{"id":14249,"date":"2010-12-19T20:35:44","date_gmt":"2010-12-19T18:35:44","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=14249"},"modified":"2010-12-23T20:19:11","modified_gmt":"2010-12-23T18:19:11","slug":"republicas-de-homes-libres-as-fortalezas-invisibles-dos-labregos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/12\/19\/republicas-de-homes-libres-as-fortalezas-invisibles-dos-labregos\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: as Fortalezas Invisibles dos labregos"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fortalezas_invisibles_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O pobo de Rohan escapa cara o seu refuxio nas monta\u00f1as. Fotograma de O se\u00f1or dos Aneis: As d\u00faas torres<\/em><\/p>\n<blockquote><p>Lembra que podes ler esta entrada coa <a href=\"http:\/\/open.spotify.com\/user\/magago\/playlist\/6Jl5MlHm7N39gq1kIDrIFn\">banda sonora das Rep\u00fablicas de Homes Libres<\/a> en Spotify<\/p><\/blockquote>\n<p>A\u00ednda que me falta moito traballo, segu\u00edn a mi\u00f1a herdanza de labregos e mari\u00f1eiros das costas do Barbanza e Muros, das costas de Carreira \u00e1 illa de S\u00e1lvora, do alfoz de Muros \u00e1s dornas de Palmeira. Se cadra, doce ou vinte xeraci\u00f3ns antes, pola noite, tras dar o aviso da chegada dunha escadra, os meus marcharon canda outros ao monte, levando con eles os porcos, os meni\u00f1os envoltos en panos, as gali\u00f1as en cestas, os vellos sobre os burros; se cadra agardaron baixo as estrelas, quizais, abandonados \u00e1 s\u00faa sorte polo ex\u00e9rcito por un Rei que estaba noutras batallas;  os penedos gorec\u00e9ronos no seu refuxio, como fixeran durante xeraci\u00f3ns. <\/p>\n<p>Alg\u00fans dos lugares que estamos a percorrer estes meses -te\u00f1o tantas cousas que contar, e tantas para po\u00f1er en orde- son distintos na s\u00faa natureza \u00e1s varias tipolox\u00edas de castelos que estamos xa a reco\u00f1ecer, despois de certo traballo. Son, m\u00e1is ben, labirintos p\u00e9treos nos que localizas nos puntos m\u00e1is febles marcas de postes de madeira e defensas moi coxunturais. As s\u00faas dimensi\u00f3ns, adem\u00e1is, son \u00e1s veces moi superiores aos castelos que estamos identificando como protofeudais (que adoitan ter di\u00e1metros de 10-15 metros), carecen da tecnolox\u00eda defensiva destes (murallas, torre\u00f3ns). Estou certo que alg\u00fans destes labirintos de pedra, no alto do montes, puideron ser un refuxio ancestral para as xentes das comarcas arrasadas pola pirater\u00eda, empregados durante s\u00e9culos como poboados circunstancias, escondites e espazos de resistencia, ni\u00f1os de vida: espazos m\u00e1is grandes, nos que poder\u00eda caber unha comunidade relativamente grande. O paralelismo co Sagrario concebido por J.R.R. Tolkien coma o \u00faltimo refuxio dos Rohirrim (o <em>DunHarrow<\/em> en ingl\u00e9s) \u00e9 evidente, para quen queira visualizar a s\u00faa funci\u00f3n. A pedra, o caprichoso granito dos cordais, era a aut\u00e9ntica fortaleza. Unha Fortaleza Invisible, como sempre foron as fortalezas campesi\u00f1as. <\/p>\n<p>Pero a penas carecemos das voces que nos aclaren a historia destes refuxios ancestrais dos pobos da costa galega. A arqueolox\u00eda a\u00ednda non ten explicado unha misteriosa referencia que figura na <em>Historia Compostelana<\/em>, escrita para maior gloria e laudatio do arcebispo Xelm\u00edrez no s\u00e9culo XII. A Cr\u00f3nica \u00e9 un dos mellores textos hist\u00f3ricos do seu tempo en Europa, escrita nun lat\u00edn moi culto. A n\u00f3s inter\u00e9sanos aqu\u00ed un valioso texto: o ep\u00edgrafe CIII, onde se conta como o Arcebispo reclutou a armadores e patr\u00f3ns de X\u00e9nova e Pisa, as potencias mar\u00edtimas do seu tempo, para constru\u00edr a armada da Terra de Santiago. Intercalados, hai varios detalles interesantes. Eis unha versi\u00f3n traducida por Emma Falque Rey [<a href=\"http:\/\/books.google.com\/books?id=XVybJYbv27AC&#038;printsec=frontcover&#038;dq=historia+compostelana&#038;hl=es&#038;ei=FXsGTbuqJNPY4gbx6LXHBw&#038;sa=X&#038;oi=book_result&#038;ct=result&#038;resnum=1&#038;ved=0CCUQ6AEwAA#v=onepage&#038;q&#038;f=false\">ver completa<\/a>]:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/labregos_historia_compostelana.jpg\"\/><\/p>\n<p>Quero que vos fixedes nesta \u00faltima frase. Os labregos da costa galega eran semin\u00f3mades, segundo a Historia Compostelana, semin\u00f3mades forzosos. Fux\u00edan da costa no periodo de maior risco de ataques piratas pero, mesmo nalg\u00fans casos, &#8220;agach\u00e1banse en covas con toda a s\u00faa familia&#8221;. A primeira vez que lin este texto deume un volco no coraz\u00f3n. Al\u00ed estaban todas as tradici\u00f3ns do Barbanza, terra na que se conservan moi vivas as lendas das orixes das vilas mari\u00f1eiras, nas que se transmiten os conflitos de poder e econ\u00f3micos entre labregos e pescadores. Nestas lendas, todas as vilas da zona naceran noutro lugar: fundadas en parroquias rurais, terra adentro, aos p\u00e9s da serra do Barbanza. As\u00ed sempre nolo contaron os vellos e as\u00ed o parecen confirmar os feitos, como a traxic\u00f3mica historia dos Ronzadores, en Palmeira, os pescadores borrachos que ronzan nunha noite de borracheira a igrexa de San Pedro, no interior da parroquia, para levala \u00e1 s\u00faa ubicaci\u00f3n actual, sobre o mar, pero o vento x\u00f3galles unha mala pasada. Na Pobra do Carami\u00f1al localiz\u00e1ronse dous cemiterios perdidos no bosque, xusto no l\u00edmite entre as terras de cultivo e a monta\u00f1a. As tumbas dos dous est\u00e1n mesturadas, agora mesmo, nas follas de outono. A Pedra do Mouro en Vilas, co seu sepulcro antropomorfo entre loureiros. Lembrei a unha labradora de Gonderande, na Pobra, que sinalaba para os pi\u00f1eirais do borde da serra. &#8220;Al\u00f3 en Vilas estaba o Concello&#8221;, dic\u00edame. A documentaci\u00f3n \u00e9 algo imprecisa nalgunhas destas cuesti\u00f3ns, pero a memoria oral est\u00e1 a\u00ed, e esta fascinante conexi\u00f3n cos c\u00f3dices medievais. Na <em>Historia Compostelana<\/em> de Xelm\u00edrez estaban contando a historia da nosa xente. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/spelunca_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero unha palabra chamoume a atenci\u00f3n. En <em>covas<\/em>? Result\u00e1bame algo parad\u00f3xico. As nosas serras gran\u00edticas non permiten a existencia de covas con espazo abondo para habitar unha familia, pero sen embargo na microtoponimia das serras mar\u00edtimas galegas hai moita referencia \u00e1s &#8220;Covas&#8221;. Acud\u00edn ao texto orixinal en lat\u00edn. A palabra orixinal pola que Falque traduciu <em>cova<\/em> era <em>spelunca<\/em>. Que quer\u00eda dicir? Comecei a investigar, e decid\u00edn acudir a un especialista: Xos\u00e9 Antonio L\u00f3pez Silva, tradutor galego do cronista galaicorromano Idacio -ao que xa temos aludido nestas Rep\u00fablicas de Homes Libres- e experto en filolox\u00eda cl\u00e1sica. \u00bfTen <em>spelunca<\/em> alg\u00fan matiz? Sospeitaba que si. V\u00eda Facebook, Xos\u00e9 Antonio aclaroume as d\u00fabidas: <\/p>\n<blockquote><p>Malia que <em>spelunca<\/em>, e alg\u00fan sustantivo da s\u00faa familia l\u00e9xica, significan &#8220;cova&#8221;, en realidade vai acollendo co paso do tempo outros matices, entre os que destaca a s\u00faa igualaci\u00f3n a &#8220;antrum&#8221;, pasando a significar &#8220;oquedade&#8221;, non s\u00f3 aludindo ao sentido natural, sen\u00f3n tam\u00e9n artificial -boa proba diso \u00e9 o glosario de Saxo Grammaticus-. Da\u00ed tam\u00e9n os usos sinon\u00edmicos con &#8220;sepulcro&#8221;, que son relativamente frecuentes en textos tard\u00edos. P\u00f3deche ser de axuda para comprobar isto acudir -inevitablemente- ao Du Cange. De feito, coido que en vez de &#8220;covas&#8221;, convir\u00eda traducilo por unha palabra m\u00e1is ampla, do tipo &#8220;recunchos&#8221;, &#8220;oquedades&#8221; ou algo similar, como ben se ve, ademais, na microtoponimia, coas alusi\u00f3ns do tipo &#8220;covelo&#8221;, &#8220;cova&#8221;. <\/p><\/blockquote>\n<p>A nosa paisaxe comezaba a cobrar novo sentido con estes semin\u00f3mades que se refuxiaban en speluncas. Pero falt\u00e1bannos eles por falar, os protagonistas que habitataban neses refuxios. Faltaban?<\/p>\n<p>Como un miragre conservouse un misterioso poema, nas marxes dun foro, no mosteiro de Celanova, que nos detalla o comportamento da poboaci\u00f3n no contexto dun ataque procedente do mar. O relato l\u00e9vanos, posiblemente, aos ataques berberiscos do XVI e XVII na costa galega. Tradicionalmente, pensouse que est\u00e1 relatando o ataque berberisco a Cangas de 1617, pero eu mante\u00f1o as mi\u00f1as reservas, por varios motivos. O nome da vila non figura no orixinal e a asignaci\u00f3n deste poema a este feito hist\u00f3rico espec\u00edfico bas\u00e9ase nunha suposici\u00f3n que fixo de a cabalo entre o XIX e o XX o xornalista e historiador Bernardo Barreiro e, adem\u00e1is, hai varios elementos a maiores que non me cadran. <\/p>\n<p>O poema, desde o punto de vista literario e hist\u00f3rico, \u00e9 un misterio, sobre o que hai teor\u00edas de todo tipo: unha elaboraci\u00f3n culta, e non popular, ou unha redacci\u00f3n en dous tempos&#8230; Ten a bravura dunha voz que nos chega dun mundo dunha l\u00edrica moi antiga, quen sabe se foi unha canci\u00f3n! De pequeno t\u00ed\u00f1ame fascinado. Aqu\u00ed vai a primeira estrofa, e <a href=\"http:\/\/www.edu.xunta.es\/portal\/contenido?comando=ContenidoDinamicoComando&#038;accion=verRecurso&#038;trrID=7eaf401f-45321603-007d7a04-63606142&#038;lID=gl&#038;npag=15&#038;mAg=5&#038;troID=89165fda-453431ca-001803fb-7166bfe9&#038;tipoEntidad=Titulares&#038;pagina=WAI_recursosrelacionados.jsp&#038;rID=017fb9f6-4532174a-014cd89b-5557d1d3&#038;vista=WAI_contenidodinamico.jsp&#038;relID=017fb9f6-4532174a-014cd89b-5557d1d3&#038;javax.servlet.forward.query_string=mAg=4&#038;ui=WAI&#038;javax.servlet.forward.context_path=\/portal&#038;trID=8921cb80-453431ca-001803fb-54f18d4a&#038;javax.servlet.forward.servlet_path=\/contenido&#038;trelID=8921cb80-453431ca-001803fb-54f18d4a&#038;roID=4abbf7b7-4532174e-00b85b36-d9b014e2&#038;javax.servlet.forward.request_uri=\/portal\/contenido&#038;yAg=2010\">aqu\u00ed podes lelo completo<\/a>. <\/p>\n<blockquote><p>Polo cami\u00f1o eh\u00ed ven un home<br \/>\na\u00ednda v\u00e9n lonxe, lonxe, lonxe..<br \/>\nEu non sei si anda ou si corre,<br \/>\nporque ven lonxe, lonxe, lonxe.<br \/>\nQuen fora galgo,<br \/>\nquen fora p\u00e1xaro,<br \/>\nquen fora vento!.\n<\/p><\/blockquote>\n<p>O poema vai relatando os feitos. Vou entresacar os versos m\u00e1is narrativos. <\/p>\n<blockquote><p>Vi\u00f1eron os mouros arrenegados \/ Entre penedos i entre touzas \/al\u00e1 lonxe, lonxe, lonxe \/ Levamos o Cristo coutras cousas \/ I os mouros arrenegados \/ foron detr\u00e1s lonxe, lonxe, \/ i aqueles penedos arrodeados \/ (era moi lonxe, lonxe, lonxe) \/ Probes de n\u00f3s! todos berraban \/ v\u00e1lenos, Cristo! apelidaban \/ Xa dos penedos na Burati\u00f1a \/ al\u00e1 moi lonxe, lonxe, lonxe \/v\u00edanse as caras de tal xenti\u00f1a. \/ Cristo! Cristo! todos a unha \/ dixemos lonxe, lonxe, lonxe \/ i esmagada aquela xenti\u00f1a \/ quedou al\u00e1 lonxe lonxe lonxe.<\/p><\/blockquote>\n<p>Nestes versos hai varias cousas que me chamaron a atenci\u00f3n: en primeiro lugar, a inmediata relaci\u00f3n entre o que se conta neste poema e a Historia Compostelana de Xelm\u00edrez. A paisaxe, &#8220;penedos i entre touzas&#8221;, \u00e9 a das serras galegas. A expedici\u00f3n \u00e9 colectiva, como o poema. Pero eles parecen ter claro onde \u00e9 que se refuxian: nun espazo moi alto no que ven chegar aos inimigos. Na expedici\u00f3n de fuxida tam\u00e9n se incorpora un elemento de protecci\u00f3n sobrenatural, o Cristo, que exerce un miragre. E tam\u00e9n aluden a un top\u00f3nimo moi concreto: a Burati\u00f1a. \u00bfSaben que quere dicir a Burati\u00f1a? Pois a nosa vella <em>spelunca<\/em> de Xelm\u00edrez, practicamente \u00e9 o mesmo. Eis no Diccionario de Eladio Rodr\u00edguez Gonz\u00e1lez (<a href=\"http:\/\/books.google.com\/books?id=ff_7pP1vPYMC&#038;printsec=frontcover&#038;dq=diccionario+eladio+rodr%C3%ADguez&#038;hl=es&#038;ei=S0IOTdHQH8Sg8QOv06mFBw&#038;sa=X&#038;oi=book_result&#038;ct=result&#038;resnum=3&#038;ved=0CDMQ6AEwAg#v=onepage&#038;q=burata&#038;f=false\">ver acepci\u00f3n<\/a>), fonte fundamental para esta serie de posts. <\/p>\n<p>Como dic\u00eda, alg\u00fans espazos nos montes que nos estamos a atopar parecen ser os testemu\u00f1os empregados por estes habitantes semin\u00f3mades da nosa Alta Idade Media. Refuxios colectivos, pensados para sobrevivir durante tres ou catro meses, nos que se cadra as pened\u00edas val\u00edan de parede para estruturas de madeira. Os labregos semin\u00f3madas vivindo en casas que eran a medias construci\u00f3n humana, media un labirinto p\u00e9treo natural. Nas penedas m\u00e1is grandes, alg\u00fans homes escrutaban o horizonte e, \u00e1s veces, tallaban na rocha chanzos para apoiarse. \u00c1s agachadas polos cami\u00f1os serr\u00e1ns, os homes baixaban aos bosques do val, ou manti\u00f1an un gando pastando noutros acochos da serra. Todo estaba constru\u00eddo para non ser visto, para non amosar poder, para desaparecer, para ser invisible. Non deixa de ser parad\u00f3xico: os nobres despois construir\u00edan creando muros e torres que externalizaban o seu poder. Nestes Castelos Invisibles trat\u00e1base de non ser visto. <\/p>\n<p>Esa non \u00e9 unha historia aristocr\u00e1tica: non aparece nos libros de Historia, que s\u00f3 se gu\u00edan para esta \u00e9poca en Galicia por alg\u00fans documentos notariais dos equivalentes medievais de Amancio Ortega, Juan Carlos de Borb\u00f3n ou Manuel Jove. Nin se escava nin se investiga. Pero no alto dos nosos montes sobreviven as aldeas invisibles dos nosos av\u00f3s. E n\u00f3s estamos atopando o que cremos que poden ser alg\u00fans dos seus refuxios coxunturais durante xeraci\u00f3ns. Unha historia fermos\u00edsima chea de espazos misteriosos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fortalezas_invisibles_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Lugares tan intrigantes coma este que vedes na foto. Apareceu nunha penedenta ladeira dun asentamento. Xa f\u00f3ra del, cautelosamente agochados, f\u00f3ra de cami\u00f1os e das zonas visibles, con acceso case imposible, aparecen estes estra\u00f1os refuxios; a pesar da s\u00faa fraxilidade, na s\u00faa construci\u00f3n hai certo traballo: s\u00f3lidas pedras para pechar con muretes a cova, rebaixes interiores e unha gran covi\u00f1a gravada no teito. Poder\u00edan corresponder a estas fortalezas invisibles dos nosos av\u00f3s e \u00e1s <em>speluncae<\/em> que alude a Historia Compostelana de Xelm\u00edrez; como non hai investigaci\u00f3n arqueol\u00f3xica, polo momento \u00e9 imposible determinar a cronolox\u00eda deste lugar. Perm\u00edtanme que, debido \u00e1 fraxilidade do chan destes &#8220;refuxios&#8221;, non indique a s\u00faa ubicaci\u00f3n, en espera dunha intervenci\u00f3n cient\u00edfica no espazo. <\/p>\n<p>Normandos e musulm\u00e1ns chegar\u00edan en Galicia a algunhas ribeiras baleiras e desertas. Se cadra sexa ese o motivo de que te\u00f1amos constancia documental de varias incursi\u00f3ns vikingas ao interior do Reino. Imax\u00ednomos nas praias, cabo dos <em>drakkar<\/em>. Ollar\u00edan o alto dos montes procurando onde se agachaban os pobos que deixaron queimadas as s\u00faas aldeas no val. Cuspir\u00edan. Quen querer\u00eda aventurarse por eses cavorcos, lonxe dos barcos? <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Algo conecta a Historia Compostelana, a poes\u00eda dos S\u00e9culos Escuros e a tradici\u00f3n oral da costa galega. Os Castelos Invisibles nos que se refuxiaban os nosos devanceiros.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/12\/19\/republicas-de-homes-libres-as-fortalezas-invisibles-dos-labregos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: as Fortalezas Invisibles dos labregos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":14250,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18,35],"tags":[],"class_list":["post-14249","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14249","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14249"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14249\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14250"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14249"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14249"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14249"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}