{"id":14239,"date":"2010-12-12T20:51:08","date_gmt":"2010-12-12T18:51:08","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=14239"},"modified":"2010-12-12T21:18:35","modified_gmt":"2010-12-12T19:18:35","slug":"a-curacion-e-os-queixos-galegos-o-caso-do-san-simon","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/12\/12\/a-curacion-e-os-queixos-galegos-o-caso-do-san-simon\/","title":{"rendered":"A curaci\u00f3n e os queixos galegos: o caso do San Sim\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/queso-sansimon.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>\u00bfCanto debe estar de curado un queixo? Basicamente, creo que hai d\u00faas respostas, bastante laxas, para esta cuesti\u00f3n. En primeiro lugar, debe estar curado ata onde lle guste ao consumidor. O queixo da Ulloa est\u00e1 excelente con pouco tempo de curaci\u00f3n, pero un queixo da nabiza curado durante moitos meses \u00e9 un produto excelente, a\u00ednda que moi diferente ao inicialmente previsto. A segunda resposta, para min, tam\u00e9n \u00e9 a m\u00e1is importante: cando o queixo adquire consistencia preservando todas as caracter\u00edsticas de gusto, olfato e tacto que definen a esa especialidade. <\/p>\n<p>Nunha xornada de percorrido pola gastronom\u00eda de Vilalba que celebramos este s\u00e1bado tivemos a oportunidade de probar catro curaci\u00f3ns distintas do Queixo de San Sim\u00f3n. A tradicional, que se pode atopar nos mercados, e a que todos co\u00f1ecemos, \u00e9 a de 45 d\u00edas. O San Sim\u00f3n da Costa de 45 d\u00edas ten esa textura algo gomosa que parece caracterizala. Amigui\u00f1os. Se deixamos repousar o San Sim\u00f3n m\u00e1is tempo comezan a aparecer outras cousas. Probamos outro con curaci\u00f3n de 90 d\u00edas -que non me convenceu- e despois atacamos un de 180 d\u00edas. Probeino tam\u00e9n nunha tenda de delicatessen da vila chairega. Impresionante. Preserva todas as caracter\u00edsticas propias do San Sim\u00f3n, como as notas afumadas, m\u00e1xicas e ancestrais de le\u00f1a de bidueiro, cunha consistencia superior que axuda a concentrar as notas do queixo. A maiores, como curiosidade, catamos un San Sim\u00f3n de dous anos e medio. Non disgustou, pero xa o peso no gusto do sal era m\u00e1is notable e as caracter\u00edsticas propias deste queixo chairego desaparec\u00edan. <\/p>\n<p>A cuesti\u00f3n \u00e9 que, segundo me contou unha vendedora, o cliente prefer\u00eda o gusto do San Sim\u00f3n de 45 d\u00edas, se cadra en consonancia coa preferencia polos queixos m\u00e1is frescos que hai en Galicia. Pero a cata que n\u00f3s fixemos, con queixos da Queixer\u00eda Prestes, rev\u00e9lanme ao meu gusto un queixo moi superior cando est\u00e1 curado en 180 d\u00edas, coas caracter\u00edsticas que definen estas elaboraci\u00f3ns l\u00e1cteas da parroquia de San Sim\u00f3n da Costa tremendamente potenciadas. De feito, pareceume un dos grandes queixos ib\u00e9ricos. Iso si, \u00e9 unha xoia non demasiado doada de atopar. <\/p>\n<p>En Lugo, Prestes ten unha tenda na praza de Abastos de Lugo. En Santiago, os seus queixos cons\u00e9guense, cando menos, nunha tendi\u00f1a da r\u00faa da Caldeirer\u00eda, e se non o te\u00f1en, supo\u00f1o que poderiades encargar alg\u00fan destes de 180 d\u00edas (andan sobre os 9 euros). <a href=\"http:\/\/www.sansimonprestes.com\/galego\/inicio.html\">Aqu\u00ed est\u00e1 o seu web para m\u00e1is informaci\u00f3n<\/a>. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fotos: Sole \u00bfCanto debe estar de curado un queixo? Basicamente, creo que hai d\u00faas respostas,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/12\/12\/a-curacion-e-os-queixos-galegos-o-caso-do-san-simon\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A curaci\u00f3n e os queixos galegos: o caso do San Sim\u00f3n<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":14240,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-14239","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14239","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14239"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14239\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14240"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14239"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14239"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14239"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}