{"id":13604,"date":"2010-10-31T23:36:40","date_gmt":"2010-10-31T21:36:40","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=13604"},"modified":"2010-11-03T02:03:08","modified_gmt":"2010-11-03T00:03:08","slug":"oooooooooooonnnsss","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/10\/31\/oooooooooooonnnsss\/","title":{"rendered":"Oooooooooooonnnsss!"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<br \/>\n<\/em><br \/>\nAlerta, se\u00f1ores e se\u00f1oras! Ventos de trinta e pico nudos na canle entre a Lanzada e Ons! Alerta vermella! Marux\u00eda tirando a marexada! <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_10.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A\u00ed deberiamos ter comido!<\/em><\/p>\n<p>Os blogastr\u00f3nomos queriamos celebrar a XIII Xantanza nun lugar moi especial: a Illa de Ons. A \u00fanica illa con presenza humana permanente (ag\u00e1s os fareiros) do noso litoral, un lugar m\u00edtico, m\u00e1xico e cun dos mellores produtos do noso mar e con certos trazos peculiares na gastronom\u00eda. O vento non estaba pola labor, pero para todo hai apa\u00f1o. \u00c1s 19:30 h. da tarde anterior, o comit\u00e9 de crise improvisou a soluci\u00f3n. <\/p>\n<p>Lola, a coci\u00f1eira da m\u00edtica Casa Checho da illa de Ons, o seu fillo Pepe, o seu home e a s\u00faa comadre, cargaron tarteiras, cargaron percebes, cargaron o polbo de ons, a fari\u00f1a de millo, as zamburi\u00f1as, o porco salgado, os grelos, as patacas, a n\u00e9beda, todo, e instalaron o campamento nun restaurante de tempada na parroquia de Noalla, pechado no inverno. Al\u00ed, reclu\u00eddos tralas grandes cristaleiras, disfrutamos do men\u00fa. F\u00f3ra bat\u00eda o vento, a choiva, que mellor para que preste un bo cocido! Unha foto da illa de Ons presid\u00eda o xantar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>-Aqu\u00ed coll\u00edn os percebes -di o Pepe, o fillo de Lola, sinalando uns cant\u00eds do norte da illa na foto. Pepe \u00e9 grandote e loiro, con certo aire normando, como se descendera dos vikingos que nalg\u00fan momento tomaron a illa como refuxio. <\/p>\n<p>Claro, aplauso xeral entre a concorrencia ante os percebes de Pepe. Houbo quen mesmo os convertiu en pin identificativo! <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pepe tra\u00eda os percebes en tandas, cubertos co pani\u00f1o coma beb\u00e9s para que non enfriaran. Percebes de intenso sabor atl\u00e1ntico. Antes deles, unha empanada milla de \u00bfzamburi\u00f1as? \u00bfvieiras? Houbo quen dubidou, e non sen motivo. Unhas magn\u00edficas pezas de zamburi\u00f1as nunha empanada que se desfac\u00eda na man. Ah, e antes, unha demostraci\u00f3n verde: Santiago P\u00e9rez presentoulles aos participantes unha mostra das s\u00faas <em>baby leaves <\/em>da Finca de los Cuervos cunha vinagreta chegada a correr do restaurante Culler de Pau e al\u00ed arrincamos cun vi\u00f1o biodin\u00e1mico, absolutamente at\u00edpico no contexto do Saln\u00e9s: albari\u00f1o de chan arxiloso. O Pedralonga conf\u00edrmaseme como un dos brancos m\u00e1is singulares da costa galega. Non o ceibamos durante parte do xantar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O polbo de Ons chegou de seguido, con ese sabor intenso, concentrado que ten o polbo de costa. E de al\u00ed, un cocido ao estilo das r\u00edas baixas, coas s\u00faas fabas e as s\u00faas patacas tam\u00e9n chegadas da leira de Ons, como nos sinalaba Pepe no mapa. Proximidade, tanxencialidade, confluencias. Grand\u00edsimo. <\/p>\n<h3>E chegou a n\u00e9veda!<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_11.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Lola con M\u00f3nica cont\u00e1ndonos os usos da n\u00e9beda<\/em><\/p>\n<p>Que queredes que vos diga? Das cousas que m\u00e1is me apetec\u00eda probar era a influencia da humilde n\u00e9beda (<em>Nepeta cataria)<\/em>, unha pranti\u00f1a salvaxe da familia das mentas, que medra nos cami\u00f1os galegos e que no seu tempo empregouse por todas as R\u00edas Baixas como condimento. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hoxe Ons \u00e9 un dos poucos refuxios nos que sobrevive o uso da n\u00e9beda como condimento culinario. Lola b\u00f3talle n\u00e9beda aos deliciosos bolos do pote que acompa\u00f1aban ao cocido, pero tam\u00e9n ao pantullo.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Os postres. Que postres! Lola \u00e9 moi co\u00f1ecida pola impresionante empanada de maz\u00e1 que prepara. Pero tam\u00e9n nos ofreceu o pantullo, ou bandullo. O postre feito a partir das tripas ou o bandullo do porco, dentro do cal as\u00e1base unha masa doce&#8230;gustoume, a\u00ednda que non era ese pantullo, metido no intestino groso do animal, que fac\u00eda a mi\u00f1a avoa&#8230;seguireino a procurar. Menci\u00f3n important\u00edsima, esa tarta de queixo que fai Lola. Os que somos tartadequeix\u00f3fagos, aquelo era supremo. <\/p>\n<p>A n\u00e9beda. Non me puiden resistir a galeguizar o gin tonic. Fun dos poucos privilexiados que puiden engadir algunha folli\u00f1a da lendaria e ancestral n\u00e9beda a un delicioso Mombasa, un gin tonic premium xentileza de Gadis. Se\u00f1ores, a n\u00e9beda galaica qu\u00e9dalle de marabilla aos GT. Xa estou tardando en ir collela ao monte! <\/p>\n<p>Na foto de familia os blogastr\u00f3nomos non diciamos nin chiissss nin pataca. Entre gargalladas, con Lola e a s\u00faa familia, sinalabamos para a foto que presid\u00eda o noso xantar, o eixo central desta pequena historia de temporal e alerta laranxa. <\/p>\n<p>-Oooooooooooonnnnsss. Oooooooooooonnnnsss. <\/p>\n<p>E aquelo soaba coma un mantra gastron\u00f3mico. Unha reivindicaci\u00f3n das nosas Illas: o territorio m\u00e1is querido no imaxinario do pa\u00eds, berce de fantas\u00edas, relatos e historias.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Foi un pracer compartir esta XIII Xantanza, con tantos risos, gargalladas e encontros, con tanta xente nova que acudiu a trav\u00e9s da convocatoria aberta, as\u00ed como agradecer a <a href=\"http:\/\/fofan.org\/cocina\/\">M\u00f3nica Novas<\/a> a complexa organizaci\u00f3n do evento. Rematamos moito m\u00e1is tarde, nun periplo que nos levou ata as escavaci\u00f3ns da Lanzada, o Vinilo do Grove e o Mu\u00ed\u00f1o da Charca en Dena. 14 horas de Xantanza cheas de grandes momentos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_17.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_18.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_13.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Atendendo as incesantes necesidades dos asistentes<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_14.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Sufrindo as inclemencias do outono galego<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_15.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto de familia dicindo &#8220;Ooooooonnnnnsss!&#8221;. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ons_16.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-0\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\">Clicka aqu\u00ed para ver en grande<\/a><\/em><\/p>\n<blockquote><p>Cun menc\u00eda Casa Moreiras, caf\u00e9s, etc., este magn\u00edfico xantar tradicional saiu en 40 euros. Si, repito, en s\u00f3 40 euros. Xa me est\u00e1 tardando a seguinte. E aseg\u00farovos que se est\u00e1n a cocer divertid\u00edsimas experiencias gastron\u00f3micas. <\/p><\/blockquote>\n<p>Outras visi\u00f3ns: <a href=\"http:\/\/www.colineta.com\/2010\/10\/30\/ons\/\">Colineta<\/a>, <a href=\"http:\/\/acitc.blogaliza.org\/2010\/10\/31\/xiii-xantanza-se-os-bgg-non-van-onda-ons-ons-ven-onda-os-bgg\/\">ACITC<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.blogoteca.com\/depinchos\/index.php?cod=91097\">De pinchos<\/a> (os pinchos previos)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A XIII Xantanza non puido chegar a Ons por mor do temporal, pero montamos a festa en Noalla grazas \u00e1 teimos\u00eda da familia da Casa Checho. Toda unha reivindicaci\u00f3n da gastronom\u00eda e o produto mari\u00f1eiro e dun magn\u00edfico condimento patrio en desuso: a n\u00e9beda. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/10\/31\/oooooooooooonnnsss\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Oooooooooooonnnsss!<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":13613,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,7],"tags":[],"class_list":["post-13604","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13604","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13604"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13604\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13613"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13604"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13604"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13604"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}