{"id":13750,"date":"2010-11-09T01:11:49","date_gmt":"2010-11-08T23:11:49","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=13750"},"modified":"2010-11-09T01:19:43","modified_gmt":"2010-11-08T23:19:43","slug":"o-almanaque-de-encantos-de-carlos-solla-e-a-cadea-das-escoitas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/11\/09\/o-almanaque-de-encantos-de-carlos-solla-e-a-cadea-das-escoitas\/","title":{"rendered":"<i>O Almanaque de Encantos<\/i>, de Calros Solla e a cadea das escoitas"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/almanaque_de_encantos.jpg\" alt=\"\" align=\"left\" vspace=\"4\" hspace=\"4\"\/>Hai moitos, moitos anos, decid\u00edn emprender un exhaustivo traballo de recollida de lendas da mi\u00f1a parroquia natal, Palmeira, no concello de Ribeira. D\u00eda tras d\u00eda, gravaba en cassettes TDK o que me contaban sen medo aquelas vellas e vellos, todos en confianza: por sorte, as portas estaban abertas ao neto do Carreir\u00e1n. Lembro aquel ver\u00e1n coma un reino de palabras que cambiou, coma todos os fitos importantes, a mi\u00f1a vida ensin\u00e1ndome d\u00faas cousas. <\/p>\n<p>O primeiro foi descubrir que aquel mundo de defuntos voadores e urcos comedores de escuma de mar non estaba oposto ao mundo da ciencia, da tecnolox\u00eda e da modernidade; ese arcaico esquema decimon\u00f3nico da tradici\u00f3n contra a modernidade non era real, hab\u00eda que comprendelo doutro xeito, hab\u00eda que repensalo. Os meus non eran <em>ind\u00edxenas<\/em> doutro mundo antigo, sen\u00f3n cidad\u00e1s do presente coma eu cr\u00eda ser. A fantas\u00eda, en Palmeira, pasaba con naturalidade das corredoiras mestas de loureiros \u00e1s camionetas e os autobuses. Aquel mundo non era escuro, sen\u00f3n luminoso, ao seu xeito, \u00e1 luz das candeas e dos quinqu\u00e9s. A segunda sorpresa foi, tras d\u00edas de enorme confusi\u00f3n, un diagrama que consegu\u00edn facer: nel situaba mouros, urcos, defuntos, a Compa\u00f1a, a xente cativa, os vagalumes, nunha roda. Ao redor deles, o mediod\u00eda e a medianoite. Lembro que \u00eda no autob\u00fas e, de s\u00fapeto, todo aquel fato ca\u00f3tico de historias ti\u00f1a un sentido. Era coherente. As historias non estaban dispersas; eran, en certo xeito, parte dun todo. A comprensi\u00f3n, toda comprensi\u00f3n, bas\u00e9ase na escoita. Na escoita paciente. <\/p>\n<p>A ollada de Calros Solla sobre a s\u00faa parroquia, Cerdedo, neste <em>Almanaque de Encantos<\/em> reeditado por Morgante, ten a virtude de constru\u00edr, e de reconstru\u00edr, esa cosmogon\u00eda hiperlocal: como as follas dun vello c\u00f3dice que se guindaran ao vento desde o veci\u00f1o Portal\u00e9n e foran caendo polas aldeas, soutos e regatos da Terra de Montes, e cada quen interpretara pola s\u00faa conta. Pero, coma cos mitos dos aborixes australianos, quen senta calmo a escoitar percibir\u00e1 o son harm\u00f3nico de todas as palabras e a m\u00fasica de fondo. A escrita de Solla, rica na s\u00faa teima estil\u00edstica, humor\u00edstica nese agudo sentido co que Cunqueiro adoitaba tratar as vellas tradici\u00f3ns, \u00e9 como a partitura na que se depositan trasnos e tesouros. O autor enche de sentidos os espazos de Cerdedo, para que algu\u00e9n, cando lea estas p\u00e1xinas, converta eses sentidos en sentimentos. Eu preg\u00fantome como se ler\u00e1 este libro, todos os libros que codifican a vella tradici\u00f3n deste pa\u00eds, dentro de cen anos. \u00bfHaber\u00e1 bibliotecas? \u00bfAtopar\u00e1 estes libros da Terra de Montes, vellos e coas follas pegadas da humidade, un neno no faiado? Gustar\u00edame pensar que as\u00ed ser\u00e1. E que sair\u00e1 a pasear polas corredoiras baleiras (ou cheas) de Cerdedo. E procurar\u00e1 os segredos que Solla deixou por escribir ao final do Almanaque, que s\u00f3 apuntou ao final ao mellor xeito da lista de tesouros do Ciprianillo, porque o escritor s\u00f3 \u00e9 parte dunha cadea de escoitas pacientes e algu\u00e9n m\u00e1is debe volver, despois del, a sentar e continuar escoitando. <\/p>\n<p>Atopar\u00e1 o neno estes tesouros?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai moitos, moitos anos, decid\u00edn emprender un exhaustivo traballo de recollida de lendas da mi\u00f1a&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/11\/09\/o-almanaque-de-encantos-de-carlos-solla-e-a-cadea-das-escoitas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">&lt;i&gt;O Almanaque de Encantos&lt;\/i&gt;, de Calros Solla e a cadea das escoitas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":13751,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[12],"tags":[],"class_list":["post-13750","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13750","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13750"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13750\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13751"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13750"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13750"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13750"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}