{"id":13396,"date":"2010-10-18T00:01:12","date_gmt":"2010-10-17T22:01:12","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=13396"},"modified":"2010-10-22T01:25:55","modified_gmt":"2010-10-21T23:25:55","slug":"solpores-e-penumbras-ao-redor-do-coto-da-amoreira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/10\/18\/solpores-e-penumbras-ao-redor-do-coto-da-amoreira\/","title":{"rendered":"Solpores e penumbras ao redor do Coto da Amoreira"},"content":{"rendered":"<p>Chegamos \u00e1 Fonte Sobreira pouco antes do solpor. Al\u00f3 enriba, o outono non ten a temperatura agradable da beira da costa. Aqu\u00ed zoa duramente, \u00e9 como se chocara contra o macizo da serra do Barbanza e collera velocidade nestas pened\u00edas que sobresaen sobre a ca\u00edda antes de coller carreira polos chans cheos de megalitos. Queremos vir aqu\u00ed, ao outeiro de Fonte Sobreira, porque Jorge Guiti\u00e1n nos sinalou aqu\u00ed <a href=\"http:\/\/petroglifosdegalicia.blogspot.com\/2008\/10\/petroglifo-de-fonte-sobreira.html\">a ubicaci\u00f3n<\/a> dun espectacular petr\u00f3glifo moi conectado visualmente co Coto da Amoreira, <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/09\/29\/coto-da-amoreira-o-lume-que-nos-desvela-un-misterio\/\">o castro queimado do outro d\u00eda que revelou a estra\u00f1a estrutura da que falabamos hai pouco<\/a>. \u00c9 un rochedo cunha fonte ao car\u00f3n e sitio axeitado para refuxi\u00e1rense os cabalos bravos. <\/p>\n<p>O sol baixa rapidamente polas ermas lombas do Barbanza, e ao facelo revela as maravillosas escrituras destas laxes, moi desgastadas se cadra pola acci\u00f3n destes ventos inclementes, son os petr\u00f3glifos a m\u00e1is altura de todo o Barbanza -canda o raro antropoide do dolmen da Casarota do Fusi\u00f1o-; estes petr\u00f3glifos son como unha fotograf\u00eda que se nos esvae nas mans, que obriga a cami\u00f1ar con coidado ao car\u00f3n delas, porque cada pegada pode levar un anaco de tempo, varios s\u00e9culos encaixados no Goretex. Covi\u00f1as e motivos circulares, nos que sobrancea para min estes motivos que vedes aqu\u00ed:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fonte_sobreira_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>As covi\u00f1as beirean o borde dunha p\u00eda natural, establecendo unha misteriosa e fermosa relaci\u00f3n con ela: mir\u00e1ndoo con m\u00e1is calma parece, adem\u00e1is, que ao redor desas covi\u00f1as, e desde a p\u00eda, saen dous c\u00edrculos conc\u00e9ntricos que as envolven. Non \u00e9 o primeiro petr\u00f3glifo que vexo no que o artista relaciona esteticamente p\u00edas naturais e covi\u00f1as artificiais, pero este de aqu\u00ed ten unha significaci\u00f3n especial para min, ao comparalo coa propia relevancia da p\u00eda do Coto da Amoreira. Levanto os ollos, e vela\u00ed est\u00e1: un monte negro no que comezan a aparecer gromos verdes, xusto enfronte. Par\u00e9ceme imposible que non haxa relaci\u00f3n entre un e outro, petr\u00f3glifos e castro.  <\/p>\n<p>Aqu\u00ed, na Fonte Sobreira, ocorre algo m\u00e1xico, ademais. Teste que po\u00f1er no centro, no m\u00e1is alto do curuto. Ao teu redor comezan a aparecer os petr\u00f3glifos rode\u00e1ndote, nun caso case \u00fanico. En certo xeito, o lugar precisa de ti para funcionar. 13 petr\u00f3glifos organizados ao redor dun punto central, fronte as vistas da terra toda. Un lugar para so\u00f1ar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fonte_sobreira_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>-Manuel, \u00bfandiveches por aqu\u00ed? -dime Carlos. <\/p>\n<p>Agora, volvimos ao Coto porque quero que vexa o lugar. Cantos m\u00e1is ollos, mellor. Pero estamos aos p\u00e9s da muralla, no exterior, nun campelo. Hai que mirar, cada vez m\u00e1is, f\u00f3ra dos castros. Desp\u00edstome mirando para as pedras de Fonte Sobreira, al\u00f3 enfronte. <\/p>\n<p>-Manuel?<\/p>\n<p>Doume a volta. Xa case \u00e9 penumbra. Vexo a Carlos axeonllado. Miro extra\u00f1ado. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coto_amoreira_ext.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O lume perm\u00edtenos achegarnos ata <em>algo<\/em> aos p\u00e9s da muralla, entre as pened\u00edas. Al\u00ed parece ter habido, ao p\u00e9 da acr\u00f3pole, unha fonte nalg\u00fan momento. O extra\u00f1o \u00e9 que est\u00e1 delimitada a\u00ednda por valados. Son muros antigos? Arriba, no interior, o proceso de rexeneraci\u00f3n natural do monte xa comezou, dunha forma tam\u00e9n fermosa. Os fentos medran polas murallas, tap\u00e1ndoas \u00e1 vista dos que non est\u00e1n moi acostumados a reco\u00f1ecer ru\u00ednas castrexas. O verde tapa primeiro as murallas: debe ser al\u00ed onde hai m\u00e1is humidade, entre as pedras. Nun mes e medio a Moreira posiblemente xa volver\u00e1 a cubrirse de vexetaci\u00f3n, e a s\u00faa interesante configuraci\u00f3n volver\u00e1 desaparecer. <\/p>\n<p>Case atouti\u00f1amos polo castro, partindo troncos cicl\u00f3peos de xestas. Coa baixada da luz na Moreira acontece algo curioso, ou se cadra son os meus ollos que xa co\u00f1ecen mellor o espazo. Apreciamos o urbanismo do lugar. As plataformas, pero sobre todo os cami\u00f1os. Seguimos un cami\u00f1o que bordea o barrio superior, o \u00fanico reco\u00f1ecible de toda a Moreira, que ten as casas a\u00ednda con alturas de entre 50 e 70 cent\u00edmetros despois de dous mil anos ou m\u00e1is. Este cami\u00f1o foi, en certo xeito, constru\u00eddo. Aterrazouse a superficie do outeiro e achairouse, e empregouse a muralla como muro de contenci\u00f3n da terra. Abaixo, ao Leste, cae un precipicio. \u00bfRemata o cami\u00f1o de s\u00fapeto? Vemos unha curiosa casa circular cunha medianeira que parece bloquealo, nas beiras da plataforma m\u00e1is alta do castro. <\/p>\n<p>-Non leva ata as terrazas do sur. Pero mira!<\/p>\n<p>Algo que non apreciara na visita anterior. O cami\u00f1o segue, est\u00e1 aterrazado, permite moverse ata chegar a un lugar. Un lugar do que a\u00ednda non vos falamos na Moreira. Un lugar que nos ten coa mosca trala orella. <\/p>\n<p>A noite espesa o mundo. Aqu\u00ed na Moreira vai fr\u00edo. Pero a penumbra revela o que o sol oculta. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Para ver os petr\u00f3glifos hai que visitalos coa luz rasante do mencer ou do solpor. Para comprender os castros queimados, hai que cami\u00f1alos baixo o luscofusco e as sombras, cando a imaxinaci\u00f3n se ceiba. Non pod\u00eda ser doutro xeito. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/10\/18\/solpores-e-penumbras-ao-redor-do-coto-da-amoreira\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Solpores e penumbras ao redor do Coto da Amoreira<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":13397,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18],"tags":[],"class_list":["post-13396","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13396","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13396"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13396\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13397"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13396"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13396"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13396"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}