{"id":11330,"date":"2010-05-22T11:18:21","date_gmt":"2010-05-22T09:18:21","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=11330"},"modified":"2010-05-24T23:45:25","modified_gmt":"2010-05-24T21:45:25","slug":"valdeorras-09-godellos-para-alegrar-o-veran","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/05\/22\/valdeorras-09-godellos-para-alegrar-o-veran\/","title":{"rendered":"Valdeorras 09: godellos para alegrar o ver\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/terrazas_valdeorras.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O xoves presentouse en Compostela a anada 2009 dos vi\u00f1os de Valdeorras. Como parte da campa\u00f1a do ver\u00e1n, os viticultores da R\u00faa, Carballeda, Larouco, O Barco, O Bolo, Pet\u00edn, Rubi\u00e1 e Vilamart\u00edn presentaron a s\u00faa escolma de brancos e tintos. Estas datas sempre son controvertidas para os amantes dos vi\u00f1os: con curiosidade por ver que deu de si o ano 2009, pero coa certeza de que o vi\u00f1o &#8220;a\u00ednda non est\u00e1&#8221;. Embotellado nalg\u00fans casos hai un mes, noutros mesmo hai catro ou cinco d\u00edas, o vi\u00f1o &#8220;non est\u00e1 feito&#8221; nalg\u00fans casos; as din\u00e1micas e as evoluci\u00f3ns, segundo a elaboraci\u00f3n, as alturas ou as terras cambian moito mesmo dentro da propia Valdeorras. En xeral, a mi\u00f1a percepci\u00f3n \u00e9 que estes vi\u00f1os comezan a redondear al\u00f3 polo outono, cando levan catro ou cinco meses en botella; antes, moitos deles, a\u00ednda te\u00f1en certas aristas, apuntan de xeito agudo, e un ten que facer exercicios de imaxinaci\u00f3n para tentar ver a s\u00faa imaxinaci\u00f3n. <\/p>\n<p>A climatolox\u00eda de Valdeorras no 2009 foi endia\u00f1ada, como en todas partes. Moi mal tempo ata o 15 de agosto, e a partir de a\u00ed subid\u00f3n, ata o punto de que alg\u00fans viticultores me comentaron que tiveron que parar as vendimas polas tardes, baixo un sol de xustiza de 38\u00ba, ante o risco de caer como moscas nos vi\u00f1edos de insolaci\u00f3n. O godello evolucionou sen problemas, pero os tintos, comenta alg\u00fan especialista, ficaron nalg\u00fans casos algo m\u00e1is &#8220;verdes&#8221;. <\/p>\n<p>Nos tintos para min sobrancearon, este ano 2009 cun nivel\u00f3n tremendo, os da adega Coroa, tanto o de elaboraci\u00f3n tradicional, con notas potentes de melocot\u00f3n, coma o excepcional Coroa sobre l\u00edas 2009, con notas de loureiro ou especiadas, e do que s\u00f3 hai 2500 botellas. Consigan este se poden porque lles vai encantar. Nunha li\u00f1a similar est\u00e1 o Quinta da Peza 2009, que tam\u00e9n me gustou moito. Os Godeval, pola contra, te\u00f1en un ritmo m\u00e1is lento: o 2008 est\u00e1 agora no seu momento, sen d\u00fabida, e \u00e9 un vi\u00f1o seductor, delicioso, mentres que ao 2009 a\u00ednda lle falta algo de acougo. <\/p>\n<p>Levaron ben tam\u00e9n o 2009 o Galgueira, que \u00e9 un valor seguro de vi\u00f1o untuoso e amplo en boca. O Bioca 2009, o Memoria de Ventura 2009, o Erebo 2009 ou unha novidade: o Hacienda Ucedi\u00f1o 09, feito por unha parelli\u00f1a que est\u00e1 empezando coa s\u00faa adega e que tam\u00e9n ti\u00f1a un punto chulo. En envellecidos en barrica o Pedrazais 2007 est\u00e1 agora nun gran nivel, con certos toques que me recordaron alg\u00fans vi\u00f1os alem\u00e1ns, e a adega Pagos de Galir ten tam\u00e9n un branco en barrica 2007 no que a madeira est\u00e1 presente de forma, se cadra, excesiva, pero que ten un padal moi, moi agradable. <\/p>\n<p>En tintos pouco puiden ver: falo demasiado e o tempo corre. Re-probei A Costi\u00f1a 2008, ese estupendo brancellao do que vos falei o ano pasado, e est\u00e1 nun momento fenomenal. E tam\u00e9n algunha garnacha, como a que fixo Adega da Pinguela a partir de cepas moi vellas: un vi\u00f1o encorpado, que dir\u00edan os portugueses, pero doado e saboroso de beber. Por certo, que o seu menc\u00eda, o Ventura 2008, \u00e9 un bo exemplo dun menc\u00eda da terra do que disfrutar en compa\u00f1a de amigos. E Lagar do Cigur 2008 pareceume un delicioso exemplo dun menc\u00eda con seis meses de barrica no que o viticultor trata con moito respecto o varietal, non deixando que a madeira o devor. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O xoves presentouse en Compostela a anada 2009 dos vi\u00f1os de Valdeorras. Como parte da&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/05\/22\/valdeorras-09-godellos-para-alegrar-o-veran\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Valdeorras 09: godellos para alegrar o ver\u00e1n<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":11331,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,32],"tags":[],"class_list":["post-11330","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-destacado","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11330","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11330"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11330\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11331"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11330"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11330"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11330"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}