{"id":11779,"date":"2010-06-17T01:22:22","date_gmt":"2010-06-16T23:22:22","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=11779"},"modified":"2010-06-21T09:52:18","modified_gmt":"2010-06-21T07:52:18","slug":"queridas-pantasmas-familiares","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/06\/17\/queridas-pantasmas-familiares\/","title":{"rendered":"Queridas pantasmas familiares"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pantasmas_familiares.jpg\" alt=\"\" align=\"left\" vspace=\"4\" hspace=\"4\"\/>Durante un tempo, crin que as pantasmas do pa\u00eds ti\u00f1an costumes m\u00e1is ou menos similares; para sabelo non hab\u00eda m\u00e1is que ler a estens\u00edsima bibliograf\u00eda antropol\u00f3xica, etnogr\u00e1fica e de creaci\u00f3n literaria versada no imaxinario no pa\u00eds e conectalo, adem\u00e1is, coa t\u00faa propia memoria.<\/p>\n<p>Eu prove\u00f1o de familias mari\u00f1eiras, e iso significa que o meu mundo do al\u00e9n imaxinario estivo rexido, esencialmente, polos defunti\u00f1os e, como moito urcos: os mouros s\u00f3 aparec\u00edan tanxencialmente, gardadores de armas de ouro baixo a igrexa de Santiago do De\u00e1n. Cando limos na carreira <em>Romeiros do Al\u00e9n<\/em>, esa obra mestra da antropolox\u00eda galega que publicou Marcial Gondar en Xerais e que nunca, inexplicablemente, se reeditou (a pesar da gran demanda), moitos de n\u00f3s, os que vi\u00f1amos das vilas e aldeas, observamos que, desde a perspectiva marxista da an\u00e1lise antropol\u00f3xica de Gondar, todo aquel mundo fant\u00e1stico ti\u00f1a sentido e coherencia. Os mortos, para Gondar, en certo xeito, estaban moi vivos: serv\u00edan aos desaxustes do noso mundo e eran respostas funcionais a problem\u00e1ticas sociais e psicol\u00f3xicas importantes no mundo da Galicia rural e mari\u00f1eira.<\/p>\n<p>No imaxinario da morte na Galicia tradicional, substancialmente, hab\u00eda dous tipos de mortos: os familiares directos, con nome e apelidos -xente que volv\u00eda do Al\u00e9n motivados por alg\u00fan problema, como a pena por mover os marcos, ou a falla de misas, nais que deixaran nenosorfos, ou un pr\u00e9stamo sen devolver, que remataban por marchar despois de incordiar un pouco- e logo a masa comunal e an\u00f3nima de defunti\u00f1os da parroquia, da que todos acabariamos por formar parte. Os teus mortos acud\u00edan ao lume do lar en determinadas noites do ano, pero polo xeral, os defuntos, antigos veci\u00f1os, percorr\u00edan a t\u00faa parroquia -ou as sete parroquias-, partindo, pasando e chegando por lugares emblem\u00e1ticos na xeograf\u00eda m\u00edtica do territorio, e a veces por motivos que a\u00ednda non sabemos -a crenza en Agui\u00f1o de que a Santa Compa\u00f1a sae dos t\u00faneles semisubmarinos do illote arous\u00e1n de Noro. As\u00ed que ti\u00f1amos alg\u00fans mortos identificables e a gran masa comunal dos defuntos da parroquia. Ducias e ducias de antrop\u00f3logos estudaron as nosas pantasmas com\u00fans, os nosos defuntos da parroquia. <\/p>\n<p>Co tempo, a vida l\u00e9vate a diversificar e co\u00f1ecer a moita xente de \u00e1mbitos sociais e procedencias diferentes; mari\u00f1eiros e fidalgos, obreiros e burgueses, non se relacionaban moito nas vilas entre eles, pero alg\u00fans dos seus descendentes, por sorte, xa non nos escapamos tanto os uns aos outros. En xantares, ceas e caf\u00e9s, comezaron a xurdir historias que, o outro d\u00eda, acabaron por callar. Son as pantasmas familiares. <\/p>\n<p>Todos temos en mente a m\u00edtica imaxe cinematogr\u00e1fica do pantasma de castelo ingl\u00e9s ou escoc\u00e9s. Un espectro que vaga polas estancias dun antigo e tenebroso castelo durante s\u00e9culos penando unha traiz\u00f3n ou remorrendo de pena por un abandono. Esas pantasmas eran algo ex\u00f3tico para n\u00f3s, que ti\u00f1amos uns defuntos m\u00e1is de andar por casa: o t\u00edo Pepe ou Brais de Soutelo. Xenti\u00f1a que unha d\u00e9cada antes compart\u00eda unha cunca de tinto co teu av\u00f3 na taberna da aldea. A mi\u00f1a sorpresa \u00e9 que as pantasmas dom\u00e9sticas, afincadas por s\u00e9culos nun espazo, tam\u00e9n existen en Galicia en abundancia, e isto \u00e9 ben curioso. <\/p>\n<p>Frades, graves homes, nenas de branco, soldados, xenerais, avoas pululan polos pazos galegos e as casas burguesas. Nalg\u00fan outro post me te\u00f1o referido a esa rica tradici\u00f3n fant\u00e1stica familiar que practicamente se nos perdeu en Galicia: a das familias pacegas, o que eu chamo a <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/04\/06\/a-segunda-tradicion-mitoloxica-de-galicia\/\">segunda tradici\u00f3n mitol\u00f3xica de Galicia<\/a>. Pois ben, ultimamente, cando sei que o contertulio procede dunha vella familia non labrega nin rural -con iso adoita abondar- preg\u00fantolle polas pantasmas familiares e dom\u00e9sticas. E a\u00ed est\u00e1n: facendo renxer as escaleiras de caracol tan caracter\u00edsticas do XIX en Corcubi\u00f3n, abrindo as contras das habitaci\u00f3ns na Ribeira Sacra, sentadas nos parladoiros na Ulloa, paseando por un faiado en Pontevedra, petando nas portas do solar en Vilalba, asustando nenos na adega no Saln\u00e9s. Historias transmitidas na tradici\u00f3n oral da familia, que se transmiten de xeraci\u00f3n en xeraci\u00f3n de xeito ben distinto \u00e1s pantasmas populares. <\/p>\n<p>As pantasmas dos pazos e vilas galegas son ben diferentes: te\u00f1en nome e apelidos, e adoitan ser figuras reais que habitaron a casa hai cen, douscentos, trescentos anos. \u00c9 dicir, est\u00e1n lonxe xeneracionalmente dos actuais habitantes e propietarios, pero contin\u00faan sendo m\u00e1is ou menos identificables. Unha caracter\u00edstica habitual destas pantasmas dom\u00e9sticas \u00e9 que non son antigos xefes de familia ou propietarios da mansi\u00f3n; adoitan ser familiares vinculados, familia pero non demasiado nuclear. E \u00e1s veces est\u00e1n conectados cos acontecementos cos que a familia se viu envolta: a francesada, a carlistada, a ca\u00edda da monarqu\u00eda portuguesa: xenerais que pasean mirando o horizonte, fuxidos que morreron ao partir a comitiva real de Mafra. E o seu mundo, a diferencia da pantasma labrega e mari\u00f1eira, \u00e9 moi limitado. Aparece en d\u00faas ou tres habitaci\u00f3ns, coma se a s\u00faa existencia dependera dun par de trabes dun teito ou dun pesado armario de casti\u00f1eiro. E reiteran algunha acci\u00f3n, d\u00eda tras d\u00eda, d\u00e9cada tras d\u00e9cada. Abrir un armario, mover un cadro, o t\u00edpico. <\/p>\n<p>Nunca falei con Gondar destas pantasmas, ausentes dos libros de etnograf\u00eda do pa\u00eds, supo\u00f1o que por varios motivos perfectamente explicables (a identidade galega construise a partir das clases populares, e os defuntos son fundamentais na identidade do pa\u00eds). Pero seguro que o meu profesor pensar\u00e1 que estas pantasmas tam\u00e9n est\u00e1n tan vivas como as outras. A casa, a casa non s\u00f3 como elemento familiar sen\u00f3n tam\u00e9n simb\u00f3lico, \u00e9 fundamental para entendelas. Os pantasmas mari\u00f1eiros percorren a parroquia, porque as redes familiares se estenden entre individuos que por forza deben apoiarse para sobrevivir e subsistir e que parten dun imaxinario com\u00fan. Pola contra, estas pantasmas individualistas ou solitarias, atrapadas en si mesmas, non saen dos seus caser\u00f3ns: parecen representar a familias que precisan diferenciarse non s\u00f3 socialmente, sen\u00f3n tam\u00e9n fisicamente. A construci\u00f3n da diferencia \u00e9 moi importante para entender a existencia das clases sociais. Para o burgu\u00e9s e o arist\u00f3crata o fogar \u00e9 o lugar seguro, a cerna da s\u00faa prosperidade; nos pazos, a permanencia, a memoria familiar \u00e9 a clave do mantemento do grupo e da riqueza. Para min, a pantasma de clase alta est\u00e1 contando isto. Xogando algo \u00e1 fantas\u00eda, \u00e9 como se o propio edificio atrapara aos seus habitantes m\u00e1is febles nun labirinto de tempo. Casa e pantasma est\u00e1n ligados para sempre.<\/p>\n<p>E a\u00ednda unha cousa m\u00e1is: a pantasma dom\u00e9stica, a diferencia da humilde labrega, nunca v\u00e9n a pedir. Non se rebaixa a tanto. Obs\u00e9rvate altiva ou repite diariamente alg\u00fan inc\u00f3modo ritual. As pantasmas parecen contar todo isto. Non marchan porque a <em>casa \u00e9 o mundo<\/em>.  A pantasma tradicional, pola contra tende a incordiar o menos posible. En canto lle solucionas o apuro, <em>aire<\/em>. <\/p>\n<p>Eu preg\u00fantome que acontecer\u00e1 se un d\u00eda coinciden as pantasmas populares e as arist\u00f3cratas durante unha procesi\u00f3n. O primeiro destemido defunto que se sobrepo\u00f1a ao horror de contemplar unha pantasma (porque de todos \u00e9 sabido que unha pantasma nunca \u00e9 plenamente consciente da s\u00faa identidade an\u00f3mala) poder\u00edase atrever a preguntar en voz alta (na medida en que unha pantasma pode distinguir entre voz alta e baixa):<\/p>\n<p>-\u00bfE logo ti de que Al\u00e9n ves sendo?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A antropolox\u00eda ten esquencido \u00e1s pantasmas dom\u00e9sticas galegas, habitantes noturnas dos pazos e das vilas burguesas do pa\u00eds. Pero habelas hainas. E c\u00f3ntannos moitas cousas.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/06\/17\/queridas-pantasmas-familiares\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Queridas pantasmas familiares<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":11782,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2],"tags":[],"class_list":["post-11779","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11779","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11779"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11779\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11782"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11779"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11779"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11779"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}