{"id":13079,"date":"2010-09-29T22:31:37","date_gmt":"2010-09-29T20:31:37","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=13079"},"modified":"2010-10-04T01:53:28","modified_gmt":"2010-10-03T23:53:28","slug":"coto-da-amoreira-o-lume-que-nos-desvela-un-misterio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/09\/29\/coto-da-amoreira-o-lume-que-nos-desvela-un-misterio\/","title":{"rendered":"Coto da Amoreira: O lume que nos desvela un misterio"},"content":{"rendered":"<p>Cada oficio, cada afecci\u00f3n ten un mal asociado. Os afeccionados \u00e1 arqueolox\u00eda en Galicia temos o grave risco de sufrir o Mal das P\u00edas\u2122. Consiste en que, despois dun longo d\u00eda polo pedrugallento monte galego, de s\u00fapeto comezas a interpretar os erosionados penedos, con caprichosas formas que esburacan a regularidade do granito, como realizados ou moldeados pola man do home, e non pola acci\u00f3n milenaria da natureza, da auga e do vento sobre o lugar. E comezas a dubidar. \u00bfE ser\u00e1 ou non ser\u00e1? Un dos primeiros doentes do Mal das P\u00edas\u2122 foi Manuel Murgu\u00eda, e en xeral boa parte dos eruditos <em>anticuarios<\/em> do XIX e principios do XX. Ficaban atrapados entre os furados, covi\u00f1as, p\u00edas, covachas e sucos que fan as faias no granito. Se o lugar estaba -como adoita acontecer- nun espazo de gran valor paisax\u00edstico, percib\u00edan que al\u00ed era un bo lugar para a hierofan\u00eda, para o contacto cunha divinidade. Esas P\u00edas, mestura da man da natureza e dos homes, poder\u00edan ser santuarios. <\/p>\n<p>Eu mesmo sufro o Mal das P\u00edas\u2122 con algunha frecuencia (<em>pero yo controlo, neno<\/em>). Chego \u00e1s proximidades dalg\u00fan recinto arqueol\u00f3xico e comezo a ver as caprichosas formas das pedras e te\u00f1o que mirar para outro lado, porque son como as sereas lev\u00e1ndote para G\u00e1rgoris e Habidis, a un lugar de perdici\u00f3n, o mundo dos santuarios prerromanos. Uf, mellor non pensar nas p\u00edas. <em>Voume centrar na importancia estrat\u00e9xica, e tal<\/em>, tendo a pensar. O problema agr\u00e1vase por dous factores. Os galaicos prerromanos deb\u00edan ser unha cultura tremendamente relixiosa. Sab\u00e9molo porque a metade de todos os nomes de deuses prerromanos da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica quedaron rexistrados nas aras romanas que lle tributaron aos seus deuses os galegos. Eran tantos, ou eran o mesmo con nomes distintos: hai teor\u00edas para todos os gustos. O segundo problema \u00e9 que temos moita certeza de que os santuarios prerromanos estaban exactamente a\u00ed, en espectaculares lugares naturais, ao car\u00f3n de grandes penedos que deb\u00edan ter un importante valor simb\u00f3lico para os nosos devanceiros. Durante o mundo romano, alg\u00fans destes lugares continuaron a empregarse, como o c\u00e9lebre <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Santuario_de_Pan%C3%B3ias\">Santuario de Pan\u00f3ias<\/a>, en Portugal, creando un sincretismo interesant\u00edsimo. E claro, nos santuarios seguros e certificados, hai p\u00edas, traballadas, pero p\u00edas. \u00bfComo non te vas liar? A investigaci\u00f3n no \u00e1mbito dos santuarios prerromanos da Gallaecia a\u00ednda est\u00e1 comezando, pero \u00e9 unha li\u00f1a interesant\u00edsima dentro da arqueolox\u00eda galaicoportuguesa dos vindeiros anos.  <\/p>\n<p>Fronte ao Mal das P\u00edas\u2122 s\u00f3 hai unha protecci\u00f3n: o escepticismo absoluto. Cando vou ao monte con alg\u00fan amigo meu e ao compa\u00f1eiro lle comeza a dar o ataque, ensin\u00e1ndome covi\u00f1as e sucos erosivos nunha laxe, eu sempre lle digo. <\/p>\n<p>-Cando sexa, saber\u00e9molo, t\u00edo. Vai ser evidente. <\/p>\n<p>A mi\u00f1a protecci\u00f3n \u00e9 a evidencia clara e absoluta de intervenci\u00f3n artificial no espazo. Non me vai mal. <\/p>\n<p>O que non sab\u00eda \u00e9 que \u00eda po\u00f1er \u00e1 proba a mi\u00f1a propia protecci\u00f3n no Coto de Amoreira. <\/p>\n<p>Despois da chamada de Xos\u00e9 Gago da que falaba onte sub\u00edn a toda rapidez ata al\u00f3. Efectivamente, o incendio queimara e arrasara o tupido mato. Aquel castro, camuflado e oculto durante d\u00e9cadas, volv\u00eda aparecer diante nosa, agachado diante dos grosos ca\u00f1otos das xestas e dos toxos abrasados. Eu levaba vinte anos tentando velo sen \u00e9xito. Ata o outro d\u00eda. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moreira_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muralla exterior (en amarelo) e a\u00ednda se conserva o acceso (en vermello-laranxa). <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moreira_grande.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-0\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\">Aqu\u00ed podes velo en grande<\/a>. Te\u00f1o que tintar as imaxes porque sen\u00f3n, con tanto ru\u00eddo da vexetaci\u00f3n, non se poden apreciar as estruturas<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moreira_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Este lugar \u00e9 o famoso Coto de Amoreira. Est\u00e1 nun espol\u00f3n dos Chans do Barbanza, preto da zona con maior concentraci\u00f3n de t\u00famulos megal\u00edticos de Europa Occidental, pendurado sobre as ca\u00eddas da serra, o val de cures e a r\u00eda de Arousa. Aqu\u00ed, fronte ao Coto da Amoreira, xunt\u00e1banse d\u00faas antiqu\u00edsimas v\u00edas e cami\u00f1os que se internaban nos chans do Barbanza e permit\u00edan un paso relativamente r\u00e1pido ata Noia. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moreira_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muralla superior e na zona laranxa est\u00e1n as vivendas. <\/em><\/p>\n<p>Unha an\u00e1lise r\u00e1pida do lugar revelounos a existencia de d\u00faas li\u00f1as de muralla que part\u00edan dun estremo e chegaban ata o outro, na zona que daba aos cami\u00f1os, na menos defendida.  Trala li\u00f1a superior hab\u00eda unha pequena plataforma e nela a\u00ednda se pod\u00edan ver estruturas dom\u00e9sticas, algunha delas con fragmentos de 70 cms de muro a\u00ednda en p\u00e9. Un privilexio, despois de 2000 anos, que a\u00ednda estean de p\u00e9. Visto por riba, lembroume \u00e1 t\u00edpica estrutura dom\u00e9stica de barrio castrexo, con varias dependencias asociadas, pero coa cinza que nos pintaba os pantal\u00f3ns, os zapatos, a cara, non estou totalmente seguro. <\/p>\n<p>Seguimos andando pola croa. De s\u00fapeto, ao mirar para un lado, vin algo. Lembrei a <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/09\/28\/unha-chamada-intrigante\/\">intrigante conversa con Xos\u00e9 Gago<\/a>. E ti\u00f1a fresco o artigo <em>Un templo primitivo en el Coto de Amoreira<\/em> que o <a href=\"http:\/\/www.boletin.realacademiagalega.org:8080\/boletins-web\/paxinas.do?id=1456\">padre Celestino Garc\u00eda Romero publicou no ano 1922<\/a> no Bolet\u00edn da RAG, narrando as s\u00faas visitas ao lugar rec\u00e9n estreado o s\u00e9culo XX. Poucas persoas puideran ver aquelo de novo desde 1910. Xa o padre Romero avisaba que todo se pechara, no seu tempo, de toxo. <\/p>\n<p>&#8211;<em>Cando sexa, saber\u00e9molo. Ser\u00e1 evidente.<\/em> -lembrei a mi\u00f1a propia frase.  <\/p>\n<p>A mi\u00f1a c\u00e1scara de protecci\u00f3n derrubouse. E achegueime excitado a ver o que estaba vendo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moreira_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Esta pedra trapezoidal foi desprazada da s\u00faa ubicaci\u00f3n orixinal. No centro ti\u00f1a unha enorme cova circular perfectamente moldeada. Xiro ao redor dela. <\/p>\n<p>&#8220;<em>S\u00e9 esc\u00e9ptico. Non flipes. Acouga<\/em>&#8221; <\/p>\n<p>Doulle voltas ao redor. \u00c9 unha pedra traballada polos lados, escarvada no centro, desprazada da s\u00faa ubicaci\u00f3n orixinal para ser colocada nun punto concreto. Canta un mundo. Pero se s\u00f3 fora iso, dubidar\u00eda. Ao facerme unha composici\u00f3n de lugar e a\u00ednda fico m\u00e1is sorprendido. Dec\u00e1tome de que o Coto de  Amoreira non ten d\u00faas murallas, como dic\u00eda, sen\u00f3n tres. Do estremo oriental, de onde parten as d\u00faas filas grandes, parte unha terceira. O forte desnivel do monte a\u00ed, dec\u00e1tome, est\u00e1 recheado. Estou, ao car\u00f3n da pedra, sobre un terrapl\u00e9n circular, como unha escama que sae dos grandes penedos de atr\u00e1s. A pedra est\u00e1 no centro e no estremo dun recinto circular, contido cun muro sobre a ca\u00edda e o resto do castro. Ese espazo pequeno est\u00e1 individualizado con respecto ao resto do recinto. E non hai, aparentemente, ningunha edificaci\u00f3n no seu interior. S\u00f3 esa pedra, nun estremo. Aqu\u00ed o vedes desde lonxe:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moreira_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Se vos fixades, \u00e1 esquerda e \u00e1 dereita da p\u00eda p\u00f3dese apreciar o muro que se despraza de xeito semicircular. Quen fixo isto, quer\u00eda acotar ese espazo ao redor da pedra. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moreira_5_grande.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-1\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\">Aqu\u00ed tedes a foto en grande para velo mellor<\/a>. <\/p>\n<p>Nestoutra foto de detalle:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moreira_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Podedes observar a ubicaci\u00f3n da pedra, a plataforma en amarelo, o muro de contenci\u00f3n derrubado en vermello e a altura con respecto ao recinto interior do castro (en marr\u00f3n). Tam\u00e9n apreciades detr\u00e1s, en segundo plano, a pista pola que \u00eda o cami\u00f1o primitivo. A pedra parece estar situada para ser vista polos dous cami\u00f1os que conflu\u00edan diante dela. O m\u00e1is abraiante \u00e9 que esta disposici\u00f3n da pedra en relaci\u00f3n a un recinto coincide coa ubicaci\u00f3n da <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/03\/27\/republicas-de-homes-libres-santuarios-e-castelos-na-beira-do-tambre\/\">p\u00eda labrada do Castelo de Portomeiro,<\/a> que tam\u00e9n est\u00e1 no estremo dun recinto rectangular perceptible baixo a frouma. \u00bfQue raios \u00e9 isto?<\/p>\n<p>Hai outro detalle: na croa do castro tam\u00e9n hai, cando menos, un petr\u00f3glifo dun c\u00e9rvido, pero non o din atopado. E nun monte case inmediato ao Coto de Amoreira <a href=\"http:\/\/petroglifosdegalicia.blogspot.com\/2008\/10\/petroglifo-de-fonte-sobreira.html\">local\u00edzase un petr\u00f3glifo moi especial<\/a>. <\/p>\n<p>Pensen o que queiran con estes datos, visiten o lugar. Eu te\u00f1o a certeza de que \u00e9 <em>algo<\/em>, pero sen escavar non podemos precisalo de todo. Pero sospeito que, consciente ou inconscientemente, hai cen anos, Celestino Garc\u00eda Romero, de alg\u00fan xeito, tivo raz\u00f3n. Se as\u00ed fora, o achado ser\u00eda important\u00edsimo: o primeiro recinto sagrado acoutado dentro dun castro. Obviamente, hai que ser prudente. Pero volo digo para que calibredes a importancia desta cuesti\u00f3n. <\/p>\n<blockquote><p><strong>Nota:<\/strong> debido a certas condici\u00f3ns especiais de vulnerabilidade da \u00e1rea -especialmente a plataforma, na que se aprecian mesmo algunhas estruturas menores que poder\u00edan estar vinculadas \u00e1 &#8220;ara&#8221;-, ser\u00e1 a segunda vez en Cap\u00edtulo Cero que non proporcione a localizaci\u00f3n do xacemento no post, como \u00e9 habitual. Se algu\u00e9n quere visitalo, pode pedirme a localizaci\u00f3n sen problemas por correo electr\u00f3nico en <a href=\"mailto:magago@gmail.com\">magago@gmail.com<\/a>. <\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando Xos\u00e9 Gago me chamou tardei s\u00f3 un d\u00eda en subir a aquel monte. Coa roupa chea de borra e cinza, mov\u00edmonos pola superficie queimada do Coto de Amoreira, descubrimos as s\u00faas murallas, as casas&#8230; Ata que atopamos algo desconcertante. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/09\/29\/coto-da-amoreira-o-lume-que-nos-desvela-un-misterio\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Coto da Amoreira: O lume que nos desvela un misterio<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":13082,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-13079","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13079","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13079"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13079\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13082"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13079"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13079"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13079"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}