{"id":13743,"date":"2010-11-08T00:28:00","date_gmt":"2010-11-07T22:28:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=13743"},"modified":"2010-11-10T01:28:59","modified_gmt":"2010-11-09T23:28:59","slug":"os-vinos-plurivarietais-leccions-do-pasado-ideas-para-o-futuro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/11\/08\/os-vinos-plurivarietais-leccions-do-pasado-ideas-para-o-futuro\/","title":{"rendered":"Os vi\u00f1os plurivarietais: lecci\u00f3ns do pasado, ideas para o futuro"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vinedos_sicilia.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Durante as pasadas vacaci\u00f3ns en Sicilia (imos ben atrasados, pero a verdade \u00e9 que hai tantas cousas que contar&#8230;) bebimos moitos vi\u00f1os italianos. Trouxemos moitos tam\u00e9n no coche. Sorprend\u00e9ronme un mont\u00f3n os brancos. A xulgar pola calor enorme, pola sequedade do aire, agardaba vi\u00f1os que foran unha explosi\u00f3n de aromas e un padal curto, alc\u00f3lico, un visto e non visto, como acontece noutros brancos mediterr\u00e1neos que saben empoleirarse entre as cellas coma un galo e comezar a cantar. A mi\u00f1a sorpresa foi outra. Aqueles vi\u00f1os mesmo, por momentos, parec\u00edan frescos. Nun restaurante, chegoume o condenado <em>deja v\u00fa<\/em> que me andaba rondando a cabeza varios d\u00edas. <\/p>\n<p>-Son os vi\u00f1os do meu av\u00f3!<\/p>\n<p>A acidez atl\u00e1ntica e an\u00e1rquica dos vi\u00f1os do Barbanza conect\u00e1base, de xeito surrealista, cos vi\u00f1os das mediterr\u00e1neas ribeiras da benaventurada illa de Sicilia. <\/p>\n<p>-Son os vi\u00f1os do meu av\u00f3!<\/p>\n<p>Vi\u00f1os \u00e1cidos, dun sabor que variaba moito entre copa e copa. Decateime dunha percepci\u00f3n que case ti\u00f1amos abandonada nos vi\u00f1os comerciais en Galicia: os vi\u00f1os plurivarietais, feitos con varias variedade que se combinan. Os \u00faltimos trinta anos fabricaron comercialmente as variedades: temos o albari\u00f1o, a treixadura, o godello. E, \u00e1s veces, combinamos estas. O albari\u00f1o coa loureiro, a treixadura co albari\u00f1o, a godello coa dona branca, etc. Pero as variedades &#8220;menores&#8221; s\u00f3 achegan un pequeno toque ao <em>coupage<\/em>, dun 10% m\u00e1ximo na mestura. Constru\u00edmos a visibilidade exterior dos vi\u00f1os galegos ao redor dun varietal. Claro, agora chegan as lamentaci\u00f3ns: os malvados provenzais, neozelandeses, arxentinos, os malvados do mundo todos, qu\u00e9rennos <em>roubar<\/em> o albari\u00f1o!<\/p>\n<p>En Sicilia os brancos seguen o tradicional destino do plurivarietal. Non creo que detr\u00e1s da decisi\u00f3n estea un af\u00e1n conservacionista, non. Supo\u00f1o que as combinaci\u00f3ns plurivarietais conseguen aportar frescura a estes caldos, e a frescura, nos calorosos e fermosos d\u00edas sicilianos, a frescura \u00e9 alegr\u00eda. Pero tam\u00e9n conseguen, coma no Douro portugu\u00e9s, no que os tintos contin\u00faan a facerse, principalmente, con an\u00e1rquicas combinaci\u00f3ns das cepas vellas, tintos distintos, se cadra algo imprevisibles, que randean no aparato comercial con certa inestabilidade, pero que levan o selo indistinto da terra na que foron cultivados.<\/p>\n<p>Bebemos estes vi\u00f1os sicilianos baixo parras, nas sombras destas vellas casas, cabo do delicioso pi\u00e9lago (sempre me gustou esa palabra); estes vi\u00f1os penetrantes, algo imperfectos desde o punto de vista dos est\u00e1ndares do vi\u00f1o m\u00e1is comercial, te\u00f1en un sabor inmediato da terra de cultivo, cando os collemos aqu\u00ed. Son vi\u00f1os adaptados, na s\u00faa elaboraci\u00f3n, \u00e1 terra quente que os cr\u00eda. Os nosos son m\u00e1is redondos, ao meu ver, m\u00e1is perfectos: pero estes vi\u00f1os tam\u00e9n te\u00f1en un encanto especial e distinguible. <\/p>\n<p>Gustar\u00edame que en Galicia volveramos a querer o mundo dos plurivarietais, a confeccionar <em>coupages<\/em> m\u00e1is atrevidos e sen medo, que non dependeramos dun varietal no que \u00e1s veces investimos unha chea de di\u00f1eiro en promocionar para que outros recollan os froitos. Non era, por suposto, facelo nos tempos dos av\u00f3s que hoxend\u00eda, as\u00ed que os resultados por forza tam\u00e9n hab\u00edan ser distintos. Os vi\u00f1os cobrar\u00edan un novo sentido, e o seu consumo ter\u00eda o aceno, a\u00ednda m\u00e1is claro, dos homes que o elaboran. Nun mercado global como o actual, hai que constru\u00edr m\u00e1is o concepto do <em>terroir<\/em> de Galicia; iso \u00e9 o \u00fanico que non se pode copiar (por agora).  <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En Sicilia fan vi\u00f1os para alegrar a calor das longas comidas, preservando a vella tradici\u00f3n de buscar o mellor coupage para crear vi\u00f1os frescos. Vi\u00f1os plurivarietais sen medo de selo. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/11\/08\/os-vinos-plurivarietais-leccions-do-pasado-ideas-para-o-futuro\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Os vi\u00f1os plurivarietais: lecci\u00f3ns do pasado, ideas para o futuro<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":13744,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,32,19,8],"tags":[],"class_list":["post-13743","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-destacado","category-italia","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13743","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13743"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13743\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13744"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13743"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13743"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13743"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}