{"id":14386,"date":"2010-12-25T22:50:30","date_gmt":"2010-12-25T20:50:30","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=14386"},"modified":"2010-12-27T21:29:31","modified_gmt":"2010-12-27T19:29:31","slug":"republicas-de-homes-libres-as-espadas-que-brillaban-como-a-auga-fria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/12\/25\/republicas-de-homes-libres-as-espadas-que-brillaban-como-a-auga-fria\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: As espadas &#8220;que brillaban como a auga fr\u00eda&#8221;"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chegada_vikingos.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A forza desa imaxe po\u00e9tica rep\u00edteseme continuamente na cabeza, como un soniquete, desde que o outro d\u00eda publiquei a nova entrega da serie Rep\u00fablicas de Homes Libres: <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/12\/19\/republicas-de-homes-libres-as-fortalezas-invisibles-dos-labregos\/\">As Fortalezas Invisibles dos labregos<\/a>. Se lembrades, falabamos das fortalezas &#8220;informais&#8221; e naturais que poden poboar os montes galegos, refuxios ancestrais de xeraci\u00f3ns de labregos das \u00e1reas pr\u00f3ximas \u00e1 costa e coas que n\u00f3s cremos que nos estamos a atopar. Falabamos dun poema, &#8220;Polo cami\u00f1o e\u00ed v\u00e9n un home&#8221;, un estra\u00f1o poema que alud\u00eda a un grupo de persoas que fux\u00edan aterrorizadas a uns penedos para refuxiarse dun ataque. Pensabamos que pod\u00eda ser a \u00fanica voz dos protagonistas da fuxida -a\u00ednda que se cadra terciada por alg\u00fan eclesi\u00e1stico que potenciou os aspectos m\u00e1is sobrenaturais do texto-. Trala publicaci\u00f3n do post, Dami\u00e1n Su\u00e1rez, lector de Cap\u00edtulo Cero, tivo a ben remitirme o orixinal, o facs\u00edmile dixital do artigo no que Manuel Murgu\u00eda publicaba por primeira vez ese m\u00edtico poema dos nosos S\u00e9culos Escuros (<em>grazas, Dami\u00e1n<\/em>!). O texto editouse no xornal &#8220;Los lunes de El Imparcial&#8221;, o 19 de abril de 1880. Aproveitei para ver que \u00e9 o que se contaba o bo de Murgu\u00eda sobre o texto e atopeime cunha fermosa e po\u00e9tica sorpresa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/murguia_imparcial.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>No texto Murgu\u00eda fala do <em>romance de Padr\u00f3n<\/em>. Trat\u00e1base doutro poema popular sobre os piratas! Na vida escoitara del! O patriarca a penas nos proporciona d\u00faas m\u00ednimas referencias do romance, nos que describen a alg\u00fans destes invasores, e son tan imprecisas como po\u00e9ticas. Os atacantes levaban espadas &#8220;que brillaban como a auga fr\u00eda&#8221; e vest\u00edan capas &#8220;brancas e longas&#8221;. Quen eran? Onde chegaron? De onde vi\u00f1eron? Que conta o romance? <\/p>\n<p>S\u00edntoo, pero na mi\u00f1a cabeza formouse a imaxe daqueles homes, enfundados en roupa branca e con espadas brillantes, fulgurantes. <\/p>\n<p>As Rep\u00fablicas de Homes Libres son unha aventura, sobre todo, cultural. E as aventuras culturais non s\u00f3 sucede no alto das monta\u00f1as, sen\u00f3n nas profundidades da nosa herdanza cultural, tanto a popular como a culta. A trav\u00e9s desta serie viaxamos \u00e1 cerna do galeguismo, e como se conformou o que hoxe co\u00f1ecemos como cultura galega a partir do Rexurdimento. Moitos dos temas que n\u00f3s tocamos, tam\u00e9n os tocaron os pais da cultura nacional, e despois ficaron no esquecemento. <\/p>\n<p>Espadas que <em>brillaban como a auga fr\u00eda<\/em>. <\/p>\n<p>Fixen algunhas consultas, chequeei alg\u00fans manuais do romanceiro. Aquelo non parec\u00eda figurar por ningures. Contactei con dous dos grandes especialistas do pa\u00eds no romanceiro popular: Ant\u00f3n Santamarina e Jos\u00e9 Luis Forneiro. Respond\u00e9ronme moi rapidamente (moitas grazas), e os dous coincid\u00edan na s\u00faa resposta: non co\u00f1ec\u00edan ning\u00fan romance popular co contido que alud\u00eda Murgu\u00eda. E os dous compart\u00edan un consello: coidado con Murgu\u00eda.<\/p>\n<p>\u00bfCoidado con Murgu\u00eda? No s\u00e9culo XIX as identidades nacionais conform\u00e1banse a partir dunha serie de instrumentos: unha literatura, unha historia, uns s\u00edmbolos e&#8230;un romanceiro popular. O romance, o discurso po\u00e9tico que relata grandes feitos, tam\u00e9n era fundamental para asentar a identidade dun pa\u00eds. Murgu\u00eda inventou romances para constru\u00edr a identidade nacional. Escribiu e reescribiu o imaxinario. <a href=\"http:\/\/www.vieiros.com\/columnas\/opinion\/1198\/gaiferos-de-mormaltan-cantiga-medieval-romance-tradicional\">Forneiro c\u00f3ntao ben neste artigo de Vieiros<\/a>, aludindo a un dos romances que se creu, durante m\u00e1is tempo, como de orixe popular: o de <a href=\"http:\/\/enxebreordedavieira.blogspot.com\/2010\/10\/romance-de-don-gaiferos-de-mormaltan.html\">Don Gaiferos de Mormalt\u00e1n<\/a>, no que se recrea a morte do Duque de Aquitania fronte o sartego do Ap\u00f3stolo Santiago.  En realidade d\u00e9bese ao xenio de Murgu\u00eda. <\/p>\n<p>\u00bf\u00c9 todo este artigo de <em>El Imparcial<\/em> e son as referencias a este poema, froito da imaxinaci\u00f3n e da creaci\u00f3n literaria do insigne historiador? Foi, en certo xeito, a construci\u00f3n dun imaxinario sobre os piratas que non exist\u00eda e que el consideraba necesario crear para Galicia? Ou \u00e9 un poema certo e de base real, recollido nas veigas de Padr\u00f3n? Se mirades no par\u00e1grafo do facs\u00edmile, observaredes que Murgu\u00eda alude a que este poema forma parte dun futuro libro, as <em>Rimas Populares de Galicia<\/em>. Murgu\u00eda nunca o publicou. A\u00ednda en vida del houbo quen ti\u00f1a ben claro que Murgu\u00eda nunca dar\u00eda publicado este libro. <\/p>\n<p>Estar\u00e1 o <em>romance de Padr\u00f3n<\/em> entre os textos in\u00e9ditos de Murgu\u00eda, perdido nalgures? Ser\u00e1 real? O historiador xogounola ben, m\u00e1is de cento e pico anos despois. Pero non descarto nada, e animo a calquera a que comparta a informaci\u00f3n que dispo\u00f1a ao respecto. <\/p>\n<p>A memoria popular \u00e9 estra\u00f1a, e os procesos de transmisi\u00f3n son intrigantes. <\/p>\n<p>A\u00ednda lembro un d\u00eda fr\u00edo e chuvioso, hai moitos anos, nunha fraga do Valadouro. Un vello vi\u00f1a cun bast\u00f3n por unha corredoira rodeada de fentos. Pregunteille por aquel pico de al\u00f3 ao fondo, un ni\u00f1o de aguias penedento. D\u00edxome que era a Frouseira, o castelo da Frouseira. Como nos quedamos mirando para al\u00ed, aquel vello comezou a recitar: <\/p>\n<blockquote><p>A min chaman Teodomira,<br \/>\nSe\u00f1ora do gran tesouro,<br \/>\nPor raz\u00f3n estrelecida<br \/>\nXago neste Valedouro<\/p>\n<p>Mais treidor foi que un mouro<br \/>\nO vilao que me vendeu<br \/>\nQue de Lugo a Rivadeu<br \/>\nTodos me ti\u00f1an temor<\/p>\n<p>De min, a triste Frouseira,<br \/>\nQue por treizon son vendida,<br \/>\nDerribada na riveira,<br \/>\nCa xamais se veu vencida.<\/p>\n<p>Por treizon tamen vendido<br \/>\nXesus noso redentor,<br \/>\nE por aquestes treidores<br \/>\nPero Pardo meu se\u00f1or<\/p><\/blockquote>\n<p>O romance, o Pranto da Frouseira, contaba os feitos dram\u00e1ticos da captura de Pardo de Cela que aconteceran hai cincocentos anos. E al\u00ed segu\u00edan, recit\u00e1ndose nas fragas do Valadouro. <\/p>\n<p>Ao lembralo, decateime de que se cadra hai algo que conecta o proceso po\u00e9tico, capaz de crear fermosas imaxes como a &#8220;raz\u00f3n estrelecida&#8221; coas espadas &#8220;que brillaban como a auga fr\u00eda&#8221;. Un luminoso alento po\u00e9tico que eu te\u00f1o sentido, \u00e1s veces, no medio dos traballos do mar e do campo. A pervivencia dun poema que alude a uns feitos reais \u00e9 posible al\u00e9n dos cincocentos anos. <\/p>\n<p>Se cadra, un d\u00eda, escoitemos de viva voz, outra volta, a memoria de aqueles tempos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un esquencido artigo de Manuel Murgu\u00eda publicado en 1880 abre a porta \u00e1 localizaci\u00f3n dun segundo poema popular sobre os piratas en Galicia, con impactantes imaxes. Pero estar\u00e1 xogando connosco o historiador? Ser\u00e1 real?<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/12\/25\/republicas-de-homes-libres-as-espadas-que-brillaban-como-a-auga-fria\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: As espadas &#8220;que brillaban como a auga fr\u00eda&#8221;<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":14405,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,35],"tags":[],"class_list":["post-14386","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14386","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14386"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14386\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14405"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14386"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14386"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14386"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}