espectaculares \u00e9 un promontorio ubicado na zona noreste do recinto. O promontorio foi preparado artificialmente; na mi\u00f1a opini\u00f3n ergueuse deliberadamente parte da superficie e achairouse, destacando claramente como un volc\u00e1n sobre o seu contorno, como se fora atalaia \u00faltima, pero na zona superior non se aprecian superficialmente restos de fortificaci\u00f3ns, a\u00ednda que si de edificaci\u00f3ns. E non s\u00f3. Hai unha habitaci\u00f3n cuadrangular pegada a un penedo e, ao car\u00f3n, por suposto, unha das nosas amigas. Unha pedra de tama\u00f1o medio cunha profunda p\u00eda no seu medio e unha canle de sa\u00edda. Est\u00e1 ubicada nun estremo deste estra\u00f1o volc\u00e1n t\u00e9rreo que sobresae sobre todo o xacemento. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/budino_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<h3>Covas e furnas en Budi\u00f1o<\/h3>\n<p>O m\u00e1is fascinante, con todo, deste xacemento, \u00e9 a existencia de covas e furnas cheas de significados, sentidos, mitos e algo m\u00e1is. Un deles, impresionante, \u00e9 o Catab\u00fan, ubicado no interior dos grandes penedos do sur da fortaleza. Que \u00e9 iso? Vas ter que ver o v\u00eddeo para miralo e abraiarte. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"http:\/\/player.vimeo.com\/video\/20531654?portrait=0\" width=\"620\" height=\"349\" frameborder=\"0\"><\/iframe><\/p>\n<p>E, aos p\u00e9s do xacemento, hai outro lugar abraiante. Ch\u00e1mase a Cova dos Nenos e esta \u00e9 a s\u00faa entrada. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/budino_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dunha cova gran\u00edtica traballada en moitos sentidos. O seu interior foi agrandado para poder po\u00f1erte en p\u00e9. A\u00ednda que foi usado por monta\u00f1eiros, seguramente nenos, etc., que alteraron moito o interior, hai alg\u00fans elementos que son chamativos e que non parecen ser propios dunha noite ou dos xogos dunha tarde.  Imos ver o seu interior. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/budino_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/budino_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Nas d\u00faas bandas, a cova ten unha serie de <em>hornacinas<\/em>, de fornelos, tallados na rocha, formando como pequenas caixas labradas. No interior, as paredes tam\u00e9n te\u00f1en acalanaduras que parecen conducir a auga que se puidera filtrar desde f\u00f3ra. E mesmo, pola banda contraria, hai unha sa\u00edda con escal\u00f3ns tallados na rocha. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/budino_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Todo no interior e ao redor est\u00e1 cheo de t\u00e9gula romana, como se fose parte dun edificio que estivera anexo al\u00ed. De feito, na entrada da cova parece intuirse baixo o chan os restos dunha estrutura. Que demo \u00e9 isto? De cando \u00e9? Non te\u00f1o nin idea, pero calquera que te\u00f1a visitado o sur peninsular ou a arqueolox\u00eda do Mediterr\u00e1neo este tipo de cova o leva directamente a un tempo: o mundo tardorromano ou altomedieval, cando se comezaron a constru\u00edr este tipo de edificaci\u00f3ns rupestres. O feito de estar xusto \u00e1 entrada da fortaleza, ou o que sexa todo isto, \u00e9 a\u00ednda m\u00e1is intrigante e mosqueante. <\/p>\n<p>O Castelo de Budi\u00f1o engade un punto novo \u00e1s Rep\u00fablicas de Homes Libres, en \u00edntima conexi\u00f3n, como temos sinalado, coas outras fortalezas en altura que temos sinalado no sur de Galicia, pero cunha particularidade: este \u00e9 un xacemento moi rico en cultura material, que se cadra estivo habitado nunha secuencia temporal que nos leva desde o Bronce ata un periodo de apoxeo romano ou tardorromano e logo unha prolongaci\u00f3n altomedieval ou plenamente medieval. Non o sabemos, pero \u00e9 un dos lugares m\u00e1is interesantes, intrigantes e cheos de inspiraci\u00f3n que temos percorrido na nosa xeira. E non tardaremos en volver. Que sentido ter\u00eda este lugar no mundo tardorromano? Por que aparenta ter moito m\u00e1is uso e m\u00e1is intenso que a fortaleza do Gali\u00f1eiro?<\/p>\n<p>Como en todo na vida, hai que recuncar. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No sur de Galicia est\u00e1  un dos exemplos de fortaleza tardorromana m\u00e1is abraiantes que nos temos atopado: o Faro de Budi\u00f1o. Chea de misterios en covas e furnas que vos convido a imaxinar e especular comigo. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/03\/02\/republicas-de-homes-libres-o-faro-de-budino-e-o-misterio-das-furnas-video\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: o Faro de Budi\u00f1o e o misterio das furnas [+ v\u00eddeo]<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18983,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18,35],"tags":[],"class_list":["post-15230","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15230","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15230"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15230\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18983"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15230"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15230"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15230"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}