{"id":14932,"date":"2011-02-06T22:48:53","date_gmt":"2011-02-06T20:48:53","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=14932"},"modified":"2011-02-10T22:16:55","modified_gmt":"2011-02-10T20:16:55","slug":"unha-ribeira-sacra-conxelada-no-tempo-i-o-eremitorio-de-san-gregorio-no-tambre","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/02\/06\/unha-ribeira-sacra-conxelada-no-tempo-i-o-eremitorio-de-san-gregorio-no-tambre\/","title":{"rendered":"Unha Ribeira Sacra conxelada no tempo (I): o eremitorio de San Gregorio no Tambre"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_rio_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_sole_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Chegando \u00e1 Central El\u00e9ctrica do Tambre<\/em><\/p>\n<p>Hoxe hab\u00eda un sol fermoso, pero como todo o mundo sabe, os d\u00edas fermosos son para tomar ca\u00f1as nas terrazas, e non para remontar o curso dun engaiolador r\u00edo, o Tambre, a antiga fronteira. Hoxe \u00e9 territorio de pescadores e pesqueiras: por este r\u00edo subiron no seu tempo non s\u00f3 as troitas e as lampreas, sen\u00f3n tam\u00e9n os salm\u00f3ns: parte da enemizade manifesta entre d\u00faas figuras importantes da Galicia altomedieval, San Rosendo e Sisnando, foi por un pleito por estas pesqueiras, seguramente ubicadas no mesmo lugar que as actuais. <\/p>\n<p>Andivemos s\u00f3s n\u00f3s, e tres ingleses, por un fermoso itinerario, na procura dunha misteriosa ru\u00edna. Soubemos dela por primeira vez cando andivemos a investigar a terra de Luania, tras toparmos co seu misterioso castelo. E vela\u00ed que desde aquela, comezamos a co\u00f1ecer algo fascinante: o Tambre fora unha aut\u00e9ntica <em>Rivoyra Sacrata<\/em>, unha Ribeira Sacra, na \u00e9poca altomedieval. Al\u00ed, da marxe praestam\u00e1rica do r\u00edo, hoxe noiesa, floreceran numerosos pequenos cenobios e eremitorios; alg\u00fans deles est\u00e1n desaparecidos, outros acochados na frouma. A diferencia da Ribeira Sacra ourens\u00e1, a maior parte deles nunca chegaron a atesourar bens nin grandes edificios, pero para os amantes da numerosa arquitectura conventual esta zona poder\u00eda resultarlles abraiante: Santo Estevo, Santa Cristina de Ribas de Sil ou San Pedro de Rocas, nos seus inicios, antes do ano 1000, deberon ser como estes pequenos eremitorios perdidos. \u00c9 dicir, temos a fase inicial, ou a segunda, do monasticismo galego aqu\u00ed conxelada baixo as fragas. <\/p>\n<p>Uns mosteiros que non agromaron al\u00e9n das pequenas chouzas anexas \u00e1s ermidas, estra\u00f1amente. A Rivoyra Sacrata do r\u00edo Tamaris non callou, e se cadra niso te\u00f1a moito que ver a fundaci\u00f3n de San Xusto de Toxosoutos no s\u00e9culo XII ou, m\u00e1is posiblemente, a crecente presenza do bispado compostel\u00e1n na zona a partir do s\u00e9culo IX. Ser\u00eda preciso investigar m\u00e1is para sabelo. Aqu\u00ed, baixo a aldea de Nimo e o castelo de Luania, hab\u00eda cando menos tres ou catro pequenos mosteiros, dos que se conservou unha certa tradici\u00f3n oral. Do car\u00f3n da actual central de Palacios cons\u00e9rvase a memoria dun mosteiro no que estaba a Inquisici\u00f3n. Tres ou catro frades, conta a lenda, sub\u00edan de al\u00f3 \u00e1s aldeas nun arrepiante coche de farol cun candil de aceite, que desde aquela funcionou na comarca coma o anuncio do coco. Os frades chamaban \u00e1 porta dos acusados e dic\u00edanlles: &#8220;Meu fillo, ch\u00e1mate Deus. V\u00e9n connosco&#8221;. De moitos non se volv\u00eda saber. Dese misterioso cenobio non parece quedar nada, pero m\u00e1is al\u00e1, adentr\u00e1ndose no bosque, hab\u00eda m\u00e1is cousas. Son as que estabamos buscando. <\/p>\n<p> No seu libro <em>Lua\u00f1a: mitos, costumes e crencias dunha parroquia galega<\/em>, Andr\u00e9s Su\u00e1rez contaba como <a href=\"http:\/\/books.google.com\/books?id=BFf-zCS6ISIC&#038;printsec=frontcover&#038;dq=lua%C3%B1a+galaxia&#038;hl=es&#038;ei=VM5OTb7NNZL24gboma2oCQ&#038;sa=X&#038;oi=book_result&#038;ct=result&#038;resnum=2&#038;ved=0CCwQ6AEwAQ#v=onepage&#038;q&#038;f=false\n\">no interior da Devesa de Nimo<\/a> estaban agochadas d\u00faas cousas:<\/p>\n<blockquote><p>Dentro da dita fraga \u00e1chanse as ru\u00ednas de d\u00faas igrexas ou capelas medievais, ou cec\u00e1is m\u00e1is antigas: San Marti\u00f1o de Cuarenza e a de San Marcos de Ortigueira. <\/p><\/blockquote>\n<p>San Marti\u00f1o de Cuarenza est\u00e1 agora inzado de xestas e toxos. T\u00e9molo procurado como puidemos, pero non damos cunhas ru\u00ednas que os veci\u00f1os recordan ben, e a sensaci\u00f3n de que damos voltas ao redor do lugar sen localizalo. Precisamos, con mellor tempo, levar a alg\u00fan se\u00f1or de Nimo a que nos ensine o lugar preciso. Pero os da fraga&#8230; Hai un tempo, <a href=\"http:\/\/www.naturezadixital.com\/\">Xerm\u00e1n Garc\u00eda Romai<\/a>, que fora garda do r\u00edo Tambre, tivo a ben indicarme a localizaci\u00f3n da ermida de San Gregorio, tam\u00e9n cabo do r\u00edo. \u00bfSan Gregorio? Non era das que falaba Andr\u00e9s Su\u00e1rez, e aparentemente parece estar enfronte, da outra banda do r\u00edo. Pero Xerm\u00e1n era claro. Trala escombreira est\u00e1n as ru\u00ednas dun edificio, ao que os vellos chamaban San Gregorio&#8230;<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_rio_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_rio_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O r\u00edo Tambre aqu\u00ed baixa ancho e azul. Ao internarte desde a antiga central constru\u00edda por Palacios, a uns 40 minutos, se vas a bo paso, e a unha hora se vas con calma e tirando fotos, entrar\u00e1s primeiro na Devesa. Saberalo porque o carreiro, tralo refuxio de pescadores, vaise facer m\u00e1is pequeno, e vaise vestir dun carrizo fosforescente; aparecer\u00e1n lianas, loureiros, \u00e1rbores enormes, vistas impenetrables, e o r\u00edo de s\u00fapeto vai amainar para dar paso a unha coroa sonora chea de ch\u00edos de paxaros. Un tempo despois, un tempo de subir, baixar, subir, baixar, tras superar a escombreira da central, entrar\u00e1s nunha zona m\u00e1is chan, na que se distinguen aterrazamentos agr\u00edcolas, hoxe cubertos polo bosque. Estamos chegando \u00e1 confluencia do Tambre con dous ou tres r\u00edos. Um, sospeito. \u00bfSeguir\u00e1 o noso mosteiri\u00f1o o mesmo patr\u00f3n de ubicarse na xunta de r\u00edos que tantos outros mosteiros altomedievais e lugares arqueol\u00f3xicos en Galicia desde a Idade do Ferro? Apenas uns metros m\u00e1is adiante, \u00e1 dereita, unha acumulaci\u00f3n de cachote \u00e9 moi sospeitoso. Acheg\u00e1monos ata al\u00ed: \u00e9 o lugar. Por suposto que o segue. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_sole_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_sole_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_sole_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_sole_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_sole_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_sole_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_sole_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>No medio do bosque podemos ver as ru\u00ednas dun antigo e pequeno eremitorio. Tirados polo chan do bosque, esquencidos, est\u00e1n os restos de arcos de d\u00faas \u00e9pocas distintas, dos dinteis da porta; no interior os muros mant\u00e9\u00f1ense en p\u00e9 entre 50 e 75 cent\u00edmetros de altura. Localizamos un pequeno adro previo e, moi importante, un edificio anexo \u00e1 igrexa que parec\u00eda estar dividido en d\u00faas estancias. Un pouco m\u00e1is atr\u00e1s, parece nacer unha fonte que foi procurada ou preparada. Volvo entre as silveiras e os bidueiros ata as ru\u00ednas, e volvo ver os arcos tirados no chan. Que pa\u00eds que temos. Ao examinar en detalle o lugar decat\u00e1monos de algo evidente pero crucial: o edificio foi reedificado nalg\u00fan momento. Inserto no muro est\u00e1n as trazas dun arco, un arco que a xulgar polo \u00e1ngulo da curva tan pouco acusado, debeu ser moi grande. Outros anacos deste arco est\u00e1n ciscados \u00e1 porta da ermida. E un arco moi distintos a outro que est\u00e1 tirado no medio da capela. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_gago_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_gago_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Desde aqu\u00ed pido a colaboraci\u00f3n dalg\u00fan especialista en Historia da Arte para ver se nos pode botar unha man coa dataci\u00f3n destes restos que se poden apreciar en superficie. O resultado da capela, reconstru\u00eddo en plan boceto poder\u00eda ser algo as\u00ed:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_3d_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gregorio_3d_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n(<em>Atenci\u00f3n: empresas de xesti\u00f3n cultural con poucos escr\u00fapulos e t\u00e9cnicos de cultura desco\u00f1ecedores do rigor e dos dereitos de propiedade intelectual ABSTERSE de collela para os seus fins porque simplemente &#8220;est\u00e1 no Intern\u00e9&#8221;<\/em>). <\/p>\n<p>As proporci\u00f3ns e alg\u00fans elementos non est\u00e1n rese\u00f1ados, pero \u00e9 para que vos fagades unha idea cando vaiades ao lugar, se non tedes pr\u00e1ctica en ver ru\u00ednas deste tipo. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_gregorio.kmz\">Aqu\u00ed tam\u00e9n podes baixar o ficheiro KMZ para ver a capela, na s\u00faa localizaci\u00f3n exacta, en Google Earth<\/a>. Un truco: mirade pola fiestra aberta da capela, a ver que vedes. :-)<\/p>\n<p>Na humidade, no carrizo, cabo do r\u00edo que aqu\u00ed baixa manso, fac\u00e9monos mil preguntas. Este lugar en ru\u00ednas est\u00e1 cheo de densidade cultural, cheo de referencias. Dise que aqu\u00ed hab\u00eda unha ponte que permit\u00eda superar o Tambre. E que este alonxado lugar, f\u00f3ra de todo o mundo, perdido nun bosque denso e antigo, foi refuxio de fuxidos durante a Guerra Civil. Al\u00f3 enriba o\u00edanse os tiros na aldea. As s\u00faas orixes poder\u00edan remontarse \u00e1 noite dos tempos. O profesor Marco Garc\u00eda Quintela recom\u00e9ndame facerme unha pregunta cando chego a estes lugares: &#8220;\u00bfquen \u00e9 o santo?&#8221;. O santo de advocaci\u00f3n \u00e9 un marcador moi interesante das orixes da capela. Por iso moitas das capelas m\u00e1is antigas que estamos a percorrer est\u00e1n adscritas a santos que foron m\u00e1rtires no Imperio Romano: eses santos estiveron de moda entre os cristi\u00e1ns nos s\u00e9culos inmediatamente posteriores. E San Gregorio? Resulta que hai moitos Santos San Gregorio, que comezan tam\u00e9n no s\u00e9culo III. Pero o grande, vala a redundancia, foi San Gregorio Magno, que morreu no ano 604. Estaremos falando dun perdido mosteiro do s\u00e9culo VIII ou VIII? Ou ser\u00e1 alg\u00fan tipo de sucursal do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos? <\/p>\n<p>Ao chegar a casa papeime o Tombo de documentaci\u00f3n medieval do mosteiro de Toxosoutos, gran se\u00f1or desas terras. A\u00ednda que aparecen algunhas ermidas, Toxosoutos nin menciona este lugar. O misterio contin\u00faa. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antes do ano 1000, o r\u00edo Tambre era o refuxio de numerosos eremitorios e cenobios. Unha aut\u00e9ntica Ribeira Sacra que nunca chegou a evolucionar, e ficou detida noutro milenio, esquencida ata hoxe. Comezamos a visitala no San Gregorio do Tambre. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/02\/06\/unha-ribeira-sacra-conxelada-no-tempo-i-o-eremitorio-de-san-gregorio-no-tambre\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unha Ribeira Sacra conxelada no tempo (I): o eremitorio de San Gregorio no Tambre<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":14934,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18,35],"tags":[],"class_list":["post-14932","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14932","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14932"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14932\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14934"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14932"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14932"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14932"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}