{"id":14470,"date":"2010-12-29T20:05:47","date_gmt":"2010-12-29T18:05:47","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=14470"},"modified":"2010-12-31T22:18:05","modified_gmt":"2010-12-31T20:18:05","slug":"ultimas-noticias-sobre-a-conquista-romana-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/12\/29\/ultimas-noticias-sobre-a-conquista-romana-de-galicia\/","title":{"rendered":"\u00daltimas noticias sobre a conquista (romana) de Galicia"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ultimas_noticias_invasion.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotograma de Centuri\u00f3n (2010). Pel\u00edcula altamente recomendable, por certo.<\/em><\/p>\n<p>\u00c1s veces, peinando literatura gris, consegues compor cadros humanos que engaden unha nova cor a un momento hist\u00f3rico do que case careces de informaci\u00f3n. \u00c9 o que me aconteceu estes d\u00edas repasando a publicaci\u00f3n dos breves informes de actuaci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas que editou a Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio (<a href=\"http:\/\/www.patrimonio.org\/media\/Web_Actuacions_arqueoloxicas_2008.pdf\">p\u00f3dese consultar aqu\u00ed, en PDF<\/a>). De s\u00fapeto, a arqueolox\u00eda alumea un dos momentos decisivos da nosa Historia, a conquista do Noroeste de Hispania por parte do Imperio Romano. <\/p>\n<p>Desa conquista co\u00f1ecemos moi pouca informaci\u00f3n, e iso levou a discusi\u00f3ns peregrinas ao redor da belicosidade do pa\u00eds e da resistencia dos galaicos ao invasor. Tiveron que loitar arreo os romanos ou isto foi un paseo militar e os castrexos aceptaron tacitamente a nova orde? Esta pregunta ten practicamente dividido \u00e1 Academia que se dedica estas cuesti\u00f3ns. O problema, sobre todo, \u00e9 que nos falta informaci\u00f3n. Se houbo cr\u00f3nicas desta conquista, igual que as houbo da Celtiberia, ou como C\u00e9sar as escribiu da Galia, perd\u00edmolas. A penas co\u00f1ecemos as grandes li\u00f1as das expedici\u00f3ns romanas e claro, sempre desde a perspectiva romana, non desde a castrexa. Eu creo que, segundo os datos existentes, est\u00e1 bastante claro que houbo unha guerra con todas as da lei, pero podo entender que haxa esc\u00e9pticos. <\/p>\n<p>A arqueolox\u00eda tampouco ten axudado moito, desde logo, nesta cuesti\u00f3n. Non te\u00f1en aparecido aparentes signos da confrontaci\u00f3n que quedaran no rexistro arqueol\u00f3xico, ou cando menos, non \u00e9 doado recorrer \u00e1 documentaci\u00f3n que os interprete as\u00ed. Hai alg\u00fans exemplos, con todo, como \u00e9 o <a href=\"http:\/\/www.spanisharts.com\/arquitectura\/imagenes\/protohistoria\/lasmedulas.html\">Castro de Borrenes<\/a>, preto das M\u00e9dulas, que est\u00e1 inacabado, cunha impo\u00f1ente muralla a medio facer e nunca foi habitado. A teor\u00eda m\u00e1is estendida \u00e9 que a construci\u00f3n do castro foi interrompida pola chegada de Roma. <\/p>\n<p>En Galicia, os resultados eran aparentemente a\u00ednda m\u00e1is pobres. Sabemos que houbo cambios sociais r\u00e1pidos no territorio trala conquista porque numerosos castros finalizan a s\u00faa vida ao redor do s\u00e9culo I. a.C. Iso \u00e9 un feito evidente. Todo apunta a que a chegada dos romanos e o abandono destes lugares ten moito que ver; mesmo o dato de que alg\u00fans seguiran estando activos con posterioridade \u00e1 invasi\u00f3n. Pero curiosamente, neste \u00faltimo informe das campa\u00f1as arqueol\u00f3xicas do 2008 aparecen d\u00faas notas que nos dan por primeira vez unha interesante e mesmo po\u00e9tica cor a este momento de confrontaci\u00f3n. <\/p>\n<h3>1. A fortificaci\u00f3n precipitada do Castro de Mallou<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mallou.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O Castro de Mallou e o Pindo ao fondo. <\/em><\/p>\n<p>O espectacular Castro de Mallou, no fondo do circo monta\u00f1oso de Carnota, est\u00e1 a ser escavado en sucesivas campa\u00f1as. A s\u00faa cronolox\u00eda evidencia que chegou ata o s\u00e9culo I a.C. e foi abandonado nese s\u00e9culo, sen rastros de romanizaci\u00f3n. Pero hai un dato fascinante, que xurdiu na campa\u00f1a 2008, cando o equipo arqueol\u00f3xico decidiu abrir o complexo sistema de defensas e portas da banda oeste do castro. Deixo que o conte directamente o director da escavaci\u00f3n, Jorge Lamas:<\/p>\n<blockquote><p>Temos un dato estrutural moi importante, na muralla do sector intermedio apr\u00e9ciase claramente unha muralla orixinal de apenas 1 m de ancho, moi ben feita con cachotes de tama\u00f1o medio\/pequeno e ben asentados; esta primeira muralla vese cortada no seu tramo final cara \u00e1 porta e cuberta por un recheo de grandes pedras e material de desfeito (mans rotas de mu\u00ed\u00f1os naviculares, pesas\u2026) e cun alzado moito m\u00e1is basto, co fin, cremos, de cuadriplicar o ancho da muralla cara \u00e1 porta e estreitar a zona de entrada. Estas reformas polierc\u00e9ticas, <strong>feitas claramente con pr\u00e9sa<\/strong>, parece que nos falan dun momento de medo e cambio, o que nos casa moi ben coa chegada dos romanos. <\/p><\/blockquote>\n<p>No ocaso desa etapa do mundo castrexo, algu\u00e9n estimou necesario refortificar o seu espazo ante unha situaci\u00f3n coxuntural que superaba os escenarios b\u00e9licos habituais previstos para a muralla que dese\u00f1aran os seus habitantes. Que eu saiba, isto non \u00e9 nada habitual no mundo castrexo, a\u00ednda que hoxe en d\u00eda tam\u00e9n comezamos a ver pr\u00e1cticas de refortificaci\u00f3n no mundo tardorromano. E tam\u00e9n fala doutro dato: os celtas supertamaricos (era o nome do pobo desa \u00e1rea, non xente con superpoderes) que viv\u00edan en Mallou sospeitaban que se cadra esa xente non vi\u00f1a moi en son de paz e que a resposta ao mellor ti\u00f1a que ser con sangue. Alg\u00fan intoxicador antiprogreso da Gallaecia debeunos enganar, seguro. ;-)<\/p>\n<h3>2. As portas tapiadas de CastroMaior<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castromaior.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Castromaior. Foto: Sociedade de Xesti\u00f3n do Xacobeo. <\/em><\/p>\n<p>Quedei impactado cando lin isto. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/09\/23\/castromaior-en-portomarin-unha-acropole-castrexa-ao-caron-do-camino-de-santiago\/\">Castro Maior<\/a> \u00e9 un enclave tam\u00e9n espectacular preto de Portomar\u00edn. Un castro sen romanizar cunha enorme complexidade de muros ao redor da acr\u00f3pole, parecido ao de Formigueiros, do que falamos hai pouco. Resulta que neste castro, a ca\u00edda gradual do entullo sobre as casas provocou que as ru\u00ednas que abren os arque\u00f3logos aparezan -igual que en Formigueiros- muros mesmo de metro e medio de altura. Unhas Pompeias galegas. E iso facilitou que os arque\u00f3logos puideran apreciar un detalle, un detalle human\u00edsimo como poucas veces se vira nos castros, en relaci\u00f3n ao seu abandono. Igual que antes, deixo que fale Luis Francisco L\u00f3pez Gonz\u00e1lez, responsable da escavaci\u00f3n coa que o Xacobeo quere po\u00f1er en valor este lugar:<\/p>\n<blockquote><p>En relaci\u00f3n coas causas do abandono do poboado, datado nun momento pr\u00f3ximo ao cambio de era e seguramente asociado \u00e1 conquista romana, e se temos en conta que as vivendas descubertas na escavaci\u00f3n son da derradeira fase de ocupaci\u00f3n do poboado de Castromaior, c\u00f3mpre destacar o dato de que en varias vivendas <strong>atopamos as portas tapiadas<\/strong> con grandes laxas colocadas contra as entradas, asegurando as portas contra a humidade e os roubos e protexendo as vivendas cunha intenci\u00f3n impl\u00edcita de volver.<\/p><\/blockquote>\n<p>Portas tapiadas. Casas seladas. Todo un enigma: aquela xente, cando marchou, deb\u00eda seguir sendo propietaria daquelas casas, para preocuparse por preservalas. \u00c9 a evidencia arqueol\u00f3xica m\u00e1is intrigante relacionada, con certa probabilidade, coa invasi\u00f3n. Case os podo ver, tapiando todo, selando os seus fogares, empurrados por algu\u00e9n, convencidos do seu retorno \u00e1 s\u00faa casa e \u00e1 dos devanceiros. <\/p>\n<p>Pero nunca volveron. <\/p>\n<p>Que pasar\u00eda en Castromaior?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ao examinar a \u00faltima literatura gris arqueol\u00f3xica localizamos novas notas de cor que poden evidenciar dous dram\u00e1ticos episodios da conquista romana de Galicia.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/12\/29\/ultimas-noticias-sobre-a-conquista-romana-de-galicia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">\u00daltimas noticias sobre a conquista (romana) de Galicia<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":14471,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-14470","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14470","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14470"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14470\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14471"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14470"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14470"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14470"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}