{"id":1297,"date":"2006-07-23T21:58:44","date_gmt":"2006-07-23T19:58:44","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1297"},"modified":"2006-07-23T22:24:27","modified_gmt":"2006-07-23T20:24:27","slug":"tellas-e-loureiros-na-torre-da-moa-en-traba","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/07\/23\/tellas-e-loureiros-na-torre-da-moa-en-traba\/","title":{"rendered":"Tellas e loureiros na Torre da Moa, en Traba"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image1298\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/2006\/07\/torre.jpg\" alt=\"torre.jpg\" \/><em><br \/>\nTorre da Moa, en Traba (Laxe), dende a Pena Gallada. <\/em><\/p>\n<p>O val de Traba (Laxe) limita ao norte co oc\u00e9ano. O enorme areeiro que pecha o val ten unha sombra de auga, a lagoa do mesmo nome. Todo ese lugar -dos meus preferidos na Costa da Morte- est\u00e1 cheo de resonancias m\u00edticas e hist\u00f3ricas. De aqu\u00ed era Pedro Froilaz, o Conde de Traba, o aio do emperador Afonso VII e protagonista dunha incr\u00edbel historia medieval de fuxidas na noite e agachadas entre granito para protexer ao infante. Sempre que entro no Pante\u00f3n dos Reis de Galicia -esa esquencida capela que est\u00e1 na Catedral de Santiago- voume directo a ver a <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/extra_galeria.php?titulo=Galer%EDa%3A+Os+reis+de+Galicia&#038;id=857&#038;id_nova=4804&#038;&#038;index=1\">tumba dese grave cabaleiro<\/a>, a fixarme en como o artista o representou na lauda erguendo lixeiramente a cabeza para vixiar ao seu se\u00f1or El-Rei. Afonso debeu querer que soterraran ao seu protector ao car\u00f3n, malia non ter sangue real. Merece ler as s\u00faas aventuras en <a href=\"http:\/\/www.xerais.es\/cgigeneral\/busquedas.pl?id_autor=100005580&#038;id_sello_editorial_web=13&#038;id_funcion=44&#038;origen=10&#038;salto=0&#038;adelante=1&#038;desde_formulario=ok&#038;paginar=5\">Magog<\/a>, unha espl\u00e9ndida novela de Mar\u00eda G\u00e1ndara. <\/p>\n<p>No sur, o val p\u00e9chase coa Torre da Moa, un dos picos do macizo gran\u00edtico co\u00f1ecido coma os Penedos de Traba. Para chegar \u00e1 Torre, hai que gabear por un empinado cami\u00f1o aberto a machada entre a matorranca. Todo ao cami\u00f1o do pico, aparecen misteriosas, estreitas e musgosas cavernas naturais que naceron a partir do granito escachado.  Dende este pico, o val, o oc\u00e9ano, as serras \u00e1brense a berros e a coiteladas na orograf\u00eda. Te\u00f1en penachos gran\u00edticos de enormes figuras. <\/p>\n<p>Xa na zona superior, o chan da Moa aparece estrada de pequenos restos de tella, de cer\u00e1mica basta con moitas part\u00edculas de cuarzo, r\u00f3tulas de mam\u00edferos, cunchi\u00f1as de ostras e outros mariscos. \u00bfPor que sempre hai cunchas e ostras nestes castelos serr\u00e1ns?. Na base do gran penedo que define o lugar, at\u00f3pase un t\u00fanel natural inzado de anacos de cer\u00e1mica que se chama a Cova dos Mouros. Canonicamente, a lenda di que era unha sa\u00edda dos <em>xent\u00eds<\/em> ata o areeiro e a Lagoa -que no seu momento tam\u00e9n tivo unha cidade lendaria, hoxe asolagada-. A\u00ednda que polas webs dise que os restos son medievais, a cer\u00e1mica pareceume m\u00e1is castrexa que outra cousa. Nalgunha da tella a\u00ednda se poden ver as pegadas da palla sobre a que estivo apoiada. Nos enormes penedos, se un observa, pode ver calzos e amarres para a madeira, nalg\u00fan punto mesmo inveros\u00edmiles. E, no alto, un pequeno e m\u00e1xico bosque de loureiros: gardamos follas na mochila para despois, na casa, facermos sardinas \u00e1 parrocha \u00e1 sa\u00fade dos mudos e sagrados montes do pa\u00eds. O alto da Moa, dunha beleza brava de penedos escachados pola acci\u00f3n dos raios, de cazoletas enormes que deixan sucos en paredes verticais, agacha m\u00e1is misterios. Tanta tella, pero nada da mamposter\u00eda -a pedri\u00f1a pequena para constru\u00edr- tan t\u00edpica destas atalaias costeiras. Quen viviu aqu\u00ed empregou basicamente a madeira para protexerse da dur\u00edsima metereolox\u00eda mentres observaba o diminuto val e as valgadas de acceso, ou mentres fac\u00eda plegarias a alg\u00fan deus de nome esquencido. Ao explorarmos os penedos \u00e1 busca de calzos para as trabes, un non para de facer c\u00e1balas sobre a resistencia das construci\u00f3ns neste ni\u00f1o de aguias. <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/maps.google.com\/?ie=UTF8&#038;ll=43.167408,-9.038411&#038;spn=0.003357,0.008261&#038;t=k&#038;om=1\"><br \/>\nA Torre da Moa en Google Maps<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Torre da Moa, en Traba (Laxe), dende a Pena Gallada. O val de Traba (Laxe)&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/07\/23\/tellas-e-loureiros-na-torre-da-moa-en-traba\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Tellas e loureiros na Torre da Moa, en Traba<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1296,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-1297","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1297","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1297"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1297\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1296"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1297"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1297"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1297"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}