{"id":12260,"date":"2010-07-18T21:31:24","date_gmt":"2010-07-18T19:31:24","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=12260"},"modified":"2010-07-21T09:29:19","modified_gmt":"2010-07-21T07:29:19","slug":"a-gran-catanza-territorios-por-explorar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/07\/18\/a-gran-catanza-territorios-por-explorar\/","title":{"rendered":"A Gran Catanza: mundos novos encerrados en cristal"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/catanza1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>\u00bfCanto vale un vi\u00f1o? \u00bfCanto vale un bo vi\u00f1o?\u00bfCanto vale o <em>mellor<\/em> vi\u00f1o?\u00bfPero hai un vi\u00f1o<em> mellor<\/em> que o resto?\u00bf\u00c9 o prezo o marcador?<\/p>\n<p>En moitas conversas con adegueiros ou con afeccionados ao vi\u00f1o xurde sempre ese debate. \u00bfQue prezo hai que porlle a un vi\u00f1o? En segmentos de mercado baixos, hai fronteiras psicol\u00f3xicas que son decisivas. O euro que fai que un vi\u00f1o pasa de 9 a 10 euros de prezo ao cliente \u00e9 un euro decisivo. E o que provoca que pase de 14 a 15 tam\u00e9n. E o de 19 a 20. O prezo dos vi\u00f1os sempre \u00e9 relativo: ten algo ou moito do traballo e investimento do viticultor, pero en determinados vi\u00f1os de produci\u00f3n pequena, ten moito de oferta e demanda. Durante a bonanza econ\u00f3mica, alg\u00fan inepto chegado ao mundo do vi\u00f1o colocaba os prezos antes das uvas e non ti\u00f1a empacho en reco\u00f1ecelo: 40 eurazos por un vi\u00f1o sen calidade contrastada. As\u00ed lle vai a adega. Hai moito de subxectivo nos prezos, pero tam\u00e9n, \u00e1s veces, hai algo de verdade. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/catanza_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Un exemplo da personalizaci\u00f3n destes vi\u00f1os: o folleto do champagne Andr\u00e9 Clouet, escrito a man pola familia<\/em><\/p>\n<p>Na Gran Catanza decidimos explorar o mundo dos vi\u00f1os dif\u00edciles de acadar para calquera das nosas econom\u00edas. Isto da econom\u00eda, da que me confeso un ignorante absoluto e non me vanaglorio de tal cousa, \u00e9 cousa ben curiosa. \u00c1s veces un non se achega a un capricho determinado por medo, pero facendo determinadas opci\u00f3ns en colectivo un pode chegar a moito. Beber o que nos bebimos, acompa\u00f1ados de ricos prati\u00f1os da Vi\u00f1a de Xabi, por 45 euros, foi unha aut\u00e9ntica ganga. Para min, o obxectivo, era co\u00f1ecer a fronteira: tocar ese vi\u00f1os que s\u00f3 se serven nas catas moi especializadas ou vip, aqueles vi\u00f1os dif\u00edciles de conseguir, dif\u00edciles de tocar, e co\u00f1ecer a fronteira e o l\u00edmite. <\/p>\n<p>A mi\u00f1a percepci\u00f3n, durante toda a cata, tivo algo de vertixinosa, como de tocar mundos distintos, diferentes, dos que nos asomabamos por riba do muro. \u00c1s veces, individualmente, a selecta caste da outra banda do muro nos chamaba a alg\u00fan de n\u00f3s, e se produc\u00eda o empate: non me refiro a igualar o partido, sen\u00f3n que de tan heterox\u00e9nea lista de vi\u00f1os, os que estabamos na cata conectabamos de forma singular con alg\u00fans deles. Outra volta, escoit\u00e1balos besbellar nunha linguaxe complexa que non acadabas a entender, como \u00e9lfico ou kriptoniano. Unha linguaxe de solera que precisar\u00edas escoitar m\u00e1is tempo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/catanza_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>\u00bfQue dicir dos vi\u00f1os? A\u00ednda estou pensando nalg\u00fans deles, lembrando con matices as achegas que cada un me deu. A bota de manzanilla pasada \u00e9 unha aut\u00e9ntica xoia de potencia olfativa sen igual. Seguimos co champagne Andr\u00e9 Clouet 1911, unha aut\u00e9ntica xoia. S\u00f3 1911 botellas e a certeza de que, por fin, no meu caso, hai un espumante que me chegou o coraz\u00f3n. Fumos varios os que botamos en falta unhas tres ou catro botellas m\u00e1is na mesa, por acompa\u00f1ar e tal. De al\u00ed chegamos ao vi\u00f1o m\u00edtico de Nicolas Joly, la Coul\u00e9e de Serrant, do Loira. Son 20.000 ou 25.000 botellas dotadas da aura, un tanto m\u00edstica, da biodin\u00e1mica. Un vi\u00f1o diferente a todo, un vi\u00f1o que evoluciona sen complexas, sabendo a si mesmo, cunha cor dourada, case alaranxada coma un solpor en Caama\u00f1o. De al\u00ed viaxamos a Montrachet, \u00e1 Borgo\u00f1a, ao Domaine Morey Coffinet 2006, catando un branco profundo e cunha madeira da que aprendemos. Os borgo\u00f1\u00f3ns non machacan o branco con barricas de primeiro ou segundo ano. A madeira \u00e9 m\u00e1is sutil, como unha fogueira no outono, que percibes ao fondo do val. Son os chardonnays de Borgo\u00f1a, vi\u00f1os tam\u00e9n espirituais. <\/p>\n<p>Os cami\u00f1os lev\u00e1ronnos ao pago de Pechstein, ao Riesling, onde Dr. Burklin-Wolf fai este vi\u00f1o (anada 2001) de profunda nariz, mineral, bas\u00e1ltica e con hidrocarburos, e unha frescura case como de rec\u00e9n nacido. E volvimos \u00e1 pen\u00ednsula, volvimos a un vi\u00f1o escaso, un dos grandes vi\u00f1os espa\u00f1ois pero m\u00e1is novos. El Nido 2006, de Jumilla, vinificado por Chris Ringland nos vi\u00f1edos da familia Gil. Un vi\u00f1o moi parkeriano -concentrado, gran nariz-, e cunha enorme potencia alc\u00f3lica mediterr\u00e1nea -15,5\u00ba-, que espertou debate entre os catadores. A min encantoume: \u00e9 un vi\u00f1o para beber lentamente, nunha noite de inverno e outono, de deixar respirar e escoitar evolucionar, un vi\u00f1o tremendamente profundo e de personalidade enorme. De a\u00ed viaxamos ao gran cl\u00e1sico de Castela: o vi\u00f1o da aristocracia, da alta burgues\u00eda e das ritualidades. Un Vega Sicilia \u00danico 1999, unha aut\u00e9ntica xoia, que me xenerou unha sensaci\u00f3n ben curiosa. Para min era como mirar a fachada da Catedral no Obradoiro. Non \u00e9 o estilo art\u00edstico que me gusta, pero valoro, reco\u00f1ezo e disfruto o pensamento e a disposici\u00f3n de Casas y Novoa. Pois co Vega Sicilia igual. Un vi\u00f1o do ano 99 que segu\u00eda floral, frutal e fresco, cunha madeira integrada ao vello xeito, cambiada e trasegada, con uvas seleccionadas de xeito delicioso, que se resume nunha \u00fanica palabra: sabidur\u00eda. Un gran se\u00f1or, un tanto antigo, de pano na chaqueta, de xemelgos dourados, elegante no seu paseo con bast\u00f3n de pomo de prata pola Alameda. Non \u00e9 o teu estilo, pero se tiveras sombreiro o quitar\u00edas. Iso \u00e9 Vega Sicilia. \u00bfVale o que custa? A\u00ed toca decidir. Eu botei en falta tomar un par de copas m\u00e1is, e deixalo evolucionar varias horas a ver que pasaba. <\/p>\n<p>De a\u00ed navegamos sen medo ata outra xoia de Ord\u00f3\u00f1ez. O Ordo\u00f1ez Esencia n\u00ba4, o \u00faltimo moscatel vi\u00f1ificado por Alois Kracher na Axarqu\u00eda de M\u00e1laga. S\u00f3 se fixeron 500 botellas desta marabilla enol\u00f3xica. Un n\u00e9ctar de moscatel de Alexandr\u00eda espeso, intenso, absolutamente \u00fanico, no que aparecen as noces, os campos brancos cheos de margaridas, as notas de hidrocarburos e o mel. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/catanza_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O famoso queixo de San Sim\u00f3n \u00e1 prancha da Vi\u00f1a de Xabi. <\/em><\/p>\n<p>Fumos acompa\u00f1ando todo cos prati\u00f1os que Xabi nos \u00eda sacando na Vi\u00f1a de Xabi, cuartel xeral desta cata, ao que lle temos que agradecer moito o apoio para realizar esta so\u00f1ada cata. Esteban, da distribuidora Redoma Calidad, que tam\u00e9n nos apoiou achegando a botella de El Nido e a de Ord\u00f3\u00f1ez n\u00ba4, ofreceunos para rematar un whisky das illas do norte de Escocia, acheg\u00e1ndonos ao mundo -para min desco\u00f1ecido- da cata de whiskies e ofrec\u00e9ndonos trucos para facelo. Un d\u00eda haber\u00e1 que entrar neste tema en profundidade. <\/p>\n<p>En fin, un aut\u00e9ntico desfase de cata. Unha cata para co\u00f1ecer moitos dos l\u00edmites, das produci\u00f3ns especiais, case so\u00f1adoras, que non poden ser viables en grandes n\u00fameros comerciais. Non ser\u00e1 a \u00faltima. <\/p>\n<p>POSTPOST: E agradecer a Jorge, a Lorena e a Miguel que se nos uniran no festival. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tocarmos os l\u00edmites da exclusividade no mundo dos vi\u00f1os e valor\u00e1rmola. Descubrir, entender, descomprender e volver comezar. Unha cr\u00f3nica da Gran Catanza: onde tocamos mundos por explorar. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/07\/18\/a-gran-catanza-territorios-por-explorar\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A Gran Catanza: mundos novos encerrados en cristal<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":12261,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,32,7],"tags":[],"class_list":["post-12260","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-destacado","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12260","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12260"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12260\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12261"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12260"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12260"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12260"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}