{"id":11670,"date":"2010-06-09T21:53:19","date_gmt":"2010-06-09T19:53:19","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=11670"},"modified":"2010-06-12T11:48:44","modified_gmt":"2010-06-12T09:48:44","slug":"a-sutil-lina-wagner","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/06\/09\/a-sutil-lina-wagner\/","title":{"rendered":"No coraz\u00f3n da li\u00f1a Wagner"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/linha_wagner.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Catadores no Castelo de Ponferrada. <\/em><\/p>\n<p>O martes e o m\u00e9rcores tiven a oportunidade de participar nas intensas sesi\u00f3ns de cata do III Concurso de Vi\u00f1os do Noroeste, que se celebraron en Ponferrada, organizadas por Servino (con Lu\u00eds Paad\u00edn de mestre de cerimonias) e o Concello de Ponferrada. Nada m\u00e1is e nada menos que 295 marcas de vi\u00f1o competindo baixo un denominador com\u00fan: estar ao norte da Li\u00f1a de Wagner. \u00bfWagner?<\/p>\n<p>Ben sei que o primeiro que un pensa en que a  li\u00f1a de Wagner \u00e9 unha trincheira da Primeira Guerra Mundial, ou algo as\u00ed, pero tr\u00e1tase de algo mesmo m\u00e1is fascinante: a divisoria clim\u00e1tica que atravesa Europa e que diferencia o car\u00e1cter atl\u00e1ntico do mediterr\u00e1neo nos vi\u00f1os. Pouca xente sabe da s\u00faa existencia, pero os cultivos, tan sensibles \u00e1s variaci\u00f3ns clim\u00e1ticas, o reflicten claramente. E os vi\u00f1os como poucos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/wagner_hidalgo.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A li\u00f1a Wagner segundo <a href=\"http:\/\/books.google.com\/books?id=FX-LE8Fri24C&#038;pg=PA205&#038;dq=linea+wagner+vino&#038;hl=es&#038;ei=7ewPTN-nLuCT4gbSp_S6DA&#038;sa=X&#038;oi=book_result&#038;ct=result&#038;resnum=3&#038;ved=0CDgQ6AEwAg#v=onepage&#038;q&#038;f=false\">Luis Hidalgo<\/a>. <\/em><\/p>\n<p>O certame tenta, polo tanto, po\u00f1er en com\u00fan algo apaixoante: enxuizar e valorar vi\u00f1os que te\u00f1en como caracter\u00edstica com\u00fan unha acidez m\u00e1is elevada e polo tanto un maior potencial de facerse vellos con dignidade, pero que en apariencia proceden de territorios tan distintos coma R\u00edas Baixas, o Douro, Bierzo ou a Ribera del Duero. E a\u00ed est\u00e1 o reto. Cada un dos 32 catadores que participamos no panel de valoraci\u00f3n tivemos que enfrontarnos a uns 90 vi\u00f1os e o reto non era menor. Por al\u00ed pasaban, escondidos, vi\u00f1os do Douro, das diferentes DOs galegas, do Bierzo, da Ribera del Duero, txacol\u00eds. Ag\u00e1s os txacol\u00eds, o resto chegaban todos xuntos. Ao principio, tentabas imaxinar, en cada vi\u00f1o, a s\u00faa procedencia, pero de contado abandonabas esa idea que consum\u00eda demasiado tempo e tentabas valoralos no seu conxunto. Brancos novos, brancos fermentados en barrica, rosados, menc\u00edas, vi\u00f1os con crianzas m\u00e1is longas e menos&#8230;hab\u00eda que abandonar o relativismo e buscar a comparaci\u00f3n limpa entre caldos. <\/p>\n<p>O m\u00e1is interesante destes concursos son os debates que procuran. Son xustos? \u00c9 certo que alg\u00fans vi\u00f1os evolucionan en copa, que precisar\u00edan unha atenci\u00f3n especial, como decantarse, respirar unha hori\u00f1a, escoitalos con moita atenci\u00f3n. O m\u00e9todo que se segue, igualitario e igualitarista, concede as mesmas oportunidades a todos coa t\u00e9cnica da cata a cegas. <\/p>\n<p>Pero o que fascina \u00e9 como, mesmo nun mundo no que cada persoa pode ter gustos moi diferentes, todos os catadores do panel tendiamos a coincidir claramente nos que percibiamos como grandes vi\u00f1os; chamaba a atenci\u00f3n como as diferencias, moitas veces, entre uns e outros, era de un ou dous puntos sobre cen. As puntuaci\u00f3ns, por forza, sempre tenden a valorar o equilibrio entre cor, aroma e gusto, pero o abraiante, cando menos para un ne\u00f3fito, era a frecuencia das coincidencias, especialmente nos grandes vi\u00f1os: nas gamas medias hab\u00eda m\u00e1is diverxencias. Obviamente, a estrutura obriga a valorar vi\u00f1os m\u00e1is equilibrados, que responden a un esquema no que tes moi pouco tempo para catar. <\/p>\n<p>Pero tam\u00e9n os consumidores, e por iso conto estas reflexi\u00f3ns aqu\u00ed, debemos ter presente ata onde pode chegar este sistema, as s\u00faas avantaxes e limitaci\u00f3ns. Eu cando menos, como comprador de vi\u00f1os, quedo tranquilo ao ver o proceso por dentro: sei que os concursos de cata me van ofrecer, nas s\u00faas calificaci\u00f3ns, grandes vi\u00f1os que tenden a ser harm\u00f3nicos entre nariz e boca, sen defectos t\u00e9cnicos e con capacidade de sorprender mesmo a un xurado que se mete, como nos metimos o primeiro d\u00eda no Castelo de Ponferrada, 50 vi\u00f1os nunha ma\u00f1\u00e1. \u00bfQue hai m\u00e1is vi\u00f1os e m\u00e1is xeitos de catar e valorar? Obviamente, un por persoa, pero estes certames nos permiten ter unha radiograf\u00eda fiable do que se ofrece ao mercado, e tranquilizan ao saber que, se ben o gusto \u00e9 algo persoal e intrasferible, hai no mundo do vi\u00f1o algo parecido ao <em>consenso<\/em>. Pero claro, isto tampouco quita que cada un explore pola s\u00faa conta, que xogue a deixar os vi\u00f1os en repouso e con tempo. O mundo do vi\u00f1o d\u00e1 para todo.<\/p>\n<p>Por iso quer\u00eda cont\u00e1rvolo, desde o meu punto de vista, xa que a moi positiva experiencia do III Concurso de Vi\u00f1os do Noroeste clarificoume moitas cousas. Iso si: ficamos todos intrigados por saber cales eran os vi\u00f1os, especialmente os m\u00e1is gorentosos, que catamos. Haber\u00e1 que agardar ata a resoluci\u00f3n do concurso. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>32 catadores encerrados nun castelo para valorar 300 vi\u00f1os do Noroeste da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica. Despois de sobrevivir \u00e1 experiencia conv\u00eddote a co\u00f1ecer a Li\u00f1a Wagner. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/06\/09\/a-sutil-lina-wagner\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">No coraz\u00f3n da li\u00f1a Wagner<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":11672,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,32],"tags":[],"class_list":["post-11670","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-destacado","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11670","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11670"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11670\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11672"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11670"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11670"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11670"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}