{"id":13055,"date":"2010-09-28T21:05:45","date_gmt":"2010-09-28T19:05:45","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=13055"},"modified":"2010-09-29T00:29:38","modified_gmt":"2010-09-28T22:29:38","slug":"unha-chamada-intrigante","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/09\/28\/unha-chamada-intrigante\/","title":{"rendered":"Unha chamada intrigante"},"content":{"rendered":"<p>Os incendios do ver\u00e1n s\u00f3 te\u00f1en de bo unha cousa. Ao final da estaci\u00f3n, os afeccionados \u00e1 arqueolox\u00eda intercambiamos chamadas e correos dando conta dos castros, d\u00f3lmenes ou petr\u00f3glifos que ficaron abertos e visibles polo lume e as lapas que limparon a atroz broza de toxo, silveira e xesta que devora e envolve o 70% do patrimonio arqueol\u00f3xico do pa\u00eds (estimaci\u00f3n optimista). \u00c9 un pouco <em>voitreo<\/em> pero \u00e9 o que hai. <\/p>\n<p>Ao ir \u00e1 Pobra do Carami\u00f1al pola autov\u00eda do Barbanza, ao entrar no val de Cures -despois da sa\u00edda de Boiro-, os ollos sempre se me van para a mi\u00f1a serra do Barbanza. O espect\u00e1culo, tralo ver\u00e1n, \u00e9 miserable. Unha formidable estensi\u00f3n de ladeiras arrasadas polo lume. Rutinariamente, cun ollo na estrada e outro no monte, reco\u00f1ezo visualmente os xacementos arqueol\u00f3xicos, importantes, que est\u00e1n nestas ladeiras. O Castelo de Vitres, do que xa falei aqu\u00ed, e do Coto da Amoreira, un importante recinto castrexo pendurado dos Chans do Barbanza. O Coto foi agredido por unha pista forestal o ano pasado: eu presentara unha denuncia na Garda Civil que a Benem\u00e9rita nunca se dignou contestarme nin informar -vaia servizos que temos, as\u00ed queren que haxa colaboraci\u00f3n cidad\u00e1. O Coto, observei desde o coche, tam\u00e9n est\u00e1 queimado. Unha excitaci\u00f3n entroume polo corpo. Nunca vira ese lugar claramente: durante os m\u00e1is de quince anos que levo visit\u00e1ndoo, sempre o topei cheo de xestas que superaban a mi\u00f1a altura. E sempre me entrou a carraxe: o lugar, desde o punto de vista arqueol\u00f3xico, ti\u00f1a <em>algo<\/em> especial. <\/p>\n<p>D\u00edxenllo a Xos\u00e9 Gago. Marqueille a localizaci\u00f3n no Google Earth. El achegouse un domingo pola ma\u00f1\u00e1 e explorou o lugar. Cando sa\u00eda de al\u00f3, chamoume. Na voz -supo\u00f1o que estaba a\u00ednda gabeando polas pedras- percib\u00ednlle certa excitaci\u00f3n. <\/p>\n<p>-Est\u00e1 limpo polo lume -informoume.<br \/>\n-\u00bfE que? -apremieille.<br \/>\n-Si, acabo de sa\u00edr de al\u00ed. Hai moito cachote, si&#8230;e algo m\u00e1is.<br \/>\n-\u00bfQue m\u00e1is?<br \/>\n-Um&#8230;non cho digo.<br \/>\n-\u00bfComo?<br \/>\n-Mellor que o vexas por ti mesmo. Sube aqu\u00ed arriba en canto poidas.<br \/>\n-\u00bfPero non me dis nada? -insist\u00edn \u00e1 desesperada.<\/p>\n<p>Xos\u00e9 riuse e resistiu o embite. <\/p>\n<p>-Non. Non tardes en subir.<em> En serio<\/em>. <\/p>\n<p>Eu sospeitaba o motivo de tanto misterio. No ano 1922, no Bolet\u00edn da Real Academia Galega, un xesuita, o Padre Celestino Garc\u00eda Romero, publicou un texto singular. Cham\u00e1base <em>Un templo primitivo en el Coto da Amoreira<\/em>. Lembreino. <a href=\"http:\/\/www.boletin.realacademiagalega.org:8080\/boletins-web\/paxinas.do?id=1456\">Aqu\u00ed p\u00f3dese ler o facs\u00edmile dixital<\/a>. Tr\u00e1tase dun texto antol\u00f3xico para a arqueolox\u00eda barbanzona, posiblemente unha das primeiras menci\u00f3ns a un xacemento da Idade do Ferro na comarca, cando a\u00ednda non estaba clara, ou o Padre Garc\u00eda non a ti\u00f1a clara, a noci\u00f3n de <em>castro<\/em>. Eu non co\u00f1ec\u00eda a ningu\u00e9n que contrastara o que se contaba naquel texto do ano 22 coa realidade, e cunha ollada 90 anos posterior. O xacemento sempre estivera encerrado nun tremendo e impenetrable mato. Ata a chamada de Xos\u00e9. <\/p>\n<p>Por suposto, tardei ben pouco en subir ao Coto da Amoeira, e en toparme de fuci\u00f1os co que Xos\u00e9 se calara. Pero iso volo contarei ma\u00f1\u00e1. :-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os incendios do ver\u00e1n s\u00f3 te\u00f1en de bo unha cousa. Ao final da estaci\u00f3n, os&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/09\/28\/unha-chamada-intrigante\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unha chamada intrigante<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-13055","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13055","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13055"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13055\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13055"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13055"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13055"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}