{"id":11956,"date":"2010-07-04T23:03:40","date_gmt":"2010-07-04T21:03:40","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=11956"},"modified":"2010-07-08T12:27:34","modified_gmt":"2010-07-08T10:27:34","slug":"na-procura-dos-lordomani-iii-viquingos-e-nobles","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/07\/04\/na-procura-dos-lordomani-iii-viquingos-e-nobles\/","title":{"rendered":"Na procura dos Lordomani (III): viquingos e arist\u00f3cratas"},"content":{"rendered":"<p>Se no post anterior da serie viamos como os labregos galegos se aliaran cos viquingos para ceibarse dun arist\u00f3crata opresor, o noso novo post vai rastrear as relaci\u00f3ns entre nobres e viquingos en Galicia al\u00ed onde atopamos referencias. Coma no anterior, non \u00e9 doado acceder \u00e1s voces dos nobres: coidaron bastante menos o seu patrimonio documental que os cregos. <\/p>\n<blockquote><p>Coma sempre, presento aqu\u00ed un resumo da investigaci\u00f3n nas fontes, procurando ser fiable nos datos pero tam\u00e9n atender ao principio da divulgaci\u00f3n, que \u00e9, en primeira instancia, manter o ritmo e o f\u00edo argumental e pensar, sobre todo, no lector. Na futura publicaci\u00f3n -de a cabalo entre a divulgaci\u00f3n, a ficci\u00f3n e a investigaci\u00f3n- que estou a preparar e que se derivar\u00e1 deste f\u00edo de posts da <em>Rep\u00fablicas de Homes Libres<\/em> traballaremos algo m\u00e1is, nos ap\u00e9ndices, moitos dos detalles e decisi\u00f3ns sobre a interpretaci\u00f3n dos textos. O que vedes aqu\u00ed, xa que logo, \u00e9 un texto moi orientado \u00e1 mi\u00f1a narrativa persoal sobre a cuesti\u00f3n; calquera outra persoa pode ver matices e lecturas diferentes \u00e1 mi\u00f1a nas fontes orixinais; neste texto hai moito de traballo e visi\u00f3n persoal sobre o asunto e, xa que logo, de creaci\u00f3n. Agora ben, como veredes no anexo documental, non me invento nada, s\u00f3 o enfoco e explico desde a mi\u00f1a posici\u00f3n que \u00e9, conscientemente, m\u00e1is xornal\u00edstica que historiadora. <\/p><\/blockquote>\n<p>Como inimigos ou aliados, as ducias de textos que levo lido dan a entender unha cousa: houbo unha presenza viquinga bastante constante no pa\u00eds. Con independencia das vagas puntuais e masivas que contan as cr\u00f3nicas, todo indica que posiblemente greis de normandos ficaron por Galicia como soldados de fortuna, bandoleiros ou noutras actividades. Hai unha frase do bispo compostel\u00e1n Cresconio -un dos bispos guerreiros que tomaron cargo da sede do Ap\u00f3stolo de acabalo entre os milenios, e que organizou un gran ex\u00e9rcito para expulsar a Ulf o Galego- que parece evidente: Cresconio fala na Historia Compostelana que toma medidas para expulsar aos invasores &#8220;de ra\u00edz&#8221;. \u00c9 dicir, <em>completamente<\/em>. A diferencia da Igrexa, que saibamos, os nobres non dubidaron en botar man dos normandos para aproveitarse da s\u00faa bravura guerreira. <\/p>\n<p>Hoxe imos contar aqu\u00ed d\u00faas escuras historias sobre nobres galegos e guerreiros normandos: <\/p>\n<h3>I. A bubela da morte de Sigurd<\/h3>\n<p>A nosa primeira historia ten que ver co rei de Noruega Sigurd Jorsalafar, o organizador da maior expedici\u00f3n viquinga a Terra Santa. En outono de 1108, tras pasar o inverno anterior hospedados na corte de Henrique I o Bastardo en Inglaterra, chegan a Galicia, onde pensaban facerse ricos a base do saqueo. <\/p>\n<p>Eis o verso: <\/p>\n<p><em>O monarca do pobo  que fixo<br \/>\nmover tantas riquezas na terra,<br \/>\nna Terra de Santiago se asentou<br \/>\npara pasar o seguinte inverno. <\/em><\/p>\n<p>E aqu\u00ed chega a nosa historia. Imos avanzar a trav\u00e9s dos versos da saga:<\/p>\n<blockquote><p><em>Eu escoitei que o xefe do ex\u00e9rcito castigou<br \/>\nao insolente conde polo seu d\u00e9bil car\u00e1cter.<br \/>\nO sangue do mal caudillo<br \/>\ndeulla a beber \u00e1 bubela.<\/em> <\/p><\/blockquote>\n<p>Os vikingos pactaron cun conde o establecemento dun mercado de provisi\u00f3ns para a flota. Pero o conde, debido \u00e1 febleza das terras, non puido manter o mercado ata m\u00e1is al\u00e1 do Nadal, e os viquingos atacaron o seu castelo, moi mal defendido, tomaron vituallas e continuaron cami\u00f1o.  Antes, mataron ao conde. O verso da bubela \u00e9 enigm\u00e1tico, pero aparece no texto orixinal en noruego. \u00bfSer\u00eda un animal emblem\u00e1tico de Sigurd? O poema do vate alude ao ritual pag\u00e1n do sacrificio trala batalla. O conde galego non s\u00f3 ficar\u00eda morto, sen\u00f3n tam\u00e9n <em>sacrificado<\/em> e o seu sangue entregado como tributo aos apoios sobrenaturais de Sigurd. Por certo, sempre me chamou a atenci\u00f3n que a bubela, no Barbanza, adoita ser un paxaro de mal agoiro. E chamoume a atenci\u00f3n porque en certo xeito contrasta coa s\u00faa fermosura (a\u00ednda que o seu cheiro bote para atr\u00e1s). <\/p>\n<p>Tras aprovisionarse, os normandos continuar\u00edan cami\u00f1o cara o sur da Pen\u00ednsula e protagonizar\u00edan moitas aventuras, mesmo o famoso episodio da cova de Formentera. <\/p>\n<h3>II. Vikingos e Vascos nos Castelos de Rupis e Labio<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/labio_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A historia m\u00e1is fascinante que imos contar hoxe, e que moi poucos co\u00f1ecen, acontece no rural do Concello de Lugo. Eu non creo no historiador de sal\u00f3n: \u00e9 preciso viaxar aos sitios para comprendelos. Para entender as relaci\u00f3ns de poder, as distancias, as facilidades e durezas hai que cami\u00f1ar in situ o escenario dos feitos. Posteriormente, por suposto, no despacho, deben aplicarse as t\u00e9cnicas hist\u00f3ricas necesarias. Pero hai que procurar o escenario, mesmo entrevistar \u00e1s fontes. Si, en Historia. Hai que preguntar polas cousas, a\u00ednda que pasaran hai mil anos. \u00c1s veces pode funcionar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nos_labio_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Imos \u00e1 historia. Hai unha parroquia no concello de Lugo moi afectada polo despoboamento, Labio, con espesos bosques nos que sobrancean algunhas aldeas moi, moi vellas. A igrexa parroquial, que debeu caer nalg\u00fan momento, nunca chegou a erguerse de novo de todo, e conserva a antiga fachada coma un adro.  Al\u00ed sucederon feitos tremendos hai mil anos. No horizonte do cambio de milenio, o Reino de Galicia, Asturias e Le\u00f3n estaba sumido nunha guerra civil pola loita dos territorios de Castela. Non \u00e9 doado explicar a cuesti\u00f3n en termos de pol\u00edtica, pero varios arist\u00f3cratas galegos ergu\u00e9ronse contra o Rei Bermudo III. Foi un levantamento complexo, duro e con consecuencias inagardadas. Nun documento no que doa o <em>Castro Lapio<\/em> ao bispo de Lugo, no ano de 1032, o rei mesmo explica os feitos. O Conde Suero Gundemariz e outros c\u00f3mplices ergu\u00e9ranse contra el e fortific\u00e1ronse <em>nos altos<\/em>, nos montes e outeiros. Bermudo acudiu cun ex\u00e9rcito e refuxiouse na cidade de Lugo, desde a que presentou combates; na comarca do arredor os montes estaban tomado polos rebeldes, que fortificaran rochas e penedos. \u00c1 fin o Rei puido vencer aos sublevados. Obrigounos, di o documento, &#8220;<em>qui fuerant in superbia fabricatos ad terram redigere<\/em>&#8220;, \u00e9 dicir, que dos altos nos que constru\u00edran as fortalezas volveran a vivir nas chairas. <\/p>\n<p>Entre estes castelos hab\u00eda un: o de Labio, que se mantivo en p\u00e9 e que deb\u00eda pertencer de sempre ao rei. Administr\u00e1bao o titular do Condado Flamoso, un tal Veremundo Vegilaz, pero non era a \u00fanica fortaleza do territorio do Castrum Lapium. Naquelas terras sucederon feitos tremendos como consecuencia da revolta. Un grupo de vascos -non sabemos como chegaron a\u00ed, pero posiblemente fora unha cuadrilla enviada polos aliados navarros de Bermudo III- acuartel\u00e1ranse nun castelo pr\u00f3ximo, sostido nunha grande pena, nun lugar que o rei chama &#8220;<em>Alpes Rupis<\/em>&#8220;, \u00e9 dicir, no monte Rupis. A cr\u00f3nica narra que os vascos comet\u00edan asasinatos, roubos e ti\u00f1an toda a terra devastadas. Un dos condes rebeldes ao rei Bermudo III, Rodrigo Rom\u00e1niz, escoitou aos monxes, abades e xentes de Labio que solicitaron auxilio. Nalg\u00fan momento entre o ano 1028 e 1033 o conde, os seus cabaleiros e -aqu\u00ed v\u00e9n o noso- unha <strong>Gens Leodomanorum<\/strong> (Grupo de Normandos, Clan de Normandos), atacaron ese castelo roqueiro ubicado no Monte Rupis. Os normandos deb\u00edan ser mercenarios ao servizo do rebelde Rodrigo Rom\u00e1niz, a\u00ednda que non sabemos os termos da alianza. A s\u00faa presenza coincide no tempo coa expedici\u00f3n viquinga de Ulf <em>o Galego<\/em>, que permaneceu durante varios anos -non sabemos se tres ou dez- saqueando Galicia de oeste a leste (chegou ata os Alpes Eccebrarium, din as cr\u00f3nicas, \u00e9 dicir, ao Cebreiro). Ao mellor o propio Ulf comandaba a ese clan. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/labio_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O recordo dos vascos deb\u00eda ser duro: o conde queimou, arrasou, desfixo o penedo para que non quedara nada del. No documento real, adem\u00e1is, Bermudo III pide ao bispado de Lugo expresamente que levante naquela ruina de fortaleza unha igrexa dedicada a Santa Mar\u00eda e realice a consagraci\u00f3n deste lugar. Parece que est\u00e1 esconxurando algo. O Alpis Rupis, di expresamente o Rei, non pode volver ser fortificado. No documento, o rei realiza tam\u00e9n a doaz\u00f3n expresa do Castro Labio, unha fortaleza un tanto misteriosa. Bermudo alude a ela como un &#8220;lugar santo&#8221;, e parece santo \u00e1 antiga, antiqu\u00edsima usanza. Labio \u00e9 o centro dese pequeno mundo do Condado Flamoso. No seu &#8220;<em>giro<\/em>&#8220;, ao redor del, di o documento, est\u00e1n numerosas aldeas, das que o Castro Labio parece ser l\u00edmite. Se cadra tam\u00e9n por algunha cousa que non sabemos, os feitos sucedidos na \u00e1rea de Labio deberon ser moi graves: a teima en santificar, en desmontar o lugar, rep\u00edtese continuamente no documento. Hai que evitar, di o rei, que calquera  &#8220;barbaro temerario&#8221; desexe posuila; hai que facelo non s\u00f3 fisicamente, destru\u00edndo as s\u00faas defensas, sen\u00f3n consagrando e santificando o lugar, ou sexa, esconxur\u00e1ndoo.  <\/p>\n<p>\u00bfPoderiamos reconstru\u00edr esta topograf\u00eda b\u00e9lica mil anos despois? Interes\u00e1bame enormemente por dous motivos: o primeiro, co\u00f1ecer o lugar dos feitos. Labio e o Monte Rupis \u00e9 o lugar m\u00e1is tanxible do Reino de Galicia no que sabemos que operou un grupo de mercenarios viquingos. O segundo, conseguir datos clave para a nosa aventura cultural: co\u00f1ecer castelos de finais do s\u00e9culo X e principios do XI. Ter un modelo arqueol\u00f3xico, unha referencia clara e exacta dunha fortificaci\u00f3n adscrita a unha \u00e9poca concreta, a partir do cal poder interpretar outras fortalezas das moitas que levamos mirado. <\/p>\n<p>Comezamos polo Castro Labio. Ti\u00f1a localizado dous top\u00f3nimos Monte Castelo na parroquia. \u00bfEstar\u00eda trabucada a cartograf\u00eda?<\/p>\n<p>Ao car\u00f3n da igrexa, unha vella sinaloume con precisi\u00f3n o Monte do Castelo. <\/p>\n<p>-M\u00e1is enriba, m\u00e1is enriba, detr\u00e1s daquela lomba. <\/p>\n<p>Seguimos por pistas, deixando atr\u00e1s os lagos de Teixeira. Subimos montes ata que o vemos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nos_labio_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O Castelo de Labio ergu\u00edase claramente nunha mota sobre o terreo, no punto m\u00e1is alto de toda a contorna. Ao lonxe, distingu\u00edanse Lugo e as murallas. Este \u00e9 o <em>Loco Santo<\/em>, o Lugar Santo do que falaba o Rei [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=43.060454,-7.453129&#038;spn=0.014126,0.01929&#038;t=h&#038;z=16\">localizaci\u00f3n<\/a>], o castelo do Condado Flamoso. Hoxe en d\u00eda hai numerosa tella, na que se mestura a dunha caseta forestal que xa non existe coa tella medieval, moi abundante. Polas pedras hai numerosas marcas de asentamento, pero nunha delas podemos observar unha p\u00eda duns 40 cent\u00edmetros acompa\u00f1ada de d\u00faas grandes cazoletas en li\u00f1a. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nos_labio_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nos_labio_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Desde o castelo estend\u00edase un chan ermo, con grupos de penedos dispersos. Bot\u00e1moslle unha ollada a aqueles aos que puidemos chegar. Nun deles aparece unha gran p\u00eda traballada no borde dunha pedra rebaixada. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nos_labio_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>As\u00ed que este era o lugar santo do rei. Pero, \u00bfser\u00eda o lugar atacado polos vikingos? Baixamos a Rubi\u00e1s, ao car\u00f3n do outro Monte Castelo marcado na toponimia (pr\u00f3ximo, por certo, a un Montecelo, que xunto cunha referencia no documento, evidencia a existencia dun mosteiro ac\u00f3). Non \u00e9 doado distinguilo: todo \u00e9 bosque. Unha muller nos d\u00e1 a clave. <\/p>\n<p>-O monte Castelo era onde hab\u00eda unha pena, unha pena moi grande. Abr\u00edrona para traer a pedra para as casas da aldea. <\/p>\n<p>Alucinei. A fonte, mil anos despois, contest\u00e1bame o mesmo do documento: a prominente pena que defin\u00eda o lugar no que estaba o castelo segu\u00eda sendo a clave para identificar o lugar, o Alpes Rupis, \u00e9 dicir, o monte de Rubi\u00e1s. Al\u00e1 nos fumos. Non hai cami\u00f1o para chegar al\u00ed. Hai que seguir un cortalumes e despois subir unha ladeira chea de silveiras, toxos e fentos. Pero de s\u00fapeto, sabes que est\u00e1s no lugar [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;t=h&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=43.05332,-7.491131&#038;spn=0.012277,0.01929&#038;z=16\">localizaci\u00f3n<\/a>]. Hai un chan. Hai un promontorio, mesmo se distingue unha plataforma que parece rodear de xeito regular o recinto, definido sobre todo polos grandes penedos que enriba fan unha plataforma. E hai o que queda dunha pena, fendida polos canteiros. Sole avisa desde atr\u00e1s: &#8220;Hai tella vella&#8221;. As\u00ed que aqu\u00ed estaba o lugar maldito, desde o que os vascos mataron, cometeron secuestros e roubaron. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nos_labio_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nos_labio_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Imax\u00ednome isto fumegante, co cheiro doce do sangue, despois da batalla, co mesmo silencio que hai agora. Aqu\u00ed enfronte, apenas a vinte metros, a un grupo de nobres galegos e unha grei de normandos ven arder as madeiras dos muros desta pequena mota medieval. Atr\u00e1s nosa, entre os pi\u00f1eiros, penduran os corpos aforcados dalg\u00fans dos malfeitores. O Conde Rodrigo olla para outro lado, marchando monte abaixo cos seus bar\u00f3ns, cando os pag\u00e1ns n\u00f3rdicos fan axeonllarse a tres ladr\u00f3ns maniatados, a\u00ednda vivos, e con dous golpes precisos e rituais, escachan o seu cr\u00e1neo mentres chaman \u00e1 Bubela da Morte para que ve\u00f1a cobrarse a s\u00faa presa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nos_labio_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ao volvermos, ch\u00e9gome onde a vella que nos indicou tan ben como chegar a este lugar sen cami\u00f1os, maldito para a eternidade, a\u00ednda que ela non o sabe. Lembro o que me ensinaron uns bos amigos: hai que devolver o que te dan, hai que coller o que eles saben e devolverllo co que ti sabes. C\u00f3ntolle esta  historia, para que lla repita ao neto adolescente en canto chegue \u00e1 casa, e prender outra vez a memoria de hai mil anos en Labio. A cara dela, Sole fotografiouna, \u00e9 de abraio, de sorprenderse co que lle est\u00e1n a revelar. Nunca sospeitou que tal cousa pasara ao car\u00f3n da s\u00faa casa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nos_labio_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E o que nos quedar\u00e1 sen saber para sempre. <\/p>\n<p>Da localizaci\u00f3n destas d\u00faas fortalezas puidemos extraer algunhas boas pistas arqueol\u00f3xicas. Ambas as d\u00faas, con independencia dos traballos de canter\u00eda posteriores que nelas se deberon facer -no castelo de Rubi\u00e1s foron intens\u00edsimos- eran extraordinariamente parecidas. Pequenas motas roqueiras con plataformas superiores, con traballos de levantamento terreo dalgunhas zonas para mellorar a fortificaci\u00f3n. En superficie, local\u00edzanse m\u00faltiples anacos de tella, pero non aparecen masas de cachote. Eran fortificaci\u00f3ns constru\u00eddas, na s\u00faa maior\u00eda, seguramente con madeira, como era normal noutros puntos da Europa atl\u00e1ntica nese per\u00edodo. Pero hai unha diferencia l\u00f3xica. O Castelo de Labio \u00e9 unha fortificaci\u00f3n en altura, lonxe de todo e, \u00e1 s\u00faa vez, no medio de todo, dividindo parroquias e lugares. \u00c9 o Lugar Santo refirido polo rei. Pero o castelo dos bandidos vascos est\u00e1 no medio do val, ao estilo das fortificaci\u00f3ns baixomedievais. Est\u00e1 onde lle resulta m\u00e1is c\u00f3modo para os fins delitivas dos seus habitantes. <\/p>\n<p><strong>ANEXOS DOCUMENTAIS<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<h3>Saga of Sigurd the Crusader and His Brothers Eystein and Olaf<\/h3>\n<p>4. OF KING SIGURD&#8217;S JOURNEY.<\/p>\n<p>In spring King Sigurd and his fleet sailed westward to Valland (A.D. 1108), and in autumn came to Galicia, where he stayed the second winter (A.D. 1109).  So says Einar Skulason: &#8212;<\/p>\n<p>     &#8220;Our king, whose land so wide<br \/>\n     No kingdom stands beside,<br \/>\n     In Jacob&#8217;s land next winter spent,<br \/>\n     On holy things intent;<br \/>\n     And I have heard the royal youth<br \/>\n     Cut off an earl who swerved from truth.<br \/>\n     Our brave king will endure no ill, &#8212;<br \/>\n     The hawks with him will get their fill.&#8221;<\/p>\n<p>Outra versi\u00f3n no orixinal noruego que difire un pouco:<\/p>\n<p><em>Folkekongen som r\u00e5dde<br \/>\nfor rike gj\u00e6vest p\u00e5 jorden,<br \/>\ni Jakobsland sitt tilhold<br \/>\ntok s\u00e5 neste vinter.<br \/>\njeg h\u00f8rte at h\u00e6rkongen straffet<br \/>\nsvikferd fra frekke jarlen.<br \/>\nblod den raske h\u00f8vding<br \/>\nh\u00e6rfuglen gav \u00e5 drikke.<\/em><\/p>\n<p>It went thus: &#8212; The earl who ruled over the land made an agreement with King Sigurd, that he should provide King Sigurd and his men a market at which they could purchase victuals all the winter; but this he did not fulfil longer than to about Yule. It began then to be difficult to get food and necessaries, for it is a poor barren land.  Then King Sigurd with a great body of men went against a castle which belonged to the earl; and the earl fled from it, having but few people.  King Sigurd took there a great deal of victuals and of other booty, which he put on board<br \/>\nof his ships, and then made ready and proceeded westward to Spain. <\/p>\n<h3>Documento do Castro Labio<\/h3>\n<p><em><br \/>\nNota importante: Non controlo moito de lat\u00edn medieval, as\u00ed que agradecerei enormemente calquera correcci\u00f3n sobre a mi\u00f1a interpretaci\u00f3n do texto. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lapio_doc_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lapio_doc_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lapio_doc_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mercenarios n\u00f3rdicos ao servizo de nobres rebeldes galegos, loitando contra asasinos vascos. Unha combinaci\u00f3n demasiado incrible para ser certa, pero que aconteceu nunha aldea luguesa arredor do 1030. Conseguimos localizar o lugar dos feitos.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/07\/04\/na-procura-dos-lordomani-iii-viquingos-e-nobles\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Na procura dos Lordomani (III): viquingos e arist\u00f3cratas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":12053,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18,35],"tags":[],"class_list":["post-11956","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11956","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11956"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11956\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12053"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11956"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11956"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11956"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}