{"id":14850,"date":"2011-01-31T00:18:44","date_gmt":"2011-01-30T22:18:44","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=14850"},"modified":"2011-01-31T00:35:42","modified_gmt":"2011-01-30T22:35:42","slug":"o-negativo-da-cidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/01\/31\/o-negativo-da-cidade\/","title":{"rendered":"O negativo da cidade"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chan_figueiras.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O chan de Figueiras<\/em><\/p>\n<p>\u00c9 unha sensaci\u00f3n estra\u00f1a. Estamos nos chans de Figueiras. X\u00f3gome algo a que o 95% dos habitantes de Compostela nunca se arriscaron a meterse pola pista de grava que sae xusto antes das antenas do Pedroso, pasaron ao car\u00f3n do ruinoso pazo da Fontecova, propiedade dun antigo coengo da catedral, e chegaron a unha superficie monta\u00f1osa, hoxe desmantelada por pistas e desterros; hoxe, adem\u00e1is, a\u00ednda se ven as pegadas dos canteiros en cada peneda do chan. Este \u00e9 o chan de Figueiras. Hai un par de anos, Noel Fe\u00e1ns xa me falara do especial deste chan: o seu gran conxunto de m\u00e1moas e as pedras con covi\u00f1as. Os chans serr\u00e1ns alt\u00e9rnanse con pened\u00edas, bra\u00f1as e matos, como en claquera das monta\u00f1as galegas. Pero a paisaxe dos Chans de Figueiras cambiou considerablemente desde o Neol\u00edtico. <\/p>\n<p>E todo por culpa das visi\u00f3ns alucinatorias dun eremita. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Se algunha vez vos preguntastes de onde saiu a pedra que conforma a cidade, aqu\u00ed enriba, neste paramo fr\u00edo, est\u00e1 unha parte considerable da resposta. Estamos na cidade invertida. Os canteiros subiron aqu\u00ed durante s\u00e9culos para extraer, desde estes penedos, unha cidade Patrimonio da Humanidade. Non podo menos que lembrar a un vello canteiro, amigo meu, que esculp\u00eda figuras tel\u00faricas na s\u00faa xubilaci\u00f3n. &#8220;Eu s\u00f3 saco o que est\u00e1 dentro da pedra&#8221;, dic\u00edame el. E agora esas palabras ant\u00f3llanseme unha met\u00e1fora do mundo. <\/p>\n<p>David P\u00e9rez e a s\u00faa filla atravesan unha enorme toxeira ata chegar \u00e1 pened\u00eda, fragmentada polos canteiros, na que estamos refuxiados do vento aterecedor segundo vai caendo o sol. Ao subir sinala uns montes pr\u00f3ximos:<\/p>\n<p>-De al\u00ed o meu av\u00f3 contaba que saiu a pedra da Facultade de Medicina. <\/p>\n<p>David seguiu sinalando os montes. Marcou un eucalipto seco, e de al\u00ed para abaixo unha caeira escura chea de \u00e1rbores. <\/p>\n<p>-E aquelo de al\u00ed contaba que era a Canteira da Catedral. <\/p>\n<p>Desde o aire -a\u00ednda non tivemos tempo de achegarnos- obs\u00e9rvase una canteira moi distinta \u00e1s posteriores. Unha especie de flor que parece seguir as vetas dun granito especial. A forza da tradici\u00f3n oral. \u00bfSer\u00eda posible que a memoria se remontara tantos s\u00e9culos? A xente de Brins ti\u00f1a a memoria dos canteiros, unha linguaxe que non era s\u00f3 un dialecto encriptado, sen\u00f3n un xeito de ver o oficio. &#8220;O meu pai&#8221;, di David, &#8220;dic\u00eda que a pedra morr\u00eda cando a sacaban das canteiras&#8221;. <\/p>\n<p>David escribiu \u00e1 directora do programa de restauraci\u00f3n do P\u00f3rtico da Gloria para contarlle aquela xeograf\u00eda. O equipo foi con el ata a Canteira da Catedral, conservada na memoria. Levaron mostras e a s\u00faa an\u00e1lise parec\u00eda confirmalo: de al\u00ed, do monte de Figueiras, hoxe entre os toxos e as bra\u00f1as, sa\u00edron as pedras que acabaron compo\u00f1endo o P\u00f3rtico da Gloria. Podes <a href=\"http:\/\/www.elpais.com\/articulo\/Galicia\/cantera\/surtio\/Maestro\/Mateo\/elpepuespgal\/20110103elpgal_8\/Tes\">consultar esta reportaxe<\/a> sobre a cuesti\u00f3n. \u00bfSair\u00eda desta veta destes montes altos o sorriso de Daniel? Estar\u00eda agochado na pedra, como aseguraba o meu amigo?<\/p>\n<p>Estamos no negativo da cidade!<\/p>\n<p>David l\u00e9vanos polos antigos carreiros, hoxe case perdidos, que atravesan o chan. &#8220;A mi\u00f1a avoa foi a \u00faltima en sa\u00edr a ombreiros&#8221;. Imax\u00ednome a silenciosa comitiva de Brins, encabezada polo cadaleito, atravesando entre as m\u00e1moas no inverno, e os canteiros tir\u00e1ndose a pucha e parando os martelos, desde o alto dos penedos, agardando o final do desfile; aos mortos soterr\u00e1banos en Figueiras, baixo o val. O mundo era distinto que no Neol\u00edtico. O cami\u00f1o case perdido l\u00e9vanos \u00e1 Laga do Ido, e a paisaxe propicia un asentamento da Idade do Bronce, coas cabras e as ovellas bebendo na Laga, e pola noiti\u00f1a, cando aquelo estaba tranquilo, tam\u00e9n os cervos. Pero nun estremo hai algo humilde, fermoso e ancestral: o Penedo Foco.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/penedo_foco.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Esta espenuca protexida con dous muri\u00f1os, cun fogar abandonado nun estremo do seu interior e un rebaixe considerable nun estremo, protexeu a xeraci\u00f3ns de xentes. David lembra aos nenos pastores aqu\u00ed gardados cando sub\u00edan as vacas. E o seu av\u00f3 lembra os canteiros aqu\u00ed refuxiados da chuvia, ou durmindo, prendendo un pequeno fogar para quentar un pouco de caldo cun dedo de unto. Pero pola s\u00faa ubicaci\u00f3n, nun lugar privilexiado, este pequeno refuxio que se conserva en moi bo estado debeu gardar so\u00f1os de homes durante milenios. Se cadra os primeiros que levantaron os muri\u00f1os eran os edificadores das m\u00e1moas que nos rodean. <\/p>\n<p>Se cadra tam\u00e9n tiveron so\u00f1os alucinados, igual que o eremita, nos que as estrelas marcaban a direcci\u00f3n do futuro. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O chan de Figueiras \u00c9 unha sensaci\u00f3n estra\u00f1a. Estamos nos chans de Figueiras. X\u00f3gome algo<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/01\/31\/o-negativo-da-cidade\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O negativo da cidade<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":14851,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18],"tags":[],"class_list":["post-14850","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14850","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14850"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14850\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14851"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14850"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14850"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14850"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}