{"id":14797,"date":"2011-01-26T01:24:42","date_gmt":"2011-01-25T23:24:42","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=14797"},"modified":"2011-01-26T10:21:33","modified_gmt":"2011-01-26T08:21:33","slug":"contra-a-barbarie-freemos-o-acoso-a-fortaleza-do-galineiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/01\/26\/contra-a-barbarie-freemos-o-acoso-a-fortaleza-do-galineiro\/","title":{"rendered":"Contra a barbarie: freemos o acoso \u00e1 Fortaleza do Gali\u00f1eiro"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/eolica_fortaleza_galinheiro.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Durante este ano que levamos percorrendo os montes do pa\u00eds, poucos teranme visto dar de patadas a un mu\u00ed\u00f1o e\u00f3lico, pero f\u00edxeno. F\u00edxeno con toda a rabia do mundo, cando na aldea de abaixo, alg\u00fan vello  me falara dun vello castelo no alto do monte: un lugar no que unha vez escoitara tronar unha pedra, e onde entre as vellas pedras hab\u00eda letras gravadas que s\u00f3 o cura entendeu un d\u00eda e mandou tapalas. Ao subir a buscalo, descubrira como o lugar fora arrasado por unha escavadora, por un mu\u00ed\u00f1o e\u00f3lico froito da especulaci\u00f3n, ou por unha caseta forestal, ou por un campo de tiro, ou por un cortalumes, ou polo que fora. O Goberno do meu pa\u00eds destru\u00edndo e autorizando pola miseria mental de quen non era capaz de ordenar unha revisi\u00f3n do espazo das serras antes de chantar os mu\u00ed\u00f1os, ou de valorar e comprender o que al\u00f3 hab\u00eda. <\/p>\n<p>Andr\u00e9s L\u00f3pez, lector de Cap\u00edtulo Cero, f\u00edxome lembrar o outro d\u00eda a que se estaba montar xusto uns d\u00edas antes de eu marchar de ferias, ligando a un texto que escribiu Fran P. Lorenzo <a href=\"http:\/\/unpaisenlata.wordpress.com\/2011\/01\/24\/demolicion-da-casa-pais-fora-as-vosas-poutas-depredadoras-do-galineiro\/\">no seu blog<\/a>. A Xunta de Galicia aprobara o anteproxecto para a construci\u00f3n dun parque e\u00f3lico na serra do Gali\u00f1eiro, o emblem\u00e1tico espazo monta\u00f1oso do sur de Galicia, das mans dunha multinacional. Hoxe contactei con Xos\u00e9 Lois Vilar, o din\u00e1mico arque\u00f3logo do Instituto de Estudos Mi\u00f1oranos, para confirmar o que sospeitaba. Ao pouco, Eduardo M\u00e9ndez, do devandito Instituto, remitiume unha copia dixital dunha simulaci\u00f3n do anteproxecto sobre a serra do Gali\u00f1eiro, no que figurar\u00e1n algunhas das torres e\u00f3licas m\u00e1is grandes do pa\u00eds. \u00c9 a imaxe que encabeza o post. Efectivamente. Os mu\u00ed\u00f1os e\u00f3licos cercaban e invad\u00edan a superficie dun dos xacementos m\u00e1is espectaculares das Rep\u00fablicas dos Homes Libres: a Fortaleza do Gali\u00f1eiro. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/09\/20\/a-fortaleza-do-galineiro-o-impresionante-refuxio-de-guerras-esquencidas\/\">Aqu\u00ed publiquei sobre este alucinante lugar<\/a>. <\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dun atentado ao patrimonio de primeiro calibre. Nos numerosos castelos e fortaleza que levamos percorridos este ano, estamos conseguindo identificar os tipos de fortificaci\u00f3ns e, lentamente e con reservas, asignarlles \u00e9pocas. <strong>Os enormes Castelos Baleiros do sur de Galicia<\/strong> (Aloia, Budi\u00f1o, Gali\u00f1eiro, Castro Valente e hai a\u00ednda m\u00e1is) <strong>son un tipo de construci\u00f3n cultural espec\u00edfico e \u00fanico en toda Galicia<\/strong> e poden ser <strong>algunhas das testemu\u00f1as m\u00e1is espectaculares da transici\u00f3n entre o mundo romano e os reinos xerm\u00e1nicos en toda a Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica<\/strong>. E de todas as grandes fortificaci\u00f3ns tardorromanas de Galicia, a que menos sufriu a agresi\u00f3n de axentes p\u00fablicos e privados \u00e9 a fortaleza do Gali\u00f1eiro. Ata agora. <\/p>\n<p>A isto s\u00f3 se lle chama dun xeito: BARBARIE. <\/p>\n<p>Non podemos tolerar que o noso propio Goberno contrib\u00faa a desnaturalizar e cercar un dos xacementos m\u00e1is singulares para co\u00f1ecer este periodo. Porque ata agora, en Galicia, pouca xente \u00e9 consciente da importancia destes lugares, pero dentro dunhas d\u00e9cadas, os nosos fillos ou netos acabar\u00e1n por valoralos, cando xa non quede nada destas fortificaci\u00f3ns ef\u00e9meras e espectaculares que resistiron como testemu\u00f1as dun dos momentos m\u00e1is cruciais da historia de Europa: a ca\u00edda do Imperio Romano. O lugar no que os nosos devanceiros atoparon acocho e refuxio nun tempo convulso. Polo que estou vendo nas viaxes e nas mi\u00f1as lecturas, <strong>estes castelos son unha xoia do patrimonio arqueol\u00f3xico europeo<\/strong>. <\/p>\n<p>Non sei de onde sacarei o tempo, pero ofrecinme a colaborar coa plataforma constitu\u00edda xa por 14 entidades da \u00e1rea para evitar este acto de barbarie, para persuadir a cidad\u00e1ns e instituci\u00f3ns de que non podemos permitir a destruci\u00f3n da \u00e1rea desta valiosa testemu\u00f1a dun dos periodos decisivos da historia do pa\u00eds, canda os outros e numerosos sitios arqueol\u00f3xicos desta serra e os seus outros valores xeol\u00f3xicos e ecol\u00f3xicos. E non vou ser o \u00fanico: con m\u00e1is xente, imos tentar de producir un par de cousas para facilitar a comprensi\u00f3n p\u00fablica deste espazo. E an\u00edmovos a difundir e traballar para evitalo entre todos. Estas 14 entidades do sur de Galicia deben sentir o alento de xentes de toda Galicia. <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/eolica_galinheiro_grande.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-0\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\">Aqu\u00ed podes baixar en grande a simulaci\u00f3n do parque e\u00f3lico do Gali\u00f1eiro<\/a>. <\/p>\n<p><strong>Postpost:<\/strong> Ind\u00edgname que a estas alturas do s\u00e9culo te\u00f1amos que andar as\u00ed, a voltas, con cousas obvias. Como puido pasar o filtro este proxecto na Administraci\u00f3n? En que cabeza cun m\u00ednimo de sentido com\u00fan cabe? <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Durante este ano que levamos percorrendo os montes do pa\u00eds, poucos teranme visto dar de&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/01\/26\/contra-a-barbarie-freemos-o-acoso-a-fortaleza-do-galineiro\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Contra a barbarie: freemos o acoso \u00e1 Fortaleza do Gali\u00f1eiro<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":14799,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35],"tags":[],"class_list":["post-14797","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14797","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14797"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14797\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14799"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14797"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14797"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14797"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}