{"id":15065,"date":"2011-02-19T14:51:37","date_gmt":"2011-02-19T12:51:37","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=15065"},"modified":"2011-02-19T15:20:13","modified_gmt":"2011-02-19T13:20:13","slug":"o-castelo-do-galineiro-unha-xoia-arqueoloxica-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/02\/19\/o-castelo-do-galineiro-unha-xoia-arqueoloxica-de-galicia\/","title":{"rendered":"O Castelo do Gali\u00f1eiro, unha xoia arqueol\u00f3xica de Galicia"},"content":{"rendered":"<p><a title=\"View O Castelo do Gali\u00f1eiro on Scribd\" href=\"http:\/\/es.scribd.com\/doc\/49075101\/O-Castelo-do-Galineiro\" style=\"margin: 12px auto 6px auto; font-family: Helvetica,Arial,Sans-serif; font-style: normal; font-variant: normal; font-weight: normal; font-size: 14px; line-height: normal; font-size-adjust: none; font-stretch: normal; -x-system-font: none; display: block; text-decoration: underline;\">O Castelo do Gali\u00f1eiro<\/a> <object id=\"doc_478902181830431\" name=\"doc_478902181830431\" height=\"600\" width=\"100%\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" data=\"http:\/\/d1.scribdassets.com\/ScribdViewer.swf\" style=\"outline:none;\" ><param name=\"movie\" value=\"http:\/\/d1.scribdassets.com\/ScribdViewer.swf\"><\/param><param name=\"wmode\" value=\"opaque\"><\/param><param name=\"bgcolor\" value=\"#ffffff\"><\/param><param name=\"allowFullScreen\" value=\"true\"><\/param><param name=\"allowScriptAccess\" value=\"always\"><\/param><param name=\"FlashVars\" value=\"document_id=49075101&#038;access_key=key-29pl0d6i08em37vlqekd&#038;page=1&#038;viewMode=list\"><embed id=\"doc_478902181830431\" name=\"doc_478902181830431\" src=\"http:\/\/d1.scribdassets.com\/ScribdViewer.swf?document_id=49075101&#038;access_key=key-29pl0d6i08em37vlqekd&#038;page=1&#038;viewMode=list\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" allowscriptaccess=\"always\" allowfullscreen=\"true\" height=\"600\" width=\"100%\" wmode=\"opaque\" bgcolor=\"#ffffff\"><\/embed><\/param><\/object>\t<\/p>\n<p>Divulgar, divulgar, divulgar para protexer. Porque cremos que a principal ameaza que ten o noso patrimonio \u00e9 o desco\u00f1ecemento, e porque \u00e9 preciso desenvolver un novo discurso para a transmisi\u00f3n do co\u00f1ecemento hist\u00f3rico en Galicia, un discurso con novos enfoques e novas t\u00e9cnicas. Ese \u00e9 o obxectivo que nos impuxemos un grupo de profesionais e afeccionados \u00e1 investigaci\u00f3n do patrimonio arqueol\u00f3xico de Galicia para divulgar un espazo gravemente afectado polo proxecto de construci\u00f3n dun parque e\u00f3lico brutal na serra do Gali\u00f1eiro. Este lugar, tan querido polos vigueses e toda a zona da contorna, non s\u00f3 ten singulares valores paisax\u00edsticos, sen\u00f3n que \u00e9 un aut\u00e9ntico tesouro arqueol\u00f3xico. O xacemento m\u00e1is gravemente afectado pola barbaridade de mu\u00ed\u00f1os e\u00f3licos ser\u00e1 o Castelo do Gali\u00f1eiro, esta <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/09\/20\/a-fortaleza-do-galineiro-o-impresionante-refuxio-de-guerras-esquencidas\/\">espectacular fortaleza tardorromana<\/a> ubicada no cumio do Gali\u00f1eiro Norte. <\/p>\n<p>As\u00ed que velaqu\u00ed tes un pequeno informe en clave moi divulgativa, de seis p\u00e1xinas que te d\u00e1 claves para comprender o Castelo do Gali\u00f1eiro. S\u00edntete libre para distribu\u00edlo como te pareza: imprimilo, colgalo no taboleiro do teu centro cultural, pasarllo aos amigos por correo electr\u00f3nico. Ao facelo, non s\u00f3 estar\u00e1s participando nas acci\u00f3ns para evitar a construci\u00f3n dun parque e\u00f3lico, sen\u00f3n e sobre todo, estar\u00e1s prendendo un pequeno lume para difundir unha parte da nosa Historia moi pouco co\u00f1ecida. <\/p>\n<p>Non se trata de que chanten un mu\u00ed\u00f1o directamente no xacemento (cousa que non creo probable, pero neste pa\u00eds todo \u00e9 posible), sen\u00f3n que rodeen e desnaturalicen a percepci\u00f3n e a ubicaci\u00f3n do lugar. O xacemento non \u00e9 s\u00f3 o recinto comprendido por unha muralla e o seu interior, \u00e9 un &#8216;fito no territorio&#8217;. A selecci\u00f3n do lugar, un espazo de gran visibilidade e ao mesmo tempo agochado,  \u00e9 parte do seu valor cultural. Unha salvaxe intervenci\u00f3n humana ao redor transformar\u00e1 o sentido do espazo e do xacemento. Parte do problema est\u00e1 no absoluto desco\u00f1ecemento do posible valor deste lugar: unha testemu\u00f1a \u00fanica da transici\u00f3n entre \u00e9pocas hist\u00f3ricas. No seu conxunto, con outros xacementos similares, un tesouro excepcional no patrimonio arqueol\u00f3xico galego e europeo, as\u00ed de claro. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/temporal_galineiro_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Unha tarde desta semana, d\u00eda de enorme temporal, subimos a botarlle unha nova visual ao sitio arqueol\u00f3xico antes de redactar o informe que agora vedes. Hab\u00eda ventos de entre 80 e 100 kil\u00f3metros al\u00f3 enriba, e a situaci\u00f3n no alto do castelo era dunhas condici\u00f3ns climatol\u00f3xicas dur\u00edsimas. O fr\u00edo e a auga entraba por todas partes, as pedras estaban empapadas e unha luz grisumalleira. Pero ocorreu algo magn\u00edfico. Naquel temporal, atopamos onde se refuxiaban as cabras montesas. Fac\u00edano onde se preservan as antigas casas da fortaleza. Al\u00ed, efectivamente, o fr\u00edo e o vento estaban amainados. Comprendimos perfectamente porque as vivendas se ven exactamente neste punto. E ocorreu algo m\u00e1xico. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/temporal_galineiro_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Con esa luz compacta, grisumalleira, el\u00e9ctrica, dun temporal \u00e1s 16 horas, os compa\u00f1eiros comezaron a ver petr\u00f3glifos. Apareceron en varios puntos aos p\u00e9s da muralla, e nalg\u00fans puntos do interior. Os tenues, pero claros, trazos que debuxaban formas ovaladas e \u00f3valos -si, <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/11\/28\/republicas-de-homes-libres-pero-que-raio-significa-este-circulo\/\">condenados \u00f3valos<\/a>-, canda figuras que lembraban a pu\u00f1ais e armas, rodeando \u00e1 muralla. S\u00f3 o temporal e o treb\u00f3n permit\u00edannos ver as estra\u00f1as figuras sobre a dura pedra do Gali\u00f1eiro, pero al\u00ed estaban. O fr\u00edo, a chuvia e o vento fac\u00edan perigoso achegarse, por veces, a eles, mais revelaban d\u00faas cousas: todo o que nos queda por saber destes lugares e que amamos a\u00ednda moito m\u00e1is este lugar. <\/p>\n<blockquote><p>L\u00e9mbrote que este domingo (ma\u00f1\u00e1) est\u00e1 convocada unha Andaina pola Serra do Gali\u00f1eiro, organizada pola Plataforma pola Defensa do Gali\u00f1eiro. <a href=\"http:\/\/galineiro.nireblog.com\/post\/2011\/02\/13\/andaina-pola-proteccion-da-serra-do-galineiro#more\">Aqu\u00ed tes todos os datos<\/a>. <\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Castelo do Gali\u00f1eiro Divulgar, divulgar, divulgar para protexer. Porque cremos que a principal ameaza&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/02\/19\/o-castelo-do-galineiro-unha-xoia-arqueoloxica-de-galicia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O Castelo do Gali\u00f1eiro, unha xoia arqueol\u00f3xica de Galicia<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":15068,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35],"tags":[],"class_list":["post-15065","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15065","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15065"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15065\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15068"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15065"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15065"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15065"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}