{"id":13663,"date":"2010-11-03T02:02:46","date_gmt":"2010-11-03T00:02:46","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=13663"},"modified":"2015-06-02T10:25:27","modified_gmt":"2015-06-02T08:25:27","slug":"o-drama-historico-do-porto-exterior-da-coruna","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/11\/03\/o-drama-historico-do-porto-exterior-da-coruna\/","title":{"rendered":"O drama (hist\u00f3rico) do Porto Exterior da Coru\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/punta_muros_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Obras do Porto Exterior da Coru\u00f1a. Al\u00ed estaba antes o castro de Punta de Muros.<\/em><\/p>\n<p>Non \u00e9 doado contar o que vou relatar aqu\u00ed, pero vou tentar facelo o mellor que sei. Gustar\u00edame que se comprendera ben a relevancia, as consecuencias da historia que vou contar. <\/p>\n<p>No 2005, por tres diferentes fontes do sector da arqueolox\u00eda profesional, chegoume un ruxe-ruxe que non cesaba. &#8220;\u00bfEnter\u00e1cheste do de Punta Langosteira?&#8221;, vi\u00f1an dicindo todos. O rumor alud\u00eda a un importante achado localizado na zona de obras do Porto Exterior da Coru\u00f1a, en Punta Langosteira. Ningu\u00e9n sab\u00eda todos os detalles sobre a cuesti\u00f3n, xa que o asunto lev\u00e1base con moito silencio e os datos eran algo confusos. Pero todo o mundo coincid\u00eda no mesmo: era algo excepcional. <\/p>\n<p>Nunha pen\u00ednsula chamada Punta de Muros, dentro das obras de preparaci\u00f3n para a infraestrutura do Porto Exterior da Coru\u00f1a, escavouse un castro. A oportunidade, en si mesma, era excepcional: era a primeira vez que se escavaba un poboado da Idade do Ferro en toda a s\u00faa integridade, empregando a mesma metodolox\u00eda e t\u00e9cnicas para todo o poboado. Unha oportunidade \u00fanica desde o punto de vista cient\u00edfico. A escavaci\u00f3n foi realizada por unha empresa dirixida polo arque\u00f3logo Juan A. Cano Pan; o castro axi\u00f1a se revelou nun xeito que non era o convencional, o co\u00f1ecido ata o momento na Idade do Ferro, un modelo practicamente novo. O proceso de exhumaci\u00f3n foi rapid\u00edsimo para os prazos habituais da arqueolox\u00eda, a\u00ednda que non a de urxencia. En xaneiro de 2005 iniciouse a escavaci\u00f3n do castro. Coa chegada do ver\u00e1n de 2005 o proceso estaba conclu\u00eddo e o 100% do sitio arqueol\u00f3xico estaba \u00e1 vista. <\/p>\n<p>Cando sent\u00edn o ruxe-ruxe quixen ir ver o castro. &#8220;Pois non vas poder&#8221;, dix\u00e9ronme, &#8220;acaba de ser destru\u00eddo polas escavadoras&#8221;. As m\u00e1quinas demoleran o achado para continuar coas obras do Porto Exterior. Te\u00f1an por certo que, se aquel castro a\u00ednda estivera en p\u00e9, ter\u00eda collido o coche, ido al\u00ed e ter\u00edao amosado, obtido imaxes para o que virades, o que fora. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/08\/18\/importante-achado-arqueoloxico-na-ampliacion-da-estrada-a-laxe\/\">Xa o fixen noutras ocasi\u00f3ns<\/a>, como no castro de Castrelo, na parroquia de Soesto (Laxe), no que apareceu unha muralla monumental e nunca se presentou ao p\u00fablico (\u00bfsegue a\u00ed?\u00bfdestruiuse?). <\/p>\n<p>O Porto Exterior da Coru\u00f1a enguliu o castro da Punta de Muros, con rapidez, pouco despois de rematar a escavaci\u00f3n. O 7 de xullo de 2005, s\u00f3 sete meses despois do inicio dos traballos arqueol\u00f3xicos, &#8220;liberalizouse&#8221; (na terminolox\u00eda das obras p\u00fablicas) a zona sur do castro e as m\u00e1quinas entraron, destru\u00edndo boa parte do lugar. O 28 de novembro dese mesmo ano rematouse co que quedaba do recinto arqueol\u00f3xico. <\/p>\n<p>Non cheguei a tempo. <\/p>\n<p>Nos seguintes meses, tecendo conversas e outros materiais, cheguei a co\u00f1ecer ben ese castro, e como poder\u00e1 facer escribir outra vez os libros de Historia galega. O propio Porto Exterior sacou a concurso p\u00fablico un centro de interpretaci\u00f3n do castro desmantelado &#8220;con restaurante&#8221;. O prego non abondaba en que fora o que se atopara al\u00ed, a\u00ednda que falaba das &#8220;<a href=\"http:\/\/www.laopinioncoruna.es\/secciones\/noticia.jsp?pRef=2009012900_2_256098__ACorunaMetro-Puerto-proyecta-instalar-mirador-restaurante-punta-Langosteira\">caracter\u00edsticas especiales<\/a>&#8221; do lugar. \u00bf&#8221;Caracter\u00edsticas especiales&#8221;? A idea da Autoridade Portuaria da Coru\u00f1a era rescatar algunhas das estruturas, que foran extra\u00eddas do castro, para seren reconstru\u00eddas nese centro de interpretaci\u00f3n, co obxectivo de &#8220;devolver&#8221; o patrimonio cultural. <\/p>\n<p>Se chegaches a esta altura do texto estaraste preguntando que hab\u00eda no castro de Punta de Muros que o fac\u00eda tan especial. Desde ese xaneiro de 2005 ata agora non houbo nin un s\u00f3 texto publicado, ning\u00fan estudo, ningunha monograf\u00eda, ning\u00fan plano publicado de xeito oficial sobre ese castro destru\u00eddo. Pero nunha publicaci\u00f3n andaluza publicouse estes d\u00edas o primeiro texto no que o director da escavaci\u00f3n fala publicamente do lugar, se ben abondando nun aspecto parcial, pero clave da escavaci\u00f3n: os metais. O texto, asinado por Juan A. Cano Pan e o profesor da UDC Fernan G\u00f3mez Filgueiras de Brage <em>La Paleometalurgia del Poblado de Punta de Muros (Arteixo, A Coru\u00f1a) en el contexto de la transici\u00f3n Bronce Final &#8211; Primera Edad del Hierro<\/em>. <\/p>\n<p>Pois imos al\u00f3. O castro de Punta de Muros era un xacemento antiqu\u00edsimo: ubicado nunha zona remota, illada, est\u00e9ril e sen potencialidade agr\u00edcola, aquel lugar comezou a dar datos sospeitosos. O Carbono 14 revelou unhas cronolox\u00edas moi, moi temper\u00e1s nun poboado castrexo, moito m\u00e1is do habitual: <\/p>\n<blockquote><p>los inicios de la construcci\u00f3n del poblado podr\u00edan estar en los inicios del siglo IX, para alcanzar la fase de m\u00e1xima ocupaci\u00f3n y actividad entre los siglos VIII y VII (&#8230;)  La superficie del poblado pas\u00f3 por cuatro fases en la utilizaci\u00f3n de ese espacio. La primera y de mayor intensidad fue la construcci\u00f3n de una aldea fortificada y la utilizaci\u00f3n de ese espacio durante 400 o 500 a\u00f1os, durante la Primera Edad del Hierro. La segunda, se corresponde con una reutilizaci\u00f3n residual de ese espacio, m\u00e1s de 500 a\u00f1os despu\u00e9s de la desaparici\u00f3n del poblado, por gentes culturalmente encuadrables en el mundo galaico romano.<\/p><\/blockquote>\n<p>\u00c9 dicir, este poboado foi abandonado na II Idade do Ferro, un tempo no que no mundo castrexo se produciran grandes cambios sociais que se traduc\u00edan en novos tipos de asentamentos, m\u00e1is pr\u00f3ximos aos vales, e novos modelos de fortificaci\u00f3n. Aquel castro da Punta de Muros abandonouse para ent\u00f3n. A s\u00faa cronolox\u00eda \u00e9 fascinante: \u00e9, posiblemente, o castro m\u00e1is antigo escavado en \u00e1rea nunca en Galicia. Unha potente muralla de pedra protex\u00eda o recinto. <\/p>\n<p>Sen embargo, a sorpresa chegaba ao ver a pranta do lugar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/punta_muros_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/punta_muros_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A maior parte dos castros, lembrar\u00e1s, te\u00f1en unha malla de casas circulares. Pero aqu\u00ed, as cabanas eran alongadas. Abraiantemente alongadas, nunha forma desco\u00f1ecida en Galicia ata o momento nun castro. Esta sucesi\u00f3n de cabanas alongad\u00edsimas, adem\u00e1is, ti\u00f1an unha l\u00f3xica. Case todas as casas dispu\u00f1an de fornos de metalurxia, pero exist\u00eda unha organizaci\u00f3n: <\/p>\n<blockquote><p>As\u00ed mismo se detecta una distribuci\u00f3n espacial del poblado, en funci\u00f3n de las distintos procesos metal\u00fargicos, resultando una orientaci\u00f3n NE \u2013 SO en la alineaci\u00f3n, determinada por los requerimientos del laboreo metal\u00fargico.<\/p><\/blockquote>\n<p>O castro carec\u00eda de instrumentos agr\u00edcolas, ou de instrumentos que revelaran que os seus habitantes traballaban na terra ou no mar. S\u00f3 metalurxia do bronce, beireando o s\u00e9culo IX-VII antes de Cristo. <\/p>\n<p>Este lugar era unha factor\u00eda  fortificada da metalurxia do bronce. Pero non quedaba a\u00ed a cousa: <\/p>\n<blockquote><p>La singularidad de este yacimiento es que es un poblado dedicado a la metalurgia del bronce antiguo con dos procedimientos metal\u00fargicos distintos, uno para cada uno de los dos tipos de bronces que han sido identificados [con dos aleaciones distintas] (&#8230;)  Una, a un uso funcional y objetos de uso directo,  y otra, a un uso ornamental o simb\u00f3lico. <\/p><\/blockquote>\n<p>\u00c9 dicir,  con aleaci\u00f3ns de metais distintas para cada caso, por unha banda produc\u00edan obxectos coti\u00e1ns e por outra banda, creaban obxectos ornamentais. Alucinante. Ten en conta que ata eses momentos a idea que ti\u00f1amos dese per\u00edodo \u00e9 absolutamente nebulosa. Alg\u00fans indicios revelaban un pouco m\u00e1is tarde a aparici\u00f3n de cabanas na posterior ubicaci\u00f3n dos castros, e nada m\u00e1is. E de s\u00fapeto aparece, nas proximidades da Coru\u00f1a, un elemento que <em>non deber\u00eda estar a\u00ed nese momento<\/em>. Algo totalmente novo, s\u00f3 equiparable a algunhas factor\u00edas fenicias no Mediterr\u00e1neo nesa \u00e9poca, en momentos de elevado desenvolvemento do que se co\u00f1ece como <em>civilizaci\u00f3n<\/em>, pero \u00e9 inaudito na zona atl\u00e1ntica da pen\u00ednsula, e adem\u00e1is, no lugar non se atoparon achados de orixe mediterr\u00e1nea que falaran dunha interacci\u00f3n comercial co sur: o proceso parece end\u00f3xeno, propio desta sociedade do noroeste. Este sitio arqueol\u00f3xico transforma de xeito radical a nosa Prehistoria, creaba moit\u00edsimos interrogantes, sobre unha sociedade da que, de s\u00fapeto, amos\u00e1base un considerable grado de complexidade. Pensade en que se trata, para a \u00e9poca, o Bronce Final, dunha instalaci\u00f3n de alta tecnolox\u00eda, escondida nun lugar remoto, e sen capacidade de subsistencia aut\u00f3noma.  Todo isto aconteceu moito antes dos castros tal e como n\u00f3s os co\u00f1ecemos -pero o abraiante \u00e9 que ese lugar era un castro. <\/p>\n<p>Pois ben, todo isto foi escavado rapidamente; durante todo o proceso, non se comunicou nada \u00e1 comunidade local, nin \u00e1 cientifica nin aos medios, sobre o que al\u00ed se atopou. Todo se mantivo en silencio, malia co\u00f1ecerse perfectamente a relevancia do evento. Os responsables da Autoridade Portuaria, canda a <del datetime=\"2010-11-03T09:03:34+00:00\">Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio<\/del> Direcci\u00f3n Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura, tomaron a decisi\u00f3n de facer desaparecer o xacemento, de costas aos cidad\u00e1ns, lex\u00edtimos propietarios e financiadores da escavaci\u00f3n do sitio arqueol\u00f3xico, tanto da comunidade local de Arteixo como do resto do pa\u00eds. Nada disto se soubo. O cemento do Porto Exterior anegou rapidamente o lugar. Cando xa todo pasou, cinco anos despois, comezar\u00e1n a aparecer as primeiras publicaci\u00f3ns sobre o lugar. Que cada quen saque as s\u00faas conclusi\u00f3ns sobre o motivo deste silencio. <\/p>\n<p>Outro detalle do calibre deste silencio: a Autoridade Portuaria organiza visitas guiadas \u00e1s obras do Porto Exterior da Coru\u00f1a desde hai varios anos, para amosarlle aos cidad\u00e1ns o proxecto. Nunca as organizaron durante a escavaci\u00f3n do castro. <\/p>\n<p>Cinco anos despois, como m\u00ednimo hai que facer unha reflexi\u00f3n sobre a xesti\u00f3n pol\u00edtica da arqueolox\u00eda neste pa\u00eds. Sobre a ocultaci\u00f3n, sobre unha xesti\u00f3n de patrimonio de despacho, sobre decidir sobre o patrimonio de costas aos cidad\u00e1ns que o financian, sobre a dignidade da nosa Historia. O que aqu\u00ed pasou foi terrible, propio do m\u00e1is taimado construtor especulador; a diferencia \u00e9 que foi financiado, silenciado e decidido por instituci\u00f3ns p\u00fablicas, que actuaron en connivencia para que o achado m\u00e1is importante da arqueolox\u00eda galega das \u00faltimas d\u00e9cadas non creara problemas a unha obra, o Porto Exterior coru\u00f1\u00e9s, na que conflu\u00edan numerosos intereses pol\u00edticos, medi\u00e1ticos e econ\u00f3micos. \u00c9 un dos cap\u00edtulos m\u00e1is vergo\u00f1entos da nosa arqueolox\u00eda recente, pero ningu\u00e9n pedir\u00e1 responsabilidades por el. E non se trata de decidir aqu\u00ed, neste post, se o castro deb\u00eda pervivir ou non, ou sobre que era o importante, se o Porto Exterior ou a primeira factor\u00eda fortificada da Idade do Bronce localizada na Europa atl\u00e1ntica. Aqu\u00ed queremos horrorizarnos con este silencio das Administraci\u00f3ns que actuaron en connivencia, sabendo que ti\u00f1an unha pataca quente nas mans, que decidiron sobre os bens p\u00fablicos sen contar cos cidad\u00e1ns. <\/p>\n<p>A Conseller\u00eda de Cultura manifestou a s\u00faa vontade de tentar reformar a Lei de Patrimonio do pa\u00eds. Desde Cap\u00edtulo Cero, queremos aportar ideas para que a nova Lei evite que volvan producirse situaci\u00f3ns coma estas. Que a lei incorpore o principio de publicidade, divulgaci\u00f3n e libre acceso \u00e1 informaci\u00f3n sobre todos os sitios arqueol\u00f3xicos escavados, na medida en que son bens p\u00fablicos, dentro do exercicio da responsabilidade (e que se limite claramente ese exercicio a casos excepcionais). Que a Lei obrigue a elaborar informes p\u00fablicos sobre os sitios arqueol\u00f3xicos antes de que estes sexan destru\u00eddos, para que todo o mundo sexa consciente do que se perde e se se debe perder. Que a Lei obrigue, de alg\u00fan xeito, a vincular os sitios arqueol\u00f3xicos coas s\u00faas comunidades locais. <\/p>\n<p>\u00bfAprenderemos algo deste drama da nosa cultura?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Atopouse no inicio das obras. Cambiou a Historia de Galicia. Destruiuse \u00e1s agachadas. E hoxe cont\u00e1mosche esta triste historia da nosa cultura. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/11\/03\/o-drama-historico-do-porto-exterior-da-coruna\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O drama (hist\u00f3rico) do Porto Exterior da Coru\u00f1a<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":13666,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-13663","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13663","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13663"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13663\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13666"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13663"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13663"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13663"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}