{"id":13786,"date":"2010-11-10T23:00:09","date_gmt":"2010-11-10T21:00:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=13786"},"modified":"2010-11-11T00:53:05","modified_gmt":"2010-11-10T22:53:05","slug":"o-cabalo-negro-de-guillermo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/11\/10\/o-cabalo-negro-de-guillermo\/","title":{"rendered":"O cabalo negro de Guillerme"},"content":{"rendered":"<p>En toda a serie Rep\u00fablicas de Homes Libres hai un \u00e1mbito do que a\u00ednda non quixen escribir: as relaci\u00f3ns do reino de Galicia no s\u00e9culo XI co emerxente ducado de Normand\u00eda, fundado polos vikingos no s\u00e9culo X e que vivir\u00eda o seu apoxeo coa conquista de Inglaterra por parte de Guillerme o Conquistador no ano 1066. Moitos saberedes algo deses feitos, pero outros non. Por explicalos m\u00e1is que r\u00e1pido: mirade cal era a pol\u00edtica matrimonial (que \u00e9 o mesmo que a pol\u00edtica de Estado) do duque normando Guillerme o Conquistador:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/descendencia_william.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em><a href=\"http:\/\/books.google.com\/books?id=Cq8KAAAAYAAJ&#038;lpg=PR34&#038;ots=fhG1nCXiAF&#038;dq=galician%20horse%20william%20the%20conqueror&#038;hl=es&#038;pg=PR34#v=onepage&#038;q&#038;f=false\">Fonte orixinal<\/a>.<\/em><\/p>\n<p>Como vedes, unha das fillas de William, Agatha, estaba prometida co rei Afonso de Galicia. Agatha morrer\u00eda antes de poder casar con el, e as\u00ed perd\u00edmonos de, se cadra, co\u00f1ecer exactamente as implicaci\u00f3ns de tal casamento. As outras alianzas de William eran co Alan Fergant, Duque de Breta\u00f1a e coa familia de Blois, outra das poderosas familias fundadoras do ducado normando. Que por que Guillerme o Conquistador estaba interesado na alianza galega, non o sei, pero sempre houbo algo en todo iso que me renxeu, que me intrigou, e te\u00f1o motivos que xa vos contarei no seu momento. Os bret\u00f3ns loitaron man a man con Guillerme en Hastings, e tam\u00e9n os Blois. Alg\u00fans historiadores galegos moi entusiastas sempre contaron que hab\u00eda tropas galegas na batalla, e mesmo hai unha magn\u00edfica novela de Xo\u00e1n Bern\u00e1rdez Vilar, <em>No ano do cometa<\/em>, que ficcionaliza ese combate. Polo momento, eu non atopei na documentaci\u00f3n unha confirmaci\u00f3n deste estremo (agradezo suxesti\u00f3ns de fontes orixinais, non de historiadores posteriores). <\/p>\n<p>Agora ben, traballando nestas historias precisamente, resulta que me atopei unha an\u00e9cdota curios\u00edsima. A historia deste fermoso cabalo negro. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cabalo_willem_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O d\u00eda da Batalla de Hastings en 1066, no que Guillerme o Conquistador vencer\u00eda ao rei sax\u00f3n Harold e cambiar\u00eda o curso da Historia europea, o duque de Normand\u00eda montou nun poderoso cabalo negro. Guillerme deb\u00eda querer ben a ese animal: o cabalo aparece representado en varias escenas do famoso Tapiz de Bayeux, no combate e no lecer. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cabalo_willem_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Neste episodio, ao final da batalla de Hastings, Guillerme sube a celada e mira cara atr\u00e1s, cara o seu irm\u00e1n.<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cabalo_willem_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pois ben, resulta que ese cabalo chegou de Galicia. Antes da batalla de Hastings, un cabaleiro normando, <a href=\"http:\/\/genealogy.patp.us\/conq\/giffard.aspx\">Walter Giffart<\/a>, se\u00f1or de Longueville, &#8220;peregrinou&#8221; a Compostela. E p\u00f3\u00f1oo entre aspas porque os historiadores ingleses coinciden en que Giffart chegou coa peregrinaci\u00f3n como escusa, e que en realidade o cabaleiro veu a Compostela con motivos m\u00e1is pol\u00edticos que relixiosos, vinculados a esa alianza atl\u00e1ntica entre dous territorios emerxentes no cambio de milenio. Proba diso \u00e9 que retornou a Normand\u00eda desde Compostela cun valios\u00edsimo, magn\u00edfico cabalo negro para Guillerme, &#8220;o agasallo dun rei que ti\u00f1a unha gran amizade co duque&#8221;. Era Afonso, rei de Galicia. Non sabemos a raza, pero esas miniaturas revelan o seu porte maxestuoso: o cabalo dun conquistador. Debeu chegar polo roteiro m\u00e1is r\u00e1pido, cruzando o mar rapidamente ata Normand\u00eda.<\/p>\n<p>Non sabemos se houbo tropas galegas seguindo a Guillerme de Normand\u00eda na batalla que cambiar\u00eda o curso da Historia, pero si un embaixador, cando menos simb\u00f3lico, do reino do Oeste. O primeiro dos tres cabalos que o duque empregou nese memorable combate era galego, o agasallo do rei de Galicia: o animal morrer\u00eda durante os dur\u00edsimos combates pero o seu recordo perdurou nas cr\u00f3nicas daquel d\u00eda. A\u00ed o tedes, nesas imaxes de Bayeux. Un amigo, polo chat de Gmail, coment\u00e1bame mentres preparaba a documentaci\u00f3n para este post. &#8220;\u00bfE como se chamar\u00eda?&#8221;. <\/p>\n<p>Iso, se\u00f1ores e se\u00f1oras, d\u00e9ixovolo \u00e1 vosa imaxinaci\u00f3n. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En toda a serie Rep\u00fablicas de Homes Libres hai un \u00e1mbito do que a\u00ednda non&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/11\/10\/o-cabalo-negro-de-guillermo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O cabalo negro de Guillerme<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27751,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[35],"tags":[],"class_list":["post-13786","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13786","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13786"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13786\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27751"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13786"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13786"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13786"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}