{"id":12852,"date":"2010-09-20T00:31:07","date_gmt":"2010-09-19T22:31:07","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=12852"},"modified":"2011-02-21T14:59:14","modified_gmt":"2011-02-21T12:59:14","slug":"a-fortaleza-do-galineiro-o-impresionante-refuxio-de-guerras-esquencidas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/09\/20\/a-fortaleza-do-galineiro-o-impresionante-refuxio-de-guerras-esquencidas\/","title":{"rendered":"A Fortaleza do Gali\u00f1eiro: o impresionante refuxio de guerras esquencidas"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/galinheiro_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Os vellos de Vincios cham\u00e1banlle ao Gali\u00f1eiro o Pico das Sete Camisas, porque no inverno vest\u00edase sete veces de de neve. A\u00ednda que a temperatura global do pa\u00eds sub\u00edu nas \u00faltimas d\u00e9cadas, este lugar contin\u00faa a ser un espazo de metereolox\u00eda brav\u00edsima na que ata ao toxo lle custa medrar. Estamos a case setecentos metros de altura, e estou alucinando con todos os meus sentidos ante o que aqu\u00ed vemos. <\/p>\n<p>Cando comezamos a Rep\u00fablica de Homes Libres, e non sab\u00edamos que procurabamos a aventura, non tardou en sa\u00edr a referencia ao Gali\u00f1eiro. Ao norte do monte Aloia de Tui, seguindo a serra, no seu estremo contrario, permanec\u00eda unha fortaleza pouco co\u00f1ecida, e tan enigm\u00e1tica coma o Aloia e o Castro Valente. Co Aloia e outra fortaleza m\u00e1is, o Faro de Budi\u00f1o, compart\u00eda outra caracter\u00edstica: case voa sobre a Depresi\u00f3n Meridiana, o corredor xeol\u00f3xico que permite facilmente chegar desde o Mi\u00f1o ata o interior da provincia da Coru\u00f1a sen grandes obst\u00e1culos orogr\u00e1ficos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/galinheiro_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Para preparar a conferencia de Pontevedra, decidimos avanzar nesta secuencia de fortalezas do sur, das que comezamos a ter hip\u00f3teses m\u00e1is ou menos elaboradas sobre a cronolox\u00eda. Ao subirmos \u00e1s pened\u00edas do Gali\u00f1eiro, atopamos un lugar fascinante, duro, pero no que se percib\u00edan facilmente as estruturas defensivas. A este pico, o Gali\u00f1eiro Norte, ch\u00e1mase o Couto do Demo -moitos nomes infernais te\u00f1en estes castelos. <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.141291,-8.707352&#038;spn=0.028703,0.038581&#038;t=h&#038;z=15&#038;iwloc=000490a440fd2461c30ec\">Aqu\u00ed tes a s\u00faa localizaci\u00f3n<\/a>. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/galinheiro_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/galinheiro_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Entre enormes pened\u00edas de gneis al\u00ed enriba hai unha fortaleza tan desco\u00f1ecida como de enorme relevancia. Aquelo non \u00e9 un castro. E non se parece en nada \u00e1s pequenas e circulares motas e castelos roqueiros que estudamos ao final da Alta Idade Media, nos s\u00e9culos VIII ou IX. Aquelo \u00e9 grande -a\u00ednda que \u00e9 moito m\u00e1is pequeno que o Aloia ou o Castro Valente-, pero sobre todo \u00e9 maxestuoso. Imaxinen unha grandiosa formaci\u00f3n natural, de enormes pened\u00edas de gneis cortadas no interior, formando como canles de herba que se conectan entre si, e cada unha destas canles bloqueada en cada estremo por unha muralla que bloquea o paso. Polo seu lado oeste, a ca\u00edda \u00e9 de vertixe, e as murallas foron formadas de xeito alucinante. As xentes que crearon este lugar cortaron as laxes de pened\u00edas e debruz\u00e1ronnas e acumul\u00e1ronnas monte abaixo, formando como murallas sucesivas que bloquean un lugar inaccesible.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/galinheiro_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/galinheiro_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/galinheiro_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/galinheiro_9.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Canteira para o muro cicl\u00f3peo do Leste. <\/em><\/p>\n<p>Pola contra, na s\u00faa banda Leste, que \u00e9 a m\u00e1is visible, os construtores da fortaleza crebaron as laxes, arrastraron pedras cicl\u00f3peas, formaron unha muralla estruturada con laxes enormes: aquela parte deb\u00eda ser vista por quen chegara ata al\u00ed. Como sempre nos castelos que exploramos desta \u00e9poca -tardorromana e xerm\u00e1nica- a cara m\u00e1is visible adquire un sentido moito m\u00e1is monumental. Un cami\u00f1o angosto parece subir pola valgada do sureste. A canle de acceso est\u00e1 protexida por unha doble muralla -que parece de factura anterior, m\u00e1is antiga que o resto do muro-. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/galinheiro_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/galinheiro_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Percorrendo estas valgadas rodeadas de enormes pened\u00edas chegas, na zona norte, a un lugar no que resisten algunhas edificaci\u00f3ns anexas \u00e1 muralla e un corredor que serpentea entre elas. Algunha edificaci\u00f3n a\u00ednda est\u00e1 en p\u00e9, pero poder\u00eda ser posterior ao mesmo recinto. Dist\u00ednguese outras d\u00faas, cando menos. Parece estar na parte m\u00e1is refuxiada dos duros ventos que deben zoar indomables al\u00f3 enriba. Xusto embaixo, e cinguindo as bandas leste e sur, os ollos m\u00e1is avezados distinguir\u00e1n unha plataforma circundada por un muro que poder\u00eda ser unha segunda li\u00f1a de muralla ou alg\u00fan tipo de peche perimetral de todo o recinto. <\/p>\n<p>O escenario \u00e9 salvaxe, cinematogr\u00e1fico, obr\u00edgate a estar calado. Por baixo noso est\u00e1n terras e montes de Vigo e o Val Mi\u00f1or. A costa de Baiona enx\u00e9rgase con facilidade, pero calquera persoa dec\u00e1tase de que este lugar, lonxe de todo, non era s\u00f3 unha atalaia. Voulles soltar unha teor\u00eda: este \u00e9 un refuxio, un lugar ao que sub\u00eda moita xente nun momento de perigo tremendo. Non sabemos como resistir\u00edan un asedio de tempo: non localizamos a\u00ednda un alxibe ou algo similar, pero este castelo non se pode defender cunha pequena guarnici\u00f3n. Imax\u00ednome familias enteiras aqu\u00ed agochadas ante a presenza dun enemigo profundamente hostil. Cremos sentir os seus pasos, os seus refuxios e acochos. Case cremos sentir o perigo. Gustar\u00edame porlle nomes e tempos a todo isto. <\/p>\n<p>O paramento do muro -o \u00fanico resto que n\u00f3s podemos ver, que podemos comparar- par\u00e9cese moito ao do monte Aloia. Parecer\u00eda mesmo pertencer \u00e1 mesma \u00e9poca. Antigas <em>gens<\/em>, antigos pobos prerromanos que ante a ca\u00edda do Imperio Romano volven cobrar sentido como entidades pol\u00edticas e, sobre todo, defensivas. Algunhas partes do muro requiren un investimento en recursos humanos moi elevado. Esta fortaleza foi feita para durar, e a\u00ednda que o tempo levoulle moitas pedras, durou m\u00e1is de mil anos.  E a\u00ednda voume tirar un pouco m\u00e1is \u00e1 piscina: baixo os p\u00e9s desta fortaleza, ao Oeste, est\u00e1 o impresionte petr\u00f3glifo de Auga da Laxe, co\u00f1ecido polos vellos como a <a href=\"http:\/\/www.petroglifos.org\/spip.php?article18\">Pedra das Procesi\u00f3ns<\/a>, onde vinteseis armas prehist\u00f3ricas est\u00e1n esculpidas nun dos conxuntos de petr\u00f3glifos m\u00e1is importantes do pa\u00eds. Quen sabe se, de alg\u00fan xeito, este impo\u00f1ente Castelo Baleiro tivo algo que ver -nalg\u00fan momento da s\u00faa historia- con ese m\u00e1xico lugar. <\/p>\n<p>A Fortaleza do Gali\u00f1eiro posiblemente sexa o Castelo Baleiro m\u00e1is espectacular co que nos te\u00f1amos atopado na nosa aventura, ata o momento. Un lugar ao que non tardaremos en volver. <\/p>\n<blockquote><p>NOTA: Para explorar o lugar veume moi ben o excelente documento descritivo que Pablo \u00c1lvarez Y\u00e1\u00f1ez realizou sobre o lugar e que <a href=\"http:\/\/www.scribd.com\/doc\/36637820\/O-Castelo-do-Galineiro\">podedes consultar en li\u00f1a<\/a>. Grazas, Pablo!<\/p><\/blockquote>\n<p><strong>NOTA 2: (21\/02\/11)<\/strong><br \/>\nPara facilitar a comprensi\u00f3n da importancia deste xacemento, ameazado polo proxecto de construci\u00f3n dun parque e\u00f3lico, un grupo de afeccionados e profesionais do patrimonio elaboramos un documento divulgativo que podes consultar aqu\u00ed. <\/p>\n<p><a title=\"View O Castelo do Gali\u00f1eiro on Scribd\" href=\"http:\/\/www.scribd.com\/doc\/49075101\/O-Castelo-do-Galineiro\" style=\"margin: 12px auto 6px auto; font-family: Helvetica,Arial,Sans-serif; font-style: normal; font-variant: normal; font-weight: normal; font-size: 14px; line-height: normal; font-size-adjust: none; font-stretch: normal; -x-system-font: none; display: block; text-decoration: underline;\">O Castelo do Gali\u00f1eiro<\/a> <object id=\"doc_78153498694042\" name=\"doc_78153498694042\" height=\"600\" width=\"100%\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" data=\"http:\/\/d1.scribdassets.com\/ScribdViewer.swf\" style=\"outline:none;\" ><param name=\"movie\" value=\"http:\/\/d1.scribdassets.com\/ScribdViewer.swf\"><\/param><param name=\"wmode\" value=\"opaque\"><\/param><param name=\"bgcolor\" value=\"#ffffff\"><\/param><param name=\"allowFullScreen\" value=\"true\"><\/param><param name=\"allowScriptAccess\" value=\"always\"><\/param><param name=\"FlashVars\" value=\"document_id=49075101&#038;access_key=key-29pl0d6i08em37vlqekd&#038;page=1&#038;viewMode=list\"><embed id=\"doc_78153498694042\" name=\"doc_78153498694042\" src=\"http:\/\/d1.scribdassets.com\/ScribdViewer.swf?document_id=49075101&#038;access_key=key-29pl0d6i08em37vlqekd&#038;page=1&#038;viewMode=list\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" allowscriptaccess=\"always\" allowfullscreen=\"true\" height=\"600\" width=\"100%\" wmode=\"opaque\" bgcolor=\"#ffffff\"><\/embed><\/param><\/object>\t<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>E unha das fortalezas m\u00e1is espectaculares que nos temos topado na nosa serie Rep\u00fablicas de Homes Libres. A case 700 metros de altura, a\u00ednda se pode ver o espectacular e inaccesible refuxio dun pobo do que xa non temos nome. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/09\/20\/a-fortaleza-do-galineiro-o-impresionante-refuxio-de-guerras-esquencidas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A Fortaleza do Gali\u00f1eiro: o impresionante refuxio de guerras esquencidas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":12853,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18,35],"tags":[],"class_list":["post-12852","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12852","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12852"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12852\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12853"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12852"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12852"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12852"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}