{"id":15080,"date":"2011-02-20T23:05:34","date_gmt":"2011-02-20T21:05:34","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=15080"},"modified":"2011-02-24T00:02:11","modified_gmt":"2011-02-23T22:02:11","slug":"cando-as-lendas-se-volven-realidade-o-bispo-santo-e-o-refuxio-de-mondonedo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/02\/20\/cando-as-lendas-se-volven-realidade-o-bispo-santo-e-o-refuxio-de-mondonedo\/","title":{"rendered":"Cando as lendas se volven realidade: o Bispo Santo e o refuxio de San Marti\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bispo_santo.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<blockquote><p>Lembra que podes escoitar <a href=\"http:\/\/open.spotify.com\/user\/magago\/playlist\/6Jl5MlHm7N39gq1kIDrIFn\">a BSO das Rep\u00fablicas de Homes Libres en Spotify<\/a><\/p><\/blockquote>\n<p>Nesta xeira emocionante que son as Rep\u00fablicas de Homes Libres hai momentos nos que a fantas\u00eda e as lendas contactan; o encontro vai m\u00e1is al\u00e1 dun breve roce e entran nun territorio no que as d\u00faas sombras, a da realidade e non s\u00f3 a da ficci\u00f3n, sen\u00f3n a da maxia, entremest\u00faranse. Iso pasou na Mari\u00f1a e as\u00ed volo vou contar. Cando marchamos daquel monte do que vos falarei neste post, ti\u00f1a no corpo unha sensaci\u00f3n estra\u00f1a, como se por min pasara un <em>aire<\/em> destes dos que falaban os nosos vellos; como se nalg\u00fan momento, a sensaci\u00f3n de tocar, dun xeito insospeitado, unha lenda m\u00edtica do noso pa\u00eds, provocase unha nova percepci\u00f3n do mundo, ao traspasar unha barreira invisible. Non era nada metaf\u00edsico, estilo Paulo Coelho, por suposto. Ref\u00edrome a que de alg\u00fan xeito, sa\u00edn do monte de xeito distinto ao que entrei. Agora me explico. <\/p>\n<p>Unha parroquia da vila de Foz acolleu unha das catedrais m\u00e1is antigas da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica: San Marti\u00f1o de Mondo\u00f1edo. Refuxiado tras o monte da Lebre, vela\u00ed segue a fermosa e pequena catedral rom\u00e1nica, unha xoia da arte medieval galega, nun alti\u00f1o prominente nun pequeno val. Antes de mudarse para Vallibria, para a actual Mondo\u00f1edo, este lugar foi habitado durante s\u00e9culos, protagonista central da nosa historia altomedieval. Aqu\u00ed p\u00e9nsase que estivo o Mosteiro M\u00e1ximo, a residencia do enigm\u00e1tico bispo bret\u00f3n Maeloc, l\u00edder dos brit\u00f3ns escapados das Illas Brit\u00e1nicas tralos ataques b\u00e1rbaros. E aqu\u00ed f\u00f3ronse sucedendo bispos que continuaron esta tradici\u00f3n. <\/p>\n<p>En Foz hai unha lenda que se contin\u00faa a vivir con moit\u00edsima intensidade, e que conmemora un feito ocorrido na remota Alta Idade Media: o afundimento sobrenatural dunha escadra normanda \u00e1s portas do mar de Foz. O protagonista foi San Gonzalo, o Bispo Santo. Gonzalo \u00e9 destes bispos cunha santidade non reco\u00f1ecida pola Igrexa Cat\u00f3lica, cunha santidade, digamos, por aclamaci\u00f3n popular, e cunha identidade neboenta. Xo\u00e1n Ram\u00f3n Fern\u00e1ndez Pacios, autor de <em>San Gonzalo, bispo mindoniense<\/em>, a monograf\u00eda m\u00e1is ampla sobre esta figura de a cabalo entre a lenda e a Historia, demostrou a identidade, mesmo a \u00e9poca, na que viviu San Gonzalo. Este bispo foi en realidade Gonzalo Froilaz, que mantivo a prelatura de San Marti\u00f1o de Mondo\u00f1edo entre o ano 1070 e o ano 1108. A Gonzalo debeulle tocar unha das \u00faltimas expedici\u00f3ns vikingas. <\/p>\n<p>A lenda que se conta de xeraci\u00f3n en xeraci\u00f3n no concello de Foz narra como aconteceu isto; ten moitas pequenas variantes pero os detalles esenciais son estes: <\/p>\n<p>Un d\u00eda apareceu en Foz unha enorme escuadra de naves normandas. Os habitantes iniciaron unha procesi\u00f3n co bispo Gonzalo subindo aos montes por fronte de Foz. Algunhas variantes da lenda falan de como os habitantes de Foz refuxi\u00e1banse na monta\u00f1a, no Pico da Lebre. O bispo Gonzalo, que xa era un home moi vello, comezou a rezar. Comezou a pregar, e o vento empezouse a erguer. Gonzalo pregou e pregou e desencadeouse unha tempestade, un treb\u00f3n enorme, e os barcos vikingos comezaron a naufragar. Da multitude de <em>drakkar<\/em> e <em>snekkjas<\/em> que atacaron a costa, s\u00f3 ficaron tres. Nese momento, o bispo parou. &#8220;Que volvan para contalo aos seus&#8221;, dixo o bispo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bispo_santo_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Desde aquela, os habitantes da comarca viron no bispo un aut\u00e9ntico santo. Fundouse unha capela -pr\u00f3xima a d\u00faas fonte de cultos pag\u00e1s- e a\u00ednda hoxend\u00eda faise unha romar\u00eda de gran vida ao bispo. A pervivencia da lenda do bispo que fai a <em><a href=\"http:\/\/www.mythicalireland.com\/mythology\/tain\/sonsofmil.html\">druidada<\/a><\/em> de invocar ao Oc\u00e9ano contra os invasores do pa\u00eds contin\u00faa a ser moi intensa en Foz. S\u00f3ubeno este venres, cando na Casa da Cultura de Foz lles contei isto aos asistentes \u00e1 conferencia que impart\u00edn sobre as Rep\u00fablicas. Cando proxectei a imaxe da catedral de San Marti\u00f1o, o silencio cort\u00e1base cun coitelo. <\/p>\n<p>A pregunta. Que hai de verdade na lenda? Sempre me intrigaron d\u00faas cousas desta historia: o feito de que parece ser unha tradici\u00f3n popular, \u00e1 que a Igrexa se suma, pero que chega de m\u00e1is al\u00e1. E o feito de que \u00e9 unha tradici\u00f3n tan forte que hoxend\u00eda segue estando tremendamente viva. Por que? Que hab\u00eda detr\u00e1s dela?<\/p>\n<p>Os seguidores das Rep\u00fablicas de Homes Libres lembrar\u00e1n cando publicamos unha das hip\u00f3teses centrais da nosa historia: a dunha <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/10\/18\/republicas-de-homes-libres-3-a-hipotese-dos-monxes-vixias\/\">vinculaci\u00f3n clara entre os mosteiros altomedievais e uns castelos situados no monte m\u00e1is alto e m\u00e1is pr\u00f3ximo ao cenobio<\/a>; uns castelos que non figuran na documentaci\u00f3n pero est\u00e1n a\u00ed, nunha relaci\u00f3n m\u00e1is que evidente. <\/p>\n<p>Manuel Miranda, un incansable protector e defensor do patrimonio da costa luguesa, e membro de Mari\u00f1a Patrimonio, leu aquel post e ficou cismando, relacionando o que eu contaba para outras zonas de Galicia co moito que co\u00f1ece das terras e costas da Mari\u00f1a. E lembrou Foz. E o Bispo Santo. E o mosteiro de San Marti\u00f1o de Mondo\u00f1edo, e o Pico da Lebre, ubicado xusto enriba do mosteiro. Non o dubidou. Colleu o coche e marchou ata aquel pico. Pouco despois cheg\u00e1bame a ligaz\u00f3n a unha galer\u00eda de Picasa onde colocara unhas fotograf\u00edas. Vin as fotos en apenas un minuto, deume unha volta o coraz\u00f3n e escribinlle ao momento. Respondinlle: &#8220;Manuel, vou al\u00e1 en canto poida&#8221;. <\/p>\n<p>Al\u00f3 chegamos o outro d\u00eda, unha semana antes da nosa conferencia das Rep\u00fablicas en Foz. Subimos ao Pico da Lebre. Pola ladeira que cami\u00f1abamos non percib\u00eda nada. &#8220;Uf&#8221;, pensei, &#8220;demasiado bonito para ser certo&#8221;. Cami\u00f1amos polo cumio. De s\u00fapeto vin unha alteraci\u00f3n no terreo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bispo_santo_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bispo_santo_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>&#8220;Gago, pensa ben&#8221;, dixen para min. Segu\u00edn a li\u00f1a cos ollos. Baixei a tombos por un terrapl\u00e9n cheo de toxos ata chegar a unha curiosa estrutura. Unha especie de muralla delimitada por d\u00faas gabias aparec\u00eda na parte m\u00e1is encostada e m\u00e1is inaccesible do recinto. \u00bfEstar\u00eda a outra parte, a parte pola que entramos, m\u00e1is machacada polas obras forestais? Ensarillado no medio de xestas e toxos fun seguindo aquela estrutura. E de s\u00fapeto pegou a curva. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bispo_santo_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A estrutura pegou a curva e comezou a rodear o pico da Lebre, a\u00ednda que esmorec\u00eda e \u00eda desaparecendo baixo a terra conforme nos aproximabamos \u00e1 zona m\u00e1is habitual de traballos forestais. Mentres, Manuel e Xurxo revisaban a outra banda do curuto. Eu tam\u00e9n cheguei por al\u00f3. Si, por al\u00f3 beireaba, e complement\u00e1base cun muro p\u00e9treo moi esmorecido e algunha estrutura t\u00e9rrea m\u00e1is. Non s\u00f3 iso: eu pasara por riba dela, inicialmente, e non a reco\u00f1ecera. Deume a risa. Pero tam\u00e9n algo de emoci\u00f3n. Fiquei s\u00f3, al\u00f3, nas gabias. Por suposto que reco\u00f1ec\u00eda estas estruturas na memoria: son moi frecuentes nos h\u00e1bitats altomedievais das Illas Brit\u00e1nicas. Estes <em>ditchs<\/em>  que delimitan asentamentos e fortalezas, moitas veces constru\u00eddas en madeira. Estaba buscando un castro da Idade do Ferro, coa s\u00faa monumentalidade. Pero isto era outra cousa. Mesmo unha cousa que parec\u00eda proceder unha tradici\u00f3n defensiva non galega. Non sei se me explico. <\/p>\n<p>A nosa arqueolox\u00eda precisa ampliar os ollos, aprender a descifrar na paisaxe h\u00e1bitats e espazos que nunca escavamos, e por iso non sabemos ver. Non podemos procurar castros, cando pensamos en refuxios da Alta Idade Media. Un castro \u00e9 un h\u00e1bitat dotado de monumentalidade, pensado para perdurar varios centos de anos, para marcar un fito nun territorio, para demostrar forza e poder. Estes refuxios son outra cousa. Nas Illas Brit\u00e1nicas est\u00e1n moito m\u00e1is habituados a abrir este tipo de xacementos e saben velos con m\u00e1is facilidade. N\u00f3s a\u00ednda estamos aprendendo. <\/p>\n<p>Cami\u00f1o polo alto do Pico da Lebre, forzando os ollos para apreciar o ef\u00edmero traballo duns homes hai, posiblemente, m\u00e1is de mil anos. Un refuxio feito con rapidez, asentado con gabias que fan as sortes de foxos. Buscamos, procuramos, as pegadas do medo na terra. Se cadra o refuxio ao que se dirix\u00eda, nas primeiras versi\u00f3ns da lenda, o bispo Gonzalo coa s\u00faa grei de Foz e Mondo\u00f1edo a gardarse dos piratas. Deume un calafr\u00edo. Onte, ao ler o traballo de Xo\u00e1n Ram\u00f3n Fern\u00e1ndez Pacios, un documento de principios do XVIII transcrito por este historiador confirmou a existencia dun sitio arqueol\u00f3xico al\u00f3. O lugar co\u00f1ec\u00edase no s\u00e9culo XVIII como Castro dos Mouros, pero curiosamente esa referencia oral perdeuse hoxe na tradici\u00f3n. Por sorte, e ao rev\u00e9s do habitual, al\u00f3 a\u00ednda existen probas f\u00edsicas. O Pico da Lebre a min non me parece exactamente un castro. O patr\u00f3n da muralla \u00e9 totalmente diferente aos castros que co\u00f1ezo da Mari\u00f1a (tanto in situ como en investigaci\u00f3ns), e si me encaixa nun momento m\u00e1is serodio, m\u00e1is coxuntural, m\u00e1is temeroso, m\u00e1is ef\u00e9mero. <\/p>\n<p>Cando marchei do Pico da Lebre mirei para atr\u00e1s. Tentei ver o mar cos ollos de Gonzalo Froilaz, este combativo bispo, da estirpe dos Traba, inimigo de Xelm\u00edrez. Imaxinei un treb\u00f3n, neste d\u00eda luminoso, e a ducias de embarcaci\u00f3ns normandas afundirse con enormes ondas que chegan desde o mar. Neses momentos, estaba tremendamente pr\u00f3ximo a esa lenda fant\u00e1stica; de alg\u00fan xeito estaba dentro dela; onde estaba, sobre estas pedras, aqueles homes de hai mil anos tam\u00e9n deberon estar, observando esa escadra terrible fondeada no esteiro de Foz. E a pel p\u00faxoseme de gali\u00f1a, ao aproximarnos ao que outros esculcadores do pasado te\u00f1en feito antes: seguir o sinuoso e equ\u00edvoco cami\u00f1o da lenda para atopar a verdade da Historia. Non sei se o fixemos. Mentres non aparezan outros restos, non podemos estar seguros de que este era un ancestral refuxio de San Marti\u00f1o de Mondo\u00f1edo, e se cadra antes do mosteiro M\u00e1ximo dos bret\u00f3ns, a\u00ednda que si podemos afirmar que nas proximidades da ermida do Bispo Santo at\u00f3pase unha fortificaci\u00f3n con estruturas non adscribibles claramente ao mundo castrexo. Pero ese estra\u00f1o bispo obrou en min algo novo, un pequeno chanzo: aprender a ver m\u00e1is al\u00f3. <\/p>\n<p>E saben unha cousa? Non ser\u00eda a \u00fanica ocasi\u00f3n na que o Bispo Santo de San Marti\u00f1o de Mondo\u00f1edo se enfrontar\u00eda aos normandos. Pero esa outra \u00e9 menos, menos co\u00f1ecida, a\u00ednda que igual de fascinante. <\/p>\n<p>Pero esa xa \u00e9 historia de outro d\u00eda. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En Foz co\u00f1ecen ben a historia do bispo que asulagou a unha escadra normanda s\u00f3 cos seus pregos. Pero o que non agardabamos era que a lenda puidera conectarse coa arqueolox\u00eda.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/02\/20\/cando-as-lendas-se-volven-realidade-o-bispo-santo-e-o-refuxio-de-mondonedo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cando as lendas se volven realidade: o Bispo Santo e o refuxio de San Marti\u00f1o<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":15082,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18,35],"tags":[],"class_list":["post-15080","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15080","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15080"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15080\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15082"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15080"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15080"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15080"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}