{"id":1476,"date":"2006-09-08T19:47:17","date_gmt":"2006-09-08T17:47:17","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1476"},"modified":"2007-06-29T17:25:59","modified_gmt":"2007-06-29T15:25:59","slug":"o-restaurante-ana-en-santiago-cando-a-tentacion-vive-abaixo-no-sar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/09\/08\/o-restaurante-ana-en-santiago-cando-a-tentacion-vive-abaixo-no-sar\/","title":{"rendered":"O restaurante Ana en Santiago: cando a tentaci\u00f3n vive abaixo (no Sar)"},"content":{"rendered":"<p>En Santiago, os compostelanitas podemos coller o coche e facer quince quil\u00f3metros para ir comer \u00e1s aforas pero, pola contra, po\u00f1er reparos a baixar unha costa que despois \u2013iso si- teremos que volver a subir. Pero \u00e1s veces, se\u00f1ores, paga a pena botar os restos gabeando de novo o Castr\u00f3n de Ouro arriba. Na parte m\u00e1is baixa desa r\u00faa, onde se cruza coa R\u00faa do Olvido, at\u00f3pase o Restaurante Ana (Sar, 1, 981570792). Sen d\u00fabida, o local de comidas m\u00e1is bonito de Santiago, especialmente nestas noites de final de ver\u00e1n. Un entra nesta casa do s\u00e9culo XVIII e tras un corredor escuro e espido aparece o patio: pedra ao aire, inscrici\u00f3ns medievais na parede, verde trepador, escuridade \u00edntima e o son adormecedor das fontes repicando no granito polos recantos. A coci\u00f1a, tras un muro de cristal, est\u00e1 no cami\u00f1o obrigado, coma se tiveras que emitir unha certificaci\u00f3n. O comedor interior \u00e9 tam\u00e9n un espazo recoleto: seis mesas, cadeiras de teca, pedra \u00e1 vista, focos direccionais para cada unha desas mesas. G\u00fastame este lugar, g\u00fastame moito, e t\u00e9\u00f1ote que dicir unha cousa: non podo ser neutral aqu\u00ed.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Ana deixou o seu restaurante de Silleda e comezou a principios do 2006 unha nova aventura en Santiago de Compostela buscando, se cadra, un maior n\u00famero de p\u00fablico receptivo \u00e1 s\u00faa proposta, que \u00e9 unha moderada mestura de convencional e innovador. Recuperou este espazo, que fora hai anos mes\u00f3n e despois un prohibitivo restaurante, e converteuno nalgo distinto con elegancia. <\/p>\n<p>Dic\u00edache que non pod\u00eda ser neutral, porque este lugar e Ana c\u00e1enme ben. As mulleres tiveron que ocupar os fog\u00f3ns durante anos de xeito an\u00f3nimo: g\u00fastame que esta chef recupere o espazo perdido na alta coci\u00f1a de autor, que todo o persoal deste restaurante sexa feminino, moci\u00f1as agradables e simp\u00e1ticas, que as voces sexan baixas, prudentes, lenes e modestas.  <\/p>\n<p>Existe carta pero sen d\u00fabida o recomend\u00e1bel \u00e9 probar o men\u00fa degustaci\u00f3n, que est\u00e1 a moi bo prezo: 25\u20ac. Est\u00e1 composto de catro platos e dous postres: gambas crocantes en pasta (curiosas), salteado de langostinos con verduras de temporada (no seu punto, excelente), brocheta de vieiras e salm\u00f3n con arroz cremoso de marisco (o mellor da sesi\u00f3n), carrileira de porco ib\u00e9rico estofada con mazanci\u00f1as confitadas e pur\u00e9 de casta\u00f1as (tan longo de nome como decepcionante na s\u00faa combinaci\u00f3n, a\u00ednda que a carrileira estaba no seu punto). Como postres, canuti\u00f1os de maz\u00e1 recheos de compota e sorbete de maz\u00e1 asada (curiosos) e crema de mascarpone con pur\u00e9 de mango e tella de avel\u00e1s (riqu\u00edsima e orixinal). Como ves, nada deste men\u00fa \u00e9 estra\u00f1o, a\u00ednda que incorre en para min un par de problemas: non se poden por gambas\/langostinos de primeiro e segundo e maz\u00e1s de terceiro e cuarto, ag\u00e1s que te\u00f1as alg\u00fan prop\u00f3sito que eu non acertei a comprender. O segundo problema \u00e9 bastante m\u00e1is subxectivo e non \u00e9 doado explicalo para min: a comida ti\u00f1a unha estupenda factura t\u00e9cnica pero&#8230;falt\u00e1balle emoci\u00f3n. \u00bfComo cho podo explicar? Un men\u00fa degustaci\u00f3n debe ser como unha pel\u00edcula: ten que ter estrutura, ten que ter sorpresas sen estridencias, ten que facer botar para atr\u00e1s nunha cadeira para saborear con gusto. Aqu\u00ed faltaba iso, a pesar da perfecta correcci\u00f3n dos platos. Coma un medo a levantar a voz. \u00bfUn paso cara adiante?<\/p>\n<p>Menci\u00f3n especial merece a carta de vi\u00f1os, posiblemente xunto coa da Bodeguilla de San Roque, a m\u00e1is ampla da restauraci\u00f3n compostel\u00e1. Lela \u00e9 como percorrer a vista de paxaro toda a xeograf\u00eda ib\u00e9rica do vi\u00f1o. De todos os prezos, localicei interesantes referencias moi dif\u00edciles de atopar nas bodegas de por aqu\u00ed, pero tam\u00e9n hai alg\u00fans puntos escuros. \u00bfComo pode haber s\u00f3 dous ou tres vi\u00f1os da Ribeira Sacra, seis ou sete das R\u00edas Baixas, e, pola contra, ducias de Ribera del Duero ou Rioja? Por momentos, a carta parece deslocalizada. A\u00ednda as\u00ed, \u00e9 encomi\u00e1bel. Xa que estabamos de celebraci\u00f3n, n\u00f3s escollimos un Emilio Rojo, que desde logo deu que falar e do que postearei m\u00e1is adiante. En todo caso, a noite al\u00ed foi estupenda. Eu s\u00f3 espero que Ana te\u00f1a sorte, que lle vaia ben, que lle bote algo m\u00e1is de valent\u00eda \u00e1 comida e que os compostelanitas rachemos coa preguiza e baixemos, de cando en vez, a escoitar o ru\u00eddo das fontes desta vella casa. <\/p>\n<p><!--adsense#sete--><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En Santiago, os compostelanitas podemos coller o coche e facer quince quil\u00f3metros para ir comer<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/09\/08\/o-restaurante-ana-en-santiago-cando-a-tentacion-vive-abaixo-no-sar\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O restaurante Ana en Santiago: cando a tentaci\u00f3n vive abaixo (no Sar)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-1476","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1476","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1476"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1476\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1476"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1476"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1476"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}