{"id":11715,"date":"2010-06-13T12:58:28","date_gmt":"2010-06-13T10:58:28","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=11715"},"modified":"2010-06-15T00:15:29","modified_gmt":"2010-06-14T22:15:29","slug":"e-por-que-non-en-cuncas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/06\/13\/e-por-que-non-en-cuncas\/","title":{"rendered":"E por que non en cuncas?"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunca.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: <a href=\"http:\/\/www.flickr.com\/photos\/unapersona\/70036632\/\">unapersona<\/a> en Flickr<\/em><\/p>\n<p>As cuncas, o m\u00e9todo tradicional para servir o vi\u00f1o en Galicia, est\u00e1n en retroceso; antes omnipresentes en todas as tascas do pa\u00eds -falaremos m\u00e1is delas proximamente con todo un experto, Xavier Castro- hoxe est\u00e1n releigadas \u00e1s tabernas m\u00e1is tradicionalistas e \u00e1s feiras e, desde logo, xa non as ves nos restaurantes. <\/p>\n<p>Pero onte pasoume un detalle moi curioso na Casa dos Mart\u00ednez, en Padr\u00f3n. Quen non co\u00f1eza o restaurante, \u00e9 un acolledor bistr\u00f3 ao xeito parisino ubicado no medio de Padr\u00f3n. Estaba comendo con Xos\u00e9 e de s\u00fapeto Enrique Castillo serviunos un aperitivo moi tradicional ao que lle dera unha elegante volta. Uns excelentes pementos de Herb\u00f3n servidos cunhas pinci\u00f1as asi\u00e1ticas cos que comelos; para acompa\u00f1alos, Enrique tr\u00f3uxonos unhas cunqui\u00f1as da tradicional louza branca que encheu cun excelente Ribeiro tradicional, de colleiteiro, dos empregados nas pulper\u00edas. A combinaci\u00f3n da cunca e das pinzas, nun contexto no que sempre estivo ausente, mesmo resultaba certamente ex\u00f3tica. Xos\u00e9 expresouno moi ben: &#8220;isto parece un xantar xapon\u00e9s&#8221;. A min tam\u00e9n mo pareceu. A paradoxa de ver a utiler\u00eda e produtos m\u00e1is tradicionais do pa\u00eds nun contexto diferente do habitual. Funcionaban. E de marabilla!<\/p>\n<p>Toda comida ten moito de simb\u00f3lico, de cultural e de ritual: se te detes un momento e observas, percibir\u00e1s todo o que rodea, nun restaurante, ao acto mesmo de xantar, e son moitas cousas que nos falan de n\u00f3s, do noos mundo e sociedade. Servir un aperitivo con cuncas, cun vi\u00f1o fresco, do ano, tomado en pouca cantidade antes da botella que abrir\u00e1s, antollouseme unha magn\u00edfica idea para os restaurantes con arelas contempor\u00e1neas e base no pa\u00eds. \u00c9 unha divertida chiscadela \u00e1 tradici\u00f3n que, vista desde un sal\u00f3n de alta restauraci\u00f3n, se antollan radicalmente contempor\u00e1neas. Se as mirades sen prexu\u00edzos, fix\u00e1devos que o seu dese\u00f1o case org\u00e1nico lembra pezas de Philippe Starck, cando en realidade son de Bu\u00f1o ou de calquera outra oler\u00eda tradicional. O comensal for\u00e1neo, non galego, adem\u00e1is, pode alucinar con este servizo. Identidade en estado puro, tradicional e moderna a un tempo. <\/p>\n<p>Outra cousa, por suposto, xa \u00e9 o vi\u00f1o para o xantar. A cunca ret\u00e9n moi pouco dos aromas dos vi\u00f1os. O desfrute dos grandes e complexos vi\u00f1os faise mellor nas copas que permitan recoller o mellor da s\u00faa riqueza arom\u00e1tica. Pero miraba as humildes cunqui\u00f1as e non pod\u00eda deixar de pensar. Que gran idea estaba a\u00ed diante!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mentres pouco a pouco mellora a calidade das copas nos restaurantes, a recuperaci\u00f3n do vi\u00f1o en cunca pode ser unha moderna opci\u00f3n para o inicio informal dunha gran comida. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/06\/13\/e-por-que-non-en-cuncas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">E por que non en cuncas?<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":11716,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,32,7],"tags":[],"class_list":["post-11715","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-destacado","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11715","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11715"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11715\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11716"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11715"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11715"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11715"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}