{"id":13529,"date":"2010-10-26T23:24:59","date_gmt":"2010-10-26T21:24:59","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=13529"},"modified":"2010-10-31T23:40:20","modified_gmt":"2010-10-31T21:40:20","slug":"castro-candaz-o-corazon-mergullado-da-historia-lendaria-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/10\/26\/castro-candaz-o-corazon-mergullado-da-historia-lendaria-de-galicia\/","title":{"rendered":"Castro Candaz: o coraz\u00f3n mergullado da historia mitol\u00f3xica de Galicia"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castro_candaz_sigpac.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>As augas agochan Castro Candaz. <\/em><\/p>\n<p><em>Recorda que podes escoitar <a href=\"http:\/\/open.spotify.com\/user\/magago\/playlist\/6Jl5MlHm7N39gq1kIDrIFn\">a banda sonora das Rep\u00fablicas de Homes Libres en Spotify<\/a> mentres les o post.<\/em><\/p>\n<p>Estamos baixando pola ribeira do r\u00edo da Lama, na parroquia de Santa Baia de Pedrafita, en Chantada. \u00c1 nosa dereita chega o ru\u00eddo imparable e continuo das fervenzas: o regato \u00e9 un fio branco e m\u00e1xico rebotando entre os grises da pedra, que \u00e1s veces se entreve entre as pomeiras abandonadas e outras froiteiras que xa non te\u00f1en quen as colla. As vi\u00f1as anuncian o outono, e os derradeiros viticultores apuran a vendima desta menc\u00eda que ainda \u00e9 Ribeira Sacra, pero que a est\u00e1 distante das encostas m\u00e1is co\u00f1ecidas da denominaci\u00f3n. Algunhas mulleres cantan nunha costeira, cantan nun ton mon\u00f3tono e repetitivo, coas mans entintadas do ouro l\u00edquido do Mi\u00f1o. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>A paisaxe perm\u00edtenos ver este estremo desco\u00f1ecido do encoro de Belesar. Antes, na chaira que precede \u00e1s empinadas ladeiras, vimos o antigo mosteiro convertido en parroquia; a notable casa, logo reitoral, conserva a\u00ednda a torre que identifica \u00e1s mansi\u00f3ns aristocr\u00e1ticas destas terras. O <em>Mosteiro<\/em>. Debiamos estar preto do lugar. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed preto, nun sitio que non co\u00f1ecemos e do que non temos clara a ubicaci\u00f3n, local\u00edzase unha das ruinas hist\u00f3ricas m\u00e1is intrigantes de Galicia. <\/p>\n<p>Pero est\u00e1 baixo as augas a maior parte do ano. <\/p>\n<p>Observo a superf\u00edcie da auga do encoro, rodeado de outeiros e alturas; ao que eu sei, a fortaleza poder\u00eda ser nestes momentos unha masa escura baixo as augas; conf\u00edo en que a sequ\u00eda dos inicios de outono te\u00f1a evitado a inmersi\u00f3n invernal. O cami\u00f1o segue, ata un punto no que comeza a abandonarse e o invaden as xestas e os toxos. Non hai problema. En peores temos estado. Douscentos metros despois, xa metidos no coraz\u00f3n do bosque, o cami\u00f1o desaparece e enfronte s\u00f3 est\u00e1 unha espesura. Sole descubre unhas pegadas, un camini\u00f1o m\u00ednimo de animais por unha beira da pista case desaparecida. Baixamos por eles ata introducirnos por baixo do que debe ser o n\u00edvel m\u00e1ximo de inundaci\u00f3n da presa no inverno. Agora, a finais de setembro, ainda non chegaron as grandes choivas. O encoro est\u00e1 baixo. \u00c9 a nosa esperanza. Baixamos por baixo do nivel m\u00e1ximo do embalse e a vexetaci\u00f3n desaparece. Agora cami\u00f1amos entre ruinosos socalcos de xisto. <\/p>\n<p>Baixando con coidado por estes socalcos de apariencia lunar, observamos que nos conducen \u00e1 outra confluencia do Mi\u00f1o con outro rio, o Enviande, que tam\u00e9n desemboca al\u00ed. Sabemos que est\u00e1 preto Castro Candaz: vin nun vello libro que o lugar inexpugnable e rec\u00f3ndito situ\u00e1base na ins\u00f3lita xunta de tres r\u00edos distintos no mesmo punto. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E, de s\u00fapeto, flotando como unha illa m\u00e1xica, unha illa que hoxe s\u00f3 \u00e9 visible unhas poucas semanas ao ano, aparece Castro Candaz. Un m\u00edtico escenario do pasado de Galicia, durmindo no so\u00f1o do esquecemento. Sinto un calafr\u00edo. Todas as familias guerreiras da Idade Media da zona, os Camba, os Taboada, os Temes, xurdidas das escuridades da Historia quix\u00e9ronse vincular a este lugar, convertelo no seu <em>solar<\/em>, na cerna do sangue. As\u00ed o relataron en cr\u00f3nicas manuscritas nos s\u00e9culos XVII e XVIII, cando Castro Candaz era unha ru\u00edna agochada na vexetaci\u00f3n. As lendas familiares, ap\u00f3crifas, consignadas en prego para acreditar a vella nobleza do sangue, desc\u00fabrennos aqu\u00ed, baixo as augas, un \u00e9pico escenario de resistencia, ca\u00edda e victoria contra os normandos e, mesmo dalg\u00fan xeito, ainda m\u00e1is atr\u00e1s.  Un lugar de poder nun escenario absolutamente espectacular, un dos m\u00e1is evocadores dos que temos visitado para a nosa serie Rep\u00fablicas de Homes Libres. \u00bfQue ti\u00f1a este lugar de especial?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O que hoxe vemos \u00e9 unha ru\u00edna moi alterada polos tempos pero, \u00e1 sua vez, preservada insolitamente polas augas. As bases do antigo castelo foron convertidas en vi\u00f1as, e o espazo defensivo alterouse ao longo dos s\u00e9culos de intensa explotaci\u00f3n agraria. Un imponente cami\u00f1o conduce desde esta ladeira, por un estreito paso nestes momentos baixo as augas, ata a fortaleza. Desde onde estamos, na ladeira de enfronte, podo reco\u00f1ecer parte das ru\u00ednas. Contrasto o que vexo neste dia luminoso con outra ollada, a trav\u00e9s do tempo, descrita a princ\u00edpios do s\u00e9culo XX; desde 1907 f\u00e1lame ao o\u00eddo neste novo episodio da Rep\u00fablica de Homes Libres, d\u00e1nos pistas, t\u00e9ndenos trampas. Que aventura cultural! <\/p>\n<h3>Na Biblioteca Nacional<\/h3>\n<p>Imos adiantarnos no tempo ata a semana pasada. En d\u00faas viaxes nunha mesma semana, visitei en ocos mortos a Biblioteca Nacional en Madrid; al\u00ed emprend\u00edn unha procura algo desesperada entre os manuscritos que al\u00ed se gardan para rastrexar as orixes das lendas. Parto da base de que nin sequera estou \u00e1 procura dos feitos reais da Historia, sen\u00f3n das vagas de mitolox\u00eda, dunha mitolox\u00eda desco\u00f1ecida na propia Galicia. Coma no<em> Dr\u00e1cula<\/em> de Francis Ford Coppola, s\u00edntome navegar nos oc\u00e9anos do tempo. Entre este prego e estoutro atopo as orixes dunha frase, dunha idea, dunha batalla: as palabras corren entre pregos e manuscritos, s\u00e1ltanse s\u00e9culos. Son capaz de ver a traxectoria dos feitos de sangue cometidos no Castro Candaz, pero a\u00ednda non entendo os cami\u00f1os polos que se narran nas historias. Todo o que sabemos sobre Castro Candaz pertence ao territorio da lenda, da br\u00e9tema da historia, dos intereses intermedios e interpostos ao longo dos s\u00e9culos. <\/p>\n<p>A principios do s\u00e9culo XX, un entusiasta mestre de primaria de Chantada, Manuel Formoso Lamas, publicara unha pormenorizada descrici\u00f3n do castelo\/castro no seu libro<em> Apuntes para la historia de Chantada<\/em>, entre coloristas detalles deste lugar. Algunhas cousas son imposibles de comprobar desde esta ribeira, como a c\u00e1mara abovedada que aseguraron descubrir os labregos da zona tras uns traballos no vi\u00f1edo constru\u00eddo sobre a masa de pedras na que se convertera a fortaleza; outras, pola contra, contin\u00faan m\u00e1is ou menos igual. O antigo castelo tem unha plataforma na zona superior, unha plataforma circular, chea de pedras mi\u00fadas, rodeada de murallas circulares conc\u00eantricas; unha pinta de <em>romanada<\/em> tremenda, un lugar inaccesible, posiblemente vinculado a alg\u00fan tipo de porto que atravesara o Mi\u00f1o no seu momento por esta banda; a outra interpretaci\u00f3n, a que transmiten as lendas, \u00e9 contraria. Agochado nas profundidades do can\u00f3n da Ribeira Sacra, Castro Candaz era o lugar m\u00e1is agochado da contorna: un penedo inexpugnable cun valor simb\u00f3lico que sabemos importante no mundo antigo: a confluencia de tres rios nun \u00fanico punto. As\u00ed pareceu funcionar nun episodio que relataremos.<\/p>\n<p>Tras superar os tres controis de seguridade \u2013que incl\u00faen escaneado, revisi\u00f3n de port\u00e1til, revisi\u00f3n do interior da libreta en dous puntos, comprobaci\u00f3n de carn\u00e9 de investigador en tres puntos e substituci\u00f3n do bol\u00edgrafo por uns l\u00e1pices co logo da Biblioteca Nacional- accedo, na Sala Cervantes, a un antigo documento: <em>De la nobleza de la casa de Camba y sus principios, y fundaci\u00f3n del castillo de Castrocandaz, solar de Cambas y Taboadas de Galicia<\/em>, que chegou a este lugar como unha compilaci\u00f3n de papeis da familias luguesas depositado no seu tempo no Arquivo de Simancas, preto de Valladolid. Do documento hai d\u00faas copias: na primeira ac\u00f3rdaste da nai do cal\u00edgrafo; a segunda, nun papel de mellor calidade, foi redactada por alg\u00fan escrib\u00e1n ou crego a soldo dos Condes de Lemos.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dun memorial nobiliario. As familias aristocr\u00e1ticas \u2013a maior parte delas nacidas como escudeiros dos grandes se\u00f1ores a finais do XIV ou do XV- encargaban estes textos a expertos mentireiros que ench\u00edan o documento de trolas co obxectivo de dignificar o pasado da familia. Deste xeito, todas as familias tentaban vincularse, como m\u00ednimo, a Don Pelaio, o primeiro monarca do reino astur, e \u00e1s s\u00faas acci\u00f3ns iniciais da reconquista da pen\u00ednsula aos musulm\u00e1ns. O devanceiro familiar distingu\u00edrase nalgunha batalla ou na toma dunha cidade aos mouros, e merc\u00e9 a iso, o rei obsequi\u00e1rao coas terras que, curiosamente, agora ti\u00f1a a familia. Os m\u00e1is destemidos mesmo \u00edan m\u00e1is atr\u00e1s: hab\u00eda quen reivindicaba ser descendente de reis visigodos ou en Galicia, mesmo dos reis suevos. E a\u00ednda hab\u00eda alg\u00fans que reivindicaban proceder da aristocracia romana de conquistadores.<\/p>\n<p>Este documento da vella casa de Camba cumpre todas estas caracter\u00edsticas argumentais, pero atr\u00e9vese a ir m\u00e1is al\u00e1, nunha direcci\u00f3n insospeitada.<\/p>\n<h3>O Lugo prerromano<\/h3>\n<p>A vella cr\u00f3nica familiar identifica como fundador do Castro Candaz a un c\u00f3nsul romano en Galicia, Lucio Cambero. Non era un c\u00f3nsul m\u00e1is: segundo a cr\u00f3nica, este home, destinado en Lugo, estaba vinculado familiarmente aos \u201cmonta\u00f1eses de Galicia\u201d. A cr\u00f3nica narra o enfrontamento entre estes monta\u00f1eses \u2013a\u00ednda que non distingo ben a caligraf\u00eda, parecen ser os aunonenses dos que fala Orosio- e d\u00faas lexi\u00f3ns romanas mandadas polo emperador romano Traiano, en Lugo, un \u201clugar fortissimo\u201d ubicado ao car\u00f3n do r\u00edo Mi\u00f1o. Lucio Cambero, por primeira vez neste tipo de cr\u00f3nicas, que sempre se vinculan ao vencedor, o prestixioso romano, crea un cambio. <\/p>\n<p>Lucio Cambero loitar\u00e1 canda dous pobos de monta\u00f1eses galegos contra os romanos, ata seren derrotados. Sobre a Lugo castrexa, os romanos fundan a s\u00faa nova cidade, conta a cr\u00f3nica. No florido mundo dos troleiros a soldo dos fidalgos, ser\u00e1 a primeira vez que escoito esta historia, na que os antigos galaicos te\u00f1en voz e defensa honorable. Non se volver\u00e1 repetir ata o romantismo no XIX, cando se reivindiquen os castros fronte as lexi\u00f3ns. D\u00e9anse conta do detalle. Lucio Cambero fundou Castro Candaz, o m\u00e1is antigo castro do Reino. A s\u00faa familia preservouno ao longo dos s\u00e9culos. <\/p>\n<h3>E chegaron os homes do Norte<\/h3>\n<p>Volvo \u00e1 Biblioteca Nacional. Xa lin as fontes orixinais nas que se narra unha parte da lenda relatada por Formoso Lamas. Est\u00e1n nese nobiliario, non na s\u00faa imaxinaci\u00f3n, xunto con outra historia abraiante, que nos conecta coa revolta de 1846, pero esa contar\u00e9ivola outro d\u00eda. Na narrativa de Formoso hai unha segunda parte m\u00e1is sorprendente para a nosa historia. Os vikingos e Castro Candaz.<\/p>\n<p>Un d\u00eda, un grupo de normandos, da segunda invasi\u00f3n, superou o Monte Faro de Chantada e observou os longos campos que se abr\u00edan. Baixou \u00e1s terras, chegou ao poboado de Chantada, onde os seus habitantes ergueran unha empalizada para protexerse dos homes do Norte, a <em>Plantata<\/em>: \u00e9 a explicaci\u00f3n mitol\u00f3xica das orixes da vila. Arrasaron con ela, queimaron o castelo. Os homes do Norte apoder\u00e1ronse do territorio. Os supervivintes conseguiran recuar. Familias enteiras baixaron as encostas, ata veren no fondo Castro Candaz. Os Erice, ou Eriz, custodiaban a fortaleza. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/asedio_candaz.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Sorprender\u00edanse como nestes nobiliarios do XVII, os fundadores das li\u00f1axes son, moitas veces, se\u00f1ores de castros, non de castelos. Os irm\u00e1ns Eriz, donos do Castro de Eriz, Olmundo e Egica, resisten aos normandos ata que chega o rei galego e asturiano Ramiro, cun ex\u00e9rcito. A lenda conta que Ramiro vence os normandos no Campo Ramiro, na  mesma Chantada: lenda e topograf\u00eda sempre van unidas na mitolox\u00eda barroca. Nas fontes m\u00e1is orixinais, a Cr\u00f3nica Albedense \u00e9 moito m\u00e1is sucinta. Simplemente describe como Ramiro derrota aos invasores e queima ducias das s\u00faas naves, pero non indica onde se produce a batalla. Ser\u00e1n os vellos clans lugueses os que estender\u00e1n e propagar\u00e1n a historia de Castro Candaz. <em>Aqu\u00ed, no centro de Galicia, detivemos a invasi\u00f3n e ga\u00f1amos a gloria para n\u00f3s e os nosos fillos<\/em>. E quen sabe se non a lembraban, realmente. Alg\u00fan indicio hai de privilexios reais concedidos por loitar contra os Normandos. Estas terras son moi memoriosas. <\/p>\n<p>Os vikingos -e aqu\u00ed todo \u00e9 moi impreciso- atacar\u00e1n noutra volta o castelo de Castro Candaz. Desta vez vencerano e faranse co control destas terras, conta Formoso Lamas. <\/p>\n<h3>A historia de Don Servando<\/h3>\n<p>Na mi\u00f1a procura da fonte orixinal da historia dos vikingos e Castro Candaz paso \u00e1 sala m\u00e1is custodiada da Biblioteca Nacional. Al\u00ed est\u00e1 un dos documentos m\u00e1is ins\u00f3litos que te\u00f1o visto: a <em>Historia Gotica de D. Servando<\/em>, Obispo de Orense, por Pedro Segu\u00edn. Cando abro o documento, fico pampo. \u00bfEst\u00e1 en galego? Si, est\u00e1 en galego. Pero non est\u00e1 datada na ficha de catalogaci\u00f3n como do s\u00e9culo XVII? E este galego non \u00e9 moi estra\u00f1o, moi arcaizante? Posteriormente, descubro que \u00e9 unha enorme falsificaci\u00f3n; unha patra\u00f1a constru\u00edda por fidalgos ourens\u00e1ns no Barroco para crear a s\u00faa antig\u00fcidade nobiliar. En teor\u00eda, \u00e9 un texto da \u00e9poca de Don Pelayo, traducido do lat\u00edn ao galego no s\u00e9culo XII, por outro bispo, Pedro Segu\u00edn. E aqu\u00ed v\u00e9n o fascinante. Nos S\u00e9culos Escuros consideraron que para dar credibilidade ao documento hab\u00eda que redactalo en galego medieval. As\u00ed que estou diante dun estra\u00f1o texto, que fala de tempos remot\u00edsimos, falsificado e nun galego non arcaico, sen\u00f3n burdamente arcaizante. Case me volvo tolo, cr\u00e9deme. Non co\u00f1ec\u00eda a edici\u00f3n de Souto Cabo: todo acontec\u00eda moi de contado. <\/p>\n<p>Busco na <em>Historia de Don Servando<\/em> a referencia normanda. Tampouco est\u00e1 al\u00ed, pero entre esas li\u00f1as mentireiras xorde toda unha mitolox\u00eda paralela do pa\u00eds, con ducias de referencias \u00e1s que c\u00f3mpre prestar atenci\u00f3n: con loitas de lagartos, batallas esquencidas, cidades ruinosas, castelos inexpugnables. Este delirio historiogr\u00e1fico ten m\u00e1is valor do que parece. Falaremos del. <\/p>\n<h3>Ep\u00edlogo<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pasa a man sobre unha pedra en Galicia e erguer\u00e1s un universo. Observo Castro Candaz, o castelo mergullado, centro simb\u00f3lico de poder, se cadra coraz\u00f3n oculto da soberan\u00eda destes pequenos territorios da Ribeira Sacra. Cami\u00f1o polos socalcos derruidos, fronte a el, incapaz de chegar ata esa illa que me chama como se nela tomaran o sol as sereas. Hai que andar con coidado: cada paso en falso nestas encostas provoca un alude de derrubo de xistos, estruendoso nestas soedades. <\/p>\n<p>Nas lendas, aqu\u00ed un grupo de homes foron capaces de resistir a unha horda. Cando imaxino esta mitolox\u00eda, o mundo v\u00f3lvese unha escura espesura; Castro Candaz contin\u00faa flotando agochando os seus segredos. En breves semanas volverase afundir e a desaparecer, dos mapas e da vista. Haber\u00e1 que agardar un novo est\u00edo. <\/p>\n<p>E eu contin\u00fao buscando iluminar e escurecer esta fascinante \u00e9poca das Rep\u00fablicas de Homes Libres. <\/p>\n<p class=\"alert\">Postpost: Se te queres achegar ata o lugar, <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;t=h&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.666786,-7.738924&#038;spn=0.056738,0.077162&#038;z=14&#038;iwloc=0004938ba12c961e5dcb5\">aqu\u00ed est\u00e1 a localizaci\u00f3n<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un lugar m\u00e1xico na uni\u00f3n de tres r\u00edos. Un lugar que s\u00f3 emerxe unhas semanas no ano, e que logo mergulla as s\u00faas lendas baixo as augas na invern\u00eda. Aqu\u00ed a mitolox\u00eda relata que os nosos devanceiros detiveron a ameaza normanda. E existe. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/10\/26\/castro-candaz-o-corazon-mergullado-da-historia-lendaria-de-galicia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Castro Candaz: o coraz\u00f3n mergullado da historia mitol\u00f3xica de Galicia<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":13551,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18,35],"tags":[],"class_list":["post-13529","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13529","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13529"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13529\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13551"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13529"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13529"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13529"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}