{"id":14124,"date":"2010-12-05T21:07:38","date_gmt":"2010-12-05T19:07:38","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=14124"},"modified":"2010-12-09T02:11:46","modified_gmt":"2010-12-09T00:11:46","slug":"rituais-serodios-aos-pes-de-santa-tegra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/12\/05\/rituais-serodios-aos-pes-de-santa-tegra\/","title":{"rendered":"Rituais serodios aos p\u00e9s de Santa Tegra"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/padin_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Francisco Pad\u00edn desenterrando un dos potes. Todas as imaxes do post foron cedidas polo autor<\/em><\/p>\n<p>Durante o pasado Congreso Internacional do Reino Suevo, compart\u00edn mesa de presentaci\u00f3n de comunicaci\u00f3ns co amigo arque\u00f3logo Francisco Pad\u00edn, autor dun coidado blog, <a href=\"http:\/\/www.blogoteca.com\/arqueoloxia\/index.php\">Novas de arqueolox\u00eda<\/a>. Agora &#8220;retirado&#8221; do traballo de campo e dedicado \u00e1 educaci\u00f3n, Pad\u00edn comunicou aos presentes os resultados dunha escavaci\u00f3n do ano 2007, ata ese momento in\u00e9ditos, levada a cabo aos p\u00e9s do m\u00edtico castro de Santa Tegra. O achado, humilde pero fermoso e at\u00edpico, capaz de achegar cor a unha \u00e9poca da que sabemos moi pouco, impactoume. Ped\u00ednlle a Pad\u00edn que me deixara contalo, malia estar a\u00ednda in\u00e9dito, antes de que saian as actas do congreso. De todo coraz\u00f3n agrad\u00e9zolle que me pasara o material para compartir os datos desta fermosa e pequena historia convosco, ocorrida no inicio da nosa serie <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/category\/republicas-de-homes-libres\/\">Rep\u00fablicas de Homes Libres<\/a>, ao final do Imperio Romano e os inicios do Reino Suevo. <\/p>\n<p>No ano 2007, un equipo de arque\u00f3logos estaba a realizar unha escavaci\u00f3n de urxencia no lugar de Saa, na parroquia de Camposancos, no concello da Guarda, entre o r\u00edo Mi\u00f1o e o castro de Santa Tegra. Diferentes achados ao longo do tempo indicaban que a zona mantivera unha ocupaci\u00f3n en \u00e9poca romana. Nunha finca, os arque\u00f3logos foron abrindo cadr\u00edculas de escavaci\u00f3n ata que deron, nunha, cun muro romano que, merc\u00e9 a un anaco de lucerna atopado nel, puideron datar entre os s\u00e9culos II e III d.C. Sobre el, hab\u00eda un nivel de derrubo con numeroso entullo e cachote, que Pad\u00edn puido datar como de \u00e9poca tardorromana, dos s\u00e9culos V e VI. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/padin_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A sorpresa chegou cando nunha das catas localizaron un pote cer\u00e1mico completo &#8220;nunha estra\u00f1a disposici\u00f3n: boca abaixo e sen terra no seu interior&#8221;. Eran potes sinxelos, nada luxosos, de aparente produci\u00f3n local, como seguindo o ronsel dunha antiga tradici\u00f3n ind\u00edxena, a\u00ednda Pad\u00edn \u00e9 moi cr\u00edtico coa s\u00faa clasificaci\u00f3n. E na outra banda da mesma cata apareceu outro pote m\u00e1is, baleiro de terra no seu interior. E pouco m\u00e1is tarde apareceu un terceiro al\u00ed ao car\u00f3n. Os tres coincid\u00edan no mesmo: foran depositados moi coidadosamente, posteriormente ao derrubo no que estaban soterrados. Algu\u00e9n retirara algunhas pedras do derrubo, encaixara os potes boca abaixo no seu interior e volvera tapar o derrubo por riba. Permaneceran s\u00e9culos as\u00ed: cando os arque\u00f3logos os retiraron, no seu interior a\u00ednda estaba preso dentro -literalmente- o aire da Galicia do s\u00e9culo VI. Merc\u00e9 \u00e1 presi\u00f3n da terra e das pedras durante 1500 anos, os potes creb\u00e1banse ao seren retirados, pero puideron ser recuperados. E apareceu un cuarto pote. Un cuarto pote cunha sorpresa no seu interior.<\/p>\n<blockquote><p>&#8220;Ao levantar o cacharro, depositados no interior, aparecieron anacos de \u00f3sos min\u00fasculos nun peque\u00f1o mont\u00f3n. Eran diminutos e moi fr\u00e1xiles, e desfac\u00edanse en p\u00f3 ao contacto co ar. Dentro daquel cacharro hab\u00eda un animali\u00f1o morto&#8221;<\/p><\/blockquote>\n<p>Sempre me abraiou ese momento, que nunca viv\u00edn, se cadra porque en min ficou gravado unha pasaxe que lin, de pequeno, naquela pasaxe de <em>Deuses, tumbas e sabios<\/em>, o gran libro de divulgaci\u00f3n arqueol\u00f3xica de C.W. Ceram, e o momento da exhumaci\u00f3n dun xoven guerreiro de Micenas que se converteu en cinza segundos despois de abrir en sartego. As\u00ed pasou co animali\u00f1o que durante uns breves intres os arque\u00f3logos puideron ver baixo Santa Tegra. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/padin_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Un pote na s\u00faa posici\u00f3n orixinal e outro tras ser recomposto en laboratorio. <\/em><\/p>\n<p>\u00bfQue era aquelo? Pad\u00edn contounos que, posiblemente, estabamos ante un ritual ben documentado en \u00e9poca romana: o <em>mundus<\/em>, un ritual vinculado \u00e1 fertilidade da terra ou mesmo \u00e1 fundaci\u00f3n de novos lugares. Algu\u00e9n depositara sobre unhas antigas ruinas de varios s\u00e9culos atr\u00e1s catro potes en posici\u00f3n invertida. Para Pad\u00edn: <\/p>\n<blockquote><p>&#8220;coidamos que en Camposancos achamos restos dunha ceremonia de libaci\u00f3n, pola cal se fixo unha ofrenda, contenida nestes recipientes, a unha divinidade ou forza sobrenatural, e que unha vez derramada nun burato na terra, os recipientes foron enterrados como parte do ritual. \u00c9 posible que esta libaci\u00f3n supuxera, polo menos nun caso, o sacrificio dunha v\u00edtima, un pequeno animal, que foi enterrado baixo un destes recipientes. O coidado co que foron colocados, cara abaixo, para ser despois cubertos por terra, deixando no interior unha c\u00e1mara de ar, d\u00e1 a entender que quizais esta desventurada v\u00edtima estivese viva&#8221;.<\/p><\/blockquote>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/padin_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O deus Apolo realiza unha ofrenda tipo mundus. <\/em><\/p>\n<p>Posteriormente, o seguinte equipo arqueol\u00f3xico atopou na prolongaci\u00f3n desta zona de escavaci\u00f3n unha tumba de inhumaci\u00f3n que poder\u00eda vincular estes humildes catro potes a un ritual funerario. <\/p>\n<p>Pero o achado fai pensar doutro xeito na Galicia da \u00e9poca e pon en contexto o famoso serm\u00f3n <em>De correctione rusticorum<\/em> de San Marti\u00f1o de Dumio, no que a base de po\u00f1elos a parir, San Marti\u00f1o ofr\u00e9cenos un abundante cat\u00e1logo de pr\u00e1cticas pag\u00e1ns realizadas na Galicia do momento. Naquel momento, sabemos que o cristianismo ti\u00f1a unha ampla penetraci\u00f3n na Galicia urbana, que mesmo exerce, desde a periferia, de canteira de pensadores cristi\u00e1ns como Idacio e Orosio, dous dos grandes cronistas do momento da ca\u00edda do Imperio romano e a entrada dos b\u00e1rbaros. Pero lonxe deses focos de irradiaci\u00f3n cultural e do poder, atopamos ancestrais rituais que evocan certo tipo de resistencia cultural. Rituais pag\u00e1ns coma estes, mantidos na Galicia rural do momento. \u00c9 o tempo dos<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/04\/11\/republicas-de-homes-libres-a-plebs-e-os-castella-tutiora\/\"> castella tutoria<\/a>, da plebs galaica, dos que se enfrontan aos suevos e os obrigan a pactar, trala ca\u00edda do Imperio romano. <\/p>\n<p>Non podo deixar de pensar que son grupos que parecen ter a s\u00faa propia autonom\u00eda, cando menos cultural ou relixiosa, con independencia das turbulencias dun mundo con r\u00e1pidos cambios de poder. Grupos que, se cadra, son un poder en si mesmo, ata agora escasamente contemplado pola historiograf\u00eda, que habitualmente s\u00f3 se basea na documentaci\u00f3n dos poderosos e que pode distorsionar a nosa percepci\u00f3n do momento nunha Galicia complexa que puido reartellar antigas instancias de poder prerromanas trala ca\u00edda do Imperio, como aconteceu en Britania. Por iso \u00e9 importante prestar atenci\u00f3n \u00e1 arqueolox\u00eda para entender este periodo, e deixarse s\u00f3 de interpretar e reinterpretar os textos. Porque de s\u00fapeto po\u00f1emos caras, obxectos e pr\u00e1cticas a ese outro mundo. Este inverno cru e duro que estamos a padecer non impide a nosa viaxe a trav\u00e9s de traballo de campo ata este tempo, pero traballos como o de Francisco Pad\u00edn ap\u00f3rtannos unha cor e un sentimento absolutamente necesarios para entender este distante mundo.  <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha escavaci\u00f3n de urxencia baixo o monte Santa Tegra permitiu evocar un ancestral ritual pag\u00e1n durante os tempos do Reino Suevo. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/12\/05\/rituais-serodios-aos-pes-de-santa-tegra\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rituais serodios aos p\u00e9s de Santa Tegra<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":14125,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18,35],"tags":[],"class_list":["post-14124","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14124","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14124"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14124\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14125"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14124"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14124"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14124"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}