{"id":11367,"date":"2010-05-24T23:44:45","date_gmt":"2010-05-24T21:44:45","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=11367"},"modified":"2010-05-26T22:06:22","modified_gmt":"2010-05-26T20:06:22","slug":"as-misteriosas-figuras-da-praia-de-porto-novo-na-marina","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/05\/24\/as-misteriosas-figuras-da-praia-de-porto-novo-na-marina\/","title":{"rendered":"Unhas misteriosas figuras na remota praia de Portonovo (Viveiro)"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portonovo_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hai case un ano, Pancho Lapatianco remitiume unhas fotograf\u00edas e d\u00edxome: &#8220;sei que te van interesar&#8221;. Fiquei pampo co que estaba a ver nesas imaxes enviadas por correo electr\u00f3nico. Na pedra arenisca dunha remota praia, aparec\u00edan unha serie de representaci\u00f3ns relixiosas entre columnas, sometidas a unha forte erosi\u00f3n pero a\u00ednda visibles. Desde ent\u00f3n, soubemos que nos ti\u00f1amos que achegar al\u00ed para ver <em>in situ<\/em> o lugar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portonovo_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A praia agochada de PortoNovo<\/em><\/p>\n<p>Este domingo, canda Carlos Nuevo, Pancho, Luc\u00eda, Sole e m\u00e1is eu fumos procurar estas estra\u00f1as esculturas. At\u00f3panse nunha remota cala do concello lugu\u00e9s de Viveiro chamada Porto Novo [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=43.711704,-7.572284&#038;spn=0.007771,0.01929&#038;t=h&#038;z=16&#038;iwloc=0004875d1f63c519af231\">localizaci\u00f3n<\/a>], aos p\u00e9s do monte Faro, aberta ao mar, solitaria e cos n\u00facleos de poboaci\u00f3n a bastante distancia. Hai que baixar por unha pendente considerable, por momentos convertida en cant\u00eds, en furnas, e nela hai un illote ou pen\u00ednsula conectado con terra. Ata o medio do illote -fix\u00e1devos no dato, porque xa sabedes que ultimamente nos est\u00e1 a pasar con todo o que visitamos- chega a demarcaci\u00f3n do concello de Viveiro, que limita co de Xove. Na base do promontorio at\u00f3panse estas estra\u00f1as figuras, sometidas aos elementos e aos tremendos temporais desta costa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portonovo_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Parapeto e terrapl\u00e9n na zona superior do promontorio e as figuras, baixo o sa\u00ednte da pedra<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portonovo_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portonovo_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Son catro pantasmas que emerxen dunha rocha arenisca, enmarcados por arcos rom\u00e1nicos ou g\u00f3ticos. Noutra banda da praia hai algunha m\u00e1is. A s\u00faa ubicaci\u00f3n, adem\u00e1is, debe ser ben consciente: as esculturas est\u00e1n enmarcadas, na zona superior, por un pequeno telladi\u00f1o de pedra e, xa que logo, est\u00e1n algo dentro dunha cavidade que non conseguen deter a bravura do tempo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portonovo_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portonovo_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Apreciade o capitel \u00e1 dereita da figura. <\/em><\/p>\n<p>O clima est\u00e1 a esborrallar os seus rostros, tanto que d\u00e1 medo tocar estas figuras por medo de que se caian a cachos. Entre as columnas dist\u00ednguense figuras, non sabemos se femininas ou masculinas, con melena en dous dos casos, aparentemente con t\u00fanicas. Unha delas seguro \u00e9 un santo. Outra figura de trazos m\u00e1is elementais aparece entre as outras d\u00faas. Est\u00e1n enmarcadas por capiteis. As figuras miran para a praia, para a zona limpa de pedras que debeu dar nome a este lugar, o Porto Novo. \u00bfPorto de quen? \u00a1Isto est\u00e1 lonxe de todo! <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portonovo_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portonovo_9.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Figura na cara oposta da praia, case esborrallada. <\/em><\/p>\n<p>E iso \u00e9 o estra\u00f1o. Como outra cousa, tam\u00e9n: este plantel de figuras est\u00e1 xusto baixo un parapeto de terra e un terrapl\u00e9n a\u00ednda apreciable, no alto do illote, e ao car\u00f3n do cami\u00f1o que deb\u00eda subir ata o alto del. A erosi\u00f3n tam\u00e9n deitou, hai pouco, algo do conxunto do parapeto. Hai moita area arriba, e algo de cachote, pero non son apreciables outras estruturas nunha mirada moi superficial. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portonovo_n.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Ubicaci\u00f3n do principal conxunto escult\u00f3rico<\/em><\/p>\n<p>A pregunta, claro, \u00e9 \u00bfquen fixo isto? \u00bfcando? Pois \u00e9, polo de agora, un enigma. \u00c1 vosa imaxinaci\u00f3n e especulaci\u00f3n queda. Puido ser calquera iluminado vacacional, os <em>hippies<\/em> dos 70\/80 (esta praia pensouse converter nunha zona naturista regulada, polas s\u00faas especiais condici\u00f3ns de illamento) ata algo anterior, posibilidades mergulladas no <em>maelstr\u00f6m<\/em> m\u00e1is novelesco da Historia: algu\u00e9n -el sabe ben quen \u00e9- faloume dun barco da Armada Invencible que foi varar -ou agocharse, desertando, aqu\u00ed-. Algu\u00e9n tam\u00e9n me insinuou un refuxio de piratas -que ter\u00edan aqu\u00ed a s\u00faa capela dos mares e un pequeno e oculto establecemento protexido con esa empalizada a\u00ednda visible. Imaxinade. O lugar -o seu top\u00f3nimo, o resto das defensas existentes, a relevancia de ser &#8220;limite&#8221; entre concellos, as figuras mari\u00f1as que o tempo devora- ben merece a nosa imaxinaci\u00f3n. \u00bfOu non?<\/p>\n<p>En todo caso, calquera das m\u00e1is explicaci\u00f3ns, da m\u00e1is coti\u00e1 \u00e1 m\u00e1is fantasiosa, son v\u00e1lidas para enso\u00f1ar neste lugar. <\/p>\n<p class=\"note\">Postpost: unha recomendaci\u00f3n. Se queredes visitar o lugar, ide antes deste inverno. Como ve\u00f1a duro, non me estra\u00f1ar\u00eda nada que se vira abaixo.<\/p>\n<p><em>Fotos do post: Sole Felloza<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai case un ano, Pancho Lapatianco remitiume unhas fotograf\u00edas e d\u00edxome: &#8220;sei que te van&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/05\/24\/as-misteriosas-figuras-da-praia-de-porto-novo-na-marina\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unhas misteriosas figuras na remota praia de Portonovo (Viveiro)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":11373,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18,8],"tags":[],"class_list":["post-11367","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11367","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11367"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11367\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11373"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11367"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11367"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11367"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}