{"id":13357,"date":"2010-10-13T21:45:03","date_gmt":"2010-10-13T19:45:03","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=13357"},"modified":"2010-10-13T22:02:23","modified_gmt":"2010-10-13T20:02:23","slug":"csi-a-lanzada-e-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/10\/13\/csi-a-lanzada-e-2\/","title":{"rendered":"CSI A Lanzada (e 2)"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/execucion_lanzada.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: Tumba 21 A Lanzada. Blanco Freijeiro, M Fust\u00e9 Ara e Garc\u00eda Al\u00e9n en Cuadernos de Estudios Gallegos, Tomo XXII (1967), paxs 129-155. <\/em><\/p>\n<p>Se che gusta a serie <em>Rep\u00fablicas de Homes Libres<\/em> seguramente lembrar\u00e1s este morto. Public\u00e1molo o 11 de maio dest ano, quentando motores para a proveitosa escavaci\u00f3n de A Lanzada. P\u00f3\u00f1ote en situaci\u00f3n: sobre un antigo castro, na Lanzada est\u00e1 unha das necr\u00f3poles mellor preservadas de Galicia. Os mortos galaicorromanos apareceron mesmo cos cravos das sandalias nos p\u00e9s. Olalla L\u00f3pez, antrop\u00f3loga f\u00edsica que est\u00e1 a realizar a s\u00faa tese de doutoramento sobre estes mortos da Lanzada, <a href=\"http:\/\/alanzada.wordpress.com\/2010\/10\/04\/uns-corpos-de-escandalo\/\">explicou a s\u00faa investigaci\u00f3n durante unha das charlas lanzadeiras de Noalla<\/a>. Os datos son fascinantes: aqueles homes e mulleres eran grandes e robustos, coa media de altura superior de toda a Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica para ese per\u00edodo, homes de 1&#8217;65 metros de media. Xigantes, en comparaci\u00f3n, por exemplo, cos romanos que aparecen en Pompeia, e moi robustos e musculados polo traballo duro, mesmo as mulleres. Marca do pa\u00eds, isto \u00faltimo. <\/p>\n<p>Pero hab\u00eda alg\u00fans mortos estra\u00f1os, coma este home da foto, maniatado e tirado boca abaixo. Lembrades que eu vos dixen: &#8220;eu s\u00f3 digo unha cousa: qued\u00e1devos con el&#8221;. Pois agora vouvos contar o resto. Canda este home, de \u00e9poca galaicorromana (aproximadamente do s\u00e9culo IV a.C.) apareceron d\u00faas mulleres, tam\u00e9n enterradas con desleixo, unha delas mesmo embarazada. \u00bfQue acontecer\u00eda al\u00f3?<br \/>\n<!--more--><\/p>\n<p>Non o sabemos.<\/p>\n<p>Por\u00e9n, para as Rep\u00fablicas de Homes Libres inter\u00e9sanos outro morto a maiores que tam\u00e9n estudou Olalla L\u00f3pez. Apareceu nos anos 70 no Campo da Lanzada, pero a certa distancia da necr\u00f3pole, m\u00e1is cara o interior, cara a actual zona de escavaci\u00f3n. Aqu\u00ed os traballos de Olalla L\u00f3pez centr\u00e1ronse en entender o que pasaba, como unha antrop\u00f3loga forense do CSI. Tam\u00e9n estaba guindado al\u00f3, aparentemente sen un enterramento l\u00f3xico. E a aquel home acontec\u00e9ralle algo brutal. <\/p>\n<p>Olalla foi capaz de reconstru\u00edr a secuencia da s\u00faa morte a partir do cr\u00e1neo e o corpo. O seu asasino pux\u00e9rase diante del. Primeiro degol\u00e1rono desde diante, pero sen separarlle a cabeza do corpo. Despois, por atr\u00e1s, cunha arma moi pesada, fend\u00e9ronlle o cr\u00e1neo de enriba abaixo. Afortunadamente, puidose facer a proba do carbono 14 coa v\u00edtima. A dataci\u00f3n ofrece uns s\u00e9culos determinantes: ese home morreu entre o s\u00e9culo VIII e XI. <\/p>\n<p>\u00bfFoi este home asasinado polos normandos? Obviamente hai que ser cautos, pero non \u00e9 unha morte normal: degolamento\/decapitaci\u00f3n seguida da fendedura do cr\u00e1neo desde atr\u00e1s, xa que esta \u00faltima semella aparentemente gratu\u00edta trala primera acci\u00f3n. O estra\u00f1o \u00e9 que coincide con evidencias arqueol\u00f3xicas localizadas noutros lugares atacados e invadidos polos vikingos, como na illa de Man, e noutros puntos do norte de Europa, <a href=\"http:\/\/books.google.com\/books?id=9xpNRpI9zFoC&#038;pg=PA24&#038;dq=human+sacrifices+vikings+archaeology&#038;hl=es&#038;ei=GAq2TMOVC9WI4Qa1lIShDQ&#038;sa=X&#038;oi=book_result&#038;ct=result&#038;resnum=6&#038;ved=0CEIQ6AEwBQ#v=onepage&#038;q&#038;f=false\">como podes ler aqu\u00ed<\/a>. Degolamentos e fendeduras de cr\u00e1neo aparecen nalg\u00fans casos en contextos sacrificais. Sexamos prudentes, pero a historia ten chicha. \u00bfSer\u00e1 a primeira v\u00edtima dos ataques vikingos que localizamos en Galicia?<\/p>\n<p>Posteriormente, o bispo Sisnando de Compostela erguer\u00eda unha fortaleza na Lanzada para protexer a entrada da r\u00eda de Arousa dos vikingos. Estou convencido de que a elecci\u00f3n non foi casual e non atend\u00eda s\u00f3 a raz\u00f3ns da posici\u00f3n estrat\u00e9xica desta pequena pen\u00ednsula. E noutro post, m\u00e1is adiante, explicareiche por que. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Foto: Tumba 21 A Lanzada. Blanco Freijeiro, M Fust\u00e9 Ara e Garc\u00eda Al\u00e9n en Cuadernos<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/10\/13\/csi-a-lanzada-e-2\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">CSI A Lanzada (e 2)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27747,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35],"tags":[],"class_list":["post-13357","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13357","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13357"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13357\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27747"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13357"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13357"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13357"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}