{"id":12463,"date":"2010-08-27T11:52:44","date_gmt":"2010-08-27T09:52:44","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=12463"},"modified":"2010-09-02T18:19:32","modified_gmt":"2010-09-02T16:19:32","slug":"imposible-napoles","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/08\/27\/imposible-napoles\/","title":{"rendered":"Imposible N\u00e1poles"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/napoles_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>A primeira vez que baixas en N\u00e1poles da Estaci\u00f3n e te metes na Praza Garibaldi, a reacci\u00f3n institiva \u00e9 comprobar onde tes a carteira e activar un par de sentidos m\u00e1is que non tes. Para un galego, pasan demasiadas cousas ao mesmo tempo, e demasiado r\u00e1pidas. Hai cousas que non axudan: a suciedade estrema que se acumula na r\u00faa, onda os tenderetes, onde xente de moitas nacionalidades se move con rapidez e un treb\u00f3n de motos e coches atravesa as r\u00faas por onde podes. <\/p>\n<p>Cando subes por Alessandro Poerio a cousa non mellora. Unha monta\u00f1a -literal- de lixo enche os recantos, preto das tendas dos orientais. Un vendedor de triquiladas tende as s\u00faas cordas cargadas de obxectos luminosos dunha banda a outra da r\u00faa, obrigando a agacharte para pasares por embaixo. E m\u00e1is cousas r\u00e1pidas. Cando entras pola angosta Via dei Tribunali, a luz de s\u00fapeto descende. Os edificios, moitos deles <em>palazzos<\/em> do XVIII divididos internamente en labir\u00ednticos cuartillos nos que habitan familias quilom\u00e9tricas de napolitanos, suben en altura como ra\u00f1aceos e bloquean o paso da luz. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/napoles_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/napoles_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Da Via dei Tribunali parten lateralmente <em>vici <\/em>angostos, estreitos e sen iluminaci\u00f3n, tapada non s\u00f3 polas dimensi\u00f3ns dos palazzos, sen\u00f3n polos metros e metros de roupa tendida, atada en cordas que se pasan dunha banda \u00e1 outra da r\u00faa -hai que supo\u00f1er alianzas veci\u00f1ais para atarse cordas os uns aos outros. E aqu\u00ed a turbamulta veci\u00f1al se intensifica. A familia no canto de estar nos raqu\u00edticos apartamentos salta \u00e1 r\u00faa, atravesa nunha ou noutra direcci\u00f3n. Familias enteiras van en vespa sen casco -o casco \u00e9 de covardes en N\u00e1poles. O m\u00e1is pequeni\u00f1o, case un beb\u00e9, diante de todo. S\u00e9gueno o seu irm\u00e1n de sete anos, os dous de p\u00e9, o pai sentado detr\u00e1s termando do manillar e a muller atr\u00e1s. Arriba e abaixo, como unha colmea, mentres os berros entre casas se sucende enriba, os nenos pasan en bicicleta e os vellos espreitan sentados nas portas. De s\u00fapeto esc\u00f3itase un rebumbio transmitido de cadeira a cadeira de vello r\u00faa abaixo, e as motos, que vi\u00f1an en direcci\u00f3n prohibida, det\u00e9\u00f1ense a mirar para o fondo: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/napoles_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/napoles_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aparece un coche da polic\u00eda e dun momento para outro as motos desaparecen. S\u00fabense pola aceira esquivando transe\u00fantes, m\u00e9tense dentro das casas, aparcan nas escaleiras, as familias sobre vespa esvaran sobre vicos escuros e m\u00ednimos nos que brillan capeli\u00f1as de santos antes de que chegue a <em>pasma<\/em>. Non pasa nada, est\u00e1n protexidos: m\u00e1is enriba en Tribunali, todos pasan a man por diante dunha descolorida caliveira recuberta de metal e musitan unha pregaria. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/napoles_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Noutra volta, mozos en sotana -que mozos son os curas napolitanos- xogan con nenos en bicicleta, as pombas aterran sobre as redes que soste\u00f1en os balc\u00f3ns ruinosos das casas e grupos de homes ociosos -canto home ocioso hai na Campania, sentado na porta do bar- apelot\u00f3nase coma  no Magreb diante de establecementos de fritanga napolitana. Cheira a especias, a salsa de pomodoro, a arroz fritido. Pasa un vello arrastrando un carro e ofrecendo caralladas. Un home mete unha Harley nunha capela dezaoitesca e ap\u00e1rcaa entre o p\u00falpito e un fermos\u00edsimo bel\u00e9n artes\u00e1n. Os gatos entran e saen con liberdade nunha igrexa fechada desde hai anos por un buraco feito na porta. <\/p>\n<p>A sensaci\u00f3n de prevenci\u00f3n, entrementres, empeza a transformarse pola de diversi\u00f3n e fascinaci\u00f3n. \u00c9 o intens\u00edsimo mundo que se move ao noso redor o que nos desconcerta, pero non \u00e9 m\u00e1is que a sociedade volta do rev\u00e9s. Como se todo o mundo decidira pasarse ao exterior para esconxurar esta pesada calor. <\/p>\n<p>Gustame este caos imposible. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 tal e como cho contan, e moito m\u00e1is. Non apta para card\u00edacos, a cidade de N\u00e1poles mant\u00e9n as esencias dun sur tolo, imprevisible e de costumes ind\u00f3mitos. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/08\/27\/imposible-napoles\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Imposible N\u00e1poles<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":12465,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,8],"tags":[],"class_list":["post-12463","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12463","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12463"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12463\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12465"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12463"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12463"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12463"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}