{"id":12287,"date":"2010-07-23T17:47:51","date_gmt":"2010-07-23T15:47:51","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=12287"},"modified":"2010-07-23T19:59:18","modified_gmt":"2010-07-23T17:59:18","slug":"lixo-e-vida-na-pompeia-galega","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/07\/23\/lixo-e-vida-na-pompeia-galega\/","title":{"rendered":"Lixo e vida na Pompeia galega"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lixo_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Un comuneiro de Noalla reco\u00f1\u00e9cese nunha foto cl\u00e1sica da escavaci\u00f3n. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>-Pero que valor ten a Lanzada? -pregunt\u00e1ronlle os comuneiros de Noalla a Antonio de la Pe\u00f1a, o \u00faltimo director de escavaci\u00f3ns na Lanzada e arque\u00f3logo do Museo de Pontevedra, a principios dos 80, antes das escavaci\u00f3ns actuais nesta pen\u00ednsula. <\/p>\n<p>Estamos no magn\u00edfico local social dos comuneiros, ao ser\u00e1n, sentados no medio dunha pista de baile, onde nunhas cadeiras, os veci\u00f1os de Noalla e o resto dos asistentes escoitaron como Antonio de la Pe\u00f1a describiu a secuencia de intervenci\u00f3ns na Lanzada desde a posguerra ata a actualidade. Os comuneiros queren saber. Queren ter unha idea clara do que se gardan nas s\u00faas terras. Escoitaron atentamente o que lles contou Antonio de la Pe\u00f1a. Pero cando rematou foron ao gran: &#8220;canto de importante \u00e9 aquelo?&#8221;. Vostede que sabe, d\u00edganolo. Cunha formulaci\u00f3n ou outra, a pregunta repetiuse varias veces no p\u00fablico. <\/p>\n<p>Antonio de la Pe\u00f1a non tardou en contestar.<br \/>\n<!--more--><\/p>\n<p>-Eu creo que \u00e9 o xacemento m\u00e1is importante de Galicia -e apresurouse a engadir- pero por un motivo excepcional. Na Lanzada, grazas \u00e1 area e \u00e1s cunchas, \u00e9 o \u00fanico sitio de Galicia no que se preservan restos org\u00e1nicos. Podemos ver claramente aos mortos soterrados ao car\u00f3n das casas nas que viviron. E iso non acontece en ning\u00fan sitio m\u00e1is de Galicia. <\/p>\n<p>Os comuneiros relax\u00e1ronse, orgullosos, cos seus brazos cruzados, nas cadeiras. Alg\u00fan levantouse mentres de la Pe\u00f1a falaba, subiu ao estrado, e p\u00faxose a mirar as fotos nas que el mesmo estaba cando novo, e traballaba de pe\u00f3n cada o equipo arqueol\u00f3xico. O proxector convertiuse nun espello temporal: o vello non dixo palabra ata que volveu sentar. O di\u00e1logo entre arque\u00f3logos e veci\u00f1os das comunidades locais onde est\u00e1n os xacementos \u00e9 algo m\u00e1xico, e \u00fanico. E tam\u00e9n raro e excepcional, por desgraza. <\/p>\n<p>Onte pola tarde foi unha xornada especial para min. Levo percorrido centos de castros deste pa\u00eds, te\u00f1o vistas unhas cantas escavaci\u00f3ns, pero non \u00e9 dificil apreciar a excitaci\u00f3n do equipo arqueol\u00f3xico que traballa nesa pen\u00ednsula dos ventos que \u00e9 a Lanzada, cando chegas al\u00ed e me amosan os \u00faltimos achados. E a area, efectivamente, outorga unhas propiedades especiais a un xacemento que \u00e9 un aut\u00e9ntico labirinto temporal. Pero vouvos contar o que m\u00e1is me impresionou. <\/p>\n<p>De la Pe\u00f1a ti\u00f1a raz\u00f3n. O m\u00e1is importante do xacemento \u00e9 a preservaci\u00f3n de restos org\u00e1nicos. Ao pasear pola \u00e1rea de escavaci\u00f3n, o abraiante \u00e9 que se atopan restos org\u00e1nicos por todas partes, das con eles entre os p\u00e9s. Merda a saco. Concheiros de lixo agrupados aqu\u00ed e acol\u00e1. Cunchas, raspas de peixe, \u00f3sos de b\u00f3vidos, de cabras e ovellas, de porcos, todos ciscados polo xacemento adiante, restos de comidas que a\u00ednda se poden ver, capas e capas de porcallada milenaria, extraordinariamente ben preservada. Como ser\u00eda a visi\u00f3n real destas casas, dos vieiros entre elas, das corredoiras, con todo este lixo ciscado? O dato m\u00e1is abraiante \u00e9 que no interior desas foxas de merda, at\u00f3panse pequenos tesouros arqueol\u00f3xicos que non deben estar a\u00ed por casualidade. Moedas. Boas pezas cer\u00e1micas, luxosas, importadas dos bos talleres da B\u00e9tica ou de Italia. Aneis. Brazaletes. Todo iso mesturado con ostras, ameixas, berberechos, cornos ou \u00f3sos. Rafael Rodr\u00edguez, director da escavaci\u00f3n, alucinou o outro d\u00eda. No medio dun destes concheiros apareceu un posible dedo humano. \u00bfQue nos est\u00e1 a dicir o lixo? \u00bfTi\u00f1a o mesmo sentido hai dous mil anos que hoxend\u00eda? \u00bfTi\u00f1a outros? Xurxo Ay\u00e1n, que viaxa case anualmente a Etiop\u00eda para comprender mellor, coas tribos agr\u00edcolas, a pr\u00e1ctica cultural destas sociedades da Idade do Ferro, reco\u00f1ece esas pr\u00e1cticas, av\u00edsanos: o lixo nas culturas antigas ti\u00f1a unha relaci\u00f3n distinta co h\u00e1bitat. <\/p>\n<p>A Lanzada \u00e9 a Pompeia galega. Cando o <em>lapilli<\/em> sepultou a cidade italiana, preservou en excepcionais condici\u00f3ns para a Historia o maior leigado arqueol\u00f3xico do mundo antigo, sobre todo porque nos deu o privilexio de observar algo m\u00e1is que os fragmentados restos da cultura material que ofrecen a maior parte das investigaci\u00f3ns. Nos deu aquelo que custa descubrir nas escavaci\u00f3ns: as pr\u00e1cticas culturais, a vida social, as crenzas, odios e diversi\u00f3ns. Na Lanzada, con todo este material org\u00e1nico, temos por primeira vez, nun castro galego, un escenario a\u00ednda con vida org\u00e1nica, no que se poden observar os rastros literais da vida humana, a penas abandonada. \u00c9 normal que Rafael Rodr\u00edguez, Xurxo, Roberto, Iria e o resto do equipo do CSIC estean alucinando co espazo. Est\u00e1n cheos de preguntas e abraios, cando falas con eles. <\/p>\n<p>S\u00f3 vos vou dicir d\u00faas cousas m\u00e1is, que te\u00f1o moito que facer e non dou feito. Emocionante tam\u00e9n o incendio. Si, o incendio. No estrato castrexo da Lanzada, datado entre o s\u00e9culo II a.C. e o I a.C., houbo un gran incendio que se superp\u00f3n a todas as estruturas a unha determinada profundidade. Nos niveis que van levantando os arque\u00f3logos se pode ver perfectamente a capa de cinza por debaixo das estruturas romanas e desfacendo as castrexas. \u00bfQue ser\u00eda? Por agora d\u00e9ixovos con este interrogante. Pero d\u00e9ixovos outro m\u00e1is. Nun recanto do xacemento est\u00e1 aparecendo algo moi raro. <\/p>\n<p>Onte, \u00e1s 08:20 da ma\u00f1\u00e1, falo con Xurxo Ay\u00e1n:<\/p>\n<p>-Tes que vir. Tes que ver <em>algo<\/em> que atopamos. Pode ter que ver co que ti andas buscando nas <em>Rep\u00fablicas de Homes Libres<\/em>. E pode que nos obrigue a repensar a cronolox\u00eda deste lugar. <\/p>\n<p>Ao achegarnos \u00e1 Lanzada foi o primeiro que fun mirar. Flipei. S\u00f3 vou po\u00f1er unha foto e imos deixar traballar aos especialistas: as vindeiras semanas ser\u00e1n determinantes para saber que \u00e9 isto. S\u00f3 unha foto de detalle: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lixo_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<blockquote><p>O vindeiro xoves 29 de xullo, de 17 a 20 horas, o equipo arqueol\u00f3xico estar\u00e1 polas tardes recibindo aos visitantes. As\u00ed que se vides \u00e1 conferencia sobre as Rep\u00fablicas de Homes Libres poderedes saber m\u00e1is sobre este lugar que est\u00e1 a emerxer da area. ;)<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un comuneiro de Noalla reco\u00f1\u00e9cese nunha foto cl\u00e1sica da escavaci\u00f3n. Fotos: Sole -Pero que valor<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/07\/23\/lixo-e-vida-na-pompeia-galega\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Lixo e vida na Pompeia galega<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":12288,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35],"tags":[],"class_list":["post-12287","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12287","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12287"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12287\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12288"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12287"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12287"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12287"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}