{"id":14740,"date":"2011-01-24T00:36:47","date_gmt":"2011-01-23T22:36:47","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=14740"},"modified":"2011-01-30T12:41:52","modified_gmt":"2011-01-30T10:41:52","slug":"republicas-de-homes-libres-os-gardians-dobles-da-ulloa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/01\/24\/republicas-de-homes-libres-os-gardians-dobles-da-ulloa\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: Os Gardi\u00e1ns Dobles da Ulloa"},"content":{"rendered":"<blockquote><p>Lembra que podes escoitar, mentres les, a<a href=\"http:\/\/open.spotify.com\/user\/magago\/playlist\/6Jl5MlHm7N39gq1kIDrIFn\"> banda sonora das Rep\u00fablicas de Homes Libres en Spotify<\/a>. <\/p><\/blockquote>\n<p>Cada novo paso, \u00e9 unha nova pregunta. <\/p>\n<p>Por iso non quer\u00eda entrar eu a\u00ednda no interior de Galicia. As poucas explicaci\u00f3ns que se te\u00f1en dado sobre a proliferaci\u00f3n destes estra\u00f1os castelos no alto dos montes era a s\u00faa proximidade \u00e1 costa; unicamente o control do mar. E listo, as\u00ed de simple e todos para casa. Pero eu sei que non \u00e9 certo. Que todo \u00e9 m\u00e1is complexo. Que a penas entrevemos os relampos deste enigma. <\/p>\n<p>Conforme comezas a explorar o interior de Galicia, o pa\u00eds amosa a mesma densidade de fortalezas en altura, a 600, 700 ou 1000 metros de altitude que na costa. <\/p>\n<p>T\u00ed\u00f1alle medo \u00e1 Ulloa. Percorrendo as s\u00faas pequenas estradas, en numerosas ocasi\u00f3ns parei o coche ante a presenza de algo sospeitoso no medio dunha fraga: localizaba pequenas motas ao estilo normando ao car\u00f3n dos antigos cami\u00f1os reais. A documentaci\u00f3n medieval que ti\u00f1a consultado revelaba que na comarca estaba tremendamente vivo un fen\u00f3meno que a finais da Idade Media esmorec\u00eda en Galicia: a mediados do XIV a aristocracia da Ulloa <em>a\u00ednda<\/em> viv\u00eda en castros. Expl\u00edcome: non s\u00f3 denominaba aos seus solares como <em>castros<\/em>, sen\u00f3n que toda a s\u00faa estrutura defensiva estaba cimentada nas antigas fortificaci\u00f3ns prerromanas e mesmo m\u00e1moas da comarca, como Ambreixo, a M\u00e1moa de Losoiro, o Castro das Seixas, Curbi\u00e1n&#8230;e poder\u00eda seguir. Como se de xeraci\u00f3n a xeraci\u00f3n pasasen eses antigos lugares de poder e continuasen a ter a s\u00faa funci\u00f3n. <\/p>\n<p>Por iso t\u00ed\u00f1alle medo \u00e1 Ulloa, pero hai cousas que non se poden evitar. A finais de 2010, se cadra outubro, mentres produciamos as fotos para o calendario do rom\u00e1nico ullo\u00e1n, nun d\u00eda de nubes e claros unha raiola de sol petou no fondo do valci\u00f1o no que se atopa Palas de Rei. E observei intrigado como brillaban uns penedos al\u00f3 nos conf\u00edns. Durante o resto do d\u00eda, mentres cami\u00f1abamos entre parroquias, entre m\u00e9nsulas, p\u00f3rticos e cruces celtas, non pod\u00eda deixar de mirar aqueles penedos sempre visibles desde todas partes. <\/p>\n<p>As\u00ed que cando rematamos o traballo fumos ata al\u00f3. Dinme de conta de que os penedos non eran s\u00f3 alg\u00fans: era un cordal enteiro. De seixo. Todo de seixo branco, aflorando mentres descend\u00edan dos altos. O cordal sub\u00eda ata \u00e1 altura dunha aldea: o Hospital. Era o primeiro lugar ulloano tralo paso do Corno do Boi, a depresi\u00f3n que permit\u00eda superar a serra do Care\u00f3n e entrar desde Toques \u00e1 Ulloa. Miraba os penedos continuamente, ata que localicei o que me pro\u00eda. No penedo m\u00e1is alto hab\u00eda sinais de derrubo e cachoter\u00eda. <\/p>\n<p>Un home -que resultou ser o presidente da Comunidade de Montes- mir\u00e1bame divertido desde detr\u00e1s dun valo. <\/p>\n<p>-Menos mal que a\u00ednda os podes ver! Ga\u00f1\u00e1moslle o xu\u00edzo a Villar Mir. <\/p>\n<p>A compa\u00f1\u00eda do exministro Villar Mir quer\u00eda converter aquela dorsal de seixo, que funcionaba como unha muralla fronte ao porto do Corno do Boi, nun segundo e aterrador Serrabal. A xente da aldea do Hospital e os veci\u00f1os de Castro das Seixas opux\u00e9ronse nos tribunais. Alegaron que pola aba pasaba o Cami\u00f1o Primitivo e &#8220;hab\u00eda outras cousas&#8221;. Villar Mir recorreu ao Supremo. O 3 de novembro do ano pasado, <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/galicia\/2010\/11\/04\/0003_8826913.htm\">a Xustiza resolveu<\/a> e finalizou o contencioso: Villar Mir non pod\u00eda destru\u00edr a riqueza paisax\u00edstica e hist\u00f3rica desta dorsal branca. E ti\u00f1a que pagar as costas do xu\u00edzo. <em>Touch\u00e9<\/em>. Un fato de paisanos conseguira deter a ambici\u00f3n destrutora de Villar Mir. Toda unha lecci\u00f3n para os pol\u00edticos galegos que se levan dobregando d\u00e9cadas -non temos claro con que contrapartidas para a nosa sociedade- ante as empresas do empresario madrile\u00f1o. <\/p>\n<p>-Un home -di o se\u00f1or cando lle pregunto por ese penedo con tanto cachote derrubado- trouxo un libro da Habana no que se falaba dese lugar. O coitado subeu al\u00f3 enriba e andivo buscando tesouros.<br \/>\n-Pero iso \u00e9 un castelo? -pregunteille. <\/p>\n<p>O home encolleuse de ombreiros.<br \/>\n-Nunca o\u00edn tal. Son os penedos do Hospital. <\/p>\n<p>Confiado, logo procurar\u00eda da outra banda da dorsal, na aldea do Castro das Seixas, toponimia clarificadora. Tampouco. Ningu\u00e9n ti\u00f1a unha memoria clara dese lugar. <\/p>\n<p>Pero al\u00ed arriba hab\u00eda cousas. Vaia se hab\u00eda cousas. <\/p>\n<h3>I. Os Castelos Brancos do porto do Corno do Boi<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_ulloa_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_ulloa_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Imos avanzar algo. Estamos a falar dunha aut\u00e9ntica dorsal monta\u00f1osa de seixo que foi fortificada como unha descomunal muralla. D\u00faas pequenas fortificaci\u00f3ns moi pr\u00f3ximas entre si, sustentadas en penedos da cresta desta dorsal, vix\u00edan o paso do Corno do Boi e o Cami\u00f1o Primitivo que discorre pola ladeira, un pouco m\u00e1is abaixo. E entre elas, crin detectar algunha gabia e algunha alteraci\u00f3n do terreo. Pero imaxin\u00e1desvos estes castelos. Cando sub\u00edn ao m\u00e1is alto, a primeira vez, o d\u00eda abreu o sol de s\u00fapeto e todo ao me redor comezou a brillar, a cegarme. Todos os restos do castelo eran o m\u00edtico, o m\u00e1xico, pero tam\u00e9n o ingobernable seixo branco. Facendo equilibrios entre as ruinas, co\u00f1ecimos a estrutura do primeiro, que ser\u00eda relativamente similar ao do segundo. Un gran penedo. Pola s\u00faa banda este, un foxo o rodea, e se une na banda oeste cunha plataforma na que se perciben estruturas e habitaci\u00f3ns. Desde al\u00ed, unha muralla m\u00ednima e intrigante cingue a banda sur desta pequena fortaleza. Cegado, dou con tella ca\u00edda, pero o lugar parece hipnotizar. Par\u00e9cese moito a outro castelo noutro lugar, do que xa falarei. Mesmo nos pequenos detalles. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_ulloa_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Gago \/ Braga\u00f1a<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_ulloa_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_ulloa_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Avanzamos dorsal abaixo ata o seguinte castelo, monta\u00f1a abaixo. A estrutura destoutro s\u00f3anos algo m\u00e1is. L\u00e9mbranos o que definimos como castelos <em>protofeudais<\/em> en Galicia. Tam\u00e9n hai un gran penedo, pero os seus inc\u00f3gnitos construtores elevaron unha plataforma sobre o terreo. Calculo que sobre ela haber\u00eda unha empalizada de madeira. Perc\u00edbense os restos dun pequeno foxo na base. E sobre a terra, cachote a eito. <\/p>\n<p>Sentados no alto entendemos doutro xeito esta fermosa dorsal brillante. De alg\u00fan xeito, todo isto, castelos, seixo, penedas, \u00e9 unha impresionante muralla -militar e natural ao tempo- para protexerse do que entrara por ese monta\u00f1oso paso de enfronte. Ollo para atr\u00e1s. Ter\u00e1n que ver estes misteriosos lugares cos Seixas?<\/p>\n<p>A varuda familia dos Seixas naceu al\u00f3 abaixo, no Castro das Seixas. Se\u00f1ores das terras de Toques e Friol, a s\u00faa principal realizaci\u00f3n \u00e9 o fermoso Castelo de Narla, unha xoia do Renacemento militar, e mantiveron orgullosos o seu nome galego durante o XVI. A finais do XIV foron un dos antagonistas dunha loita de clans, de familias, entre os Seixas e os Ulloa, polo control da comarca. Os Seixas tiveron que recuar, polo Porto do Corno de Boi, ata os conf\u00edns de Toques. Grazas \u00e1 novela <em>O Castelo de Pambre<\/em>, de Antonio L\u00f3pez Ferreiro -a segunda novela en galego do mundo moderno- co\u00f1ecemos as campa\u00f1as militares desta cruel guerra ulloana entre as d\u00faas familias. A toma do Castro das Seixas foi un dos \u00faltimos escenarios. \u00bfSer\u00edan estes pequenos castelos de seixo o lugar orixinal desta familia, o episodio final da batalla entre Ulloas e Seixas?<\/p>\n<p>Descendemos \u00e1 actual aldea do Castro das Seixas. Os veci\u00f1os am\u00f3sannos onde estaba o Castro, por riba da aldea, hoxe arrasado para facer un prado. Engaden unha descrici\u00f3n do lugar, con murallas t\u00e9rreas que acompa\u00f1an con achados de cer\u00e1micas e tellas. O Castro das Seixas estaba al\u00f3, non sobre o monte. Preciso ler o antigo <em>Memorial dos Ulloas <\/em>que se conserva na Biblioteca Nacional e no que se detallan as campa\u00f1as militares desa guerra interna, pero creo case ao 100% que isto \u00e9 anterior. Que nos leva ao milenio anterior. Que nos leva ao anonimato de quen fixo Castelos Brancos e brillantes, orgullosos desde toda a Ulloa. <\/p>\n<h3>Os Gardi\u00e1ns Dobles da Ulloa<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mapa_ulloa_castelos_fronteira.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fortificaci\u00f3ns xemelgas nos accesos occidentais \u00e1 Terra da Ulloa (vermello, de adscrici\u00f3n altomedieval e azul, castrexa) localizadas ata o momento<\/em><\/p>\n<p>Durante varios meses estes dous Castelos Brancos fac\u00edanme pensar no espazo e no territorio. Exploreino en mapas. Percorrino a p\u00e9. Subimos a montes, met\u00edmonos a toxos; os memoriosos ullo\u00e1ns fal\u00e1ronme de mouros, de tesouros, de salas subterr\u00e1neas, de batallas m\u00edticas. Ata descubrir algo estra\u00f1o, unha sorte de patr\u00f3n cultural. A cadea monta\u00f1osa que divide a Ulloa das terras occidentais estaba inzada de parellas de castelos e outras fortificaci\u00f3ns. Uns inmediatos aos outros. Cada unha destas parellas est\u00e1 ubicada ao car\u00f3n dun paso dese cordal monta\u00f1oso, pero pola banda interior, ulloana, deste. Pero non semellan estar enfrontadas, sen\u00f3n de alg\u00fan xeito <em>cooperar<\/em> ou complementarse. Parece unha resposta cultural, un dese\u00f1o militar que non acadamos a comprender na s\u00faa dimensi\u00f3n. <\/p>\n<h3>O novo e o vello no Farelo<\/h3>\n<p>Precisaba eu mesmo respostas sensatas a estes emparellamentos. Grazas a Manuel Busto, autor dun dos mellores blogs do \u00e1mbito rural do pa\u00eds, <a href=\"http:\/\/aquamlatam.blogspot.com\/\">Aquam Latam<\/a>, de A Golada, co\u00f1ec\u00edn a existencia da Torre Nova e da Torre Vella no monte Farelo, no paso entre A Golada e Antas de Ulla. Obviamente, estaba moi interesado en saber cal era a diferencia entre a Torre Nova e a Torre Vella. E atopamos algo fascinante que nos permite avanzar algo, por fin, nas Rep\u00fablicas de Homes Libres e na cronolox\u00eda comparada dos sitios arqueol\u00f3xicos que nos estamos atopando. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_ulloa_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A Torre Nova segue o modelo xa especificando de gran penedo. Ten unha visibilidade moit\u00edsimo m\u00e1is reducida que a Torre Vella, enfundada no fondo dunha valgada, a\u00ednda que controla boa parte da Ulloa sur. Localizamos tella, asento de muros, e por unha banda, seguindo o patr\u00f3n habitual que observamos en fortificaci\u00f3ns do s\u00e9culo VIII ou IX, un foxo e un pequeno muro que insisto, imaxino como base dunha muralla de madeira. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_ulloa_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muralla e foxo na Torre Nova do Farelo (amarelo, muralla; tintado dixital). Ao fondo, p\u00f3dese ver o emprazamento da Torre Vella. <\/em><\/p>\n<p>A pregunta era outra. E como ser\u00eda a Torre Vella ent\u00f3n? En San Marti\u00f1o de Amarante cont\u00e1rannos que esa Torre ti\u00f1a unha sala que levaba ata o Castelo de Amarante. Seguindo as penedas, chegamos ata al\u00f3. Non puiden evitar rirme ata dentro. <\/p>\n<p>Nunca estivera aqu\u00ed pero co\u00f1ec\u00eda este lugar. Co\u00f1ec\u00edao moi ben. <\/p>\n<p>Este lugar rep\u00edtese por todo o pa\u00eds. Desde Pazos de Borb\u00e9n ou Pontecaldelas ata Rianxo, a Costa da Morte ou a Mari\u00f1a luguesa.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_ulloa_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_ulloa_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Unha fortaleza anular, un c\u00edrculo perfecto que gabea entre as pened\u00edas. Un c\u00edrculo perfecto de dez metros de di\u00e1metro, case sempre similar. Con numerosas p\u00edas, algunhas delas intervidas, nas proximidades ou nos l\u00edmites da muralla. Baleiro no seu interior. Ao que nunca se lle chama castelo na toponimia. No que nunca aparece tella. E no que o cachote forma unha muralla -sempre derruida, claro- de metro e medio de grosor, m\u00e1is ou menos. E, coma no<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/09\/12\/unha-subida-aos-infernos\/\"> Coto dos Infernos<\/a>, nalg\u00fans casos este lugar ten outro outeiro fortificado nas proximidades no que si pode haber toponimia m\u00e1is pr\u00f3xima. R\u00edome. Busco unha cousa ao car\u00f3n da muralla. E a\u00ed est\u00e1, efectivamente. Unha pequena edifici\u00f3n, aparentemente sempre s\u00f3 unha, nun estremo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_ulloa_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_ulloa_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Esta \u00e9 a Torre Vella.  A memoriosa Ulloa nunca me falla. Creo que non \u00e9 inocente que identifique \u00e1s ru\u00ednas de pedra como <em>Torre Vella<\/em>. Os castelos que identificamos claramente a partir da documentaci\u00f3n de antes do ano 1000, adoitan estar constru\u00eddos en madeira. Sospeito que este lugar \u00e9 m\u00e1is vello, malia que as lendas o relacionen co Castelo de Amarante (co que coido que non se ten contacto visual desde aqu\u00ed). Int\u00fao que na construci\u00f3n destas murallas rec\u00f3llese, con rapidez e desleixo, a tradici\u00f3n cultural das grandes murallas castrexas. E te\u00f1o unha hip\u00f3tese. Este c\u00edrculo amurallado l\u00e9vanos m\u00e1is atr\u00e1s a\u00ednda. L\u00e9vanos ao reino suevo, pero non necesariamente foi feito por <em>suevos<\/em>. Non sabemos quen encheu o pa\u00eds de c\u00edrculos defensivos de dez metros de di\u00e1metro. E non sabemos por que lle gustaba emparellalos. <\/p>\n<h3>As orixes das parellas?<\/h3>\n<p>Os mapas da Ulloa d\u00e1nnos as respostas. Hoxe no alto do monte do Coto Redondo, o paso m\u00e1is meridional da Ulloa, desde as terras de Rodeiro e Camba, observamos algo similar \u00e1s parellas de castelos medievais ubicadas nos pasos m\u00e1is ao norte. Pero isto non \u00e9 medieval. \u00c9 castrexo. E est\u00e1n moi pr\u00f3ximas as d\u00faas Torres do Farelo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_ulloa_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Dous castros separados entre si por a penas 100 metros, a case 900 metros de altitude sobre o nivel do mar. V\u00edmolos primeiro desde abaixo. As d\u00faas murallas, inmediatas, distingu\u00edanse con claridade desde a distancia; as d\u00faas fortalezas enchen o cumio do monte, xemelgas pero claramente diferenciadas. Os dous castros son case id\u00e9nticos, cun foxo central e dous parapetos, un deles monumental, pero son cuspidi\u00f1os, parecen do mesmo tempo, a\u00ednda que sen embargo, o Castro das Hedras agocha baixo a toxeira unha muralla monumental de pedra. Este \u00e9 algo m\u00e1is romboidal, pero o Castro Pequeno \u00e9 deliberadamente circular. Morremos do fr\u00edo que zoa. A orograf\u00eda e a climatolox\u00eda aqu\u00ed \u00e9 dur\u00edsima. Non se pode cultivar. Non hai auga. Pero aqu\u00ed est\u00e1n estes dous xacementos, case inalterados, dominando o quinto paso destes montes centrais de Galicia. <\/p>\n<p>O mesmo patr\u00f3n, por motivos que desco\u00f1ecemos, parece continuar na Ulloa desde o mundo castrexo ata o mundo altomedieval: unha idea cultural que se nos escapa, e que enche a paisaxe dunha simbolox\u00eda que pouca xente co\u00f1ece. Unha sorte de fronteira <em>prefeudal<\/em>. E xa vos adianto. Non \u00e9 a \u00fanica que estamos a localizar. <\/p>\n<p>A\u00ednda que obtivemos, se cadra, a intuici\u00f3n da resposta a algunha pregunta, marchamos con m\u00e1is preguntas das que chegamos. <\/p>\n<p>Non sei se alg\u00fan d\u00eda obteremos respostas a todo isto. Como dic\u00eda <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Mario_Benedetti\">Don Mario<\/a>: &#8220;Cando criamos que ti\u00f1amos todas as respostas, de pronto, cambiaron todas as preguntas&#8221;. <\/p>\n<p>Pola nosa banda, seguiremos subindo aos cumios das serras de Galicia, buscando estes lugares esquencidos, para tentar entendelo mellor o pa\u00eds que temos aos nosos p\u00e9s. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A exploraci\u00f3n do territorio da Ulloa rev\u00e9lanos brillantes castelos de seixo e enigm\u00e1ticas relaci\u00f3ns de parella. As Rep\u00fablicas de Homes Libres contin\u00faan fac\u00e9ndonos preguntas. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/01\/24\/republicas-de-homes-libres-os-gardians-dobles-da-ulloa\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: Os Gardi\u00e1ns Dobles da Ulloa<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":14741,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18,35],"tags":[],"class_list":["post-14740","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14740","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14740"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14740\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14741"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14740"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14740"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14740"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}