{"id":11691,"date":"2010-06-15T00:13:52","date_gmt":"2010-06-14T22:13:52","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=11691"},"modified":"2010-06-17T01:23:06","modified_gmt":"2010-06-16T23:23:06","slug":"republicas-de-homes-libres-na-procura-dos-lordimani-i","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/06\/15\/republicas-de-homes-libres-na-procura-dos-lordimani-i\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: na procura dos Lordomani (I)"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lordimani_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Drakkar agardando. Ilustraci\u00f3n: Shume-1<\/em><\/p>\n<p>Hai uns anos, durante a realizaci\u00f3n dunha reportaxe, viv\u00edn unha escena digna de novela de Dan Brown. Convoc\u00e1rannos aos medios para asistir \u00e1 presentaci\u00f3n dun curioso achado, localizado baixo a c\u00e1mara acorazada do Banco de Espa\u00f1a, en Santiago de Compostela. O edificio, dos anos 40, constru\u00eddo na praza de Prater\u00edas, estaba a ser escavado para poder emprender unha profunda reforma no seu interior que dar\u00e1 lugar ao Museo da Cidade nos vindeiros anos. Entrando polas paredes grosas e fendidas do bunker no que se almacenaron miles de mill\u00f3ns de pesetas en Galicia durante d\u00e9cadas, situado no coraz\u00f3n subterr\u00e1neo do edificio, os arque\u00f3logos abriran unhas foxas para ver se abaixo estaba o que eles calculaban.<\/p>\n<p>Al\u00ed abaixo apareceu a muralla de Sisnando II, da que se pod\u00eda apreciar un gran foxo emerxendo baixo a c\u00e1mara acorazada. Esa pedra raspada do fondo evidenciaba un momento hist\u00f3rico moi concreto: a fortificaci\u00f3n dun dos lugares m\u00e1is ricos do Reino de Galicia. O bispo compostel\u00e1n cercou o<em> Locum Sancti Iacobi<\/em> -de aquela o recinto m\u00e1is sagrado da Cristiandade ib\u00e9rica, cunha pequena estensi\u00f3n de 2,5 hect\u00e1reas- de acordo coa tecnolox\u00eda m\u00e1is avanzada do momento; a cerca estaba rodeada dun foxo abastecido a partir de varias fontes de auga e potentes torres rodeaban o per\u00edmetro; a muralla do bravo Sisnando -de quen falaremos en detalle noutra entrega- ergueuse ao redor do ano 960 e resultou fundamental na defensa de Compostela uns anos despois, cos n\u00f3rdicos acampados fronte a cerca. A fortificaci\u00f3n construiuse con rapidez: o bispo presionou ata o l\u00edmite a labregos e burgueses, ata o punto de beirear a rebeli\u00f3n. Cando rematou, xunto con Lugo, era a principal infraestrutura defensiva do Reino. <\/p>\n<p>E todo iso foi polos vikingos, unha aut\u00e9ntica convulsi\u00f3n para esta terra. <\/p>\n<p>A presenza dos normandos en Galicia ten xenerado centos de p\u00e1xinas. Feitos, lendas e suposici\u00f3ns -un cancro habitual na historiograf\u00eda galega, as suposici\u00f3ns contadas como feitos- mest\u00faranse entre si, e non \u00e9 doado desbrozar. Adem\u00e1is, para comp\u00f3r esta historia dun xeito cabal, hai que acudir a centos de fontes; as referencias aos ataques est\u00e1n dispersas por moitas cr\u00f3nicas medievais e outro tipo de documentaci\u00f3n, e en cada unha delas hai referencia a novos datos, dispersos en forma de li\u00f1as corridas en cr\u00f3nicas en lat\u00edn. As investigaci\u00f3ns, os textos pero tam\u00e9n as suposici\u00f3ns vanse repetindo uns a outros, nese fen\u00f3meno que V\u00edctor Freixanes define ironicamente como a <em>serpe bibliogr\u00e1fica<\/em>. <\/p>\n<p>E a documentaci\u00f3n de f\u00f3ra do reino galego -fundamentalmente cr\u00f3nicas do ducado de Normand\u00eda, textos musulm\u00e1ns e sagas n\u00f3rdicas- est\u00e1 esparcida, non dixitalizada moitas veces, non traducida e non accesible. Adem\u00e1is, hai unha misteriosa tendencia en moitos dos investigadores que se dedican ao per\u00edodo a non explicitar claramente a procedencia documental de cada unha das s\u00faas afirmaci\u00f3ns. Nas m\u00e1is sospeitosas, un pode perder horas e horas tentando localizar o documento orixinal. Para volverse mico, se\u00f1ores. <\/p>\n<p>Sen embargo, a relaci\u00f3n de contactos \u00e9 longa, dilatada no tempo e desde logo intensa en sangue e ferro. Os homes do norte tocaron Galicia en catro vagas, polo que sabemos. A primeira foi no 844, cando chegaron \u00e1s costas galegas case de casualidade, merc\u00e9 a un temporal, e tentaron conquistar o Farum Brecantium, chamado por eles F\u00e1r. Nesta primeira expedici\u00f3n, foron repelidos polas tropas reais. A segunda vagada foi entre o 858 e o 861. A terceira foi entre o 966 e o 971 e a cuarta entre o 1008 e o 1031. A informaci\u00f3n que manexamos con todo isto \u00e9 moi ambigua: algunhas veces deberon ser expedici\u00f3ns curtas de pillaxe e abastecemento no cami\u00f1o cara as ricas cidades mediterr\u00e1neas, e outras veces a cousa foi moito m\u00e1is seria, con <em>Earls<\/em>, caudillos, identificables, alg\u00fans deles moi famosos, que pasaron aqu\u00ed varios anos e tomaron como sobrenomes o do pa\u00eds que os forneceu de riquezas. O seu impacto foi dram\u00e1tico entre os poderosos do momento; houbo unha pol\u00edtica ao redor dos viquingos, unha pol\u00edtica complexa que se traduciu en movementos b\u00e9licos, en pol\u00edticas de defensa e en movementos de poboaci\u00f3n. O problema, ao acceder aos datos, \u00e9 a perspectiva. Case todas as fontes que temos est\u00e1n escritas desde o poder eclesi\u00e1stico. Logo veremos que cando acudimos a outras fontes o mosaico se fai m\u00e1is amplo. Aparecen fulgurantes historias, algunhas case desco\u00f1ecidas. Aparecen figuras, heroes, roteiros e cami\u00f1os. E datos que ficaron esquencidos nos p\u00e9s de p\u00e1xina.<\/p>\n<p>Nas vindeiras semanas falaremos dos viquingos, dos que se opuxeron a eles, dos que colaboraron con eles e das trazas que deles puideron quedar. Estamos a percorrer o rastro das hordas normandas por Galicia. Ou dos Normandos, ou dos Lordimani, como aparecen en documentos galegos da \u00e9poca. Nas vindeiras semanas iremos debullando na historia dos Lordomani en Galicia. Mesmo co pouco que sabemos, ag\u00e1rdannos <em>posts <\/em>apaixoantes, aseg\u00farovolo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nas profundidades do Tempo procuramos ao Homes do Norte por manuscritos e terras ao longo de todo o pa\u00eds. Comeza unha nova xeira de historias na Rep\u00fablica dos Homes Libres. Os vikingos e a s\u00faa tempestuosa e complexa relaci\u00f3n coa sociedade galega da Alta Idade Media. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/06\/15\/republicas-de-homes-libres-na-procura-dos-lordimani-i\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: na procura dos Lordomani (I)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":11725,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,35],"tags":[],"class_list":["post-11691","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11691","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11691"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11691\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11725"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11691"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11691"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11691"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}